colexiosanpiox

Onda San Pío X

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense. Aquí te contaremos nuestras historias, hablaremos de deportes... para que te informes con nuestras noticias y grandes primicias, entrevistas, moda y cocina llena de vitamina... Aquí tamén estamos para falar de Ourense e Galicia, o noso fogar! #PequenaGranEscola

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

colexiosanpiox

Categoría

Education

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

10 de jun. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

P21: A Pío League 2026 xa está en marcha! 10.06.2026

Carla, Ander e Juan presentan un dos proxectos máis emocionantes do final de curso: a PÍO LEAGUE, o gran torneo deportivo do Colexio San Pío X. Ao longo do podcast descubriredes como se desenvolverá esta competición e todas as novidades, na que participará o alumnado de primaria. A PÍO LEAGUE nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, o traballo en equipo, o respecto e a participación de...

P20: María Arias, mestra e futbolista 22.05.2026

Neste podcast coñeceremos un pouco mellor a María Arias, a nosa mestra de AL e tamén xogadora do equipo Estrela de Cortegada. Martina e Inés, alumnas de 3º de primaria prepararon unha entrevista moi especial para descubrir máis cousas sobre a súa vida, o seu traballo no colexio e a súa afección polo deporte. Falaremos dos seus gustos, das súas experiencias e de como compaxina ser mestra e deportis...

P19: Falamos dos maios 15.05.2026

Neste podcast, Xoel, Lucía, Izan, Iago, Carly e Candela, de 3º de primaria, achegáronnos á tradición dos Maios, festa que celebra o inicio da primavera e sobre a cal traballaron na aula facendo tamén as súas propias figuras.

P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento! 27.04.2026

Durante semanas vistes carteis dentro do colexio sen saber moi ben a que facían referencia. A espera chegou ao seu fin. Uxía, Lois, Valery e Abel, de 2º de primaria, toman os micrófonos para revelar o segredo mellor gardado destes meses. Trátase dun reto. Esta iniciativa nace desde a área de educación física cun obxectivo claro: recuperar o xogo e combater o sedentarismo. Nunha época na que as pan...

P17: Iris e Carla, gañadoras do concurso da Nena e a Ciencia da Uvigo 10.03.2026

Neste episodio falamos con Iris e Carla, gañadoras do I Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este certame é unha iniciativa da Facultade de Ciencias e das Escolas de Aeronáutica e Enxeñaría Informática, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. O obxectivo do concurso é achegar o coñecemento sobre o papel das mulleres na ciencia e na en...

P16: FGA nas aulas! 27.02.2026

Neste podcast entrevistamos á Federación Galega de Automobilismo, xa que recibimos a súa visita no cole. Durante a xornada aprendemos sobre como se preparan pilotos e equipos, puidemos gozar dunha exhibición de vehículos e incluso subir neles! Un xeito divertido e próximo de sentir a emoción do motor!

P15: O triángulo máxico do Entroido ourensán 10.02.2026

Neste episodio de Onda San Pío X falamos do Entroido ourensán desde unha perspectiva divertida e educativa. Contamos coa participación de Brais, Dylan e Adriana (5º de primaria) e Raúl, Andrés e Martín (6º de primaria), que se caracterizaron como Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro para explicar as historias, tradicións e curiosidades destes personaxes emblemáticos. A través das súas intervencións des...

P14: Descanso de pastores · festIAval de Nadal 2025 (5º de primaria) 19.12.2025

Actuación de 5º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Un grupo de pastores vai camiño do Portal e, entre bromas e “paradas” para descansar, reflexiona sobre que agasallo levarán ao Neno. A obra transforma as risas en mensaxe: o máis importante non é o material, senón os agasallos invisibles (axudar, compartir, perdoar,...

P13: La Navidad despierta · festIAval de Nadal 2025 (4º primaria) 18.12.2025

Actuación do alumnado de 4º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Trátase dun fermoso poemario, onde o inverno, o obradoiro do norte, a carta, a estrela, a noite de ledicia e un agasallo invisible axudan a espertar por dentro.

P12: Entrevista ás gañadoras do concurso Jóvenes y Mayores 2025 06.12.2025

Neste episodio entrevistamos a Uxía e Claudia, alumnas de 5º de primaria e gañadoras do 1º e 3º premio do concurso “Jóvenes y Mayores” organizado por La Región e a Fundación Dorzán. Ademais de explicarnos en que constitiu este certame tamén nos contan como viviron a entrega de premios e o ben que o pasaron nesta experiencia única que conecta xeracións.

P11: Cros en Monterrei 30.11.2025

Olivia, Marco, Luana e Ander comparten a súa experiencia na carreira de cros de Monterrei, unha actividade xa clásica do colexio dentro do programa Xogade, na que participou o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria. No podcast falan do que sentiron antes de comezar, dos momentos máis especiais do percorrido e das emocións ao cruzar a meta, nun episodio que recolle á perfección o espírito de super...

P10: 25N: somos voz, no violencia. 25.11.2025

Neste episodio especial, o alumnado de 5º de primaria pon voz á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Mentres soa a canción Ni una más de Aitana, cada estudante le unha mensaxe que invita á reflexión e ao compromiso. A través destas palabras breves pero cheas de forza, lembramos o que podemos facer no colexio e na casa para construír relaci...

P09: Participamos no V Concurso de Ciberseguridade no cole! (Non gañamos pero aprendemos moito) 21.11.2025

Neste episodio, Martín, Leo, Valery, Eimy e Raúl (6º de primaria) contan a súa experiencia participando no V Concurso de Ciberseguridade no Cole! organizado por Telefónica e Cibergal. Aínda que nesta ocasión non conseguimos pasar á fase final en Santiago, a experiencia foi fantástica e permitiu aprender moitísimas cousas sobre o mundo dixital e a seguridade en internet. Ao longo do podcast explica...

P08: REPORTAXE: San Martiño de Tours 14.11.2025

Neste episodio falamos do San Martiño, figura clave nas tradicións de Ourense e protagonista do festivo local. Sofía, Leire, Pablo e Thelma (5º de primaria) explican quen foi, a súa historia e a relación cos magostos, unha das festas máis queridas na nosa contorna. Un repaso sinxelo traballado coa súa mestra de ciencias sociais para comprender mellor as nosas tradicións!

P07: Vaia Samaín! 07.11.2025

Neste episodio mergullámonos na máxica tradición do Samaín, unha festividade de orixe celta celebrada o 31 de outubro en Galicia e noutras rexións como Irlanda e Escocia. Grazas a Xoel, Martina, José e Lucía descubrimos a historia, as crenzas e as tradicións que rodean esta festa, desde as cabazas decoradas ata o popular "truco ou trato". Falamos tamén de como o celebramos no cole, recibindo a vis...

P06: ONDA DEPORTIVA: Corremos a San Martiño 2025 04.11.2025

Neste primeiro podcast de Onda Deportiva, un espazo dedicado ao deporte, Sara, Brais e Adriana falan da XLVIII Carreira do San Martiño 2025 que se celebrará en Ourense o vindeiro domingo 9 de novembro.

P05: ROMPER EL SILENCIO. ¡No al bullying! 28.10.2025

Neste episodio especial de Onda San Pío X, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria únese para alzar a voz contra unha realidade que nunca debería pasar desapercibida: o acoso escolar. A través de mensaxes curtas, os estudantes convídannos a romper o silencio, a fomentar a empatía e a construír xuntos un espazo escolar máis seguro, respectuoso e solidario. Este programa non só busca concienciar s...

P04: Sabores que unen (Visitamos a Cooperativa Loureiro) 22.10.2025

Neste episodio falamos da nosa visita á Cooperativa Loureiro con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Descubrimos como se elaboran queixos, iogures, kéfir e leite fresca, exploramos o seu laboratorio e fábrica, e comentamos a mestura de procesos mecanizados e de artesanía no seu envasado. Ademais, compartimos as nosas impresións tras a degustación dos seus produtos e reflexionamos so...

P03: Entrevista a Julia Aguiar: la fuerza de una vocación que sana. 19.10.2025

A primeira entrevista de Onda San Pío X... e agardamos que cheguen moitas máis! Nesta entrega contamos coa presenza de Julia Aguiar, misioneira e referente mundial no tratamento da úlcera de Buruli, recentemente galardoada co Premio Beata Paulina Jaricot 2025. Os alumnos de 3º e 4º de primaria, Inés, Javier, Juan e Carla, baixo a guía do noso párroco e mestre de relixión Luis Rodríguez, realizáron...

P02: Pequenos versos, grandes voces 15.10.2025

Allison, Anxo, Amelie, Álex e Izan, alumnos de educación infantil, convídannos a mergullarnos no mundo da poesía a través das súas voces cheas de tenrura e emoción, recitando versos que inclúen unha peza de Gloria Fuertes. Un episodio para escoitar co corazón aberto e deixar que a poesía máis cativa nos envolva.

P01: Aquí comeza Onda San Pío X 08.10.2025

Dámosvos a benvida ao primeiro episodio da nosa radio escolar! Comezamos esta viaxe sonora falando do equipo que recibimos o curso pasado grazas ao programa #PolosCreativos da Consellería de Educación. Contamos como fixemos as primeiras probas, as normas que consensuamos para que todo funcione ben e, sobre todo, os grandes temas que imos explorar ao longo deste curso.

Escucha el podcast Onda San Pío X en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos