Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Categoría

Society

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

29 de sep. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Mércores 27/08/2025 27.08.2025

Vai unha historia de emigración e volta a casa polas festas. Coñeceremos a Delfina Filgueiras Troncoso que naceu na Garrida, marchou a Alemania e ven polo San Campio atoparse coa familia e amistades. Aquí pasa desapercibida... pero en Elche, onde vive actualmente, é moi coñecida. Correu moitas maratóns e hai un sendeiro que leva o seu nome.

Martes 26/08/2025 26.08.2025

Que ven sendo unha rondalla? Iso tivo que explicar Alexia, unha veciña de Valladares, a súa compañeira de Ourense mentres estudaba xornalismo en Compostela. E daí saiu o seu TFG, ‘Anatomía dunha rondalla’.

Luns 25/08/2025 22.08.2025

Luns deportivo. A conversa da tempada que traemos é futbolera, futbolera. Falamos do Valladares con Juanote, o seu presi. Tamén do aniversario dos Celtabirras, unha das dúas peñas celtistas que hai na parroquia. E subimos retransmitir o derbi Valladares-Gran Peña, aló polo mes de abril, cando inda estabamos en terceira. Para os despistados , xa sabedes que os luns escoitades conversas que foron sa...

Venres 22/08/2025 22.08.2025

Recuperamos unha conversa cultureta da tempada, o paseo polos arredores do Museo do mar. Ademáis, falaremos con Gerardo da Senda do Moucho, que tan ben coñece e guía polas marabillosas reservas deste maremagnum incendiario, para que nos conte do que é un bosque e o seu valor medioambiental. E un chisquirritín de axenda, que chega a finde.

Xoves 21/08/2025 21.08.2025

Subidas a un bólido dos que deseñan no Máster de Automoción da Uvigo, podíamos facer este #EspertaValladares. E baixaríamos ata a Pérgola de Bouzas coñecer historias das mulleres da vila na expo 'Elas. As de Bouzas'. Pero non, quedamos na radio... tooodo dende o 'tenderete'. Tamén escoitaremos as recomendacións literarias de Álex. Un par de libros de Cecilia Fernández Santomé, sobre a emigración g...

Mércores 20/08/2025 19.08.2025

De crews e movementos urbanos vai o #EspertaValladares esta mañá. Falaremos de hip hop con Bea, que adestra en Dance Academy e ademáis, fai mover ós cativos no campamento da cultural en Valladares. Tamén daremos un paseo co grupo USk Vigo dende a escultura de Xulio Verne ata o Sireno, mais ou menos Porque falando das súas quedadas para pintar a cidade, chegamos á Ronda de Don Bosco, onde se atopa...

Martes 19/08/2025 19.08.2025

Unha bici convertida nunha blibio itinerante (a de Anxo Moure) ou nun cine sen enchufes pedaleando (a cinecicleta de Isabel e Carmelo, que estivo polo Valmiñor a semana pasada). E xa que falamos de cine… nunha semaniña na Fundación Sales, MU2 con Caspervek.

Luns 18/08/2025 18.08.2025

Vai outra conversa da tempada no #EspertaValladares. A visitiña de Cé Orquesta Pantasma en maio cos seus 'trebellos musicais'. Pasamos o rato a falar de ‘Cantadelas’, a súa particular homenaxe ás veciñas cantareiras.

Xoves 14/08/2025 13.08.2025

Vai un especial coas lembranzas de Castrelos que nos fóstedes enviando nestes meses. Os concertos, as pretempadas, os patos, as fotos de boda, bañarse no río... mil e unha vivencias!

Mércores 13/08/2025 13.08.2025

Conversa con Oliva Román, Estela Estévez e Loreto Pérez Román. Falaremos de adestrar en Castrelos, nas pistas de Balaídos, soñar cos xogos olímpicos… un pouco de todo, que son mooitos anos no atletismo. E aproveitamos tamén para pasear polo río e coñecer as cabañas que fan os rapaces do campamento.

Martes 12/08/2025 11.08.2025

No #EspertaValladares recibimos un 'mini máster' na evolución das máquinas de coser en Galicia. Conversa con Maquicoser. Ademáis, chegounos á radio o poemario ‘Acuruxar’, unha palabra de montaña para expresar o abrazo. Falaremos coa súa autora, Inés López. Tamén vai recomendación literaria de Álex, ‘Medea me cantó un corrido’ de Dahlia de la Cerda (relatos vida das mulleres en México). E coñecerem...

Luns 11/08/2025 11.08.2025

Rescantando conversas da tempada, comezamos a semana buscando fresco nas alturas. As rutas de montaña con NachoPequeno neste verán e mais as actividades de orientación polo Galiñeiro dos rapaces do cole Igrexa.

Venres 8/08/2025 08.08.2025

Daquí en diante, os venres traeremos conversa de corte ‘cultureta’ das que fixemos ó longo desta tempada no #EspertaValladares. Mañá, conexión Islandia co poeta de Cangas, Elías Knör. Ademáis, sentámonos á fresca no muíño da Senra a botar un palique sobre os plans para esta finde.

Xoves 7/08/2025 07.08.2025

Que Emilia Pardo Bazán era unha señora con carácter, xa o sabíamos… pero descubrimos que tamén foi ‘influencer’ nos destinos turísticos por Galicia para os madrileños. Tirando deste fío, demos unha volta pola oficina de turismo de Vigo, a ver que recomendan. Unha opción, pode ser achegarse á festa do socio en Valladares, que é domingo.

Mércores 6/07/2025 06.08.2025

Tocou outra excusión. Saimos pasear ata o castro de Herville, que este ano é final de etapa da Volta a España. E, xa que andabamos por alí, entramos dar unha volta nas instalacións de Alazán. Xa de volta na casa, preguntámoslle ós rapaciños do campamento polo Marisquiño.

Martes 5/08/2025 05.08.2025

Vai unha de libros: ‘A historia de Galicia en 30 obxetos’, de David Gesteira. E mais as recomendacións de Álex. ‘Un trabajo para toda la vida’ de Rachel Cusk e ‘La historia de los invertebrados’ de Mar García Puig… ambos sobre a maternidade. E con esta calor... para refescarse a sombra dun claustro. Falaremos de Música no Claustro en Tui, que inda lle quedan tardes de concertos. Ademáis, unha volt...

Luns 4/08/2025 04.08.2025

O #EspertaValladares segue pero o equipo redúcese a metade, Anabel xa rematou a tempada, así que os luns rescataremos conversas. Imos falar de bateas. Novos materiais e vellas tradicións danse a man neste sector. Ademáis, paseo polos nomes do mar.

Venres 1/08/2025 01.08.2025

Neste primeiro venres de agosto falaremos de concertos, de plans para o verán, das romerías que temos por diante… todo no #EspertaValladares.

Xoves 31/07/2025 30.07.2025

Para o #EspertaValladares deste xoves baixamos ata o Museo do Mar… coñeceremos o espacio, o porque da súa ubicación e tamén a exposición temporal sobre os vikingos que teñen nas súas salas.

Mércores 30/07/2025 30.07.2025

Hoxe no #EspertaValladares comentaremos os mundiales de natación artística de Singapur con Ángela Pereira, do Náutico de Vigo. E ademáis, conversa co mago Marcos Waldemar, que ven de facerse co primeiro premio na categoría de Invención no Congreso Máxico Nacional.

Martes 29/07/2025 29.07.2025

Que os martes toca patrimonio no #EspertaValladares xa o sabedes. Así que iremos ata Fornelos de Montes coa xente de Árbore Arqueoloxía. Ademáis algo doce para levar mellor o calor, Minimelis.

Luns 28/07/2025 28.07.2025

Despois da ponte imos con calma, coa que fixemos un tramo da senda azul do Lagares, o treito parelelo a Severino Covas, que está noviño do trinque, cheo de recunchos, flora.. e escaleiras . Ademáis, proposta literaria, que é luns. Desta volta, 'A falsa autónoma' de Yolanda Castaño e 'Metáfora da metáfora' de María Xosé Queizán.

Xoves 24/07/2025 23.07.2025

Para o #EspertaValladares deste xoves, conversa con Doro Piñeiro, de Castealo, de ‘Os vellos non deben namorarse’...

Mércores 23/07/2025 23.07.2025

Cando chega o verán o torreiro convértese nun escenario perfecto para os torneos de fútbol. Ata alí subimos á tardiña de onte e volo contamos esta mañá no #EspertaValladares

Martes 22/07/2025 22.07.2025

No #EspertaValladares deste martes miramos ao mar. As bateas de novo, pero esta vez aprender como flotan, así conversaremos coa xente de Forjados del Salnés. Ademáis saberemos dos moitos nomes asociados ás zonas de ribeira e aos fondos mariños, que van centrar unhas xornadas da Real Academia Galega.

Escucha el podcast ESPERTA VALLADARES en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos