PontevedraViva Radio

Cara a cara

News ES ↓ 636 episodios

'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

PontevedraViva Radio

Categoría

News

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

29 de oct. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Cara a cara #111: Nacho Fernández e Ángel Torres 23.05.2018

Nacho Fernández e Ángel Torres, gañadores dos premios Incuvi Emprende 2017 e Incuvi Avanza 2018, falan con Sara Lago do seu proxecto gañador, a Mediación Móbil, unha ferramenta de resolución de conflitos moi solicitada como alternativa á vía xudicial.

Cara a cara #110: José Ramón Gómez 16.05.2018

Hai cuestións que como dentes de  sierre repuntan e rebaixan a súa intensidade. É o caso do chamado "peche" de camas hospitalarias que este mes deu lugar a accións de protesta entre o persoal da área sanitaria de Pontevedra. Preguntamos sobre esta planificación nao xerente deste Complexo Hospitalario, José Ramón Gómez.

Cara a cara #109 Pedro Alonso 09.05.2018

Pedro Alonso, submarinista por afección, fusionou os seus grandes hobbies: o mergullo, a fotografía e o vídeo para ensinarnos a todos os que nos movemos pola superficie o que esconden os fondos mariños galegos. Neste Cara a cara é entrevistado por Clara Alonso.

Cara a cara #108: Susana Ruiz Mostazo 02.05.2018

Con 22 anos descubriu a escalada. Desde 2013 viaxou a Nepal, Groenlandia, África, ou Rusia. En todas estas viaxes acompáñalle a diabetes, diagnosticada con 11 anos. Acaba de participar na Pontevedrada e dar unha das súas conferencias en Marín: Os soños non teñen cima.

Cara a cara #107 Pontevedrada 2018 25.04.2018

A Pontevedrada é unha marcha nocturna solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela. O obxectivo que persegue a iniciativa é concienciar sobre a importancia de facerse doante, sexa sangue, tecidos ou órganos. Este próximo 28 de abril chegará á súa oitava edición. Sara López entrevista ao seu promotor, o xornalista Raúl Álvarez.

Cara a cara #106: Verónica Alfonsín 18.04.2018

A visita a unha consulta óptica resulta algo excepcional en poboacións de Marrocos. Para axudar a paliar ese déficit sanitario a Fundación Alain Afflelou desde hai once anos colabora co proxecto "O deserto dos nenos". A pontevedresa Verónica Alfonsín comparte a súa experiencia en PontevedraViva Radio: "é a segunda que ía, cría que non me resultaría tan intensa como a primeira, pero si. Dáste conta...

Cara a cara #105: Alberte Oubiña 11.04.2018

O concelleiro de Xuventude, Alberte Oubiña, explica como cando e por que dunha nova iniciativa municipal: Sube ao palco. Unha proposta que aúna tres elementos: o palco ou quiosco da música da Alameda, a cultura e a mocidade.

Cara a cara #104 Mario Diz 04.04.2018

O pontevedrés Mario Diz estrea este venres 6 de abril un conto musicado titulado " Catrina e Dona Francisca" acompañado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra; a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e a narración de Paula Carballeira. Será no Pazo da Cultura coa programación do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Cara a cara #103 Manuel Artime 28.03.2018

Esta primavera cúmprense cincuenta anos do coñecido maio francés ou maio do 68. Non foron os únicos movementos sociais que se reproduciron naquel momento. Falamos daquel contexto e o extrapolamos ao actual xunto ao profesor da Uned, Manuel Artime Omíl.

Cara a cara #102 Alejandro Ruetter, pensionista 21.03.2018

Foi comercial de alto standing ata os 40 anos, momento no que decidiu dedicarse a ser mimo itinerante. Chegado á idade de xubilación, a súa pensión non alcanza os 400 euros. Alejandro Ruetter, membro do Movemento Galego pola Defensa dás Pensións ( MODEPEN), comparte o Cara a cara.

Cara a cara #101: Miguel Doallo 14.03.2018

A pesar de que o Plan de Intervención en Auxiios e Emerxencias é a actividade máis antiga que se ofrece desde Cruz Vermella, non é de dominio público a existencia e traballo que realizan os denominados ERÍES. Miguel Doallo, que traballa con Cruz Vermella  desde fai dezaoito anos, é psicólogo dos Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias. Actualmente e tras a última reestruturación o ERÍE está c...

Cara a cara #100: Mulleres que opinan. ESPECIAL 8M 07.03.2018

O programa mira ao encontro "As mulleres que opinan son perigosas" celebrado este mes de marzo en Pontevedra. Entrevistas coa xornalista e profesora na Universitat Oberta de Catalunya, Ana Bernal; María Varela, redactora xefe de Diario de Pontevedra; e Diana Varela, unha das organizadoras do evento.

Cara a cara #99: Carlos Hernández, @deportado4443 28.02.2018

Máis de nove mil españois estiveron en campos de concentración nazis. O deportado 4443 que relatou a súa supervivencia en twitter enganchou a decenas de miles de internautas. No Cara a cara contamos co seu alter ego, Carlos Hernández de Miguel. Escritor e xornalista madrileño agora fincado na Illa de Arousa.

Cara a cara #98 Alba Soutelo 21.02.2018

Traemos ao Cara a cara á reelixida presidenta do Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra, Alba Soutelo. Falamos do sector, de reformas normativas, de gasto farmaceútico, ou de recentes servizos incorporados como o test do VIH.

Cara a cara #97: San Valentín 14.02.2018

Canto amor respírase nas rúas de Pontevedra? O día de San Valentín chega para todos aqueles que levan semanas esperándoo, pero tamén para os que nin saben da súa existencia. PontevedraViva Radio saca micrófono á rúa neste Cara a cara.

Cara a cara #96 Rafael Quintía e o entroido 07.02.2018

Puido haber algún fluxo de intercambio entre Marín e Cádiz que fixese que as comparsas satíricas de hai un século chegasen ata o sur e convertésense nas chamadas chirigotas? É unha das incógnitas e curiosidades que nos deixa o antropólogo Rafael Quintía neste Cara a cara

Cara a cara #95: Gonzalo Martínez 31.01.2018

Cantos mozos, ou non tan novos, lembran ao mestre García Asensio, a Fernando Argenta ou Ara Malikian? A case ausencia da música na Educación ou de propostas divulgativas levan a que a poboación máis nova senta desapego cara á música clásica. Circunstancia que constanta o presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez Lourido.

Cara a cara #94 Charo Castro 24.01.2018

Este 25 de xaneiro Charo Castro asume a presidencia da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Toma a substitución en primeira liña de Ramón Touza, tras vinte e dous anos á fronte da entidade deportiva. Coñecemos neste Cara a cara a esta pontevedresa.

Cara a cara #93 Pedro Ameneiro 17.01.2018

Comezar o 2018 proclamándose campión do mundo de vela sub-17 é entrar no ano co mellor pé. O novísimo Pedro Ameneiro alcanzaba o logro xunto ao seu compañeiro Martín Wizner en Australia.

Cara a cara #92: José Benito García Iglesias 10.01.2018

Investigando para escribir "Donde la salmuera. La Moureira y sus gentes", José Benito García Iglesias chegou a historias da súa propia familia que descoñecía. Neste último traballo este investigador, divulgador e escritor pontevedrés nos redescubre un determinante barrio da cidade onde, paradoxos, se conservaba a esencia do mar, pero non puido conservarse a si mesmo.

Cara a cara #91: Rosa Estévez 03.01.2018

BREXIT. Foi unha das palabras máis pronunciadas do recentemente terminado 2017. A desconexión de Gran Bretaña da Unión Europea segue xerando moitas preguntas. Tratamos de resolver as dúbidas cunha pontevedresa, Rosa Estévez, que desde hai case 18 anos traballa para o goberno británico. Actualmente, é asesora política do ministerio de Comercio Exterior

Cara a cara #90: Isma Romero 27.12.2017

Chamarlle só cantante sería inxusto e incompleto. Isma Romero non só canta, toca a guitarra case de forma enfermiza, acotío; e compón os seus temas. Así que para tratar de achegarnos á realidade definímolo como artista musical. En PontevedraViva Radio, case que o "apadriñamos" xa que aínda que non é pontevedrés, adoptámolo como tal e acompáñanos de novo, tras a edición do seu segundo traballo "Lum...

Cara a cara #89: Celia Portela Vallejo 20.12.2017

Este próximo 22 de decembro, haberá quen apele á saúde e será síntoma de que non foron tocados pola sorte no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Os afortunados estarán de celebración e o sector de loteiros co corazón nun puño á espera de que eses décimos fosen vendidos nos seus portelos. Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, acompáñanos para...

Cara a cara #88 Loli Pereira Agra 13.12.2017

Na Insua, Ponte Caldelas, está radicada Hípica Amazonas, unha cuadra de cabalos, con exemplares considerados como os mellores do mundo de pura raza española.  Así o estimou o último Salón Internacional do Cabalo. Falamos con Loli Pereira Agra, propietaria xunto o seu home, César Santos Vicente.  

Cara a cara #87 Manuel Lourenzo 06.12.2017

Manuel Lourenzo, ten na súa bagaxe como escritor 25 títulos de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou teatro. Isto sen contar outros tantos colectivos. Este prolífico traballo, ou necesidade como sinala neste Cara a cara, reportoulle once premios. O último acábao de recibir este pasado novembro: o Jules Verne que concede Xerais pola obra " Ceiba de luz".

Escucha el podcast Cara a cara en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos