Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Resumo semanal do 22 ao 26 de outubro 25.10.2018 1:01:10
A semana pasada organizáronse en Vigo as VII xornadas contra a prostitución. Como está a situación en Galicia? Falamos con Silvia, portavoz da Rede Galega contra a Trata. Os médicos están de folga en Galicia. Que sistema sanitario temos? Como está por dentro? Os médicos están cansos: moitos pacientes, atención en diversos lugares da provincia, agora a nova figura do pediatra de área... Explicounos...
Resumo semanal do 15 ó 19 de outubro 18.10.2018 46:56
Nova lei de espectátulos en Galicia. Tertuliamos cos músicos e mais cos hostalerios. Ata o estudio achegáronse Arturo Álvarez, recoñecido músico de jazz da escena galega, e tamén David Iglesias, dono do Monk blues bar, para falar da nova lei de espectáculos galega.
Resumo semanal do 8 ó 11 de outubro 11.10.2018 1:02:08
Imos con anécdotas de mariscadas. Sodes dos que rapiñades as patas gordas do boi antes que nadie, a que sí? Ou ides mais a pola cuncha? O mundo infantil está de noraboa porque nace Kalandraka.tv. Nesta ponte do Pilar, todas as tardes, Teatro Amador. Escoitade estrea obra: "Un hotel de primeira sobre o río" de Xohana Torres. Andaina e trail polos montes de Vigo son a antesala dunha chea de activida...
Resumo semanal do 1 ó 5 de outubro 05.10.2018 1:01:45
De viño, que estamos na vendimia. Ata Soutomaior fomos coñecer a bodega NoeliaBebelia. Rugby, un deporte agresivo?? É como o fútbol americano?? Desmitificamos estas cousiñas con Trosky, do equipo de rugby da UVigo, e mais ben o que atopamos é moita camaradería. A fin do verán é o momento para iniciar novos proxectos... coma o de aprender algo. Que tal guitarra co bouzoukista de Ardentía e da Orque...
Resumo semanal do 24 ó 28 de setembro 27.09.2018 1:02:15
-Bembrive presentou o seu propio himno "O ben vivir". Unha composición do gaiteiro Marcos Castro, que se achegou ata o estudio con toda a emoción provocada na parroquia veciña. -Escaneo pola música en galego. Ollo, cantada en galego. José das Patas ten un blog onde vai facendo o rexistro. -Audición infantil da Banda de Valladares no auditorio do Centro Cultural con Félix de Trío Refugallo, Píscore...
Resumo semanal do 17 ó 21 de setembro 20.09.2018 59:37
-Metropolitano.gal, un dos novos medios que aparecen online. -Berlai Desconhecido. Música rerurral ou post bravú. Un cómic para ser escoitado ou música para ser lida. - ECOLECTIVO. Neste outubro preparan nova expedición ó Sahara. Van xa pola 4ª edición do curso de Permacultura.
Resumo semanal do 10 ó 14 de setembro 14.09.2018 1:00:08
-Rondalla de Valladares co seu director Plácido. -A maxia do theremín co vigués Paulo Pascual. -Reabre La Iguana Club. Como fai Billy a programar concertos tan marabillosos! -Concertos mais ben "raros" os da cámara semi anecoica na facultade de Telecomunicacións no CUVI. Falamos con Antonio Pena, do centro de investigación Atlantic.
Resumo semanal do 3 ao 7 de setembro 06.09.2018 1:01:22
-Tenis de mesa, con Samuel Pereiro -Son Trío, musicando a Rosalía de Castro -Skandalo GZ que vai estar no Revoltallo
Resumo semanal do 27 ao 31 de agosto 30.08.2018 58:58
Falamos de teatro infantil coa actriz e mestra de teatro Eva Vila. Paseamos cos II Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra. Conversamos co Instituto de Estudios Miñoranos polas Xeiras de verán.
Resumo semanal do 20 ao 24 de agosto 24.08.2018 58:42
Falamos cos homenaxeados na Festa do Socio deste ano 2018: -A Coral Polifónica do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Ata o estudio achegouse Isabel, a delegada. -O Colectivo Chan Grande de Freixo con César Freiría.
Resumo semanal do 13 ao 17 de agosto 16.08.2018 59:57
Na calurosísima víspera de San Roque, colocamos o chiringuito do "Esperta de verán" na terraza do bar Rial. Na mais que agradecida sombra do porche, conversamos con Caseiro. Sidro, que sabe de moitas cousas da parroquia, contounos historias de Valladares: -a do barrio da Garrida -a dos bares que antiguamente había por esta zona do Rial -deu co intríngulis de que haxa tantos matrimonios con xente d...
Resumo semanal do 6 ao 10 de agosto 09.08.2018 58:35
Moitos dos nosos veciños que viven fora, aproveitan o verán para voltar a casa de vacacións. Invitamos ó estudio a Xoana Barros, unha veciña de Beade que traballa como nefróloga nun hospital de Girona. Imos coñecer como funcionan os nosos riñóns. E, por último, falamos do Anel Verde para Vigo e doutras cousas mais sobre os montes de Valladares con Gregorio.
Resumo semanal do 1 ao 5 de agosto 03.08.2018 1:02:25
Sabedes que é O Cable Inglés de Vigo? Ademáis dun cable telegráfico que saía desde Vigo e que conectaba Europa con América, tamén é unha Cooperativa Cultural. Falamos con Mirian Fernández. Achegámonos ata Bueu e o Festival Son RíasBaixas. Falamos con Jordi Lauren, director artístico do festival, e con The Skarnivals, a banda de ska que fechará o festival e que estará no FreixoRock.
Resumo semanal do 15 ao 19 de xullo 19.07.2018 52:59
Falamos de festas patronais. Este ano non houbo en Vincios, Matamá está a organizar a última hora, a romería do Alba está en dúbidas. Que está a pasar? Na tertulia: Rodri, da comisión de festas da romería do Alba, Germán, da de Vincios, e Pupe, da de Beade.
Resumo semanal do 9 ao 13 de xullo 06.07.2018 1:00:06
Repasamos algunhas das entrevistas coas que inauguramos esta segunda semana do mes de xullo. Alá foi medio ano xa!
Resumo semanal do 18 ao 22 de xuño 22.06.2018 52:25
Falamos con Pablo Lubiáns, controlador aéreo e piloto de drones sobre lexislación, permisos e futuro destes trebellos. Conversamos tamén con Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu e deputado provincial, para coñecer a Semana da Música da vila bueuense. Tamén tivemos ao outro lado do teléfono a Sabela, guitarrista de Agoraphobia, para falarnos desa carreira maxistral que están levando na música.
Resumo semanal do 11 ao 15 de xuño 15.06.2018 58:33
A nosa colaboradora Zaida, volve coa súa sección diaria a falarnos do acoso laboral. Escoitadea, porque merece a pena. Alex Piñeiro trouxo a súa sección de saúde, esta vez enfocada na prevención do cancro de pel. E miramos cara o noso CVCV con Doro e o fin de curso do grupo de teatro.
Resumo semanal do 4 ao 8 de xuño 08.06.2018 1:02:13
O venres pasado veu ata o estudo o Obispo Luis Quinteiro. falamos da parroquia, da xuventude, da actualidade e do futuro, por iso o gravamos para poder emitilo hoxe. Unha charla moi interesante. Brais Morán, gañador dun dos Premios Martín Codax falounos da súa música e da situación actual da industria musical. A piques de comezar o II encontro de Teatro de ACDC Vigo, conversamos con Roberto, presi...
Resumo semanal do 28 de maio ao 1 de junio 01.06.2018 50:27
Hoxe falamos do proxecto #composicion365 , unha fazaña obra do gaitero e compositor Isidro Vidal, que está a compoñer unha peza de gaita ao día durante un ano (e xa vai pola metade). Tamén contamos con Andrea, veciña de Tui, e creadora dun crowdfunding para axudar aos afectados pola explosión na súa vila. Charlamos con Kiko da Silva, referente do cómic galego que lanza A viñeta de Schrödinger, unh...
Resumo semanal do 21 ao 25 de maio 25.05.2018 56:29
Esta semana, a nosa colaboradora habitual, Zaida García, explicounos as novas da reforma laboral e as tipoloxías de despidos. Conversamos con Ana Bringas, profesora da Uvigo que este venres participará nunha charla aquí no CVCV como un exemplo actual de persoa que namorou do galego pero chegou de fóra. E como non, Cans, o Festival do audiovisual galego, non podía faltar. Abel Gallego cóntanos o se...
Resumo semanal do 14 ao 18 de maio 18.05.2018 59:47
Esta semana falamos con Fernando Mouriño, presidente da escudería Rías Baixas que de novo logrou que un dos rallis galegos por excelencia voltara a Vigo tras dous anos sen celebrarse. Conversamos con Carmen Lorenzo, a directora da Escola de Conversación e Restauración de Pontevedra, que este venres farán xornada de portas para celebrar o Día dos Museos. Tamén tivemos no estudo a Ana Pérez para fal...
Resumo semanal do 7 ao 11 de maio 11.05.2018 58:36
Esta semana tivemos dúas interesantes charlas arredor do pergamiño Vindel. A primeira con Cipriano Jiménez, e a segunda con Salesiano Mato; os responsables de que a famosa peza literaria puidera ser visitada en Vigo. Tamén conversamos con Ramón Nicolás, profesor do IES Valadares, escritor e crítico literario. Unha persoa que da gusto escoitar e coa que sempre é un pracer poder falar.
Resumo semanal do 30 de abril ao 4 de maio 04.05.2018 1:00:16
Esta semana falamos con Enrique Vieites da programación preparada no CVCV para Días das Letras Galegas. Preparade as axendas porque vai ser impresionante. Por outra banda, tamén conversamos con Eli Ríos, que o venres achegarase ao CVCV para falar da figura da homenaxeada polo Día das Letras Galegas deste ano, María Victoria Moreno. Contamos coa humorista Eva Soriano. Monologuista no Club de la Com...
Resumo semanal do 23 ao 27 de abril 27.04.2018 59:24
O barista vigués Marcos González participou esta semana no Campeonato de España en Barcelona. Cafés con algo más que sabor. Tivémolo ao outro lado do teléfono para que nos contara so segredos dun bo café. Sandra Obarrio, traballadora na Fundación Terra Termarum falounos do seu impresionante labor como ceramista. As súas mans funcionan como máquinas do tempo e traen de volta, da mesma maneira que o...
Resumo semanal do 16 ao 20 de abril 20.04.2018 59:50
Empezamos falando con Gabi, adestrador do equipo de fútbol feminino de Valladares que esta fin de semana celebrarán o ascenso á categoría superior. Falamos con Xaquín de Treixadura, membro fundador da agrupación por excelencia da música tradicional galega, que este sábado pasado encheron o teatro de Afundación ata os topes. Tivemos a sorte de falar con Vicente Viso, presidente da protectora de A M...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.