Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
15 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. José Antonio Quiroga, arquitecto - Sentenza edificio Beira Miño 13.10.2022 12:08
12 días pasaron dende que se coñeceu que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Tui rexeitara a solicitude dun particular para que se revisase, de oficio, a licencia do edificio Beira Miño. Este particular é o arquitecto tudense José Antonio Quiroga, que hoxe anunciou na nosa sintonía que abandona a posible alegación que lle corresponde tras esta desestimación, polo que non ve futuro...
Ent. Esther Rúas, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego - Mercado do Revolto 11.10.2022 3:24
Mañá haberá no paseo da Corredoira o mercado do Revolto, na súa terceira edición no Día do Pilar. Será dende as 10 h até as 20.30 h con postos de artesanía, antigüidades e coleccionismo. Hoxe falamos no programa Día a Día con Esther Rúas Miguélez, presidenta da Asociación Revolto Artesán Galego, organizadora da actividade.
Ent. Rosendo Bugarín, médico - Incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia 11.10.2022 6:20
O médico tudense Rosendo Bugarín incorpórase á Real Academia de Medicina de Galicia. Esta mañá no programa Día a Día falamos do que supón para el pasar a ser académico nun ano que, nas súas palabras, está a ser o mellor profesionalmente. Falou amais que empregará este recoñecemento para potenciar a medicina de familia e a atención primaria.
Sección Alcohólicos Anónimos - Martes, 11 de outubro de 2022 11.10.2022 6:48
Hoxe recuperamos no programa Día a Día a intervención quincenal do grupo Armonía da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Teo e Rubén lembraron a todas aquelas persoas que teñen un problema co alcohol que hai saída, hai esperanza e é posible recuperarse . Hai que dar un primeiro paso, dicín, recoñecer que se ten un problema, e achegarse a esta asociación.
Ent. Marisa Giráldez - Condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia 10.10.2022 12:18
Marisa Giráldez, deportista e pioneira en deportes como o baloncesto e o bádminton en Tui, recibiu a condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela. Hoxe puidemos falar no programa Día a Día con ela, quen amosou un profundo agradecemento por este recoñecemento.
Ent. Elena Amores, xogadora do Mecalia Atlético Guardés 07.10.2022 4:51
Esta fin de semana volve o balonmán de primeiro nivel a Tui co partido do Mecalia Guardés no Pavillón Gustavo Rodríguez. Falamos coa xogadora Elena Amores da previa do encontro do sábado ás 19h, da súa fichaxe polas guardesas e de todo o que está a vivir esta primeira tempada na élite.
Ent. Eder González, grupo América - Premio Martín Códax da Música 2022 07.10.2022 7:19
Este mércores realizáronse os Premios Martín Códax da Música 2022. Na categoría de Orquestras, Grupos e música de Verbenas resultou gañador este ano o Grupo América. Hoxe falamos cun dos seus integrantes, Eder González, para falar sobre este logro.
Ent. Emilio Estévez - Presentación da primeira novela "El báculo de San Epitacio" 07.10.2022 18:18
Hoxe ás 20 h o edificio Francisco Sánchez acolle a presentación do libro “El báculo de San Epitacio; Susana, Susana” do tudense Emilio Estévez. Nesta primeira novela recrea o Tui do século XX cun guiño histórico cara ao que foi o primeiro bispo de Tui. Pero tamén hai un punto intimista da man de Susana a protagonista, segundo nos contou o seu autor, que ten case listo o seu segundo libro.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - XXX Feira do Viño 07.10.2022 6:33
Ás oito desta tarde terá lugar a inauguración oficial da XXX Feira do Viño do Rosal. Un evento promovido polo Concello do Rosal e os Cabaqueiros do Viño do Rosal que volve á praza do Calvario, recén reformada, cun amplo programa no que o viño do Rosal maridará con música, showcooking, xogos da empatía, … todo nunha fin de semana festiva. Falamos da mesma coa alcaldesa, Ánxela Fernández.
Ent. Aitor Martínez do obradoiro Vikensen - finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 07.10.2022 8:42
Un dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía de 2022 é obradoiro Vikensen de torneado de madeira de Tomiño impulsado por Aitór Martínez. Opta ao galardón na categoría de Emprendemento. Aitór Martínez amosababa esta mañá a súa satisfacción por esta nominación.
Ent. Toño Casais, actor da compañía Talía Teatro - Morte accidental dun anarquista 06.10.2022 7:53
Mañá venres ás 21.30 h Talía Teatro representará no Teatro Municipal de Tui ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Dario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán. Hoxe puidemos falar con Toño Casais, un dos membros do elenco, quen nos contou a sinopse da obra e o realismo...
Sorteo vales de compra de Acitui - Campaña de incentivo do comercio local 05.10.2022 4:25
Xunto a José Díez de Acitui realizamos o sorteo dos 10 vales de 20€ polas compras realizadas nunha campaña de incentivo do comercio local de Tui.
Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense - Ouro de maratón en K2 04.10.2022 11:09
A pasada fin de semana foi de éxitos para o piragüismo tudense. Tania Fernández, do Kaiak Tudense, subiuse ao máis alto do podio no K2 do Campionato do Mundo de Maratón. Un ouro acadado xunto a Tania Álvarez que premia a súa traxectoria.
Ent. Manu Garrido, padeeiro tudense - Campión do mundo de piragüismo en maratón C1 03.10.2022 11:47
O tudense Manu Garrido é protagonista tras proclamarse o sábado campión do mundo de piragüismo na modalidade de maratón en C1. O padeeiro do Kaiak Tudense cumpriu o soño polo que leva anos loitando na súa carreira deportiva cun ouro que gañou con solvencia.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Actos vandálicos en bens públicos e obras na veiga do Louro 30.09.2022 7:12
En Tui hai preocupación polos actos vandálicos que se veñen sucedendo dende hai varias semanas en diversos espazos públicos como parques infantís e lavadoiros. Esta mañá falamos co alcalde, Enrique Cabaleiro, que tamén detallaba o inicio das obras na ponte sobre o Louro
Ent. Ana García Carnero, pedagoga - Obradoiros no Centro Sociocomunitario de Tui 30.09.2022 10:10
En outubro e novembro o Centro Sociocomunitario de Tui contará con novos obradoiros. Falamos con Ana García Carnero, pedagoga, dos cursos de Actitudes Dixitais Saudables e de Técnicas de Estudo que xa abriron matrícula.
Ent. Elena Paz, voz e arpa do grupo musical Golfiños - Concerto MUMI. 30.09.2022 5:38
Mañá ofrecerá un concerto o grupo Golfiños no marco do MUMI. Será ás 12:45 h ES na carpa instalada no Jardim Municipal de Valença. Hoxe falamos con Elena Paz, integrante do grupo, que nos contou o que é Golfiños, que achega a música a toda a familia.
Ent. Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de Tui 29.09.2022 6:02
Este sábado 1 de outubro, o Motoclub de Randufe organiza o segundo Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Rebordáns. Hoxe falamos da proba con Fito Pereira, presidente, e Iago Araújo, vocal.
Ent. Anais Barbier e María Jorge, grupo Caldo - Concerto do MUMI. 29.09.2022 9:18
Caldo será un dos grupos que ofrecerá un concerto aberto ao público mañá, no marco do MUMI. Será ás 18:15 h ES no Paseo da Corredoira de Tui, se o tempo o permite. Hoxe falamos no programa Día a Día con dúas das súas integrantes: Anais Barbier, voz e pandeireta, e María Jorge, violinista.
Ent. Xan Campos, pianista de jazz - Concerto no MUMI 2022 28.09.2022 10:35
Mañá arrinca a terceira edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI na Eurocidade Tui-Valença, e hoxe falamos con Xan Campos, pianista de jazz galego. O músico ofrecerá un concerto este venres, no teatro Municipal de Tui, para público profesional.
Ent. E. Cabaleiro, alcalde de Tui, J. M. Carpinteira, presidente Cámara de Valença, e M. Pino e T. Alves, do Rotary Club 27.09.2022 27:19
O Rotary Club é unha organización internacional de voluntariado para a consecución de obxectivos sociais. O de Valença, amais de centrarse nas metas comúns, abrirá unha Universidade Senior para maiores de 50 anos, expandíndose tamén na Eurocidade. Hoxe estiveron na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, e Manuel Pino Neves e T...
Ent. Ánxela Vila, productora Urdime - Festival MUMI 27.09.2022 7:38
O Festival MUMI comeza este xoves con concertos, faladoiros, showcases e speedmeetings na Eurocidade. Esta mañá falamos con Ánxela Vila, da productora organizadora Urdime, para detallar as novidades e a previa deste evento cultural e musical.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade, Priscila Retamozo, Bea López e Marcia Contreras - Feminino Plural 26.09.2022 21:45
O programa Feminino Plural chega esta semana ao seu fin despois de case dous meses de obradoiros e talleres enfocados en acadar a autonomía das mulleres da comarca. Hoxe falamos coa concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, coa axente de igualdade e coordinadora do programa, Priscila Retamozo, e con dúas mulleres que participaron, Bea López e Marcia Contreras.
Javier Niño, adestrador do CB Tui - Fase de ascenso a primeira división galega dos equipos infantil e cadete 23.09.2022 2:49
O equipo infantil e o cadete do CB Tui xogan esta fin de semana as respectivas fases de ascenso a primeira división máxima categoría en Liga Galega. Mañá ás 16.30 h os cadetes xogarán contra o Narón en Santiago . Os infantís xogarán o domingo ás 17 h contra Lugo, en Lugo. Así nolo contou o técnico do club Javier Niño.
Ent. Bruno Centelles, SOS Groba - Declaración ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I 23.09.2022 10:14
Logo de anos de protestas, o informe de avaliación ambiental desfavorable do parque eólico Albariño I, en Oia, Tomiño e Baiona, dá esperanza a colectivos coma SOS Groba. Hoxe contactamos cun dos seus membros, Bruno Centelles.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici