Efervesciencia

Versión estendida

Autor

Efervesciencia

Categoría

Uncategorized

Web del podcast

efervesciencia.org

Último episodio

4 de jul. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android 5 M+ de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas 04.07.2026

(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada “Insectópolis”. Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de “divulficción científica”...

“As arquitectas da vida” con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida] 22.03.2026

[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro “As arquitectas da vida”. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor 24.01.2026

(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de...

Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida] 10.01.2026

[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego “A serie Clopen”. Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena...

Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles 11.08.2025

Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o “Aerogels Lab” e vén de gañar o premio “Francisco Guitián Ojea” por desenvolver aeroxeles estériles...

Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso 09.08.2025

[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.

Efer 713 (29-5-25): Ignicia 08.08.2025

Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e...

Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira 02.08.2025

[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e...

Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida] 29.07.2025

[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades...

Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida] 25.07.2025

[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R...

Escucha el podcast Versión estendida en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos