Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Culturgal 29.11.2019 45:54
Á beira do río Lérez, na Boa Vila, entran na conta atrás para os 3 días da festa da cutura galega. Con Xosé Aldea, director do Culturgal, descubrimos o que hai no ámbito cultural en Galicia. E aí, Tanxugueiras van andar presentando o seu segundo disco "Contrapunto". Conversamos con Sabela, unha das voces doces deste poderoso trío. E outro faro que se presenta tamén no Culturgal: "Nós Diario" en pa...
Músicas galegas 26.11.2019 56:30
Adentrámonos nas músicas de "Turoqua", o novo disco do creador de música tradicional Marcelo Dobode. E coñecemos a Laura romero, baixista na veterana banda de rock Zënzar. Ademais, responsable do proxecto "Músicas galegas ilustradas". Obxetivo, dar visibilidade ás mulleres nas bandas de música galegas actuales. Rexistradas xa van 200 mulleres, na maioría cantantes... poucas son as baixistas e mais...
Medicina gráfica e ilustración científica 18.11.2019 51:53
Ilustracións que axudan a comprender mellor a medicina e a labor dos científicos. Conversamos con dúas ilusradoras: Mónica Lalanda explica a medicina dende a ilustración. Entre guardia e guardia debuxou as viñetas que compoñen "Con conciencia médica", un libro que recolle situacións nas que se atopa o persoal médico en consultas e en urxencias. Poucos, polo dagora, os profesionais sanitarios que s...
Divulgar a ciencia e facilitar o coñecemento 15.11.2019 49:29
Que fan nos laboratorios, para que sirve...? Facer comprensible a ciencia con actividades lúdicas na rúa é un dos obxectivos da Semana da Ciencia. Conversamos con Luisa Martínez, responsable da unidade de cultura do CSIC Galicia. E facer comprensibles textos áridos é o obxetivo da Asociación de lectura fácil. Con Elisabet Serra descubrimos que hai adaptacións de libros clásicos e novas creacións p...
Vidas para o teatro 30.10.2019 50:01
Unha viaxe ata os Balcáns sen movernos da butaca. A vida de Deborah Vukusic, metade galega-metade croata, contada en “Guerra de identidade”. A guerra dos noventa pillouna en plena adolescencia. Acompañamos a conversa con música balcánica e recomendamos algunha lectura. En Compostela XVIII Festival de Teatro afeccionado Agustín Magán. Con Manolo Dasilva a viaxe é polo teatro afeccionado e os 20 ano...
Idiomas, para que aprendelos? 21.10.2019 52:21
Conversamos sobre este mundo de aprender outras linguas coa profesora Andrea Comesaña. Para que queremos aprender idiomas? Según sexa a resposta, temos diferentes camiños. E viaxamos á vida das guerras e o exilio a través de tres biografías: a de Ara Malikian, o violinista libanés, que estrea documental "Unha vida entre as cordas"; a da historietista Marjane Satrapi e o seu cómic "Persépolis"; e a...
Camiñando cara a sociedade do coidado 14.10.2019 59:19
A través de Música en Vena, a música ten un lugar moi especial nos hospitais. Vai ser como un medicamento que se vai integrar, especialmente, nas unidades de enfermos críticos. Conversamos con Virgina Castelló, a presidenta. Veredes que bonito! Acompañar a un enfermo a unha cita médica ou durante a estancia no hospital de xeito voluntario é cada vez mais habitual. Isabel Camino, responsable de vol...
Indómita, a Greta Thunberg á galega 09.10.2019 41:01
Dúas forzas que veñen como un tsunami: a muller e a igualdade de xénero e mais o coidado do medioambiente. Isto o observamos xa en calquer aspecto da vida diaria e agora tamén nun contiño. “Indomita e a semente da inmortalidade” de Álex Mene. Tertulia a modo clube de lectura co autor.
Os muíños, a nosa primeira industria 03.10.2019 37:09
Moitas son as festas que se fan co fin de recuperar ou poñer en valor as tradicións entorno ás nosas primieras industrias, os muíños. En Valladares celébrase unha romería a redor do muiño da Senra. A idea é poñer en valor o ciclo do millo, dende que se sementa ata que se recolle, se moe e mais se transforma en pan. Un traballo no que estaban incluidos todos os membros da unidade familiar, homes, m...
Proxectos educativos na natureza 27.09.2019 51:30
Vivir, xogar e educarse na natureza. Imos coñecer algúns proxectos cercanos nas saias do Monte Alba. En Vincios: Foresta con Noa. En Gondomar: Gándara con Iago En Freixo-Valladares: Patios Vivos da Cooperativa Miudiño con Judit. Cantos proxectos de escolas na natureza hai? Ese é un dos traballos da Asociación Edna, educación na natureza. Conversamos con Paz.
A maxia da natureza como mestra 24.09.2019 42:35
Os bosquescuela… sónanvos dalgo? Jara Loira cóntanos do seu nas aforas de Madrid e destas experiencias en Europa. Vai estar no encontro Natureza e Infancia en Vigo. Conversamos cunha das organizadoras, Aida de Educaflash. E visitamos o noso pasado cunha arqueóloga, Mar Cortegoso, para coñecer a producción de sal nos tempos dos romanos por esta parte atlántica.
Historias para coñecer Vigo con María Reimóndez 18.09.2019 41:10
María Reimóndez escribiu hai tempo un relato sobre o Vigo descoñecido. A protagonista, unha muller que limpa os portais a horas intempestivas pola zona das Travesas. Aproveitamos para falar de oficios. Hai moitos. Algúns invisibles, outros en extinción, parece que xa non se precisa deles, outros son novos...
Rock alternativo e Ska-punk con voz de muller 03.09.2019 29:51
Vimos musicais! E con voz de muller! Ata Boiro imos co grupo de rock alternativo Agoraphobia. Todas mulleres noviñas e moito recoñecemento na escena musical española. Outra voz, a dos coros e teclados de Liska!, Jana. Ska-punk made in Vigo, fan moita festa e vanse meter no estudio co novo disco República 2.0.
A que xogan as crianzas hoxe en día? 02.09.2019 39:58
Campamentos de verán e extraescolares. A que xogan os cativos hoxe en día? Xente variada pasa polos micros: -rapaciñas da ludoteca e unha das monitoras sobre o espacio do río nos arredores do Centro Veciñal de Valladares, onde fan cabañas, pontes, carreiras de barcos feitos con corchos... e mollan os pés, moi a gusto! -un pai e un fillo que contan de xogar ó fútbol no monte cos eucaliptos de porte...
Viaxe polos útlimos 40 anos do baloncesto en Galicia 30.08.2019 45:57
Viaxamos polos últimos 40 anos do baloncesto en Galicia cun histórico do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto Pérez. Xogador, árbito e adestrador, que creou un clube feminino no ámbito pontevedrés. Comeza o Mundial de baloncesto en China. Repasamos os grupos, os favoritos, o team que leva España e o novo sistema de clasificación.
Novas pedagoxías na escola en primaria e secundaria 29.08.2019 58:27
A educación é unha tarefa compartida: da escola, da familia e da sociedade onde conviven os rapaces. Quen está na tertulia? Unha mestra de primaria e un pedagogo, ambos menores de 30 anos e viviron catro reformas educativas, e un estudante de secundaria que, ós seus 13 anos, xa pasou por dúas no seu periodo escolar. A mellor herdanza para os adultos do futuro é unha boa formación. A pedra angular,...
Moraima. Acosada e acosador. 27.08.2019 39:55
"Moraima". Unha muller acosada por un rapaz e os seus amigos cómplices. A historia non é real pero podía selo, verdade? Ródase corto por Vigo adiante con localizacións en Valladares. Nos títulos de crédito: estes rapaces novos, encabecillados por Lara, veciña de Valladares que estuda Comunicación Audiovisual en Madrid. Para visibilizar o traballo das mulleres no mundo audiovisual naceu no 2006 CIM...
Mulleres organizando e animando as festas patronais 22.08.2019 47:33
Xogamos en casa e conversamos sobre San Campio. -os preparativos: coa presidenta da comisión de festas, Nieves. -levar á festa ós barrios: coa trompetista da Charanga Vaite Xa! -a vida nómada dos feirantes: crianzas fillas de feirantes.
Mulleres bravas do Morrazo e da illa de Ons 21.08.2019 32:19
O Morrazo e as illas de Ons. Lugares paradisíacos onde sentir a natureza e descansar. Moitas lendas inspira. Falamos de mulleres bravas, das que nos chegan a través das cantigas e a que agora se lle vai rodar unha película "María Solinha". E das que viven nas illas. Conversamos con outra María, a portavoz de Ons en Loita.
Humanización do servicio de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro 19.08.2019 43:15
Hoxe no programa imos ir ata o Cunqueiro, o hospital… Entramos por urxencias. Imos escoitar a enfermeira Ana Braña. Ela é a cabecilla dun proxecto que busca “humanizar” o servicio de urxencias.
Traíñas, mountain bike e ciclocross 13.08.2019 32:50
Conversamos con María Rodríguez, unha rapaza de 19 anos veciña de Valladares. Practica os dous deportes e, ademáis de achegarnos a estes deportes minoritarios, contános das dificultades que as mulleres atopan por ser mais minoritarias ainda. Por exemplo, para formar equipo de traíñas exclusivamente feminino, tivéronse que xuntar 3 equipos (Meira, Coruxo e o Mecos) e acabaron sendo campionas de Esp...
Os amigos e os estudios na adolescencia 02.08.2019 58:40
Que pensan dos amigos? Canto falan con eles x wasap ou instagram? Que fan cando quedan a estudiar con eles? Que pensan dos deberes? dos exames? de que lles fagan escoller tan cedo que estudiar, da amistade dentro e fora das aulas... Imos escoitalos.
Os cativos no tempo de ocio 02.08.2019 52:21
Imos voar coa nosa imaxinación ata a infancia e os mundos dos: -dinosaurios, superheroes, monstruos... -cumpleanos -ás tardes de verán na piscina cos amigos -ás cancións de verán E tamén achegarnos ó mundo do patinaxe coas rapazas do Clube de patinaxe de Valladares. Como son os entrenamentos? E as competicións?
Pensamento musical e pensamento crítico no teatro 23.07.2019 1:01:57
PENSAMENTO MUSICAL. CLARINTES. Conversamos coa directora académica, co director artístico e mais cos profes e unha alumna do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares. Unha xoia escoitar como viven a música. SAXOS. VigoSaxForum: concertos, conferencias, masterclass, obradoiros de improvisación... unha semaniña chea da música do saxofón....
Conciencia medioambiental 12.07.2019 1:00:00
Programa sobre o mediomabiente Sobre o xabarín e o seu cruce co porco vietnamita, o porcoril, conversamos con Inés do Santuario Vacaloura e cun amante da natureza e os animais, Xaime Villaverde. E do efecto das fábricas de celulosa, concretamente ENCE na auga da ría de Pontevedra, con Belén, secretaria executiva de ADEGA.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.