Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal

Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Valladares

Kategória

Society

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. szept. 29.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Resumo semanal do 9 ao 13 de abril 13.04.2018

Hoxe falamos coa escritora María Xosé Queizán sobre feminismo e sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual. Tamén compartimos un anaco con Manuel Martínez, director da Orquesta Clásica de Vigo e o seu ciclo: En femenino, polo que buscan dar visibilidade a compositoras esquecidas e ocultas. Conversamos con Asier Muñoz, enfermeiro, para que nos conte como debemos comportarnos cando vexamos...

Resumo semanal do 2 ao 6 de abril 06.04.2018

Esta semana contamos con Sime, de Keltoi!, para falar sobre o seu novo videoclip gravado en Balaídos e o futuro da banda. Francisco Rodríguez, da asociacón etnográfica Mariñas, contounos todo sobre a charla que ofrecerá o mentado colectivo este sábado, sobre o traxe galego por mor da Reconquista. Unha hamburguesa de 1.5 quilogramos. Quince minutos para comelo. Serías capaz? Para elo conversamos co...

Resumo semanal do 26 ao 27 de marzo 27.03.2018

Hoxe tivemos no estudo a Néstor e Julio, as cabezas de Evergreen Guitars & Basses. Uns luthieres incribles que non paran de medrar e facer proxectos (e instrumentos). Tamén falamos con outro artesán, pero neste caso de cervexa. Raúl de Cervexas Nós explicou algúns dos seus segredos. Pracer inmenso conversar con Ailen, da compañía de teatro A Panadaria, que veñen de arrasar nos María Casares coa sú...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 19 ao 23 de marzo 23.03.2018

Falamos con Fernando Prieto, de Gato Salvaje Estudio, sobre os videoxogos en Galicia, a potencia creativa e de empleo que encerran, e un dos seus proxectos a medio prazo máis ambiciosos: The Waylanders, un videoxogo galego, ambientando nas súas lendas. Charlamos con Miguel Castañal, do establecemento Kastami's. Un local no que a comida rápida non é só saborosa, se non que tamén é sana e ecolóxica....

ESPERTA VALLADARES - Resumo semanal do 12 ao 16 de marzo 16.03.2018

Falamos con Santiago de Taller 7 MakerSpace sobre impresoras 3D e as posibilidades que ofrecen para o día o día. Por último, Fiz, da asociación veciñal Casco Vello contounos os entresixos do Retapas que comezá mañá a encher bandullos. Ari, a bibliotecaria no CVCV veu falarnos do clube de lectura e da proxección da película A Esmorga que se levará a cabo este sábado. Iván Fernández, pianista e inté...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 5 ao 9 de marzo 09.03.2018

Inma López falounos dun proxecto interesantísimo como é o dicionario enciclopédico de termos escénicos, que se pode consultar na web do Consello de Cultura Galega. Conversamos con Quique Freiría, o noso peixeiro e gaiteiro particular, que derrocha positivismo e traballo por todos lados. Tamén tivemos no estudo a directora xeral de xuventude, participación e voluntariado; Cecilia Vázquez. Falounos...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 26 de febreiro ao 2 de marzo 02.03.2018

Neste novo programa falamos con Xosé Alfredo Oliveira, homenaxeado co Premio a unha vida entregado ao mundo coral na última edición do Acopovi no Mar de Vigo. Xenial testemuña a súa. Tamén estivemos con Noemi Chantada, nominada pola súa obra La mujer invisible nos Mestre Mateo, un retrato veraz e real da prostitución e as mulleres que se ven na obriga de practicala. Conversamos con Xurxo, da libre...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 19 ao 23 de febreiro 23.02.2018

Algunha vez pensáchedes que ten que facer un home do tempo antes e saír ao croma? Pois Juan Taboada, de meteogalicia, cóntanos todo e máis. Saltamos ata o IES Valadares, e falamos con Lucio, o seu profesor de historia e que ven de publicar un novo libro sobre a axuda social durante a Guerra Civil e a posguerra. Falamos con Javier Pitillas, da asociación Discamino. Policía local de Vigo que no seu...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 12 ao 16 de febreiro 16.02.2018

Incrible conversar no estudo cunha atleta tan agradable como Cristín Martínez, gañadora da Galiexpo Bike and Running na súa modalidade, e que chegada de Venezuela hai un ano, cóntanos a súa historia vital e os seus plans de futuro. Tamén tivemos a sorte de falar con Lara García, investigadora no CSIC no departamento de biodiversidade mariña, que recentemente participiou nunha charla sobre a relaci...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 5 ao 9 de febreiro 09.02.2018

Esta semana falamos con: Roberto de la Torre sobre o seu traballo como fotógrafo e documentalista da cultura galega, en especial do entroido; e tamén chamamos a Pepa, da comisión de festas do entroido de Goián, que nos contou as pecularidades desta festa. Óscar, peliqueiro de nacemento, describiunos como é o entroido de Laza, unha das figuras por antonomasia de Galicia. Que gustazo oílo falar! Ela...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro 02.02.2018

Quixemos traer un tema de actualidade como é a proba sen receta para o VIH que dende xa se pode adquirir nas farmacias. O farmaceutico Alex Piñeiro respondeu as nosas preguntas sobre elo. Encantados quedamos de falar con Jessyca Ocampo sobre o seu proxecto Mapa do medo, para visibilizar a violencia machista e os abusos que sofren diariamiente as mulleres. Chegou febreiro e súa primeira fin de sema...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 22 ao 26 de xaneiro 26.01.2018

O luns o programa xirou arredor dun vello debate: "Grafitis, ¿arte ou vandalismo?" Para arronxar un poudo de luz tivemos ao outro lado de teléfono a Powone, grafitero vigués profesional; e a Festa, residente en Londres. Ambos expuseron as dinámicas sociais do grafiti, e temas como a legalidade de pintar nos muros alleos. Como o entroido está moi pero que moi preto, chamamos a Roberto de Don Disfra...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 15 ao 19 de xaneiro 19.01.2018

Esta semana veu ata o estudo Gabi, o adestrador do equipo de fútbol feminino de Valladares, que se atopa imbatible. Conseguiu tódolos puntos posibles na primeira volta e voa cara o ascenso. ¿Como motiva a semellantes rapazas? Tivemos a sorte de poder falar con Roman Demyan, de orixe ruso, que loita por visibilizar a situación de guerra no seu país veciño Ucrania, e levar axuda humanitaria ata as z...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 8 ao 12 de xaneiro 12.01.2018

Esta semana tivemos ao outro lado da liña a Juan, do Furancho da Balsa que este fin de semana abre a tempada. Volven o cocido e as gaitas. Lembrounos como unha festa converteuse en voda, e como tres días pasaron demasiado rápido. Veu ata o estudo Plácido, da Rondalla de Valladares, a comentarnos as últimas novedades sobre o acontecido nas últimas semanas coa polémica do Ifevi, e ademáis, a lembrar...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 2 ao 5 de xaneiro 05.01.2018

Esta semana tivemos a sorte de falar no estudio co Ecolectivo, con Alex e Virginia, sobre permacultura, educación e ecoloxía. Tamén entrevistamos a Iago, de Xonix Records, sobre o disco editado pola mentada discográfica de panxoliñas en galego Nada(L). Ao outro do teléfono tamén tivemos Luis, dono da Ramallosa 2000, que na noite de Reis regala un coche a estrear entre tódolos asistentes. Unha trad...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 26 ó29 decembro 29.12.2017

A concilicación familiar no 2017. - Entrevista coa guionista e escritora Diana López Varela. - Testemuña de Belén Cameselle sobre a vida laboral e a vida familiar. -De cara ó fin de ano falamos co fogheteiro Argimiro e mais co restaurante Soriano sobre a cea do 31 -E o carteiro real visítanos esta tarde no cultural para recoller as últimas cartas dos reis

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 18 ó 22 decembro 22.12.2017

-O garaxe hermético, escola de banda deseñada en Pontevedra, con Kiko da Silva -Instituto de Estudios Vigueses co seu membro mais novo, José Luís Mateo que, ademáis, nos conta a historia do edificio Hermanos Platerno en Doutor Cadaval

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 11 ó 15 decembro 15.12.2017

No resumo semanal: -Óscar Piñeiro sobre os campionatos de canicross, acadou o 4 posto no Mundial celebrado en Polonia hai unhas semanas -Música con "Uxía e a vaca lambona" de Troula Animación -Libros del KO, co seu editor, Emilio -A Fundación Mujeres por África, que ven de firmar un convenio coa Universidade de Compostela para que estudantes africanas poidan continuar a súa formación en universida...

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 4 ao 7 decembro 07.12.2017

No resumo semanal: -O boxeador Dani Melo, veciño de Valladares que ven de gañar o Campionato Galego na modalidade de peso utralixeiro. -A matanza do porco con Merchi, unha veciña que nos recorda como se facía antigamente. -Grupo musical Os bechuchos

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 27 novembro ó 1 decembro 01.12.2017

No resumo semanal: -Psaiko quartet, que gañou o 1º premio do 88 Concurso permanente de xuventudes musicais de España na modalidade de música de cámara. Falamos co saxofonista de Valladares, Juan Alonso. -A Unión Musical de Valladares participa esta fin de semana no 44 Certame Internacional de Bandas "Villa de Altea" en Alicante. -Historias de aquí co Restaurante Moisés -Sacha na Horta, grupo de mú...

ESPERTA VALLADARES -Resumo do 20 ó 24 de novembro 24.11.2017

Mundo da droga con: -Asociación Érguete, coa educadora social Lucía Pereda -Nacho Carretero, autor do libro "Fariña" sobre as redes do narcotráfico en Galicia Filosofía nas series de TV: con Francesc Orella, un dos protagonistas na serie Merlí, onde representa ó profesor de filosofía.

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 13 ó 17 novembro 17.11.2017

O resumo desta semana vai adicado ó noso patrimonio: -Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega que, na semana do patrimonio, nos fala deste marabilloso proxecto de catalogación do patrimonio galego http://patrimoniogalego.net/ -Camino Noia, especialista en literatura medieval na Universidade de Vigo, que nos conta como foi traer o Pergamino Vindel ata Vigo -Patrimonio en Valladares con Isidro Co...

ESPERTA VALLADARES -Resumo do 6 ó 10 de novembro 11.11.2017

Celta de Vigo con Javier Maté, porteiro entre os anos 81 e 93

ESPERTA VALLADARES - Resumo do 30 outubro ó 3 novembro 03.11.2017

Resumo semanal: -Manuel Gago, historiador e membro do Consello da cultura galega -Rubén Ayuzo, profe de submarinismo, que adestrou ós actores da nova serie da TVG, Viradeira. -Rubén Ramos, profesor de xornalismo na Universidade de Zaragoza, sobre os bulos informativos

ESPERTA VALLADARES -Resumo 23 ó 27 de outubro 27.10.2017

Resumo semanal: -Selmark e o deseño de suxeitadores para o postoperatorio do cancro de mama -Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia -Retrincos, grupo folk que se formou en Valladares hai anos

Hallgasd a(z) ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.