Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Categoría
Web del podcast
Último episodio
21 de oct. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Noticias 13.30 h | Venres, 2 de agosto de 2024 02.08.2024 26:33
O paro subiu en 33 persoas no Baixo Miño no mes de xullo até as 2.573 persoas en situación de desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto ás obras realizadas polo Concello no CEIP de Caldelas, os destrozos rexistrados nas pistas de tenis de Areas, e todas as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h |Xoves, 1 de agosto de 2024 01.08.2024 26:15
PSOE, BNG e C21 votaron a favor onte dos orzamentos municpiais para 2024 que superan os 11,5 millóns de €. En Noticias 13.30 h recollemos este outros asuntos tratados onte no pleno extraordinario do Concello de Tui. Na actualidade do día destaca ao 5º posto de Rodrigo Conde e Aleix García na final olímpica de 2x. O inicio de Música no Claustro co concerto de Lula Pena é outras das novas do día.
Noticias 13.30 h | Mércores, 31 de xullo de 2024 31.07.2024 24:49
Ás 20 h retransmitiremos o pleno extraordinario do Concello de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta dos temas que figuran na orde do día. Amais recollemos o inicio das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para destinalas a alugueiro social por parte do Concello de Tui. O balance dos proxectos aprobados en 2023 pola AECT Río Miño, xunto as citas e o deporte completan este tempo de...
Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xullo de 2024 30.07.2024 25:07
A 11,5 millóns de euros ascende o orzamento do Concello de Tui que mañá mércores irá a pleno, e no que o BNG votará a favor destas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Recollemos a crónica de sucesos hoxe centrada no tráfico, as citas do día coma Noite Internacional do Miño e os obradoiros de artesanía en familia de Música no Claustro. No deporte destacamos que o remei...
Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xullo de 2024 29.07.2024 27:59
Os orzamentos municipais do Concello de Tui irán a pleno este mércores 31. O BNG fixo público na fin de semana o acordo do PSOE para apoiar estas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos da Noite Internacional do Miño, visitas guiadas, as Galimpiadas, os descensos do Miño, entre outras citas, e os resultados deportivos.
Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de xullo de 2024 24.07.2024 25:14
O inicio das obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, o festival Música no Claustro e todas as citas para os próximos días centran hoxe o Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xullo de 2024 23.07.2024 24:59
A presentación do Música no Claustro que vai celebrar a súa 18º edición baixo o título de "Catedral Atlántica" do 1 ao 7 de agosto abre hoxe Noticias 13.30 h. Amais damos conta da restauración de pezas da Catedral pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A citas para estes días e as palabras o padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero antes da súa participació...
Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xullo de 2024 22.07.2024 23:34
Abrimos Noticias 13.30 h co corte ao tráfico do cruce entre a Avenida de Portugal e a estrada da Guarda por obras de asfaltado. Amais recollemos a ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo, D. Antonio Valín, así coma o éxito de público do IKFEM. A visita guiada aos petróglifos do Alto do Coello, xunto a outras citas do día, forman parte tamén parte deste tempo de informaci...
Noticias 13.30 h | Venres 19 de xullo de 2024 22.07.2024 27:22
A ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo,D. Antonio Valín, as propostas do IKFEM para a fin de semana, as citas e deporte forman parte do Noticias 13.30 h deste venres, 19 de xullo.
Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xullo de 2024 18.07.2024 26:05
O próximo luns e martes o coñecido coma cruce da Guarda en Tui estará pechado ao tráfico por labores de asfaltado. Xunto a este aviso o comezo do IKFEM Festival e os concertos previstos hoxe e mañá centran os primeiros minutos do Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos a presentación en Tui dunha cadeira anfibia, as protestas dos traballadores de Correos, as andainas e citas para este cita, e o...
Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xullo de 2024 17.07.2024 23:23
En Noticias 13.30 h recollemos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a rehabilitación do Teatro Prinicipal e a licitación da apertura da rúa Ourense. A toma de posesión do novo bispo este sábado na Catedral de Tui, o inicio do IKFEM Festival hoxe co concerto de Salvador Sobral e Marco Mezquida, e a presentación dunha cadeira anfibia polo Club Naútico Inclusivo do Baixo Miño, son...
Noticias 13.30h | Martes, 16 de xullo de 2024 16.07.2024 28:28
Abrimos Noticias 13.30 h coas palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre os orzamentos e o aparcamento na cidade. Recollemos a contratación por parte da Xunta da rehabilitación dun edificio no conxunto histórico de Tui para a vivenda de alugueiro social. A apertura do Mercado de San Antonio en Tui, a festividade de Virxe do Carmen e outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo...
Noticias 13.30 h |Luns, 15 de xullo de 2024 15.07.2024 26:45
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta da reapertura mañá martes da praza de abastos de Tui cos postos de peixe, carne e flores. Amais falamos dos showcookings do @ikfem_festival , recollemos a programación festiva e de visitas guiadas para hoxe e mañá, xunto aos éxitos deportivos da fin de semana con protagonismo destacado para o piragüismo, o ciclismo, o remo, o atletismo...
Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xullo de 2024 12.07.2024 23:29
Comezamos en Noticias 13.30 h falando de infraestruturas para repasar despois todas as citas da fin de semana, dende o cinema desta noite no Paseo Fluvial de Tui, as festas, festivais, e citas diversas da fin de semana, e rematar coa información deportiva.
Ent. Andrés Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 12.07.2024 6:20
O próximo martes terá lugar a tradicional procesión fluvial do Carmen, patroa da xente do mar e da Armada. Ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, logo comezará a procesión polas rúas de Tui até a Comandancia Naval, onde a imaxe embarcará no Cabo Fradera , para dar comezo ao percorrido fluvial. Tamén nos falou da presenza dos tres barcos do grupo de combate Dédalo estes días en Vigo e da d...
Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xullo de 2024 11.07.2024 29:04
Coñecer as pegadas de diversos momentos históricos na configuración urbana de Tui será posible o luns na primeira visita de Coñece o Noso Patrimonio en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o último pleno e as negociacións sobre os orzamentos. Amais recolle o Selo Vida Saudable 2024 do CEIP nº2, falamos de percorridos nocturnos, de...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui - Pantalla xigante para ver a final da Eurocopa 11.07.2024 1:40
O Concello de Tui instalará este domingo unha pantalla de 3x6 metros de tecnoloxía led no Paseo da Corredoira para ver a final da #Eurocopa España-Inglaterra. Situarase nas inmediacións da Oficina de Turismo, onde se colocarán 200 cadeiras. Así o confirmaba en Noticias 13.30 h o concelleiro de #Deportes, Rafael Estévez.
Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de xullo de 2024 10.07.2024 25:01
Neste mércores, 10 de xullo, en Noticias 13.30 h recollemos as citas de lecer, rutas, festas, festivais,... que nos próximos días se van celebrar en Tui e na comarca.
Noticias 13.30 h | Martes, 9 de xullo de 2024 09.07.2024 24:57
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos controis de velocidade que dende hoxe hai na rúa Antero Rubín de #Tui. Recollemos a valoración de Carmen Núñez do BNG do último pleno e a confirmación de que están a manter reunión co equipo de goberno sobre os orzamentos. A presentación do MUMI que avanzou hoxe os 12 showcases da edición que se vai celebrar do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença...
Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xullo de 2024 08.07.2024 24:43
O CCPA de Tui que entrará en funcionamento nos próximos meses será o máis moderno dos 9 centros destas características que hai en España. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais fixemos balance do pleno de xuño con José Palacín, de C21, e recollemos o nomeamento de Nicolás Lorenzo Montes coma director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A Feira...
Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xullo de 2024 05.07.2024 24:39
As obras do novo edificio do CCPA na Avenida de Portugal, a praza de Abastos e do edificio da rúa Camilo José Cela foron visitadas hoxe polo subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas coma que en xuño Tui foi o primeiro punto de partida de peregrinos do Camiño Portugués e o terceiro de todas as vías xacobeas....
Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xullo de 2024 04.07.2024 27:39
Protección Civil de Tui recibiu hoxe unha tenda de campaña para emerxencias. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a preinscrición na EOI en Tui, as últimas plazas para os talleres de IA para o comercio, e as actividades que chegan tanto para hoxe coma na fin de semana. No deporte hoxe protagonismo para o piragüismo, o remo e o kung fu.
Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xullo de 2024 03.07.2024 25:51
O X Campionato Ibérico de Kung Fu reunirá este domingo en Tui a máis de 400 deportistas. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde volvemos sobre os datos do paro do mes de xuño, falamos das visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Tudense, entre outras novas do día.
Noticias 13.30 h |Martes, 2 de xullo de 2024 02.07.2024 25:06
A aprobación, polo Consello da Xunta, do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, Tomiño, o manifesto asinado hoxe en Valença reclamando que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en 2032 entre Porto e Vigo, e os datos do paro que baixou en 67 persoas até as 2.540 no Baixo Miño son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h |Luns, 24 de xuño de 2024 24.06.2024 27:06
Por segunda vez os orzamentos do concello de Tui foron rexeitados en pleno o pasado venres polos grupos da oposición. En Noticias 13.30 h escoitarmos parte das intervencións dos voceiros de C21, BNG e PP e do alcalde. Amais recollemos as últimas achegas aprobadas pola Deputación para Tui e A Guarda, falamos do Concurso de Patrullas da Brilat, da conferencia conmemorativa dos Xogos Florais en Tui,...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos