RQR
Cercaronme as ondas
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.spreaker.com
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Entrevista Marta Rodríguez, segundo premio dos Premios Literarios Minerva 30.06.2025 10:57
A nosa alumna Marta Rodríguez Domínguez, de 4º ESO, vén de acadar o segundo premio na modalidade narración, pola súa obra "Escintileos ao a mencer", nos Premios Literarios Minerva. Este concurso literario está convocado polo prestixioso Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e nel os alumnos de 3º, 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia presentan os seus textos, coa condici...
A palabra das gañadoras: alumnado que nos inspiran cos seus relatos 30.06.2025 21:15
Acollemos neste episodio alumnas gañadoras de concursos literarios neste curso académico 2024-2025. Parabéns a todas elas. Compartimos estes minutos co alumno Noa Lago Rodríguez, de 3º ESO, que gañou o concurso de narrativa Exeria. Tamén contamos con Zahira Bouzón Cardesín, de 4º ESO, quen gañou o XI Certame de Relato Curto, organizado pola Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. Participa...
Entrevista a alumnado Erasmus da USC. Unha semaniña enteira 19.02.2025 11:06
A semaniña enteira arrincou no IES Mendiño xa este venres 14 de febreiro: toda unha declaración de amor á lingua. E fíxoo acollendo a tres alumnos Erasmus da USC, que nos viñeron falar do galego. Así, como o ledes. Levan aquí só cinco meses mais xa falan galego con total corrección (algúns) e outros, que aínda non o dominan tanto, non nos impresionaron tanto coa súa dicción, mais souberon trasnmit...
Entrevista a Roberto Samartim 20.11.2024 15:53
Non todos os días recibimos no centro a un escritor. No programa de hoxe, entrevistamos ao redondelán Roberto Samartim, que veu ao Mendiño convidado polo noso Club de Lectura, e co que puidemos conversar sobre " O livro do dragom ", o seu primeiro poemario, recén saído do prelo. Nunha moi agradable sesión, resaltamos unha das frases do autor despois da participación do alumnado. El, antigo antigo...
Entrevista a Xandre Vázquez, propietario e director do Circo Pinocho 16.10.2024 11:27
Velaquí a nosa primeira entrevista do curso 2024/25. Pola nosa emisora pasou Xandre Vázquez, artista redondelán que nas últimas semanas nos acompaña a carón do noso centro co Circo Pinocho , do que é director e propietario. Se queredes saber máis da súa traxectoria e aventura empresarial, dádelle ao play! Aos micrófonos Estela, Sara e Artiom, alumnado de 2ESO C. Podes consutar máis información e a...
As bandas sonoras dos Óscar 2024 06.07.2024 18:14
A entrega dos Óscar sempre é unha boa excusa para investigar sobre os xéneros cinematográficos máis exitosos na taquilla, e as bandas sonoras que as acompañan. Neste curso, o alumnado de 4º de ESO de Música fixo as súas quinielas sobre as candidaturas presentadas e elexiron as que lle resultaron máis interesantes tanto no aspecto cinematográfico como musical. BARBIE A canción composta pola archic...
Entrevista a Antía Martínez Lago, alumna do IES Mendiño 29.06.2024 6:16
Remata un novo curso e rematamos a actividade de RQR, a radio do IES Mendiño, cunha entrevista á alumna co mellor expediente deste ano: un 13,3 sobre 14. Unha mostra de esforzo académico e compromiso coa lingua e a cultura galega. Motos parabéns Antía Martínez Lago e moitos éxitos na túa carreira de Medicina. Podes consutar máis información e a web do podcast na páxina do iesmendinho . CRÉDITOS:...
Entrevistamos a Brais Morán 30.04.2024 11:21
No programa de hoxe entrevistamos a Brais Morán, alma Mater de grupos de música funk e disco como Loretta Martin ou banda da que gozamos hoxe un concerto agasallo pola participación na "Semaniña enteira": Brais Morán e Nasaufunk . Falamos con el da música galega, pasada, presente e futura. A entrevista foi elaborada polo alumnado de 1ESO e locutada por Pablo e Mía. Agardamos que vos guste. Podes c...
Entrevista a Gabriel Fuentes 15.04.2024 22:49
Neste novo programa entrevistamos a Gabri Fuentes Míguez . Un exalumno do Mendiño, que hoxe é un dos comunicadores mais importantes do país: guionista e editor do Dígocho eu ! (entre outros). Gabri veu moderar unha charla (en formato podcast) sobre saúde cardiovascular que organizou o Departamento de Bioloxía e a Unidade de Cultura Científica da UVigo, co gallo da celebración do Día Mundial da Saú...
O Festival Internacional de Títeres de Redondela. Entrevista a Luís Crespo. 10.04.2024 12:44
Esta semana visitounos no centro Luís Crespo, o director do Festival Internacional de Títeres de Redondela. Veu deixar información do festival e aproveitamos para falar con el sobre esta edición especial, xa que o Festival celebra o seu 25 aniversario. Contounos do pasado, do presente, do futuro, e deixounos algunhas novidades. Podedes escoitalas aquí. Nos micrófonos Carlota e Pedro, alumnado de 4...
O Porco de pé: celebrando o Día do Teatro 26.03.2024 9:52
O vindeiro 27 de marzo celébrase o Día do Teatro, mais a celebración adiántase ao 21 de marzo, e no Concello de Redondela celebrámolo aínda un día antes e xa hoxe, mércores 20, gozamos dun dos mellores espectáculos da escena teatral galega actual: a versión dramática da obra "O porco de pé" de Vicente Risco, adaptada por Pepe Sendón e dirixida por Quico Cadaval. Unha produción da compañía Excéntri...
Unha semaniña enteira 04.03.2024 15:33
Un ano máis o IES Mendiño bota a andar, xunto con outros dous centros de secundaria de Redondela, a actividade "Unha Semaniña Enteira". Unha actividade coordinada desde o Departamento de galego e que busca mellorar e avaliar a oralidade do noso alumnado, animándoos a falar en galego durante sete días. Para isto é fundamental a complicidade de todo o centro (profesorado e persoal) e das familias. D...
Entrevista a membros do Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes 23.06.2023 13:31
E no último programa deste curso, o alumnado de 1º da ESO C, representado por Sabela e Antía, entrevistaron ao presidente (José Antonio) e exsecretario (Norberto) do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy , de Cesantes. Unha asociación coa que o noso centro colaborou recentemente nunha limpeza do río Pexegueiro e que nos viñeron falar das súas actividades presentes e futuras. E, entre elas, a...
Chuletas: pasado, presente e futuro 22.06.2023 6:31
O alumnado do Equipo de Radio é ousado e, este curso, quixo coñecer o centro máis a fondo. Por iso fixo enquisas entre os seus compañeiros, entrevistas entre o profesorado, elaborou estatísticas e chegou ao fondo. Ao fondo das mesas, ao fondo dos petos dos suadoiros, ao fondo das mangas das cazadoras... fondos onde, por veces, se agochan as chuletas. Esas armas de dobre fío que, o mesmo te achegan...
Lemendiño: escolma de momentos 21.06.2023 34:39
Neste curso escolar estivo en marcha no IES Mendiño o noso club de lectura, Lemendiño. Funcionou como un espazo que uniu a alumnado e profesorado e persoal do centro arredor da lectura. Como novidade, este ano no canto de libros e obras completas, adicámonos a pequenos artefactos lectores, que non soamente había que ler, senón que había que interpretar e recrear de múltiples formas. A longo dos tr...
Entrevista a deportistas e artistas 19.06.2023 6:18
No programa desta semana entrevistamos catro alumnos e alumnas do centro que destacan polos seus éxitos deportivos e/ou musicais. Alumnado que compatibiliza os estudos no instituto con estes outros estudos / actividades fóra do centro, e que nos falan do sobrecusto que isto lles supón en determinados momentos. Sirva este programa como recoñecemento ao seu esforzo e aos seus éxitos. Tanto o alumnad...
Pílulas de nutrición 13.06.2023 21:18
No programa de hoxe traemos unha escolma dos traballos sobre nutrición e a ciencia, realizados polo alumnado de 2º ESO, en concreto na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudable. Sabes cantos tipos de dieta existen? Sóanche a dieta hipocalórica, a proteica, a atlántica, a detox ou a lixo? Pois non te preocupes, porque o alumnado do IES Mendiño vaichas ensinar. Mais como elas din, cun carácte...
Entrevista Xosé González Martínez: Paco Fernández del Riego e a situación do galego 05.06.2023 13:59
Pasou polos estudos de RQR Xosé González Martínez, un gran traballador a prol da lingua galega, como deixou patente coas innumebles iniciativas que desenvolveu coma funcionario do Concello de Redondela durante moitos anos. Un intelectual que segue moi activo a través da súa participación en diferentes publicacións, así como ás súas achegas en diferentes xornais galegos. Veu ao IES Mendiño, convida...
Anedoctario Redondelán 29.05.2023 6:44
Anecdotario redondelán é un blog sostido polo incansable traballo de Juan Migueles. Cultura, historia, arqueoloxía, cine, xeografía, paisaxe, fotografía, música e unha infinidade de cousas máis teñen acubillo neste espazo da rede. Desde a materia de Paisaxe e Sostibilidade do IES Mendiño quixemos facer unha pequena homenaxe ao blog e ao seu autor; así como pedir a quen ten asignadas as responsabil...
Día das Letras Galegas 2023 19.05.2023 14:07
Un ano máis, celebramos o día das Letras Galegas. Nesta ocasión homenaxeando un home cuxo activismo a prol da lingua e da cultura galega resultou fundamental nun momento duro da nosa historia. Un home que, entre outras cousas, axudou a instituír esta mesma celebración. Desde o centro propuxémoslle ao alumnado unha actividade epistolar (xénero do que moito gostaba don Francisco Fernández del Riego,...
E o galego pa cando? Coloquio sobre a situación do galego. 17.05.2023 14:47
E o galego pa cando?, poderiamolo cantar ao ritmo da coñecida canción de Jennifer López (aínda que ela falaba de aneis). Mais é o título que nos permite presentar este coloquio onde se valora os resultados da enquisa sociolingüística que desde o equipo de Dinamización Lingüística se realizou no IES Mendiño neste curso escolar 22/23. Unha enquisa dirixida a todo os membros da comunidade educativa,...
Día Mundial do Teatro 10.05.2023 23:07
Para celebrar unha data senlleira como a do 27 de marzo, o alumnado de 1º de ESO A e 1º de ESO C aproveitou a súa asistencia á representación en Vigo de Las aventuras de Tom Sawyer para comentar curiosidades sobre o novelista Mark Twain e para dramatizar algunhas escenas do texto adaptado. Asemade, comparten con nós as súas recensións neste enlace ao blog Poiesis . Pola outra banda, Catalina conte...
O matrimonio Bach 08.05.2023 6:47
O alumnado de 3º de ESO conta con reporteiros intrépidos que contan cunha máquina do tempo para viaxar ata o século XVIII. Julieta Fernández (María Collazo) achégase a Weimar, Alemaña, ao fogar do matrimonio Bach. Eles forman a familia musical máis importante do Barroco. Anna Magdalena Bach (María Bouzón) é unha recoñecida soprano e a mellor crítica das composición do seu home. Johann Sebastian Ba...
Dido e Eneas. A paixón na ópera do Barroco 02.05.2023 13:47
“DIDO E ENEAS” DE HENRY PURCELL (1659-1695) A PAIXÓN NA ÓPERA DO BARROCO Cartago, unha cidade exótica situada no norte de África na que reina a fermosa Dido. Eneas, un príncipe troiano que foxe da sua cidade tras a súa destrución, e que viaxa coa misión de fundar Roma. Cando fai escala en Cartago, Dido namórase perdidamente del e ámbolos dous viven unha apaixonada historia de amor. Pero ai!, estam...
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas 14.04.2023 11:23
Sete das alumnas e alumnos de 1º da ESO B do IES Mendiño presentan un fragmento da obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas , de Carlos Casares. Foi dirixida por Clara Borrajo e representada por:- Narradora, laranxa e ovo: Sara Alonso - Elías: Bruno Alonso - Anxa: Sara Pérez - Veciña Desdentada: Mara Comesaña - Veciño da Escopeta: Pablo Figueroa - Veciño Gordo: Jorge Barreiro - Veciña S...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos