AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: agalegaaudio.gal

Szerző

AGalegaAudio

Kategória

Society

A podcast weboldala

agalegaaudio.gal

Legutóbbi epizód

2026. okt. 6.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

A tarde 07-03-2024 07.03.2024

Falamos de galegos nas américas, de organizar vodas e de que implica ser a filla do medio ou a pequena. Charlamos con Mireia García, a xornalista que debuta na literatura coa novela 'Las palabras calladas'. Visítanos Jorge Blass en tempo de conversa con Pedro Volta e pechamos coa música de Alberto Espiño, que sacou novo tema.

A tarde 06-03-2024 06.03.2024

Falamos de ser bombeiro co divulgador Savia Nova, de desinformación co grupo de investigación Novos Medios. Comentamos a serie 'Reina Roja' con Moncho Lemos e Carlos Jiménez en Sen Butacas. Coñecemos a César Pérez Gellida, escritor de novela negra que, coa súa última publicación 'Bajo tierra seca' vén de gañar o Premio Nadal 2024. Tamén conversamos cuns aventureiros que se atop...

A tarde 05-03-2024 05.03.2024

Cé Rodríguez cóntanos que podemos empregar das nosas casas como fertilizantes e abonos, descubrimos un proxecto que conecta alumnado galego con bosnio e falamos de ser avogado de oficio con Ana Camiño (que nos atende facendo unha garda). A escritora Isabel Sánchez cóntanos a importancia de coidarnos a nós mesmos antes que os demais, algo que reflicte no seu libro 'Cuidarnos'. Falamos de...

A tarde 04-03-2024 04.03.2024

As mulleres españolas protagonizaron anuncios da banca antes de poderen abrir libretas de aforro por si soas. A que non o sabías? Descúbreo de man de Susana Martínez, profesora de Historia Económica. Tamén nos preguntamos por que hai tanto rollo para mercar entradas para concertos e festivais e por que tanta antelación. Tito Lesende, responsable de Comunicación da SGAE en Galicia bótanos un pouco...

A tarde 01-03-2024 01.03.2024

Falamos de libros adaptados para persoas con dificultade na lectura e tamén da nova novela de Inma Rubiales 'Todos los lugares que mantuvimos en secreto'. Coñecemos moito da nosa toponimia coa colaboración do latinista Xosé Antonio López Silva e con Agustín Vázquez debatimos sobre a necesidade de taxas turísticas. Pechamos o programa falando de peregrinar con autocaravana.

A tarde 29-02-2024 29.02.2024

Que fai que non fixemos o ferro ou que, aínda que tomemos lácteos, esteamos baixos de ferro? Preguntámosllo á nosa nutricionista de confianza, Rosana Alonso. Falamos dos cestos que fai Luis do Río e de todo o que aprende de seu avó. Na Tribo con Raquel Rosa comentamos o sono infantil e mitos asociados ao mesmo e con Miguel López Crespo de varios asuntos, como a suba do IVE da luz a un 21%. Pedro V...

A tarde 28-02-2024 28.02.2024

Falamos con BEFLAMBOYANT porque son unha marca de calzado vegano que resulta que fai os produtos con produtos alimenticios como as sobras das mazáns e demais. Volvemos charlar con Alexandre Soteliño, escollido de novo coma un dos mellores docentes de España. Falamos do atentado da discoteca Clangor de Compostela con Moncho Lemos e Carlos Jiménez, a propósito do documental que vén de sacar 'Hi...

A tarde 27-02-2024 27.02.2024

Pasan polo programa o famoso dj Rokiño e María Kilate para presentar o seu novo tema 'Hai que dalo todo'. Charlamos con Jacobo Diz, o único galego que vai competir polo mellor cordon bleu de España. Con Ana Camiño falamos de seguros de fogar e con Maxi Pérez seguimos repasando todo o relevante nas estradas.

A tarde 26-02-2024 26.02.2024

Marcus Fernández fálanos das tendencias en telefonía e falamos tamén das galletas Persuriñas, que chegan en toneladas a Bélxica. Seguimos repasando criterios de ciberseguridade con Iván Carril, coñecemos o insomnio de man de Norberto Proupín e falamos de retoques estéticos.

A tarde 23-02-2024 23.02.2024

Visítanos Sofía Espiñeira para adiantarnos máis do seu traballo. Desta vez é 'Herba de namorar'. Na 'Vía Clásica' falamos de humor na Antiga Roma con Xosé Antonio López Silva. Descubrimos o 'Libro secreto da filosofía' de José Carou.

A tarde 22-02-2024 22.02.2024

Homenaxeamos a Rosalía mediante unha actividade feita nun centro de Vilagarcía, no que o alumnado adaptou poemas da escritora a cancións de Feid ou Bad Bunny. Charlamos sobre bebés e mascotas e como adaptar uns aos outros con Raquel Rosa. Coñecemos, ademais, a Laura Pego, coñecida como Lau Panicanela, unha moza ribeirenseque acaba de sacar novo sinxelo: 'Jatabela'.

A tarde 21-02-2024 21.02.2024

Falamos con Sofía, creadora dunha ONG que axuda a nenos e nenas en Ghana a poder saír adiante. Leva escolas, orfanatos e pozos creados para eles. Tamén coñecemos a Salomé e o seu traballo de venda de tecidos e patróns para facer gancho. Pasa tamén polo programa Carlos Ares para presentarnos o seu novo traballo: 'Peregrino'. Con Moncho Lemos falamos do novo documental de Raffaela Carrá e...

A tarde 20-02-2024 20.02.2024

Descubrimos o importantes que son os límites bioxeográficos, como é ver por primeira vez un cadáver sendo estudante de Medicina, onde están os límites da liberdade de expresión con Ana Camiño e cales son as teimas dos condutores con Maxi Pérez.

A tarde 19-02-2024 19.02.2024

Falamos con Paula González, unha rapaza que fai de todo e, de feito, ten live show do seu podcast o próximo 1 de marzo na Coruña. Tamén descubrimos as portas de deseño para as estruturas dos mobles de IKEA. Ademais, Mikel Santiago está presentando ‘El hijo olvidado’, a súa última publicación e conversamos con el. O doutor Norberto Proupín fálanos da rotura de cadeira e o formador en ciberseguridad...

A tarde 16-02-2024 16.02.2024

Falamos da exposición 'Unha vida viquinga' única en España e que está en Galicia e tamén de publicidade en TikTok. Ademais, falamos de malos hábitos que podemos corrixir para evitar caer en certas enfermidades. Viaxamos a China e á antiga Grecia e Roma e disfrutamos da música en directo de Luis Fercán.

A tarde 15-02-2024 15.02.2024

Descubrimos o plaiting, falamos da moda de compartir menús nos restaurantes, do skincare en crianzas con Raquel Rosa, de maxia, de exportar para Marrocos e moito máis.

A tarde 14-02-2024 14.02.2024

Atopamos a diferenza entre cárdigan, chaqueta, blazer, americana e moitos tipos máis de chaquetas coa especialista en moda Inés Peleteiro. Tamén coñecemos a leucemia nos gatos, que é un retrovirus e non un cancro e que debe preverse, pois é especialmente común. Moncho Lemos tráenos distintos clásicos románticos do cine, ademais do máis novo neste eido que vén dende Turquía: 'Ceniza'. Fal...

A tarde 13-02-2024 13.02.2024

Microblading, transplante de pelo... o retoque das cellas ten cada vez máis importancia á vista do incremento de establecementos que fan estes traballos. Así que descubrimos todo o que podemos facer nelas. Falamos do que significa PEC e do uso que fai a xente nova de siglas, normalmente para crear comunidade. Ademais, outro tema moi ao día é a infantilización dos nosos gustos alimenticios: comemos...

A tarde 12-02-2024 12.02.2024

Celébrase o Entroido nas residencias de maiores? Pois descubrimos que si, pero que teñen que adaptar estas festividades dependendo de como estea cada persona física e psicoloxicamente. Tamén falamos de disfraces e estereotipos e dos límites que hai para que un disfraz sexa unha falta de respecto. Tamén damos cabida a un concepto pouco coñecido: a navalla de Okham, unha regra filosófica que nos di...

A tarde 09-02-2024 09.02.2024

Falamos cunha empresa que fai máis de 50.000 hamburguesas á semana, do que reciclan os universitarios e incluso de se existía o Entroido na antiga Roma. Viaxamos con Agustín Vázquez a lugares coma Brasil, onde estas datas son as máis especiais do ano. Viaxamos tamén en moto, polo que comentamos todo o preciso para portar obxectos nestes vehículos. Conectamos coa Gala dos Goya e incluso falamos de...

A tarde 06-02-2024 06.02.2024

Falamos cun laboratorio clínico especializado en análises de sangue de cans e gatos, polo que tede en conta que eles tamén deben facer unha analítica ao ano. Tamén charlamos sobre por que os españoles e galegos dormimos tan mal e precisamos de axuda farmacolóxica. Con Ana Camiño, avogada en dereito civil e de consumo, falamos sobre desaloxos e a propiedade. Maxi Pérez, pola súa banda, fálanos de p...

A tarde 05-02-2024 05.02.2024

No ano 2022, Estrella Galicia lanzou un proxecto de recuperación das nosas festas máis tradicionais e este ano volve ao ataque! Falamos do proxecto. Comentamos o novo tema de Fillas de Casandra xunto co navarro Zetak, comentamos os problemas de acne con Norberto Proupín e mesmo falamos co mellor docente do mundo!

A tarde 02-02-2024 02.02.2024

Enrique Ramil dá un concerto este sábado en Ferrol e, ademais, vai ser o representante español no Festival de Viña del Mar, polo que falamos con el das súas influencias. Coñecemos máis da medicina no mundo clásico, da falta de mecánicos nos talleres, de tendencias en viaxes e do ukelele coa Ukestra do Medio.

A tarde 31-01-2024 31.01.2024

Coñecemos os ximnasios boutique, o libro 'Os madrileños non sempre veñen en agosto', da miopía nos nenos e nenas e da influencia das pantallas no comportamento e rendemento dos cativos. Ademais, Moncho Lemos tráenos a Carlos Jiménez para falarmos de dúas series: 'El turista' e 'Las gotas de Dios'. Mentres, Xiana Albor fálanos do negro e o branco na natureza, xa que ho...

A tarde 30-01-2024 30.01.2024

Xa levamos días falando de orellas, de filloas, entón hoxe falamos de disfraces e das tendencias deste ano. Como non, Barbie é un dos disfraces que triunfa. Tamén falamos do galego que se emprega no Bierzo e das súas particularidades. Coa avogada Ana Camiño descubrimos as listaxes de morosos e que facer se estamos nunha e con Maxi Pérez soubemos os coches que máis valor perden co paso dos anos e m...

Hallgasd a(z) Todos os podcast | A tarde podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.