Xunta de Galicia
Entreliñas
A Xunta de Galicia pon en marcha o proxecto Entreliñas, un podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas. Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición, a lectura, etc.
Autor
Xunta de Galicia
Categoría
Web del podcast
Último episodio
11 de sep. de 2025
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Cousas de Castelao 11.09.2025 53:36
No capítulo deste mes poñemos o foco no Ano Castelao, arredor da poliédrica e inmensa figura do autor, artista e político galego. Falamos con Manuel Rei sobre a obra "Castelao, desta terra e deste tempo” e con Montse Fajardo sobre “A vida incerta”, a biografía de Virxinia Pereira Renda. Achegámonos ao Museo de Pontevedra, onde están conservados os fondos e a obra do autor, para escoitar a súa dire...
Axudádeme a cantar 16.05.2025 57:36
Esta capítulo do mes de maio está dedicado integramente á música tradicional, ás nosas cantareiras, homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Recollemos recomendacións lectoras arredor do patrimonio oral musical e entrevistamos a Montse Rivera, fundadora do senlleiro grupo Leilía que, con Felisa Segade, están a desenvolver o espectáculo “Axudádeme a cantar” para público mozo, vinculado á obra de Mar...
Libros para quererse ben 24.04.2025 47:06
Nesta terceira xeira do podcast incorporamos a voz de Luz Pérez Costas ao equipo de Entreliñas. Entrevistamos a Fina Casalderrey e falamos sobre o conxunto da súa obra e das súas recentes candidaturas aos premios Hans Christian Andersen e Astrid Lindgren. Asistimos ao renacer da revista Criaturas de Literatura Infantil e Xuvenil, da man de Daniel Landesa, Miguel Vázquez Freire e Tensi Gesteira. Le...
O oficio de editar 04.07.2024 47:13
Romanticismo, compromiso e profesionalización son vectores que atravesan a historia da edición en galego ata os nosos días, en que a carón das empresas xeralistas que logran manterse xorden pequenos selos especializados. Neste capítulo de Entreliñas, falamos do oficio de editar con Fran Alonso, director de Xerais, e con Vanesa Rodríguez, responsable de Néspera Editora. Tamén festexamos o centenari...
Negra e criminal 04.07.2024 44:55
Neste capítulo facemos un percorrido pola historia da novela negra e policíaca galega Falamos cos escritores Pedro Feijoo e Sara Vila e axexamos nas lecturas do Club de Lectura de Novela Negra da Biblioteca de Ourense, interrogando a Rosa Díaz Naya e a Julia Amalia Rodríguez. As pezas musicais que nos acompañan son “Ruando”, “Saco de pulgas” e “Aghrúuu” do artista, cantareiro e bailador Mondra. E...
Ninguén morreu de ler poesía 04.07.2024 52:55
Para este novo episodio de Entreliñas pedímoslles prestado o título deste programa ao primeiro libro conxunto de Lucía Aldao e María Lado (Edicións Xerais de Galicia), e algunhas das cancións do dúo. Nel coñeceremos o proxecto “12 meses, 12 libros” do grupo de Bibliotecas Municipais José Saramago de Santiago de Compostela da man de Cecilia Valiño Cid, o poeta e editor Antón Lopo fálanos da editora...
Máis música, por favor! 04.07.2024 50:32
Percorremos, neste capítulo de Entreliñas, os sucos da literatura e da música da man dun bo coñecedor deste mundo compartido, o escritor Lois Pérez; falamos coa acordeonista Sonsoles Penadique sobre Os camiños de Dorothé, un libro disco para público familiar inspirado no cancioneiro recompilado pola musicóloga suíza Dorothé Shubart e visitamos a mostra sobre A historia das orquestras de Galicia na...
Viñetas na biblioteca 04.07.2024 59:42
Dedicamos este décimo primeiro capítulo de Entreliñas á banda deseñada e para afondar no mundo do cómic galego convidamos a Miguelanxo Prado, Paula Cheshire e Kiko Dasilva. Tamén falamos de bibliotecas itinerantes con Paula Buján, bibliotecaria de montaña da Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia. A música que fía este percorrido polo mundo das viñetas é de Baiuca. Entreli...
Vivir do conto 04.07.2024 41:04
Este capítulo de Entreliñas ten como foco a memoria dos contos e a narración oral. Durante séculos os contos foron a primeira e a única escola, o lugar de encontro e acubillo das persoas que, arredor da lareira, espantaban o medo. E da historia e da actualidade da narración oral galega falamos con Paula Carballeira, Soledad Felloza e Caxoto, tres contadores senlleiros que percorren o país enchendo...
A nosa historia 04.07.2024 50:35
Nesta achega de Entreliñas falamos da nosa historia e das nosas letras. Entrevistamos a Ofelia Rey Castelao, galardoada no 2022 co Premio Nacional de Historia de España pola súa obra “El vuelo corto: mujeres y migraciones en la edad moderna”. Falamos con Malores Villanueva sobre Francisco Fernández del Riego e Marilar Aleixandre, como arquiveira bibliotecaria da Real Academia Galega, achéganos a h...
Onde a lectura acontece 04.07.2024 40:57
Nesta segunda temporada de Entreliñas, a lectura é a protagonista e falamos de lugares e iniciativas onde a lectura acontece. Falamos con Celia Santamariña, de 6º de Primaria e Breixo Iglesias, de 5º, do club de lectura Arealonga do CEIP de Laredo, Chapela (Redondela). Carlos Martínez explícanos que é a biblioterapia e como funciona o club de lectura da asociación Itínera, unha iniciativa para aco...
Literatura de premio 08.06.2023 56:05
Este capítulo de Entreliñas ten premio, que é o tempo e as palabras coas que nos agasallaron Marilar Aleixandre, para falar do Premio Nacional de Literatura obtido pola obra 'As malas mulleres' (editada por Galaxia) e Ismael Ramos, para conversar sobre o Premio Nacional de Poesía Xove que recibiu polo seu poemario 'Lixeiro' (editado por Xerais). Tamén debullamos, coas súas impulsoras, o proxecto '...
Mulleres e ciencia 24.01.2023 51:28
Os camiños en que se cruzan a ciencia e a literatura constitúen o itinerario do sexto episodio de Entreliñas. Entre figuras literarias e neuronas, conversamos coa poeta Estíbaliz Espinosa e coa xornalista e escritora María Solar e recomendamos a lectura do álbum ilustrado da científica Luisa Martínez, Que teñen que ver as vacas co cambio climático? Tamén visitaremos a Biblioteca Juan Compañel de V...
O paraíso era unha biblioteca 24.01.2023 38:17
O capítulo 5 de Entreliñas é unha festa dobre. Celebramos o día das escritoras coa lectura de pasaxes da novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, que fai unha década neste 2022, e cunha entrevista a unha das autoras contemporáneas máis salientables, Ledicia Costas; e para conmemorar tamén o día das bibliotecas, falamos coa directora da Biblioteca de Lugo, Sabela Pérez Fórneas. As recomendació...
Moito conto! 14.11.2022 52:31
Na cuarta achega de “Entreliñas” falamos de literatura infantil e xuvenil (LIX). A especialista Montse Pena Presas debulla os contidos da exposición “Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego: unha árbore de historias” que estará na Biblioteca de Galicia ata o vindeiro maio de 2023. A bibliotecaria e contacontos Cris de Caldas fala do importante que segue a ser na actualidade a narración...
Puro teatro 22.08.2022 52:29
Neste terceiro episodio dedicado ás artes escénicas conversamos cunha das persoas que mellor coñece as medidas dos escenarios do país, como é o dramaturgo e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, a propósito da súa obra premiada Sophie non é o meu nome de guerra. Tamén facemos parada especial no centenario da actriz María Casares da man dunha da súa primeira bióg...
Lecturas orgullosas 22.07.2022 46:14
Nesta segunda achega temos un programa ben colorido, con libros e iniciativas que tratan a realidade LGBT+. Falamos con Daniela Ferrández, autora do ensaio 'A morte dos sexos: disidencias sexuais na Galiza contemporánea', publicado por Xerais, e entrevistamos a Nee Barros para falarmos da súa obra 'Identidade', publicada por Galaxia, e da canle de Youtube 'Neeumatiko'. Visitamos a Biblioteca Públi...
Premios Follas Novas e Letras Galegas 2022 12.07.2022 47:53
Neste 'capítulo piloto' temos no foco os Premios Follas Novas, con dúas entrevistas: as editoras de Apiario, Antía Otero e Dores Tembrás, gañadoras do Premio ao Libro Mellor Editado coa obra 'O que fica fóra', de Manuel Rivas, e o director artístico e editorial da Central Folque, Ramón Pinheiro Almuinha, que recibiu o galardón á mellor iniciativa bibliográfica pola colección 'Chave mestra'. Os pre...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos