AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
16 de oct. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
A tarde 23-04-2026 23.04.2026 3:56:57
No Día do Libro pedímoslles aos nosos oíntes que nos recomenden unha lectura; falamos con Ismael Ramos, flamante gañador do premio O. Henry de relato curto; e coñecemos con Xermán Torres, a Asociación Mesa das Verbas de Vilagarcía. No programa abordamos o problema da falta de relevo xeracional no campo galego en conversa con José Manuel Rus, coordinador da Mostra de Exposición de Muimenta. Coñecem...
A tarde 22-04-2026 22.04.2026 3:56:54
Manuel Capeans, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra, explícanos como un helicóptero rescatou seis tripulantes dun veleiro a 300 kilómetros da costa galega. Visitamos o Museo Galego do Entroido en Xinzo. Guíanos o seu responsable, Carlos Martínez, e César Fernández fálanos da exposición de cornamusas que acolle estes días. A xornalista Marta Coira coméntanos comportamentos pouc...
A tarde 21-04-2026 21.04.2026 3:56:57
Coñecemos a Valentín Insua, o campaneiro da catedral de Mondoñedo, que nos fala tamén da asociación cultural Pedregás, que divulga o patrimonio da comarca mindoniense. Henrique Dacosta preséntanos a súa novela "Mortes con argumento", que está ambientada en Ferrolterra. Escoitamos con Gabri Reigosa, un dos compoñentes de Dakidarría, a canción que lle compuxo a súa filla. O escritor e prof...
A tarde 20-04-2026 20.04.2026 3:56:56
É boa a comida que ofrecen os colexios? Preguntámosllo a María Lois, responsable de Jardonay, unha empresa da Coruña que elabora cada día 9 mil menús escolares. Falamos con Andrea Nunes e Leticia Citoula, as coordenadoras do libro colectivo "Razóns de peso", unha denuncia da gordofobia. O presidente dos hostelerios de Vigo, César Sánchez Ballesteros, danos a súa opinión sobre a taxa turí...
A Tarde 17-4-2026 17.04.2026 3:19:46
O artesán Borxa Neves explícanos como forxa espadas no seu obradoiro de Vedra. Pepe Cabo convídanos á Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. Mercedes Prado descríbenos o ambiente que se vive na Coruña coa arribada de 8 mil cruceiristas. Visitamos en Ourense a exposición dedicada ao fotógrafo José Suárez da man do comisario da mostra, Carlos López Bernárdez. A presidenta da cooperativa Bico de Gr...
A tarde 15-04-2026 15.04.2026 3:56:54
Como debemos limpar os nosos oídos? Son útiles as fórmulas que se venden? Preguntámosllo ao farmacéutico Iago Regueira. Francisco Meis preséntanos o último burro fariñeiro nacido na illa da Toxa. En Vilalba Xavier Pérez fálanos do asilo para cabalos de competición que abriu na aldea de Goiriz. Visitamos L'Angurrieta, un negocio de comida preparada que abriron en Ferrol un sevillano e unha arx...
A tarde 14-04-2026 14.04.2026 3:49:51
Narramos a primeira etapa da proba ciclista O Gran Camiño. Felicitamos a Ismael Ramos, flamante gañador do prestixioso premio O. Henry para relatos breves. Pulsamos o estado de ánimo da cantante Sabela Ramil tras coñecer que é candidata dos premios da Academia da Música de España. Presentámoslles a Abel Sotelo, un mozo de 22 anos que dirixe unha explotación agrícola de 60 hectáreas na Limia. Crist...
A tarde 13-04-2026 13.04.2026 3:56:52
Xogamos? Os oíntes dinnos cales son os seus xogos de mesa favoritos. En Vilanova de Arousa existe unha asociación que reune aos afeccionados a este tipo de entretemento. Chamase "Masqueparchís" e conversamos cun dos seus membros, Daniel Martínez. Visítannos dos dous compoñentes da Ukestra do Medio, Alberte Leis e Carlos Gómez, para presentarnos o seu novo disco, "De aquí e de acolá&...
A tarde 10-04-2026 10.04.2026 3:56:57
Madrugas ou trasnoitas? Falamos con oíntes que teñen horarios de traballo pouco comúns e preguntámoslle aos nosos compañeiros Pepe Capelán e Alexandra Tojo como conseguen conciliar a súa vida coa súa xornada laboral nocturna. Coñecemos a un percebeiro Tiktoker, Raul Patiño, "Chiño". Achegámonos á figura de Ramón Otero Pedrayo da man da profesora Patricia Arias. A escritora Nerea Pascual...
A tarde 09-04-2026 09.04.2026 3:56:57
Temos moita música no programa. A do pianista de Cangas Xan Campos, que nos presenta en primicia o seu disco "Amorodios"; a de Laura Lamontagne, que nos trae o seu novo tema "Cuidado"; ou a do dúo navarro Iseo and Dodosound, que nos fala da súa xira por Galicia. Ademais Tito lesende reflexiona sobre o panorama musical nestes momentos. O profesor Jorge Mira explícanos como ver b...
A Tarde 08-04-2026 08.04.2026 52:05
Que se regala hoxe en día nas comuñóns? Preguntámosllo a Xosé Manuel Quevedo, propietario dunha cadea de tendas de xoguetes. Virtudes cóntanos a súa frustrante experiencia cos agasallos da súa comuñón e os oíntes comparten anécdotas sobre esa festa infantil. O presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, Fernando Suárez, fálanos das vantaxes e riscos da incorporación de i...
A tarde 07-04-2026 07.04.2026 3:45:11
Están en perigo as excursións escolares? A profesora de educación infantil e primaria Alicia Tojeiro explícanos as virtudes pedagóxicas destas saidas colexiais e por que algúns docentes teñen reticencias a organizalas. Imos ata a libraría Galgo Azul da Coruña para saber o que é unha Feira de Libros "Tarados". Xosé Aldea, director da Feira Pata Pata, cóntanos o que podemos atopar neste ce...
A tarde 06-04-2026 06.04.2026 2:56:56
Andrea Cao e Silvia González, xestoras de K-nine en Lousame, explícannos como funciona unha residencia canina. Probamos as barriñas de cacao, améndoa e dátiles que elabora a empresa Delinuts en Ourense. A Semana Galega de Filosofía propón reflexionar sobre a alimentación. Cóntanolo o presidente da Aula Castelao, Alexandre Cendón. Tamén falamos cun dos relatores participantes, Xavier Castro. Coñece...
A tarde 03-04-2026 03.04.2026 3:56:49
Programa especial na XXXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas
A tarde 02-04-2026 02.04.2026 3:56:57
Temos que declararlle a Facenda os préstamos ou doazóns que lle facemos a un familiar? A experta en dereito civil Mercedes de la Puente explícanos como debemos actuar. Paula Freire guíanos polos muiños industriais do río Xuvia. A concelleira de Monforte Gloria Prada convídanos á Feira Medieval. Visitamos en Nigrán o aparcadoiro de caravanas máis grande de Galicia. Marcos Dapía, da Armería Jardín d...
A tarde 01-04-2026 01.04.2026 3:56:57
Os recentes cambios dalgúns topónimos galegos causaron certa polémica. Sobre os topónimos e as súas variacións no tempo falamos con Borxa González. Felicitamos á pallasa Natalia Outeiro "Pajarito", galardonada co premio Maruxa Villanueva de interpretación. No Día Internacional da Diversión no Traballo conversamos con Alba Polo, responsable de Júpiter, unha tenda de Ourense que busca dive...
A tarde 31-03-2026 31.03.2026 3:55:57
Neste programa soa moita percusión tradicional galega. Visitamos o obradoiro de Pablo Seoane, un gaiteiro que fabrica artesanalmente pandeiretas en Teo, e visítannos Davide Leira e Serxio Pérez, dous dos compoñentes de Maghúa, para presentarnos o seu disco "Tribo". Falamos dos "piratas" do sector do taxi con Emilio Mosquera, presidente da Asociación de Autopatróns do Taxi de Vi...
A tarde 30-03-2026 30.03.2026 3:56:22
O actor Adam Prieto cóntanos como foi o seu proceso de transición de muller a home. Conversamos con María Martinón, a paleoantropóloga ourensá que dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana e acaba de ingresar na Academia Galega de Ciencias. Coñecemos a historia do Aeroclub de Lugo falando co seu presidente, Fran Abelleira. Sara Fernández, propietaria de A Cova Mel, presént...
A tarde 27-03-2026 27.03.2026 3:56:57
No Día Mundial do Teatro falamos con Luma Gómez, unha veterana actriz galega que vai recibir este ano o premio de Honra Marisa Soto. Tamén coñecemos como é o traballo do tramoista. Explícanolo Elixio Vieites que leva tempo desenvolvéndoo no Centro Dramático Galego. Imos á Coruña para catar a mellor torrada da cidade na Mundiña. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, guíanos pola Festa da Reconquista....
A tarde 26-03-2026 26.03.2026 3:57:05
Programa especial dende A Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, onde percorremos Enerxétika 2026, un certame no que empresas e profesionais conflúen en torno ao presente e o futuro de la enerxía
A tarde 25-03-2026 25.03.2026 3:56:54
Só ou acompañado? Os oíntes cóntannos como prefiren viaxar ou ir a un espectáculo. As xornalistas Ana Pérez e Celeste Seoane cóntannos a súa experiencia viaxando soas. O compoñente máis veterano de Brath, Eloy Caldeiro, preséntanos o disco "45 Old", co que o grupo celebra 45 anos de vida. Na web Agalega.gal pódese ver o documental "Ennio, o mestre". Falamos sobre Ennio Morricon...
A tarde 24-03-2026 24.03.2026 3:56:54
Poden pensar as máquinas? Preguntámosllo ao físico e profesor Senén Barro. Xa existen "lavadoras para cans". Falamos con Arturo Díaz, propietario do establecemento Lavacán. na Coruña. Santiago Pîñeiro cóntanos a historia do seu pai Olimpio, un fotógrafo que comezou sendo zapateiro e que cambiou de oficio tras comprobar que podía ser rendible retratar aos turistas en Sanxenxo. Ten sentido...
A tarde 23-03-2026 23.03.2026 3:56:55
Falamos cos nosos oíntes dos pequenos roubos en tendas e supermercados, que acaban supoñendo o 1% da facturación desas empresas. José Gigerín, director xeral de Artio Nutrición, cóntanos como a súa empresa elabora bebidas isotónicas con auga das Cíes. Visitamos en Marín outra empresa, o Grupo Lirón, para que o seu xerente Alberto Pérez nos explique como se fabrican colchóns. E aínda pasamos por ou...
A tarde 20-03-2026 20.03.2026 3:56:52
Celebramos o Día da Narración Oral coa escritora Soledad Felloza e coa profesora Camiño Noia. Falamos de paternidade co presentador Arturo Fernández. Visitamos o obradoiro de xoiería de Odile Cano na Coruña. O músico Alex Pazos, "Silee", traenos o seu novo éxito "Milajros de Amil". A deseñadora Ío Morales ensínanos a darlle unha segunda vida ás nosas prendas de roupa. Asistimos...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos