Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Venres 2/10/2026 29.09.2026 1:30:13
Xuntarse nalgún bar da cidade para debuxar. Drink&Draw é a proposta. Algo parecido ós urban skaters, pero mais informal. E teatro para estas findes de outubro no auditorio da man da FEGATEA. E algo de axenda cultureta pola cidade, que andamos á porta da finde!
Xoves 1/10/2026 29.09.2026 1:31:27
Maxia potaxia! Sara, de Magia en la Manga, contános como foi descubrindo a outras mulleres magas ó longo da historia. Ademáis, unha de eventos arredor da paz. Mañá venres no auditorio, dende as 19h as 22h, danzas do mundo.
Mércores 30/09/2026 29.09.2026 1:33:00
Imos ata a piscina para falar coa xente do acuagym. E tamén coñeceremos a historia de Bembrive. Ven de escribila Diego Pérez e xa podemos comprar o libro no kiosko da parroquia
Martes 29/09/2026 29.09.2026 1:28:33
#EspertaValladares, pelegrinaxes. Imos conversar co viaxeiro e antropólogo José Tono da súa última viaxe á illa xaponesa de Shikoku e a peregrinación dos 88 templos budistas. Daí sae este libro.
Venres 25/09/2026 25.09.2026 1:29:46
#EspertaValladares en modo distraído. Traeremos un popurrí de plans divertidos para a fin de semana. Por exemplo, o xogo de mesa do Instituto Oceanográfico 'Elementos en juego: la tabla periódica del mar'.
Xoves 24/09/2026 24.09.2026 1:30:02
As raias e tiburóns que andan pola ría as coñece ben o investigador Alexandre Alonso, que vai estar na G-Night este venres. Ademáis, imos ver como andan os carballos, salgueiros, loureiros e amieiros da Barroca, en Navia. Na conversa con Lurdes, da plataforma cidadá 'Salvemos a Barroca', descubrimos outras plataformas da cidade que están na mesma onda de preservar os espazos verdes.
Mércores 23/09/2026 23.09.2026 1:30:35
No #EspertaValladares, mundial Pokemon con Marcos Shiny, o único galego na cita deste ano en San Francisco. Ademáis, semana das linguas da UVigo cun feixe de actividades pola cidade. Mércores 23/09/2026
Martes 22/09/2026 22.09.2026 1:31:21
Andainas terroríficas no #EspertaValladares. Imos saber como foron 'os sustos' desta finde en Fragoselo. Organizouna a comparsa Os imperdibles. E descubrimos, que teñen 'campamento base' para as carrozas do entroido en Valladares. Ademáis, Acemelia. Coñeceremos algo do proceso de convertir as sementes de camelia en cosméticos. O laboratorio anda en Coruxo e as camelias, por toda Galicia, norte de...
Venres 18/09/2026 18.09.2026 1:31:12
#EspertaValladares made in feito na casa. Revoltallo, dende mañá ata domingo. Conversa coa xente da organización para que nos conten os horarios, grupos... E falaremos con Wöyza e Las Guerreras del K-pop, para saber destes espectáculos especiais! Ademáis, moito entretemento na parroquia! Carros de bolas en Freixo, sábado.
Xoves 17/09/2026 17.09.2026 1:28:15
Aquí vai outro petisco do Revoltallo. Para as aves diurnas e con familia: circo, maxia, musical de K-pop... E para as nocturnas, escollemos un grupo do feixe que vai soar sábado. Conversa con Antón Piru de STONED AT POMPEII. Rock bo made in Vigo. Ademáis, unha volta polo 'Catálogo de bustos de Vigo'. Contamos algo da historia do busto do sr. do sombreiro diante da Casa das Artes. Spoiler: é Laxeir...
Mércores 16/09/2026 16.09.2026 1:29:51
Houbo un tempo que en Valladares había clube de petanca. E como debe ser un deporte que engancha a quen o proba, algúns da parroquia seguen a xogar pero no campo da Bouza, en Coia. Alí botamos unha tarde falando con uns e con outros. Tamén nos 'entretemos' a descubrir historias de vigueses. A do 'Capitán Veneno', que xogou no Celta na primeira metade do s. XX e a de 'Blanquita', ciclista de compet...
Martes 15/09/2026 15.09.2026 1:30:19
Esta finde é o Revoltallo. Así que, cada día imos falar dalgunha das actividades. Hoxe, os obradoiros, por se vos queredes anotar. Grandes artesáns e grandes músicos! Ademáis, fomos probar cociñas do mundo e ímolo contar. Martes 15/09/2026
Venres 11/09/2026 11.09.2026 1:28:19
Imos de visita! Ó xardín botánico da Fundación Sales para coñecer o nenúfar xigante de Vigo, a 'árbore dinosaurio' e conversar na terraza con Patricia, a bióloga, e Elizabeth, a presidenta do patronato, de como lles vai. E algo dos plans culturais para a finde, tamén contaremos.
Xoves 9/09/2026 09.09.2026 1:31:28
De tertulia coa última 'fornada' de xornalistas na parroquia. Como foron as primeiras prácticas, os medios polos que andan agora, anécdotas no oficio... con Lara, Alexia e Pocho.
Mércores 9/09/2026 09.09.2026 1:31:41
Álvaro Pino recibe homenaxe de la Vuelta en Jerez. Hoxe cúmprense 40 anos de que gañara alí a primeira. E nós falaremos sobre a historia do ciclismo en Ponteareas con Rafita, que a conta neste libro ‘El camino del ciclista. Ponteareas, crónica de un pueblo milagro’. Ademáis, falaremos do bono concilia coa traballadora social do centro veciñal e mais do evento que organiza Aférrate para a tarde do...
Martes 8/09/2026 08.09.2026 1:27:46
Un anaco da historia do ceminterio de Matamá. Inaugurouse no 1926, chegaron cartos da emigración en Arxentina, houbo varias ampliacións... e outras moitas anécdotas. Na finde celebraron o centenario con homenaxes e arropado coa música da Orquesta Clásica de Vigo e máis da banda de Matamá.
Venres 4/09/2026 04.09.2026 1:29:20
‘A lenda do capitán Miñoca’, éste foi o primeiro libro que escribiu Marila. Se pasades pola biblioteca Neira Vilas, dinamiza o clube de lectura. Se ides por algunha librería, atoparedes algúns libros seus. E se tendes fill@s no IES Valadares, quizáis sexa unha das súas profes. A de filosofía, que lle din algúns dos rapaces. Ademáis, plans culturetas para distraerse na finde.
Xoves 3/09/2026 03.09.2026 1:30:05
'Pulpo, churrasco e empanada'. Imos falar das moitas romerías que hai no mes de setembro co músico Caruncho. Un ratiño de conversa sobre as capelas máis bonitas, quen se ofrece, as danzas, as marchas que se tocan, dos xantares… Ademáis, daquí a final de ano hai uns cursos ben interesantes no centro veciñal, bricolaxe, arte floral.... Tamén falamos das excursións de verán, a Estonia e á festa do Ma...
Mércores 2/09/2026 02.09.2026 1:30:00
Se pasades pola biblioteca do centro veciñal atopades un recunchiño adicado á memoria das persoas represaliadas na guerra civil, moitas delas intelectuais e mestres. Conversamos con Anxos Iglesias que nos conta o porqué desta pequena mostra. Ademáis, unha voltiña polas actividades que se organizan dende aquí. Ó comezar setembro a xente quérese anotar a cousas.
Martes 1/09/2026 01.09.2026 1:28:48
O torreiro na sesión vermú do luns de San Campio. #espertavalladares feito a cachos de conversas entre veciños, a caseta de tiro, o altavoz coa misa, concerto da banda, as charangas nas carrozas e a xente indo e vindo a por churrasco. Ata o ano que ven, San Campio!
Venres 28/08/2026 28.08.2026 1:30:38
#EspertaValladares cultureta! Plans para a finde, especialmente os da parroquia! San Campio é noso
Xoves 27/08/2026 27.08.2026 1:27:58
Estas tardes hai xente facendo unha residencia artística no centro veciñal. Conversamos coa directora Constance Hurlé para que nos adiante o que se poida. Ademáis, bandas de música. As do certamen de San Campio estas tardes no torreiro. E coñecemos algunha das historias de 'Elas, as de Bouzas'. A da actriz Uxía Pérez Gonzalvo e a da escritora Marila, que tamén é profe no IES Valadares.
Mércores 26/08/2026 26.08.2026 1:30:02
Hoxe falamos dos Barcos Dragón no Campionato de España de 500m que tivo lugar no embalse de Trasona (Asturias). Ademáis, Cangueiras. As historias de 12 mulleres da vila de Cangas que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións. https://ailladosratos.org/categoria/proxecto-cangueiras-2026/
Martes 25/08/2026 25.08.2026 1:30:17
Andaremos polos montes para que nos conten. Os de Montes de Vigo, das charlas para preparar ás persoas que viven preto dos montes fronte ó risco dos incendios forestais. E os de Montes de Couso, en Gondomar, como é iso de 'plantar auga'.
Venres 21/08/2026 20.08.2026 1:34:20
Paseo pola Finca da Marquesa con Celita Tacones. Esta veciña coñece ben o parque! Tantos anos de barrendera nel... podería escribir un libro coas súas vivencias. Ademáis, pinceladas de ocio para a finde.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.