As Womansplainers

As Womansplainers

Señoras explicando cousas desde 2021. O podcast coas señoras que máis forte opinan do Podgalego.

Autor

As Womansplainers

Categoría

Society

Web del podcast

podcasters.spotify.com

Último episodio

2 de jul. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android 5 M+ de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

Incels 27.06.2024

Que é un incel? De onde saen e como chegan a selo? En que grupo de idade atopamos máis incels? No episodio desta semana mergullámonos nas profundidades de internet da man da Uxía Castro, xornalista e feminista curtida no mundo das redes sociais. Falamos da machosfera, dos seus ídolos, referentes e estándares de comportamento a seguir. Investigando o contraditorio mundo incel analizamos o papel da...

Mares 13.06.2024

Neste último episodio das Womansplaners contamos coa colaboración de María Calvo, oceanógrafa e divulgadora científica.  O mar é vasto e o tempo é pouco, pero abordamos ao noso xeito cuestións como a preservación do medio mariño e o que pode interferir levar a nosa mascota á praia, apañarmos esa cuncha tan vistosa que encontramos ou irmos a unha festa gastronómica. Algúns destes puntos entroncan c...

Libros II (a vinganza) 30.05.2024

Despois do noso episodio coa escritora Pati Janeiro, esta semana abrimos o libro por outra páxina coa editora de Cuarto de inverno, Andrea Jamardo. Adicamos a primeira parte do episodio a falarmos de libros que son prohibidos ou censurados e dos moitos motivos que pode convertir un libro en proscrito, desde o puritanismo até unha ortografía minoritaria, pasando por familias demasiado preocupadas p...

Libros (I) 16.05.2024

Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza. Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB e de clásicos que non se revisan desde a Lei de Villar Palasí. Repasamos os libros en novos formatos -audiolibros, libros electrónicos e outras maneiras de...

Núas 09.05.2024

No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal) . Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo. Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoima...

Alcohol 25.04.2024

No episodio máis recente das Womansplainers abordamos o mundo da cultura do alcohol. Discutimos os impactos que esta substancia ten na nosa sociedade e como está tan integrada ata o punto de ela ser un cohesionador social. A liberdade é realmente poder tomar unhas cañas nunha terraza tal como nola pinta certo sector político? As persoas deciden libremente beber? E que acontece con aquelas que non...

Tabaco 11.04.2024

Pasou case un mes sen episodio das Womansplainers! Esperamos que ao contrario que a Sara Montiel non nos agardasedes fumando. E é que desde 1990, as mortes por cancro de pulmón en mulleres se multiplicaron por catro. Con estas cifras sobre a mesa, por que é que a xente continúa a fumar ou por que comeza a facelo? E que peso teñen os vapers no achegamento da infancia e da adolescencia ao tabaco? Ad...

Bicos 14.03.2024

Sobre bicos hai moito escrito, mais cal é a orixe etimolóxica desta palabra? Dende cando e por que nos bicamos os seres humanos? Facemos un percorrido pola historia dos bicos nas diferentes culturas da man de Laura Veiga, xornalista, divulgadora menstrual e sexóloga. Tamén falamos sobre bicos e normas sociais. Sodes das que vos sentíchedes agradecidas de que durante a pandemia xa non houbese que d...

Discapacidades 29.02.2024

Neste episodio das Womansplainers abordamos o tema da discapacidade. Exploramos este asunto desde varias ópticas coa mellor convidada posible: Carmen Santos Queiruga. Coa súa experiencia persoal e a súa franqueza, percibimos os desafíos da vivencia da discapacidade. Que camiños pode tomar a sociedade para chegar a unha inclusión efectiva? Hai discapacidades máis invisibles? Temos medos coas etique...

Traballo cultural 15.02.2024

Hai quen afirma que non se pode vivir dos libros no noso país, especialmente se quen escribe o fai en galego, mais neste episodio preguntámoslle como o fai a alguén que o consegue con arte e recoñecemento desde hai un par de décadas: a última galardoada co Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño. No ronsel de Virginia Woolf, reflexionamos sobre as interseccións de clase, xénero e creación artís...

Ecoloxismo 03.02.2024

Dende o desastre ecolóxico do Prestige ata o actual desastre dos pellets pasaron moitos anos, pero poucas cousas cambiaron en canto á xestión destes sucesos. Co uso das redes sociais, estas novas espállanse rapidamente, mais as responsabilidades e as medidas de actuación tardan tanto coma sempre en seren tomadas. No episodio desta semana, acompañadas por Sarai,”bióloga de bota e non de bata”, fala...

Móbiles II 20.01.2024

Son as relacións a través do móbil menos reais? Empeoran os smartphones a nosa saúde mental ou tamén poden axudar a mellorala? Hai algunha maneira de que todas as xestións administrativas e financeiras a través de apps non deixen fóra a xente de máis idade? Non será que tamén as máis mozas prefiren un ordenador a un móbil cando hai que facer cousa seria? Todas estas preguntas e, coma sempre, as no...

Móbiles 11.01.2024

Íamos explicar isto todo cun audio de whatsapp, pero decidimos finalmente facer un episodio sobre isto. Neste último programa exploramos como os dispositivos móbiles moldan as nosas vidas dependendo da xeración á cal pertenzamos. Evidentemente, falamos do “último” protocolo educativo ou de como os máis vellos enfrontan desafíos ao se adaptaren á tecnoloxía moderna.  O enfoque máis psicolóxico ou c...

Rural 28.12.2023

Esta semana, as Womansplainers imos á aldea para falar do RURAL con Paki Vaizela. Falamos con ela da romantización das aldeas por parte de quen non vive nelas e de como medrou está tendencia, especialmente desde o grande confinamento. Intentamos definir que é o rural, quen vive nel, por que perde cada vez máis poboación e, especificamente, que problemas temos asmulleres para quedar nel. Tamén dedi...

Reformas 14.12.2023

No episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma. Cal é a diferenza entre reformar e rehabilitar? Que partes dunha casa paga máis a pena reformar? Cales son os SIS e os NONS á hora de facer unha reforma? Falamos de bu...

Marcas 30.11.2023

As Womansplainers mergullámonos no fondo do mundo das marcas neste episodio libre de patrocinios. Exploramos desde o seu poder de influencia ata os segredos por tras dalgunhas marcas icónicas. Coa nosa abordaxe particular, falamos de como as marcas tamén moldan a nosa cultura e percepción, así como do noso relacionamento con elas. Este é un episodio sobre cuestións do noso cotián, que esperamos qu...

Bonecas 16.11.2023

Por que os homes chaman "figuras de acción" ás súas bonecas? Como evolucionou o aspecto das bonecas nas últimas décadas? E para que serven? As Womansplainers estamos de volta!

Rematou a tempada 21.07.2023

Que foi do prometido final de tempada das Womansplainers?

S03E25 - Verbenas 29.06.2023

As Womansplainers xa estamos co modo verán activado e co comezo da nova estación empeza tamén a tempada de festas e verbenas. Odiadas por unhas e amadas por outras, pero gústennos ou non, parte do noso patrimonio cultural. Houbo nos últimos anos unha recuperación das verbenas e das sesións vermú como forma de ocio? Que diferenzas atopamos entre as zonas urbanas e o rural? A música tradicional gale...

S03E24 - ABAU 15.06.2023

Como un bo Maxibon este episodio tamén ten dúas fases: recolle un antes e un despois de Celtia, unha rapaza que nestes días se someteu ás probas da ABAU. Con ela abordamos cuestións como a de se ten sentido aínda facermos estes exames cada ano ou se facemos isto porque non demos con outras opcións. 2º de Bach é un curso que se centra, as máis das veces, no obxectivo de ir ás ABAU, pero é certo que...

S03E23 - Televisión 01.06.2023

Como cambiou a nosa maneira de ver a televisión no s. XXI? Son os realities unha forma superior da realidade, como as ideas son ás sombras na caverna de Platón? Quen ve a televisión en 2023 e por que a vemos cada vez menos? Na compaña de Marta Pérez Pereiro, profesora de Cultura Audiovisual, intentamos dar resposta a estas e outras preguntas. Das antenas parabólicas ás plataformas de streaming, do...

S03E22 - Intelixencia Artificial 18.05.2023

No episodio desta semana acompáñanos a Aida, enxeñeira informática especializada en computación e investigadora de novas tecnoloxías de realidade extendida. A presenza das mulleres no ámbito da tecnoloxía e da enxeñería continúa a ser moi escasa. A pesar disto, contamos con varias referentes no mundo da informática que realizaron importantes achegas que nos gustaría dar a coñecer. Por outra banda,...

S03E21 - Música 05.05.2023

No podcast desta semana discutimos con MJ Pérez sobre os desafíos específicos que as mulleres encaran ao ingresar no mundo da música, especialmente num contexto como o galego. Destacamos a desigualdade e a falta de representación feminina na industria e festivais, alén da escasa visibilidade que reciben os proxectos musicais con mulleres.  Por outra parte, tamén falamos do fenómeno fan e como iso...

S03E20 - Bibliotecas 20.04.2023

Ser bibliotecaria é o traballo soñado de moitas rapazas e por iso convidamos a Cris García, unha "rock-and-roll librarian", a que nos explique algúns segredos da súa profesión. A nosa convidada contounos que hai que facer para converterse en bibliotecaria, por que a xente segue a visitar as bibliotecas nuns tempos en que moitas persoas xa teñen bastantes libros sen ler na propia casa (ti...

S03E19 - Series (II) 09.04.2023

E falando de series, non iamos quedar sen opinar sobre as do país. Fará algún día a TVG novas series que non teñan que ver coa Garda Civil?! A pesar da tendencia actual, series con temas totalmente diferentes que marcaron a toda unha xeración de galegas, pouco teñen que ver con esta temática. Por outra banda, que acontece coas series españolas e que dinámicas son as que seguen de xeito habitual? A...

Escucha el podcast As Womansplainers en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos