PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
PontevedraViva Radio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
29 de oct. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Cara a cara #136: Joan Clos 28.11.2018 21:08
O urbanismo sustentable centra a actividade profesional de Joan Clos nos últimos anos. Falamos no Cara a cara co que foi alcalde de Barcelona tras coñecer persoalmente a cidade de Pontevedra.
Cara a cara #135: Rómulo Mendoza 21.11.2018 33:04
A Unesco ten declarada como Patrimonio Inmaterial da Humanidade a cociña tradicional mexicana. Así que coñecemos este Patrimonio co chef mexicano Rómulo Mendoza. A declaración da Unesco comporta un compromiso de protexer e preservar esas tradicións culinarias e nesa liña traballa este novo cociñeiro: "O meu restaurante está aberto no barrio da Mercé, a zona máis antiga de Cidade de México; nunha v...
Cara a cara #134: Estrea de 'Invisibles' de Montse Fajardo 14.11.2018 20:05
A estrea de 'Invisibles' abre este xoves 15 os actos do Concello de Pontevedra con motivo do 25N. Charlamos coa directora da obra, Mariám Bañobre e a autora do libro, Montse Fajardo.
Cara a cara #133:Alba Rodríguez Santos 07.11.2018 28:17
Somos Nupa é unha ong que presta asistencia a familias que requiren atención na Unidade de Rehabilitación Intestinal do Hospital Infantil La Paz por diversas enfermidades. A súa creadora, a pontevedresa Alba Rodríguez Santos, achéganola neste Cara a cara
Cara a cara #132: Salvador Casalderrey 31.10.2018 36:02
Salvador Casaderrey é o técnico de mantemento do Teatro Principal. É quen mellor o coñece e quen fai de cicerone a PontevedraViva Radio durante unha visita que comeza en xaneiro de 1987, cando a soprano Montserrat Caballé actuou en Pontevedra para a reinauguración do seu Teatro.
Cara a cara #131: Carlos Moreno 24.10.2018 26:18
A máxima 'modelo de cidade' non é válida para Carlos Moreno "nin modelos de cidade, nin máis intelixente, nin cidade máis atractiva, todo iso son estratexias de márketing. A cidade é moi complexa, cada cidade ten moitos elementos en cuestión. Unha cidade nunca está terminada, non é estática. As cidades viven, desenvólvense, cambian e o máis importante é como se adaptan ás transformacións e niso n...
Cara a cara #130: Jorge Reynolds Pombo 17.10.2018 35:25
Jorge Reynolds Pombo tiña 22 anos cando inventou o primeiro marcapasos. Aquela creación pasa por ser un dos cen inventos máis importantes da Historia e nestas seis décadas de aplicación salvou a vida a máis de 70 millóns de persoasno mundo. E que fai este bioingeniero científico en Pontevedra? Neste 2018 cúmprense 250 anos do nacemento do seu antepasado, Francisco José de Caldas, 'O Sabio Caldas'...
Cara a cara #129: Sabela Córdoba 10.10.2018 20:21
A ximnasia rítmica é unha viaxe exprés no tempo, así que Sabela Córdoba cambiou as punteiras con pouco máis de vinte anos pola botas. Lembra que os seus pais eran montañeiros e que nalgunha saída participara, pero non sentiu verdadeiramente a chamada da montaña ata hai pouco tempo. Agora forma parte do equipo de tecnificación de novos alpinistas galegos que impulsa a Federación Galega de Montañism...
Cara a cara #128: Dulcinea Aguin 19.09.2018 24:58
A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia pechará o verán con boas cifras. Que acabe non significa que esta oferta tamén conclúa. Xa hai reservas para a ponte do Pilar, para nadal e mesmo - en Pontevedra e municipios limítrofres - para os Campionatos Mundiais de Tríatlon. Charlamos coa súa presidenta, Dulcinea Aguin.
Cara a cara #127: Víctor Loira 12.09.2018 27:51
Víctor Loira, vicepresidente de ASEII, relata os máis de 1300 quilómetros que percorreu por Galicia para visibilizar as enfermidades intestinais. Este próximo fin de semana encara outro reto para visibilizar a ELA.
Cara a cara #126: Marisol Bueno 05.09.2018 24:45
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas tivo a unha muller como primeira presidenta. Daquilo cúmprense neste 2018 tres décadas. Charlamos con Marisol Bueno.
Cara a cara #125: Fernando Búa 29.08.2018 13:33
Fernando Búa ten un dominio innato da pintura. Polo momento só expón a súa obra a plumilla coa que reflicte arquitectura e tradición galega. Estes días expón no Palacete das Mendoza de Pontevedra.
Cara a cara #124: Ana Miranda 22.08.2018 44:41
Ana Miranda ocupa escano como eurodeputada desde este mesmo ano. Non é a súa primeira experiencia no Parlamento europeo. A política nacionalista explica varias das frontes que a ocupan nesta responsabilidade comunitaria.
Cara a cara #123: Valentín García Bóveda 15.08.2018 35:14
O vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, fala da sinalada data do 17 de agosto como Día dos Mártires Galegos.
Cara a cara #122: Virginia Pozo Castro 08.08.2018 15:48
Virginia Pozo Castro, fundadora da firma de moda Coosy, está entre o grupo de persoas que este sábado 11 de agosto recibirá o recoñecemento que anualmente conceden Amigos de Pontevedra a aquelas persoas física e xurídicas que pola súa traxectoria difunden consigo o nome de Pontevedra.
Cara a cara #121: Maica Larriba 01.08.2018 27:16
Maica Larriba leva un mes no cargo de subdelegada do Goberno. Unha semanas intensísimas como ela mesma sinala no Cara a cara. Falamos desta xestión que lle ocupará a partir de agora e os principios cos que se expón exercer esta responsabilidade
Cara a cara #120: Ada Otero Huertas 25.07.2018 31:18
Ada Otero é muller transexual, licenciada en Dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transgénero e familiares.
Cara a cara #119: Xabier Marqués Solla 18.07.2018 26:48
"Cal é a túa peli de baile favorita?". Con esta pregunta o director da curta ' You can leave your swing on' extrae as preferencias e recordos do cinema musical entre os intervenientes, así como os seus sentimentos ao bailar. Xabier Marqués mestura neste traballo as súas dúas afeccións: cinema e baile.
Cara a cara #118: Asociación Música Viva 11.07.2018 20:05
A Asociación Música Viva aínda non cumpriu o seu primeiro aniversario. Conformada por catro novos da cidade, músicos profesionais formados en distintos Conservatorios, axuntaron coñecementos para sacar adiante iniciativas relacionadas coa música clásica. Cóntannos Álvaro Carballo e Juan Cernadas as dúas primeiras iniciativas que están a levar a cabo.
Cara a cara #117: Carla Santoro Cernadas 04.07.2018 18:09
Carla Santoro ten oito anos e conseguiu tres medallas no Campionato de España de Atletismo para Menores organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos. Calidades din os técnicos, sóbranlle; pero a falta de medios e apoios poden ser as barreiras que ela non ten.
Cara a cara #116 David Neira 27.06.2018 35:06
David Neira acaba de presentar a súa segunda novela '363 TQ' na Festa dos Libros. Tivemos de invitado ao escritor pontevedrés para falarnos da súa faceta escritora, entre outras cousas, que non te deberías perder.
Cara a cara #115: Francisco Lozano Rodríguez 20.06.2018 24:49
'A tiro hecho', título da súa primeira novela publicada, foi a que puxo a Francisco Lozano por primeira vez ante os micrófonos de PontevedraViva Radio. Dous anos despois, a comezos de xullo, xa estará á venda en Pontevedra a segunda: 'Uranio'.
Cara a cara #114 Afonso Eiré 13.06.2018 31:59
Afonso Eiré vén de presentar recentemente en Pontevedra o seu último libro 'Memorias dunha vaca marela'. Falamos desta publicación e tamén da súa outra faceta profesional, a xornalística. Concretamente a de comentarista político e respecto diso os últimos acontecementos de ámbito nacional.
Cara a cara #113: Diego Núñez, coach deportivo 06.06.2018 22:29
O que foi adestrador do Teucro ata a concluida tempada, Quique Domínguez, trouxo para o seu equipo técnico a un coach deportivo: Diego Núñez. Con el falamos sobre esta práctica profesional.
Cara a cara #112: Albert Monteys 30.05.2018 20:52
O ilustrador e historietista Albert Monteys está de xira co seu 'Universo' un proxecto dixital que unha vez pasou ao papel esgotou a súa primeira edición nun mes. Charlamos no Cara a cara co que foi director de 'El Jueves' entre 2006 e 2011.
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos