AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: agalegaaudio.gal
Szerző
AGalegaAudio
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. okt. 7.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
A tarde 30-01-2024 30.01.2024 3:57:58
Xa levamos días falando de orellas, de filloas, entón hoxe falamos de disfraces e das tendencias deste ano. Como non, Barbie é un dos disfraces que triunfa. Tamén falamos do galego que se emprega no Bierzo e das súas particularidades. Coa avogada Ana Camiño descubrimos as listaxes de morosos e que facer se estamos nunha e con Maxi Pérez soubemos os coches que máis valor perden co paso dos anos e m...
A tarde 29-01-2024 29.01.2024 3:57:58
A mellor tortilla de patacas de Galicia faise en Lugo, non en Betanzos! Falamos coa súa cociñeira. Comentamos as iniciativas de bailes para xente maior que se organizan en varios centros cívicos da Coruña. Iván Carril cóntanos todo o que debemos saber sobre os asistentes virtuais e Norberto Proupín sobre as varices. The Rapants preséntanos o seu novo tema 'Blaster W4u' e José María Paz G...
A tarde 26-01-2024 26.01.2024 3:57:57
Falamos coa creadora de contido Sara Seco sobre o boom da cosmética coreana e con Correos para ver a canto nos sae mandar o lacón, os chourizos e todo o preciso para facer un lacón na outra punta da península. Falamos da medicina antiga co latinista Xosé Antonio López Silva, sobre augardentes e os seus acompañantes e moito máis!
A tarde 25-01-2024 25.01.2024 3:55:45
Como se organiza a Festa da Filloa de Lestedo? Descubrímolo hoxe. Ademais, coñecemos a Braulio, Nube, Dora, Paco e Pepa, unhas auténticas estrelas e influencers. Iso si, son gatos! Raquel Rosa cóntanos un conto na Tribo, Agustín Vázquez lévanos a Fitur (a Feira Internacional de Turismo) e na sección de consumo falamos de pólizas de seguros con Rocío Arnoso. Para pechar o programa poñemos un pouco...
A tarde 23-01-2024 23.01.2024 3:57:58
Na Estrada están creando unha liña de ventás ao estilo xaponés: coa madeira queimada, pois protexe á madeira natural da humidade e mesmo do sol. Tamén comentamos con Eva Porto, influencer, o peor que podemos facer nunha entrevista de traballo. Coa nosa colaboradora Ana Camiño descubrimos mellor a profesión de avogada e con Maxi Pérez charlamos sobre os coches con máis accidentes e mesmo que facer...
A tarde 22-01-2024 22.01.2024 3:57:58
Volve a fotografía analóxica e falamos co estudo Josbe, en Lugo, para saber canto custa agora imprimir as nosas fotos e que debemos saber sobre os carretes. Tamén coñecemos ás finalistas dos premios Youtubeiras 2023, falamos de ciberamores enganosos, das operacións de cataratas e dos costes dos aparcadoiros dos hospitais. Ademais, entrevistamos a Juan Gómez Jurado a propósito do seu novo libro &#x...
A tarde 19-01-2024 19.01.2024 3:57:58
Falamos co Colexio de Ópticos para darvos recomendacións de gafas se ides á neve. Ademais, se sodes tímidos, o coach persoal Marcos Núñez fálavos da súa experiencia, pois foi tímido dende sempre e superouno! Presentamos, ademais, 'Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes', un libro ilustrado sobre a música contemporánea galega e os seus precursores. Mentres, MJ Pérez tamén nos p...
A tarde 18-01-2024 18.01.2024 3:58:00
Francisco Narla fálanos da figura de Prisciliano e Xabier Ron dos amores prohibidos entre trobadores e mulleres nobres. Viaxamos por todo o mundo a través das verbas de Javier Mariño, que regresou de Yibuti e leva xa 167 países visitados. Na Tribo de Raquel Rosa charlamos sobre adolescencia e tabaco, en consumo do precio da electricidade con Miguel López Crespo e para pechar o programa con música...
A tarde 17-01-2024 17.01.2024 3:57:58
Por primeira vez en Galicia, dúas mulleres optaron por participar nas probas para ser técnicos de ascensores, que agora lles abren unha carreira profesional moi demandada. Falamos desta novidade mais dos encontros de solteiros que se farán en Vigo. Tamén da nova película 'Lift: un robo de primera clase' con Moncho Lemos, repasando series e películas de roubos dos últimos anos. Pásase pol...
A tarde 16-01-2024 16.01.2024 3:57:55
A Semana do Libro de Compostela lanza o Clube de Lectura Criminal que, ademais de centrarse nese xénero, tece conexións con Portugal. Por certo, hai moita xente preparando vodas e quixemos falar sobre canto regalar e as datas máis codiciadas. Coa avogada Ana Camiño falamos da patria potestade e da custodia, así como das diferencias en decisións importantes para as crianzas. Lara Serodio, escritora...
A tarde 15-01-2024 15.01.2024 3:58:01
Falamos con María Candamo, unha moza de Louro que fai xoias a partir do lixo das praias e, agora, con todo isto dos ganulados, está facendo unha labor divulgativa moi grande. Tamén charlamos sobre a tristeza, a conto de que é Blue Monday, o día máis triste do ano. Tamén presenta Cristian Schleu o seu novo libro 'Muerte en tres texturas'. Tamén o doutor Norberto Proupín nos dá información...
A tarde 12-01-2024 12.01.2024 3:57:58
Hai uns días comentamos que a coreana LG lanzou a primeira tele transparente e sen cables do mundo, así que quixemos saber que teles se levan agora. Falamos dun libro infantil de recente aparición titulado: 'Con sentimiento. El cuerpo solo se toca con permiso'. Guadi Galego publica, ademais, hoxe venres 12 de xaneiro o sinxelo ‘Todo esto te daré’ con Rozalén e quixemos falar coa galega....
A tarde 11-01-2024 11.01.2024 3:57:58
Monti Bar é o novo restaurante con menú para cans que hai en Culleredo! Na Tribo de Raquel Rosa falamos de aforro con Lucía López, nai, da Estrada e creadora de Abundantia, unha especie de asesoría económica para familias. Tamén falamos dalgo que parecía estar extinto: UCGAL denuncia a Cines YELMO por trato discriminatorio e insistir na prohibición de acceso con alimentos e bebidas do exterior.
A tarde 10-01-2024 10.01.2024 3:57:55
Avogamos por máis educación informática e de programación nas aulas, tamén por unha maior visibilización da diversidade nas vilas e tamén pola importancia de estudar á poboación albina e mellorar a súa atención sanitaria. Con Moncho Lemos falamos do documental 'Caída en picado: El caso contra Boeing', que repasa os meses transcorridos desde as traxedias que provocaron o pánico mundial en...
A tarde 09-01-2024 09.01.2024 3:57:58
Xa temos datas para o Son Rías de Bueu, non o perdas! Falamos de xuntas de veciños e todos os dereitos e obrigas que ten a veciñanza. Sabías que non fai falta que o presidente da comunidade viva no edificio? Estas dúbidas e outras moitas soluciónaas Ana Camiño. Por certo, recordade ter sempre coidado con deixar electrodomésticos funcionando cando marchemos da casa, xa que facemos fincapé hoxe nos...
A tarde 08-01-2024 08.01.2024 3:57:57
Comentamos con Moncho Lemos os resultados dos Globos de Ouro, esa antesala aos Oscars. Tamén temos tempo para recoller consellos de poda para as hortensias e de coidados para as calas brancas de man de Cé Rodríguez. Continuamos poñendo o foco nas chamadas nas que nos piden datos bancarios para roubarnos. Ollo, recordade sempre que o voso banco nunca chamará para pedirvos eses datos porque xa os te...
A tarde 05-01-2024 05.01.2024 4:00:00
Descubrimos o colectivo Nautopía, un grupo de persoas que ofrecen cursos en galego de distintas disciplinas. E si, conectamos con todas as cidades galegas para estar presentes nas cabalgatas dos Reis Magos!
A tarde 04-01-2024 04.01.2024 2:29:58
Quixemos saber como está o ámbito de compra-venda de ouro, que xoguetes se venden para nenos e nenas con diversidade funcional e que foi do xogo Bridge.
A tarde 03-01-2024 03.01.2024 2:30:00
Procuramos os plans alternativos que fan os Millennials no Nadal e tamén a nova campaña destas datas do Colexio de Xoiería de Galicia. Ademais, falamos con Lúa Mosquetera, xa que vén de publicar 'El latido es un baile que siento que me estoy perdiendo', un poemario con debuxos e fotografías.
A tarde 02-01-2024 02.01.2024 2:29:58
Falamos de "Arte nas mans", unha exposición colectiva interxeracional de arte e artesanía organizada por alumnas de Belas Artes da Universidade de Vigo. Mesmo despois destas datas, a dietista Sandra Román, danos chaves para paliar os problemas dos excesos neste Nadal. Por certo, somos a comunidade con máis sendeiros azuis e itinerarios recoñecidos! Descubrímolos.
A tarde 29-12-2023 29.12.2023 3:57:58
Un programa de consellos. Non poñas aliñadores dentais por moda e moito menos sen supervisión do teu odontólogo, iso o primeiro. Agasalla aparellos electrónicos aos nenos e nenas sempre que sexan axeitados para a súa idade. E máis consellos: se queres coidar á túa mascota, non lle deas o que che sobran das comidas e ceas do Nadal.
A tarde 28-12-2023 28.12.2023 3:57:58
Remataron os traballos de restauración do reloxo da concatedral de San Xulian de Ferrol e falamos co seu reloxeiro. E é que amañar un destes non debe ser sinxelo! Tamén dedicamos un espazo para poñer en valor o traballo desas persoas que sempre están en horario laboral mentres nós o pasamos ben nestas festas: persoal sanitario, taxistas, autoridades e demais. Pechamos o programa con música: De Nin...
A tarde 27-12-2023 27.12.2023 3:57:57
Borja Tosar, astrofísico, adiántanos que o 2024 xa comeza con chuvia de estrelas e con eclipses. En Galicia só poderemos ver o primeiro destes eventos. Tamén nos explica Angel González como é iso de ser DJ en fin de ano. En definitiva, pasalo ben e aguantar moitas horas poñendo música. Entre outros moitos temas e colaboracións, presentamos a tradución ao galego do Novo Testamento.
A tarde 26-12-2023 26.12.2023 3:57:58
Uns 300 gandeiros e gandeiras de toda Galicia asistiron a unha xornada sobre robots de muxido nunha explotación socia da Cooperativa CLUN. Exploramos os beneficios desta tecnoloxía, especialmente no eido do persoal e da conciliación. Falamos de colonias e perfumes para este Nadal porque sempre triunfa como agasallo. Incluso as cestas de perfumes e cremas e packs con máis produtos. Tamén nos adentr...
A tarde 22-12-2023 22.12.2023 3:57:58
Os pés no inverno sufren e moito: frío, calzado de gala no Nadal e moitas causas máis. Falamos tamén do custe do tabaco: en Francia veñen de subilo, podería funcionar en España? Tamén descubrimos máis detalles sobre os seguros de cans: que cubren e que non? O máis importante neste eido é ter cabeciña e controlar ao noso propio can. Para pechar o programa, un pouco de elegancia: charlamos con Jorge...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.