Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Feminicidios en México 19.11.2020 1:01:03
"La maté porque era mía", "mi marido me pega lo normal"... son parte do día a día para a sociedade mexicana. Conversamos sobre os feminicidios nesta parte do mundo con Karina, do colectivo de mexicanos en Galicia.
Arquivos e bibliotecas especializadas 13.11.2020 1:08:13
Unha volta por algunhas das que hai na cidade. Onde as atopamos? Nos hospitais, nos museos, nos clubes de montaña, nos conservatorios de música...
Carril bici en Vigo 30.10.2020 35:25
Falamos co colectivo de mulleres Bicivisíbeis e con Alexandre Mouriño, o arquitecto responsable do deseño do mesmo. E reflexionamos sobre os modelos de mobilidade, a relación co espazo público e a situación actual ante o deseño do plan director da bicicleta.
Músicas experimentais 23.10.2020 47:31
Dúas mulleres que arriscan na súa música. Mónica de Nut coa voz e Margarida Mariño co chelo.
CeibaRimas 16.10.2020 47:31
Con aprendices de maestro neste arte da improvisación en verso falamos hoxe un anaco. Álex "o jallejo" e a Rabela, finalistas de CeibaRimas. Aproveitamos para facer un percorrido polas voces femininas galegas no rap, hip-hop, reagge...
Olímpicos en Vigo. Obxetivo: Tokio 2021 09.10.2020 44:45
Como están a adestrar? A triatleta paralímpica Susana Domínguez. O decatleta David Gómez xa vai recollendo algúns froitos na súa nova faceta de adestrador. Os de Eva Queimaño e Abdel Larrinaga.
O mar como recurso 02.10.2020 1:00:00
Coñecemos o Vigo Pesqueiro. Da importancia que ten para a cidade e das actividades que se organizan para poñelo en valor conversamos con María Caldeiro. E das posibilidades dos océanos de satisfacer as necesidades alimentarias conversamos con Elena Ojea, investigadora e directora do Future Oceans Lab no Cuvi Na moda, artesáns do deseño. Descubrimos como vai ser o traxe da marquesa de Valladares. V...
Corsarias e piratas 25.09.2020 57:13
Historias de piratas na costa galega. Isabel Barreto, nativa de Pontevedra, foi a primeira mulelr almirante na historia da navegación. "Daniela Pirata e as mozas pirata". Revivir estas aventuras é o que fan cos nenos nas contadas de "Donde viven los cuentos". Xente que inspira. Como son por dentro os concursos de beleza? Conversamos coa veciña de Valladares, Silvia Vázquez, que ven de gañar Miss G...
Creativas galegas 16.09.2020 59:51
Creatividade galega. Conversamos coa costureira Patricia González do Obradoiro de costura Saians. Deseña moda galega inspirándose na tradición e adaptándoa ós nosos tempos. Creativas galegas. Un proxecto que aglutina un cento de artesáns e xente creativa galega. Compartir para crecer. Este é o seu lema e Isabel Pernas, afonda mais no que fan.
Mulleres no mar 11.09.2020 53:12
Unha volta na traiña cuns dos directivos do clube de remo de Coruxo. As redeiras da rúa Chao en Vigo, non dan volta senón que quedan no mural da nova sede da Deputación.
Premio Pedigree 2020 en Cans e roteiro das mulleres no Morrazo 04.09.2020 37:29
Manane Rodríguez, activista de Cima, productora e directora de 4 películas. Premio Pedigree 2020 en Cans. Chelo Loureiro, que tamén foi Pedigree hai dous anos, vai presentar un corto de animación "Carne". sobre o corpo da muller. E sobre as mulleres do Morrazo hai unha ruta para estes meses coa Illa dos ratos.
Cantigas trashumantes e Museo Liste 28.08.2020 57:07
Conversamos coa música Miriam Sandoval e a responsable de didáctica do Museo Liste, Isabel Pousada.
Mulleres na música infantil galega 21.08.2020 55:34
Tertulia coas Maimiñas sobre a música infantil galega.
Centro Alto Rendemento Pontevedra 10.08.2020 40:27
Tertulia deportiva sobre o centro de alto rendemento. Experiencias de deportistas tentando entrar, as vivencias...
Mulleres invisibles na istoria 07.08.2020 35:58
Rescatalas como referentes. Através de: -visitas guiadas turÍsticas, como fai Nuria Pahino coas mulleres galegas. -congresos, como "Féminas" en Palencia, coas mulleres no medievo. -campañas, como "whatsmyname?" reinvindicando o papel das mulleres afganas, que non "teñen" nome propio.
Carga mental das mulleres & Volta ao cole co Foanpas 31.07.2020 1:00:49
Diso conversamos nestas Fillas do café. Da carga mental das mulleres e mais da volta ao cole, co Covid.
Atletas de alto rendemento no confinamento 23.07.2020 41:43
Deportistas paralímpicas: Desirée Vila Somos Océano: textil con deseño.
Conciliar durante o confinamento 17.07.2020 44:24
Conciliar é xa complicado na vida cotiá, mais teletraballando na casa coas crianzas estudiando, xogando... nestes tempos do covid. Conversamos con: - Sonia Hermida, que escribe no seu blog "o mundo ó revés" sobre educación, viaxes, libros... -María, monitora de campamentos de verán -E voces de diversos cativos, contando como viviron estes meses.
Reflexionamos sobre xogos 31.12.2019 59:03
Hai xogos para nenos e para nenas? Achegámonos ó valor educativo e didáctico dos diferentes xogos tradicionais e mais actuais. A importancia do xogo como instrumento socializador. Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? Tradicionalmente, os chicos son mais activos e ocupan mais espazo no que son os patios… as nenas son mais pasivas, xogan a xogos mais estáticos. Pero son así de xeito...
Aprender sobre as nosas vidas e as nosas mortes 30.12.2019 47:04
Acompañar á xente no proceso de morrer e de nacer con Luzia Titán, da Fundación Eomaia.
Agasallos navideños. Libros con referentes de mulleres 24.12.2019 18:44
Un bo agasallo neste nadal son as lecturas. Traemos libros escritos por mulleres ou que contan as súas historias. Recomendacións feministas do noso compañeiro Álex, dos rapaces de "Polo correo do vento" e da editorial asturiana Hoja de Lata. María Dueñas fixo unha versión radiofónica dun clásico dos clásicos, "Mujercitas". Rematamos así.
Cantos de arrolo en Galicia 20.12.2019 31:40
Cando somos piquirrichiños, uns bebés, adormécemos coas nanas. Ademáis do "ea ea ea", temos un catálogo de cantos de berce galegos: “Tecendo soños” da artista de Noia, Esperanza Mara. Se queremos aprender a cantalos, hai obradoiros dentro do programa "Vigo Arrólate". Conversamos coa mestra de pandeireta e canto tradicional, Margot.
Feminismo e novas masculinidades 18.12.2019 52:49
"Infamia" o novo libro de Ledicia Costas vai sobre as manadas e as vellas masculinidades. Aproveitando, charlamos sobre feminismo e novas masculinidades con Álex Araújo. El é psicólogo social que traballa en atención a persoas vítimas de violencia de xénero e colectivo LGTBIQ+.
Vogalía da muller en Valladares 13.12.2019 35:53
Dende a parte mais persoal conversamos sobre os micromachismos e situacións de violencia na familia coas mulleres da vogalía de igualdade do Centro Veciñal de Valladares.
Hotel da Natureza 05.12.2019 47:33
A Neves, o municipio que quedou prácticamente arrasado cos incendios do 2017, estase a reinventar. Camuflado entre os viñedos e montes atópase o Hotel Nande. 4 estrelas, como a natureza que o rodea. Conversamos co responsable do proxecto vinculado á bodega Señorío de Rubiós, Antonio Méndez. E tamén con Bety, a persoa que coida a horta coa que se cociñan algúns platos. Moi vitalista e moi entusiast...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.