PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
PontevedraViva Radio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
22 de oct. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Cara a cara #185: Rocío Ramos-Paul 18.12.2019 18:23
Rocío Ramos-Paul fíxose popular pola súa intervención nun exitoso programa televisivo. Seguiu colaborando en televisión e radio, escribiu varios libros e compaxina a súa profesión de psicóloga nun gabinete que leva o seu nome. Tamén imparte charlas, como as ofrecidas esta semana en Marín e Sanxenxo e o pasado novembro en Pontevedra organizadas polo CFR, (Centro de Formación e Recursos do Profesor...
Cara a cara #184: Gisela Moon 12.12.2019 20:31
'Recuérdame quién soy' é o título da primeira novela de Gisela Moon, nome artístico de Gisela Menéndez Calvo. "Hai romance, hai picante, hai diversión e hai superación por parte da súa protagonista" nesta novela que encaixa no subgénero chamado chick lit. Foi a música, o que a trouxo profesionalmente ata Galicia. Unha faceta que demostra á perfección coa interpretación dun dos temas que acompañan...
Cara a cara #183: Berta Cortez-Lobao 04.12.2019 14:22
Segundo os datos que reporta o Instituto Nacional de Estadística xunto á Sociedad Española de Fertilidad, durante o pasado ano en España o 9% dos nacementos foron resultado de técnicas de reprodución asistida; isto é, algo máis de 33.000 mil bebés. As previsións para 2019-2020 apuntarían a que o número seguirá crecendo. A pesar destas cifras, falar de infertilidade segue reservándose para a máxim...
Cara a cara #182: Federación Galega de Fútbol 27.11.2019 26:52
Costa do Marfil é o destino do equipamento deportivo que está a recoller a Federación Galega de Fútbol coa campaña solidaria aberta ata o dez de decembro. Charlamos con Amancio Varela, membro da directiva da Federación e Carmelo Galiñanes colaborador da mesma, sobre esta iniciativa, de fútbol feminino e de novas tecnoloxías.
Cara a cara #181: Francisco Cascón 20.11.2019 40:24
Francisco Cascón Soriano; profesor en formación ocupacional, membro da Unesco, colaborador en másteres de varias universidades en relación á cultura da paz e que toma parte en procesos de resolución de conflitos bélicos en países latinoamericanos; así como en centros educativos para resolución de conflitos de convivencia, algúns de notable repercusión mediática. Cascón Soriano provoca coas súas pa...
Cara a cara #180: Manu San Félix 13.11.2019 26:42
Manu San Félix, biólogo e explorador submarino, coñece moi ben a costa galega. Dela di que "é un lugar bendicido pola natureza. Se puidésemos retroceder mil anos caeriamos de costas ao ver a riqueza, a explosión de vida que había na Rías Baixas". Pero non é momento de triunfalismos porque "agora enfermou e agora é o momento de analizar, coidar e facer algo". Forma parte desde 2008 do proxecto 'Pri...
Cara a Cara #179: Evaristo Estévez 06.11.2019 26:49
Unha visita á cidade, un tema de actualidade, un repaso a unha traxectoria... os motivos poden ser múltiples, o cando e onde: cada mércores ás 21.00 horas en PontevedraViva Radio. Redifusión: xoves ás 00.00 horas, ás 09.00 horas e ás 17.00 horas.
Cara a cara #178: Iván Prieto Lage 30.10.2019 27:47
Nos últimos dez anos cada vez son maiores os problemas de costas entre os escolares. É unha circunstancia evidenciada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que expuxo Manuel Fraiz, responsable da Unidade de Raquis (columna vertebral) a Iván Prieto Lage, profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra e membro do proxecto 'Elección do mobiliario axeitado no Ens...
Cara a Cara #177: Tomás Abeigón 23.10.2019 46:35
Un home e unha muller pioneiros do fitness feminino e o culturismo: a Bella Otero e Eugene Sandow. As miserias e grandezas dunha galega de transcendencia internacional. A dobre vida dunha estrela do culturismo no século XIX. As implicacións - intencionadas ou non - de Sandow no cinema, a novela ou a monarquía británica... en definitiva, dous anos e medio de traballo do pontevedrés, Tomás Abeigón C...
Cara a cara #176: Isabel Pérez Dobarro 16.10.2019 20:49
Isabel Pérez Dobarro, compostelá, é pianista de recoñecemento internacional. Ademais é unha activista da visibilización das mulleres na música clásica e do desenvolvemento sustentable. Acaba de ofrecer un recital nesta capital á que volverá antes de finalizar o ano
Cara a cara #175: Uxía Vázquez - CEMMA 18.09.2019 23:50
As Rías Baixas son unha das zonas do mundo con maior biodiversidade e "temos algo moi imporante nas nosas mans para que as xeracións futuras poidan seguir gozándoo". O diagnóstico que da Uxía Vázquez - socia voluntaria da CEMMA, a Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños -, é o dun ecosistema enfermo. Moitísimo tráfico mariño, contaminación industrial, sanitaria, etc... Aínda que centram...
Cara a cara #174: Fran Rivera - Cantos na Maré 11.09.2019 16:15
Cantos na Maré, o Festival das Lusofonías arrinca este venres 13 e prolongarase ata o domingo nesta décimoquinta edición. O seu director, Fran Rivera sinalaba que é unha proposta que crece sen perder a súa esencia e con perspectivas de futuro ampliables: "é o festival da relación da nosa cultura con outros mundos, concretamente o da lusofonía e non descartamos outras incorporacións atlánticas que...
Cara a cara #173: Manuel Pena, FICBUEU 04.09.2019 24:23
Este venres 6 de setembro arrinca a duodécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu e prolongarase ata o 14. Co director deste evento, Manuel Pena, charlamos para coñecer que trae para esta ocasión. O FICBUEU é sobre todo cinema, pero non o único. É unha cita cultural que durante nove días irá ofrecendo un total de 65 actividades e que mantendo tan só a cifra de persoas par...
Cara a cara #172: Marina Navarro 28.08.2019 19:45
A convidada deste Cara a cara é Marina Navarro, deseñadora, modista e propietaria de Melibea Medieval. Esta semana toca Ponte Coqueta e coa mesma traxes de charlestón, cabaret, burlesque ou as icónicas pin- ups e ultiman os encargos para Feira Franca e atenden a quen opta polo aluguer de traxes. Confecciona igualmente traxes de romanos ou castrexos para o Arde Lucus de Lugo; para a Arribada de Bai...
Cara a cara #171: Miguel Filgueira 14.08.2019 45:19
Trece mil catrocentos quilómetros contabilizan a súa última viaxe sobre dúas rodas: Pontevedra - Ulán Bator, capital de Mongolia. España, Italia, Grecia, Turquía, Xeorxia, Rusia, Casaquistán, de novo Rusia e Mongolia. Durante algo máis dun mes foi compartindo esta experiencia en breves vídeos subidos ao seu perfil de Facebook. Neste podcast comparte un diagnóstico humano, xeográfico, paisaxístico,...
Cara a cara #170: Efimer - Itineranta 31.07.2019 12:28
Os irmáns Carlos e Miguel Setó foron os que en 2008 arrincaron coa compañía Efimer en Cataluña. A día de hoxe levan os seus espectáculos de teatro de rúa por España, Europa e Asia; basta dicir como exemplo que recentemente estiveron actuando en Arabia Saudita. Efimer xa estivo na edición de 2015, cando participaron con ese mesmo espectáculo 'Traps', 'De Peluix' e 'The dance of the death' que é o q...
Cara a cara #169: A pirata Lola - María Carrera 24.07.2019 15:39
A actriz María Carrera comparte neste Cara a cara a orixe de 'Valiente' a obra que está a representar en Madrid. O próximo agosto actuará no ciclo de teatro infantil durante as festas da Peregrina con Pinga Teatro e 'La pirata Lola' así como con 'La abeja Tina' na Feira do Mel.
Cara a cara #168: Alberto Lastres. Festival Internacional de Jazz 17.07.2019 28:54
Esta vixésimo sétima edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra ten un marcado son pontevedrés. Así o corrobora Alberto Lastres, un dos organizadores do consolidado evento estival da capital. Dos cinco concertos previstos, o primeiro deles - o 23 na praza do Teucro - e o último - o 28 na praza da Ferrería-, levan o nome de músicos desta capital. Mr River e Gabriel Peso, respec...
Cara a cara #167: Bibiana Bernal 10.07.2019 16:52
Bibiana Bernal está inmersa nun xira de lectura por España e Portugal que a trouxo ata Pontevedra uns días. 'Pájaro de piedra' é o libro máis recente da súa obra, que foi traducida e publicada en grego, inglés, francés e romanés. Ademais en 2017 foi finalista do Premio Nacional de Poesía Ministerio de Cultura de Colombia. Como xestora cultural tamén creou con dieciseis anos a Fundación Pundarika....
Cara a cara #166: Carla Santoro Cernadas 03.07.2019 17:55
Carla Santoro Cernadas partició o pasado xuño, por segundo ano consecutivo, no Campionato de España para atletas con disfuncionalidad visual, que tivo lugar en Segovia. Do mesmo xeito que na primeira ocasión volveuse a traer outras tres medallas de ouro. Metais en salto de lonxitude, 50 e 500 metros lisos. De igual forma regresou a Pontecaldelas con novas marcas persoais e un novo récord nacional ...
Cara a cara #165: Esteban DelaIglesia 26.06.2019 21:52
Esteban Delaiglesia expón 'Como me presento?' xunto ao seu compañeiro de La Diapo Fotografía, Manu Suárez, no Café Moderno de Pontevedra. Explica como foi o making off da mostra fotográfica que se pode visitar ata o 13 de xullo. "Defender a fotografía como acto social e a partir de aí plasmar encontros fotográficos dos que se extraen dezasete historias", ese é o punto de partida deste proxecto no...
Cara a cara #164: Luís Bará 19.06.2019 20:11
Luís Bará accedeu á Corporación de Pontevedra en 1995. Antes fora candidato en Vilaboa. Nas seguintes eleccións, a formación nacionalista accedía ao goberno local por primeira vez, onde seguen vinte anos despois. Estivo na política autonómica durante o bipartito de Touriño e Quintana, entre 2005 e 2009; retomando a actividade municipal como concelleiro non electo en 2011. No seguinte mandato reinc...
Cara a cara #163: Roberto Mansilla e 'A vida nun balón' 12.06.2019 42:13
Que fixo grande a Matthias Sindelar ademais da súa forma de xogar ao fútbol?, por que o Spartak chegou a xogar un partido na Praza Vermella de Moscova?, ou que sucedio en 1967 no Trofeo Luís Otero xogado en Pasarón?. Son historias e anécdotas das que falamos con Roberto Mansilla e que recolle no seu libro 'A vida nun balón' É Licenciado en Estudos Internacionais e Máster en Ciencia Política. Exer...
Cara a cara #162: Roberto Antón e 'Adolescentes 2.0' 05.06.2019 25:23
Licenciado en Psicoloxía, Experto en Programas de Intervención Familiar e Máster en Terapia Breve Estratéxica. Exerce esta formación como psicólogo e como coordinador do Programa de Atención Familiar na Fundación Meniños. Roberto Antón Santiago publicou o seu primeiro libro 'Adolescentes 2.0 Proposta de intervención con adolescentes e familias' e a editorial CCS teralle este domingo 9 de xuño na...
Cara a cara #161: Ana López Durán 30.05.2019 24:18
No Cara a cara falamos con Ana López Durán, profesora da Facultade de Psicoloxía e coordinadora da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos da Universidade de Santiago. Un dos aspectos rechamantes do devandito estudo é que a intervención cos fumadores faise a través da activación conductual, é dicir, modificando e reprogramando as súas condutas. E unha das conclusións que se resolven coa exp...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos