PontevedraViva Radio

Cara a cara

News ES ↓ 635 episodios

'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

PontevedraViva Radio

Categoría

News

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

22 de oct. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Cara a cara #210: Automovilistas e ITV's 21.10.2020

PontevedraVIva Radio pregunta ao presidente da asociación Automobilistas Europeos Asociados, Mario Arnaldo sobre as directrices gobernamentais para a Inspección Técnica de Vehículos e que levou a esta entidade, así como ao colectivo profesional do transporte  Fenadismer, a remitirse ao Tribunal Supremo, reclamando un amparo para os condutores que ven abocados a unha duplicidade no pago destas revi...

Cara a cara #209: Okupacións, con Eloy Artime 14.10.2020

Falamos co avogado, ex decano do Colexio de Avogados de Pontevedra e ex presidente do Consello da Avogacía Galega, Eloy Artime, sobre okupacións. Este pasado setembro o Congreso rexeitaba unha moción que propoñía un endurecemento de penas, axilización das desokupacións e medidas para a poboación vulnerable. Esta negativa, sinala Artime, "contradise" cunhas Instrucións dese mesmo mes, da Fiscalía X...

Cara a cara #208: Javier Mur Isaiz 07.10.2020

Javier Mur Isaiz foi en 2016 Premio Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa, galardón que entrega o Ministerio de Educación e do que foi merecedor polo Proxecto Guillén. Unha experiencia que ademais dun documental, inspirou unha película ficcionada, que agora se exhibe nas salas de cinema e que deixamos á marxe deste programa para centrarnos na innovación educativa.

Cara a cara #207: Manuel Ángel Gil 30.09.2020

Héctor Fernánez, biólogo e Manuel Ángel Gil, enxeñeiro forestal, son dous pontevedreses que emprenden na insecticultura destinada á alimentación de aves, peces e mascotas. A súa materia prima, o Tenebrio molitor, ou verme da fariña. Se a súas perspectivas cúmprense, a mediados do próximo ano poderían estar a pleno rendemento.

Cara a cara #206: Mabel Lozano 23.09.2020

A directora e guionista de cinema social, Mabel Lozano, presenta en Pontevedra o seu último documental: 'Biografía del cadáver de una mujer' unha curtametraxe baseada na historia real de Yamiled, unha muller prostituída e asasinada por denunciar ao que fora o seu proxeneta. A presentación faise coincidir con este 23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres e...

Cara a cara #205: María Soto 16.09.2020

'Disciplina positiva' é unha metodoloxía con máis de catro décadas e argumentación científica. Descarta a pegagodía baseada no castigo ou premio. "E hoxe en día é evidente que non funciona; non estamos a educar, estamos amaestrando", di María Soto, psicóloga e logopeda galega. É formadora ademais nesa 'Disciplina positiva' e faino a través de conferencias, talleres e a través do seu blogue. Acaba...

Cara a cara #204: Bigotes felinos de Poio 09.09.2020

Bigotes felinos de Poio quere conseguir que o Concello apoie economicamente a implantación dun proxecto CES (Captura, Esterilización e Solta) entre as colonias de gatos que viven na rúa. Sara Gómez e Belén Iglesias, son as dúas portavoces que explican a iniciativa. Teñen aberto un perfil de Facebook e Instagram para difundir as súas xestións e que sirva de contacto para máis veciños de Poio que ta...

Cara a cara #203: Fran Jaraba 02.09.2020

O autor pontevedrés Fran Jaraba acaba de reeditar o seu cómic de ficción histórica 'División Azul'. Ademais, esta obra pode converterse en lectura dentro do ámbito educativo en Brasil.  Sen dúbida sería todo un recoñecemento á súa dilatada e premiada traxectoria como historietista. Faceta que compaxina coa de profesor de Secundaria e Bacharelato. Esta reedición abre unha nova colección na Editoria...

Cara a cara #202: Joaquín Domínguez 19.08.2020

As cunchas de vieira poden ser reutilizadas unha vez que o sector da alimentación e conserva os tira. Desa opción de reutilización falamos: o revestimento de paredes; algo que en Galicia desde hai anos e de forma rudimentaria xa se facía. Con todo, como idea empresarial, ata o de agora ninguén o fixo e por iso o cambadés Joaquín Domínguez, rexistrou a marca Shell Pannel e adquiriu a patente.

Cara a cara #201: Daniel Oliveira 05.08.2020

O invitado deste Cara a cara é Daniel Oliveira Fernández, estudante de Ciencias de Actividade Física e o Deporte en Pontevedra, que compaxina coa Enxeñería Electrónica no campus de Vigo. Da conxunción de ambas as facetas sae a iniciativa empresarial na que está inmerso: unha aplicación chamada 'Adestrar desde 0'.

Cara a cara #200: 'El laboratorio mágico' 29.07.2020

Berta Cortez-Lombao é unha bloggera afincada en Pontevedra, que a través das súas redes sociais e da páxina sincerelybe.es fala sobre a infertilidade e a reprodución asistida. Volta a PontevedraViva Radio para falar do seu primeiro conto infantil titulado 'El laboratorio mágico' (editado por Círculo Rojo).  

Cara a cara #199: Paula Cons 08.07.2020

O 24 de xullo 'A illa das mentiras' de Paula Cons estrearase para España na plataforma dixital Filmin. Trátase da primeira longametraxe de ficción da directora galega, quen situou a trama desta película no contexto histórico do afundimento do barco Santa Isabel xunto á illa de Sálvora en 1921. Co inicio de xullo tamén se presentou o tema principal da película,  'Sálvora' composta polos irmáns Pedr...

Cara a cara #198: Raquel Graña 01.07.2020

Raquel Graña es sexóloga, psicóloga y coach educativa, formación que lleva a talleres afectivo sexuales en centros educativos de Galicia. Además es youtuber de éxito: en su canal Íntimas Conexiones cuenta con más de 600.000 seguidores. Acaba de publicar 'Sex On' una guía de educación sexual para adolescentes. 

Cara a cara #197: Sara Castro 24.06.2020

A cantante e compositora Sara Castro edita en formato electrónico o primeiro capítulo do conto ilustrado acompañado de cancións: : 'Todo corazón'.  A súa protagonista é  'Babuxa a  pinga de  auga' coa que gañou o concurso literario da Fundación Acuorum en 2017.

Cara a cara #196: Pablo Piñeiro Taboada 10.06.2020

O prolífico meañés Pablo Piñeiro, agora fincado en Madrid, fálanos da súa última criatura literaria que rompe conceptos nun momento de moitas rupturas e tamén de achegamentos: 'Lo positivo de fracasar en el amor' (Editorial Penguin). Ao tempo fai unha alegación á rebelión do socialmente establecido en canto á forma de relacionarse, sexa afectiva como sexualmente.

Cara a cara #195: Víctor Efrén Castro 11.03.2020

 Víctor Efrén Castro Cereijo presenta o seu primeiro libro de poemas 'Caderno de bitácora. Itinerario dun intranauta desorientado' (Libros Indie). Este mozo pontevedrés non está vinculado ao ámbito das Letras, academicamente falando, claro. É licenciado en Ciencias de Actividade Física e do Deporte, exerce como profesor en Mondariz, adestrador de balonmán e tamén foi xogador da devandita disciplin...

Cara a cara #194: Catalina González Bea 04.03.2020

A muller que foi alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, acompáñanos no Cara a cara. Agora participa nun proxecto de economía circular que está a dar traballo a un colectivo feminino que aglutina en Galicia a case o 67% da súa totalidade, as redeiras. Sumouse á proposta da coruñesa Gema Neira que a través de Cholita Corme converte en complementos, moviliario e ata de adornos do Nadal. 

Cara a cara #193: María Sancho 25.02.2020

María Sancho mergullouse na caligrafía en Estados Unidos, onde exerceu de profesora de Arte. Unha disciplina, que como conta no Cara a cara, tivo o seu renacemento en Inglaterra a comezos do século pasado. Esta calígrafa artística fálanos ademais de tipografías, escritura ou de lettering, que define como "letras debuxadas" e fai esta comparativa: "a caligrafía é como a música en vivo e o lettering...

Cara a cara #192: Kiko da Silva 19.02.2020

O cartel de Ravachol está a ser máis noticia do que habitualmente conleva. A diatriba política ven de poñer en cuestionamiento o procedemento seguido para o deseño desta mensaxe festiva. Por ese motivo, fronte ao inicialmente previsto preguntamos a Kiko da Silva, ilustrador e autor deste cartel, por esta circunstancia.

Cara a cara #191: Ethan Carballo 12.02.2020

Ethan Carballo, ten dezasete anos, é pontevedrés e nos últimos días está desbordado. As chamadas de medios de comunicación interesados pola súa afección son contínuas. Desde os sete anos dedícase a comprar bonecas que resideña. Esta dedicación por coleccionar bonecas e recompoñelas co seu propio peiteado, a súa propia maquillaxe e o seu propio vestiario, a mostra tamén nas súas redes sociais de Fa...

Cara a cara #190: Antonio Rial Boubeta 05.02.2020

Alcol, cannabis, apostas, xogos online, videoxogos, sexting... as condutas adictivas están a producirse a idades cada vez máis temperás e a prevención e reeducación é responsabilidade de todos. Ese é o contexto, "o problema perentorio", en que nos sitúa Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía, profesor da Facultade de Psicoloxía da USC e experto en estudos sobre menores e comportamentos conflit...

Cara a cara #189: Anna Caballé 29.01.2020

Como profunda coñecedora de Concepción Arenal, a escritora, crítica e profesora Anna Caballé Masforroll fala da prolífica galega do século  XIX. A súa obra biográfica 'Concepción Arenal. A camiñante e a súa sombra'  reportoulle en 2019 o Premio Nacional de Historia. Revisamos varias das máximas que defendeu a ferrolá sobre feminismo, relixión ou Dereito penitenciario. Caballé é ademais presidenta...

Cara a cara #188: Manuel Losada 22.01.2020

Manuel Losada é funcionario público. Antes exerceu como escolta. Primeiro para persoas susceptibles de violencia terrorista; posteriormente para vítimas de violencia de xénero. A experiencia e ferramentas de probados e efectivos resultados, proporcionadas do devandito traballo, conducíronlle a escribir o seu primeiro libro: 'Sin miedo a la bestia'. Este pontevedrés, fincado en Vilagarcía, tratou,...

Cara a cara #187: Rosario Álvarez Blanco 15.01.2020

Rosario Álvarez Blanco  pertence a ese grupo de 'primeira muller que', neste caso preside o Consello da Cultura Galega. Tamén é membro da Real Academia Galega desde 2003, foi directora do Instituto da Lingua Galega e é Catedrática en Filoloxía Galega e Portuguesa. O vindeiro 20 xaneiro recibirá o Premio Cidade de Pontevedra 2019

Cara a cara #186: Julio Fowler 08.01.2020

Julio Fowler é cantante, compositor e produtor cubano. O álbum 'Tiempo al tiempo', do que é un dos compositores, levou este pasado 2019 un dos Grammy Latinos. Este xoves 9 ás 21.30 horas ofrece un concerto en directo na Botica, con entrada gratuíta. Alí repasará os seus cinco álbums e estreará un par de cancións. O domingo será no Espazo Nemonon ás 19.00 horas acompañado de Gustavo Almeida.

Escucha el podcast Cara a cara en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos