AGalegaAudio
Diario cultural | Noite
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Szerző
AGalegaAudio
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2025. jún. 27.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Diario cultural 25-11-2024 25.11.2024 16:58
“O inferno que viviron estas mulleres é moi descoñecido para a poboación”. Montse Fajardo pescuda, no ensaio Caídas, a historia do Patronato de Protección a la Mujer, e a súa incidencia en Galicia.
Diario cultural 22-11-2024 22.11.2024 16:58
Silvia Penas, Silvia Mota Lopes, ‘De Ninghures’ e ‘Os Quatro e Meia’ reciben os premios da música e da poesía galego-portuguesas
Diario cultural 20-11-2024 20.11.2024 16:58
O Festival de Órgano de Vigo '8 pés' é un ciclo de concertos organizado pola Orquestra Clásica de Vigo e protagonizado polo órgano Lope Alberdi. A exposición 'Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible', organizada en colaboración co CSIC, amosa as posibilidades das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.
Diario cultural 19-11-2024 19.11.2024 16:58
Otero Baena foi un pintor sen pinceis e con ese título se presenta a mostra que podemos ver no Museo de Pontevedra. O Simposio Luísa Villalta afonda este outono na figura e na obra da autora das Letras 2024.
Diario cultural 18-11-2024 18.11.2024 16:55
O novo libro de poemas de Pilar García Rego 'Desaparecer' esculca nas fendas da vida, deténse nas arestas, nos ocos polos que a vida esvara. O poemario é a procura do sentido da vida nas fisuras, nas incisións e no seu derrubamento. A obra constrúese a partir dunha pregunta sobre a valentía e a súa razón de ser.
Diario cultural 15-11-2024 15.11.2024 17:06
O espectáculo 586 cantos pon en valor o papel da poesía popular oral e das cantareiras. A iniciativa do Museo do Pobo Galego revisa e recrea o legado de Dorothé Schubarth
Diario cultural 14-11-2024 14.11.2024 17:16
A deseñadora Uqui Permui publica Sempre libres e vivas, un libro que documenta e percorre a evolución durante oito anos da campaña “En negro contra as violencias”. E ademais As gardiás, a nova montaxe de Teatro de Ningures
Diario cultural 13-11-2024 13.11.2024 17:04
A reflexión sobre os principais modelos didácticos e a súa influencia no ensino da filosofía ou a incidencia da Intelixencia Artificial nas III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC. E ademais a serie La ciudad de los muchachos
Diario cultural 12-11-2024 12.11.2024 17:04
Javier Otero estrea a ópera Pálido punto azul, unha reflexión sobre a insignificancia, tamén sobre o ser o estar e o parecer. E ademais Uma historia pequena da Galiza rural
Diario cultural 07-11-2024 07.11.2024 17:01
O Foro “Pensar para adiante. Culturas Artes e Identidades” inaugura os “Foros Grial. Galicia 2050”. E despois Compostela Ilustrada
Diario cultural 05-11-2024 05.11.2024 16:57
Héctor Francesch presenta o seu traballo dos últimos anos. "Cadros que nunca pintei" é unha aposta pola creatividade e o soño. 62 obras na mostra que se pode ver na sede de AFundación na Coruña. E despois "Esperpento. Arte popular e revolución estética"
Diario cultural 04-11-2024 04.11.2024 16:58
Narciso de Gabriel recolle os debates e ideas que documentan o afastamento das mulleres da educación no volume Xogar coa pólvora. A educación das mulleres e as mulleres como educadoras
Diario cultural 01-11-2024 01.11.2024 16:58
O jazz galego protagoniza o Festival de Jazz de Lugo. 24 concertos, tres escenarios, 17 días na 34 edición cunha importante presenza de compositoras e intérpretes.
Diario cultural 28-10-2024 28.10.2024 17:04
Formas breves de pensamento é o substrato da obra de Luísa Villalta, segundo Luciano Rodríguez. O investigador, responsable da edición do volume que publica Galaxia, presenta os materiais inéditos do legado da escritora.
Diario cultural 25-10-2024 25.10.2024 16:57
Información cultural.
Diario cultural 11-10-2024 11.10.2024 17:18
A diversidade de técnicas e formatos singulariza a 29ª edición de Galicreques. O Festival Internacional de Títeres acolle ata o 20 de outubro 60 funcións de 30 compañías. Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, recolle o premio de honra.
Diario cultural 10-10-2024 10.10.2024 17:16
Máis de 20 estreas en Vertixe Sonora 12. Distintos espazos da cidade de Vigo acollen a nova edición do Festival Internacional de Creación Contemporánea. E ademais o galego nos actos funerarios
Diario cultural 09-10-2024 09.10.2024 16:04
Os riscos e oportunidades da IA abre a xornada sobre A innovación nas librarías. A Federación de Librarías de Galicia reflexiona sobre as oportunidades da tecnoloxía no sector. E ademais o primeiro disco de Breo
Diario cultural 08-10-2024 08.10.2024 17:07
Morreu o Demo recibe o recoñecemento de UNIMA. A recuperación da marioneta tradicional galega e, en particular, de Barriga Verde recibe un dos certificados da Asociación Internacional de Marioneta. E ademais a mostra “Simultánea”
Diario cultural 07-10-2024 07.10.2024 17:07
Un camiñar labiríntico nunha espiral que se vai pechando, Antonio Seijas fala do seu novo libro de poemas Os oito mitos de Palermo. E ademais a mostra Novos Imaxinarios, a creación cinematográfica alén da pantalla
Diario cultural 04-10-2024 04.10.2024 16:58
Verdeveras estrea en coprodución co CDG a obra“As formas do amor”. E ademais “O raposo na fronde” de Eva Moreda
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.