Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3648 episodios

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Categoría

News

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

15 de oct. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Ent. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica | "O grilo verde" 20.04.2026

“O grilo verde” é o nome da marca do novo modelo de xestión de residuos que o Concello de Tomiño vai implantar de forma progresiva para cumprir a normativa europea que establece que para 2030 debe reciclarse o 60% dos residuos, o 65% no 2035. Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica, Territorial e Económica, explicou as características deste novo modelo que contempla a recollida port...

Noticias 13.30 h | Venres, 17 de abril de 2026 17.04.2026

Estas son as novas que neste venres, 17 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Ás seis da tarde preséntase as obras de restauración do retablo de Santiago na Catedral - Valentín Carrera presenta ás 20 h no Espazo Sociocultural a primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado no libro "El Mundo desde Abajo" - Concerto Aura Mundo este domingo ás 18 h na Catedral de Tui cun percorrido musical pol...

Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de abril de 2026 16.04.2026

Estas son as novas que neste xoves, 16 de abril, no que a Radio Municipal de Tui cumpre 33 anos, recollemos en Noticias 13.30 h: - Os Sambenitos da Catedral expóñense dende hoxe en Ávila - O cinema Galego actual, do pasado e do futuro, estará moi presente en Play Doc - Valentín Carrera presenta mañá en Tui o seu libro "El mundo desde abajo" centro na primeira viaxe a Australia de Rosendo Salvado -...

Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de abril de 2026 15.04.2026

Estas son as principais novas que neste mércores, 15 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui e o municipio italiano de Viterbo dan os primeiros pasos de traballo conxunto coa sinatura dun protocolo de intencións - España e Portugal analizan en Tui os principais retos de xestión da auga no marco do convenio de Albufeira - Mañá inaugúrase en Ávila a exposición sobre os Sambenitos da Catedral...

Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play Doc | Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon 15.04.2026

Continuamos coñecendo contido e programación do 22º Festival Play Doc, que se celebra en Tui dende o 29 de abril ao 3 de maio. Hoxe o seu codirector, Ángel Sánchez, avanzou a Competición Galicia, Sombras 03 e Coming Soon.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Reunión co conselleiro de Sanidade 15.04.2026

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a situación do centro de saúde rosaleiro tanto pola falla de persoal coma pola construción dun novo centro. A rexedora rosaleira fixo balance do encontro.

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de abril de 2026 14.04.2026

A actualidade informativa deste martes, 14 de abril, recollémola en Noticias 13.30 h: - O Tribunal de Instancia de Tui decreta que non é competente para encargar á UCO a investigación do caso Déborah - A Gardia Civil de Tui investiga un presunto delicto simulado de robo con escalo nunha vivenda - Esta tarde celébrase en Tui a Xornada hispano-portuguesa de participación pública Organizada pola Conf...

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de abril de 2026 10.04.2026

Estas son as principais novas que neste venres, 10 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - Completamos a rolda de conversas tras o pleno de marzo con Nico Montes, voceiro do PP, e con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, con quen abordamos tamén outros temas da actualidade - A armada desenvolveu hoxe no Miño o exercicio de seguridade MARSEC 2026 cun simulacro de rescate - Tui celebra a fin de se...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno marzo 10.04.2026

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechamos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do mes de marzo. Amais desta cuestión Enrique Cabaleiro, referiuse á solicitude do PP. Tamén falamos das festas de San Telmo e confirmou que a procesión de San Telmo pasará o luns por Augusto González Besada.

Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Rolda pleno marzo 10.04.2026

O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, participou hoxe na rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo. Antes de abordar os asuntos tratados na sesión plenaria referiuse á esixencia do grupo popular de que o concelleiro de Urbanismo sexa apartado temporalmente das súas funcións ata que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de abril de 2026 10.04.2026

As novas deste xoves, 9 de abril, recollémolas en Noticias 13.30 h: - As obras de modernización da Liña do Miño conlevan que durante case un ano parte do traxecto entre Vigo Guixar e Guillarei e Valença se realice por estrada - O Concello de Tui reafirma o seu compromiso coa protección laboral e a transparencia administrativa - Concerto do alumnado do Conservatorio e teatro co grupo Aloia hoxe xov...

Noticias 13.30 h |Mércores, 8 de abril de 2026 08.04.2026

Estas son as prinicipais novas que neste mércores, 8 de abril, recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixou en Tui en 58 persoas até as 894 inscritas no Servizos Públicos de Emprego - O PP esixe ao alcalde que aparte de forma temporal das súas funcións ao concelleiro de Urbanismo até que se esclareza o caso de presunto delito de acoso laboral - O concelleiro non adscrito José Palacín sinala que...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Cinema Percorridos e cinema mudo 08.04.2026

O festival de cine Play Doc levará parte da súa programación a espazos históricos de Tui con sesións de cine mudo con música en directo e propostas de cine expandido e creación experimental en vivo. Hoxe coñecemos os detalles desta iniciativa con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.

Noticias 13.30 h | Martes, 7 de abril de 2026 07.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixo en 78 persoas no Baixo Miño en marzo até as 2.4 47 inscritas no Servizo Público de Emprego - Carmen Núñez, voceira do BNG, interveu hoxe na rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de marzo - O número de peregrinos no Camiño Portugués subiu nun 18% en marzo con respecto a 2025 - O Concello de Tui contratará a...

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno mes de marzo 07.04.2026

Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui tras o pleno ordinario do pasado mes de marzo.

Noticias 13.30 h | Luns, 6 de abril de 2026 06.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui contará neste 2026 cos orzamentos máis alto da súa historia - José Palacín, concelleiro non adscrito, abre a rolda de conversas tras o pleno ordinario de marzo - A presidenta do Celta destacou no seu pregón das festas de San Telmo a identidade tudense e o celtismo - Marga do Val e o TYDE recoñecidos co premio Cidade de Tu...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno ordinario marzo 06.04.2026

Hoxe abrimos con José Palacín, concelleiro non adscrito a rolda de entrevistas cos representantes dos grupos políticos da corporación tras o pleno ordinario do mes de marzo.

Noticias 13.30 h | Mércores, 1 de abril de 2026 01.04.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Martes, 31 de marzo de 2026 31.03.2026

- Pesegueiro e Caldelas de Miño son as novas denominacións destas parroquias tudenses segundo o Nomenclator aprobado onte - O Espazo Feira e o Espazo Sociocultural acollerá os concertos das Festas de San Telmo con Puño Dragón, La Fuga, Ñu, The Pileides, Ola de Calor e The Sibaritas - Hoxe ás 19 h sae da Oficina de Turismo a visita guiada polo legado xudeu da cidade para conmemorar o Día da Cultura...

Noticias 13.30 h | Luns, 30 de marzo de 2026 30.03.2026

- Conta atrás para as festas de San Telmo que comezarán de xeito oficial co pregón a cargo da presidenta do Celta, Marián Mouriño - A misa crismal e a visita aos monumentos actos da Semana Santa en Tui este mércores e xoves - Restos romanos do século I ao IV dC foron atopados nas sondaxes arqueolóxicas da praza do Pracer - Visita guiada ao legado da cultura xudía mañá martes en Tui - O Cineclub Tu...

Noticias 13.30 h | Venres, 27 de marzo de 2026 27.03.2026

Estas son as principais novas que recollemos hoxe venres, 27 de marzo, en Noticias 13.30 h: - Aprobados os orzamentos de 2026 do Concello de Tui cos votos a favor do PSOE e do concelleiro non adscrito. Abstívose o BNG e votou en contra o PP - A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe en Tui - Hoxe ás 19.30 h preséntase o libro "As murallas de Tui" de Rafael Sánchez Bargiela - Derradeiro venres...

Noticias 13.30 h | Xoves, 26 de marzo de 2026 26.03.2026

Estas son as principais novas que neste xoves, 26 de marzo, recollemos en Noticias 13.30 h: - Hoxe van a pleno os orzamentos para 2026. A sesión poderá seguirse a partir das 20 h pola nosa sintonía - Os viños e espumosos de 17 adegas e a gastronomía protagonistas do V Encontro de Viños da Raia que se celebrará o 4 e 5 de abril - Play Doc dedica a súas retrospectivas de 2026 a Viola Stephan e Eduar...

Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Viola Stephan e Eduardo Coutinho, protagonistas das retrospectivas de 2026 26.03.2026

Viola Stephan e Eduardo Coutinho serán os protagonistas das dúas retrospectivas que ofrecerá Play Doc, do 29 de abril ao 3 de maio, en Tui. A alemá Stephan presentará en Play Doc a súa primeira retrospectiva en España. Coutinho é un dos grandes documentalistas brasileiros. Así o explicaba hoxe o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | 140 anos da ponte internacional, orzamentos, praza do Pracer, atraccións 25.03.2026

Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, abordamos hoxe distintos temas da actualidade municipal. O 140 aniversario da vella Ponte Internacional que hoxe e cumpre, as excavacións arqueolóxicas na praza do Pracer, os orzamentos por importe de 13,6 millóns que mañá xoves van a pleno, a ausencia das atraccións nas festas de San Telmo foron os asuntos tratados.

Noticias 13.30h | Mércores, 25 de marzo de 2026 25.03.2026

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Os orzamentos de Tui suben nun millón de euros até os 13,6 en 2026. Mañá serán debatidos en pleno - Achádegos importantes nas sondaxes arqueolóxicas na praza do Pracer - Acto institucional conmemorativo do 140 aniversario de vella Ponte Internacional - Hoxe presentouse o V Encontro Viños da Raia - Doazón de sangue este xoves...

Escucha el podcast Informativos en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos