Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
Radio Valladares
Categoría
Web del podcast
Último episodio
29 de sep. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Luns 21/07/2025 20.07.2025 1:50:14
Para o #EspertaValladares deste luns de verán deixámosvos cun programa musical. Que levamos moito falado
Venres 18/07/2025 17.07.2025 1:59:16
Para o #EspertaValladares do venres, paseo por Castrelos. Unha mañá calquera, xente adestrando, operarios traballando no auditorio, camiñantes, o parque como escenario… e iso que so estivemos un ratiño.
Xoves 17/07/2025 16.07.2025 1:59:25
No #EspertaValladares deste xoves falamos de cine. Carlos Durán ven de presentar ‘Las pelis que me putoflipan’ e pasou polo recuncho da radio contarnos cales son.
Mércores 16/07/2025 16.07.2025 2:01:01
O fútbol tamén é unha ferramenta de inclusión, así o entenderon dende a ‘Galician Cup’, falaremos con eles no #EspertaValladares deste mércores. E ademáis, conversa coa Comunidade de Montes de Valladares, que nos contan os proxectos nos que están embarcados para coidar os nosos montes.
Martes 15/07/2025 15.07.2025 1:58:31
Se a semana pasada estivemos no Xardín da Memoria Histórica, desta volta entramos no camposanto, un paseo pola historia da cidade de Vigo… e pola súa arquitectura no #EspertaValladares.
Luns 14/07/2025 14.07.2025 2:00:32
Esta semana o #EspertaValladares comeza visitando Vigosónico que as primeiras semanas do mes acolleu un laboratorio musical para a mocidade, unha proposta nova na cidade que tivo unha gran acollida. E como todos os luns, proposta literaria: '¡Oh, Susana!' Manuel Ocaña. E un paseíño pola toponimia da parroquia.
Venres 11/07/2025 11.07.2025 2:01:30
No #EspertaValladares deste venres falamos con Bea Martínez da nova edición do Noia Harp Fest que se vai celebrar do 30 de xullo ao 2 de agosto. Ademáis, paseo por Castrelos, que aínda hai xente contándonos as súas vivencias no parque, e axenda para o fin de semana.
Xoves 10/07/2025 10.07.2025 2:00:28
Para o #EspertaValladares deste xoves propostas culturais. Marchamos ata Nigrán falar de jazz, tiveron festival na primavera e teñen nova cita. Ademáis falaremos con María Lado, da asociación Évame Oroza, dunha nova edición de “Máis Alto que o Ceo”.
Mércores 9/07/2025 08.07.2025 2:00:47
Paseo en bici pola costa da man do Team Oiense no #EspertaValladares do mércores. Ademáis, imos pasear polo ceminterio civil de Pereiró. Pequeniño pequeniño e moi interesante.
Martes 8/07/2025 08.07.2025 2:00:05
Hoxe falamos con Marta, a coordinadora do campamento de verán no centro veciñal. E tamén marcharemos ás Cíes… que hai excusión familiar o día 13… Escoitaremos recordos e conversaremos con Gonzalo, que dende lasislascies.com recolle todo o que precisamos para visitalas.
Luns 7/07/2025 07.07.2025 1:59:36
O noso último plan por Vigo vai no #EspertaValladares deste luns, ir ata a Galería Maraca a desfrutar da exposición das obras feitas por Pelucas e os nenos da EEI Monte Alba. Conversamos con el e máis con Elena, a profe que anda detrás do proxecto. Ademais, algunhas recomendacións literarias: 'Os médicos tamén enferman' de Martiño Noriega e 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso. E algo de toponimia...
Venres 4/07/2025 04.07.2025 2:01:41
Conversamos con Alberto Abal do Coro Voces Graves, da proposta para celebrar a Rosalía o 15 de xullo, data do seu pasamento. Paseo e concerto polos lugares onde se publicou 'Cantares Gallegos'. Ademais, como respirades? Disto falamos con Adrián Vilaboa, que viu dar un obradoiro no VigoSaxforum.
Xoves 3/07/2025 03.07.2025 1:59:26
Un pouco de historia, que sempre está ben aprender do noso pasado. Charla co colectivo «Memoria, Verdade e Xustiza».
Mércores 2/07/2025 02.07.2025 1:59:31
Deportes, desta volta conversaremos coa organización do Basket na Rúa. A traballadora social do centro veciñal tráenos a Sabela, a avogada, do programa ‘Amparando Mulleres’ en Valladares. Ademáis, falaremos coa xente da comunidade de montes de Couso, do seu bo facer e dos recoñecementos que están a recibir.
Martes 1/07/2025 30.06.2025 1:58:56
No #EspertaValladares deste martes… proposta para soportar o calor. Visita guiada pola exposición “Impresións de Castelao en Vigo” na Pinacoteca Fernández del Riego da man dun dos seus comisarios, José Luis Mateo. E recomendacións literarias, que estamos no verán: 'Las cosas que nos pasan' de Guada Guerra, 'Son coma glaciares os barcos de aceiro' de Cynthia Menéndez e 'Todo es verdad porque nadie...
Luns 30/06/2025 30.06.2025 2:00:20
Envolvernos na música das verbenas de principios do s. XX é a proposta da Orquesta Clásica de Vigo... ó fresquiño dun claustro. Tamén conversaremos sobre deseñar vestiario para cine e teatro con Aránzazu Domínguez, de Moharé.
Venres 27/06/2025 27.06.2025 1:59:41
Non marchamos moi lonxe, que imos falar con quen coida do xardinciño ó redor da piscina. Ademais, domingo á tardiña comeza o Vigosaxforum cun concerto de apertura no auditorio.
Xoves 26/06/2025 25.06.2025 1:58:35
No #EspertaValladares deste xoves iremos ata o taller de Remixio, que nos abriu as portas da súa casa unha vez rematada a escultura do Santo Condestável, São Nuno de Santa Maria. Desta última peza, do que garda no seu xardín… de todo isto falamos con el.
Mércores 25/06/2025 25.06.2025 1:59:46
Barcos que semellan dragóns flotantes. Toca algo deportivo e chamativo. Conversa coa xente de Dragón Boat Galicia. E despois paradiña na casa. Falaremos cos mestres da formación dixital no proxecto Amparando Mulleres e mais co de xardinería.
Martes 24/06/2025 24.06.2025 1:58:30
Sen meigallo e xa perfumados, chegou o verán e xa andan por aquí os cativos nos campamentos. Ademais, exploraremos outros lugares e xentes co VAI, o voluntariado ambiental da Xunta nos 22 espazos naturais de Galicia. E tamén unha voltiña sensorial polas alfombras de Pontareas.
Luns 23/06/2025 23.06.2025 1:56:22
É a noite das fogueiras de San Xoán… demos un paseo ao carón da piscina e atopamos quen nos falou das herbas do ramo e tamén con quen estaba a traballar na fogueira, que a leña non camiña soa. Ademáis, conversa con A Senda do Moucho, para coñecer a natureza e as propostas que nos ofrece este verán.
Venres 20/06/2025 20.06.2025 1:59:46
De cómics, de animación, de cine… pero tamén da vida, da emigración, de Cuba… de todo esto falamos con Ermitis Blanco, productor, director e agora tamén debuxante de banda deseñada. E como sempre os venres no #EspertaValladares temos unha cita con Castrelos e coa axenda, que empeza o verán.
Xoves 19/06/2025 19.06.2025 1:58:23
Despois de tanta calor… imos ó mar. Falaremos con O Peirao, a Federación Galega de Redeiras Artesás. E conversa con Rafa Bañón, biólogo, das especies exóticas e de gran tamaño que están a chegar ás nosas rías. Ademáis, baixamos a Vigo e, de momento, só vos narramos a viaxe.
Mércores 18/06/2025 18.06.2025 2:01:27
Os deportes do #EspertaValladares deste mércores quedan na casa, que o Clube de Patinaxe ven de levarse o Campionato Internacional Cidade de Vigo en modalidade show. E despois imos ó monte… a que nos conten do proxecto Montes de Vigo 2046, que ven de tirar as primeiras conclusións.
Martes 17/06/2025 17.06.2025 1:59:38
A Fundación Xoan Piñeiro ven de editar dous libros sobre escultores galegos…pero siguen a traballar en máis. No Esperta Valladares deste martes ven ata a radio Suso Vázquez, o director da Fundación. Tamén viñeron ata o noso recunchiño os cativos do EEI Monte Alba. Desta vez os pandas xunto coas súas profes Noe e Lucía.
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos