AGalegaAudio
As claves do día
Luís Ojea analiza os titulares da xornada
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: agalegaaudio.gal
Autor
AGalegaAudio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
11 de nov. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
As claves do venres día 12-6-2026, con Luís Ojea 12.06.2026 15:42
Luis Ojea fai a súa interpretación dos últimos datos coñecidos sobre as xoias de Zapatero e fala dos actos do Papa en Canarias, entroutras informacións da xornada
As claves do xoves 11-6-26 con Luis Ojea 11.06.2026 13:40
Luis Ojea fai a súa interpretación dos últimos datos coñecidos do caso Leire e fala dos actos do Papa en Barcelona
As claves do mércores 10/6/2026, con Luis Ojea 10.06.2026 14:39
Luis Ojea repasa a entrevista da TVG ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e faise eco das últimas informacións publicadas sobre os casos de presunta corrupción investigados pola xustiza.
As claves do martes 9/6/2026, con Luis Ojea 09.06.2026 9:08
O discurso do Papa nas Cortes e a interpretación que del fan as diferentes forzas políticas
As claves do venres con Luis Ojea 05.06.2026 14:41
O xuíz Pedraz pide información financeira e tributaria do PSOE e do PSC de 2024 e 2025 e a directora da Garda Civil recoñece reunións con Leire Díez pero di que "xamais" para prexudicar a UCO. Declaración no xuizo como acusado de David Sánchez, irmán do presidente do Goberno e do expresidente da Deputación de Badaxoz.
As claves do xoves con Luis Ojea 04.06.2026 16:33
Detalles do sumario do chamado caso Leire, cloacas do PSOE.
As claves do mércores con Luis Ojea 03.06.2026 12:25
Comunicado do CXPX crítico coas acusacións de lawfare. Feijoo no Cercle de Economía. Reaccións ao anuncio de SAIC en Galicia.
As claves do martes con Luis Ojea 02.06.2026 14:08
A Xunta acelera os trámites para que se faga realidade o proxecto da automolística chinesa SAIC -con MG- en Ferrolterra. Feijóo aperta os socios parlamentarios de Sánchez -a PNV e Junts- para que apoien unha eventual moción de censura instrumental que conleve eleccións inmediatas. Fanse oito anos da chegada de Pedro Sánchez á Moncloa tras prosperar a censura contra Rajoy.
As claves do luns con Luis Ojea 01.06.2026 11:52
Pedro Sánchez participa nun acto de XXSS onde fala de "tropezos" , arenga aos seus e chama "marrulleira" á oposición. Os socios dan por "esgotada" a lexislatura. O PP insiste en presionar os socios. Cinco enquisas reflicten que o bloque da dereita se vai aos 200 escanos mentres que o PSOE , malia baixar, ressite pola defenestración do resto da esquerda á esquerda.
As claves do venres con Luis Ojea 29.05.2026 12:05
Comeza o xuízo ao irmán do presidente do Goberno na Audiencia de Badaxoz. O presidente do Goberno anuncia que comparecerá no Congreso ante as noticias de operacións que salpican ao PSOE. Declaran o exministro Fernández Díaz e o seu número dous en Interior como acusados no xuízo Kitchen.
As claves do xoves con Luis Ojea 28.05.2026 17:48
O día despos da entrada da UCO en Ferraz por orde do xuíz Pedra para investigar unha presunta "trama" creada para "desestabilizar de forma sistemática e continuada" as causas xudiciais que afectan o PSOE e o Goberno, sinalando que o "punto de inflexión" foi o período de reflexión que tomou Pedro Sánchez en abril de 2024 por mor da imputación da súa esposa, Begoña Góme...
As claves do mércores con Luis Ojea 27.05.2026 10:50
Xornada na que se agarda que o presidente do Goberno se pronuncie sobre imputación e sumario no que está implicado José Luis Rodríguez Zapatero. Reaccións dos socios e do PP.
As claves do martes con Luis Ojea 26.05.2026 14:34
Levántase o secreto do sumario e van transcendendo detalles da investigación do caso Plus Ultra que salpica a José Luis Rodríguez Zapatero. González pide eleccións este ano e desaconsella moción de censura ao PP.
As claves do luns con Luis Ojea 25.05.2026 17:40
O Deportivo ascende a Primeira División. Festa na rúa e crónica do partido decisivo. Datos dos informes da UDEF sobre José Luis Rodríguez Zapatero. O PNV endurece o ton ante o Goberno por este último caso.
As claves do venres con Luis Ojea 22.05.2026 11:03
Novos datos sobre as presuntas actuacións de José Luis Rodríguez Zapatero. Reaccións de diferentes partidos .Reaccións dos partidos logo de que Gabriel Rufián se postulase a liderar un proxecto das esqueras á esquerda do PSOE nas xerais.
As claves do xoves con Luis Ojea 21.05.2026 13:12
O presidente do Goberno reitera apoio a Rodríguez Zapatero e descarta adianto electoral pero algúns socios empezan a matizar o seu discurso. Morre unha meniña de dous anos en Brión tras quedar no coche ao esqucerse dela seu pai. A denunciante de José Tomé foi aos xulgados a ratificar denuncia.
As claves do mércores con Luis Ojea 20.05.2026 14:37
O xuíz Calama da Audiencia Nacional cita a José Luis Rodríguez Zapatero para o 2 de xuño como investigado por, entre outros, presuntos delitos de tráfico de influencias no caso Plus Ultra. Reaccións.
As claves do martes con Luis Ojea 19.05.2026 11:52
Reaccións ás eleccións de Andalucía, lecturas en clave autonómica e andaluza. O PP quere gobernar en solitario.
As claves do luns con Luis Ojea 18.05.2026 12:13
Detalle e reaccións dos resultados das eleccións autonómicas en Andalucía.
As claves do venres con Luis Ojea 15.05.2026 13:03
Último día de campaña das andaluzas. Koldo García, citado como investigado na Audiencia Nacional négase a declarar. O Bernabeu pita a Florentino Pérez, Mbappé e outros. Ültimo día da visita de Trump na China.
As claves do xoves con Luis Ojea 14.05.2026 12:55
Apupos ao ministro do Interior tras a morte de dous gardas civís en acto de servizo. Recta final da campaña das andaluzas, Koldo García volve á Audiencia Nacional, Florentino Pérez volve á palestra.
As claves do mércores con Luis Ojea 13.05.2026 13:42
Accidente mortal na A-52 en Melón cun camión que fixo a tesoura e cuxo condutor morreu ao caer por un terraplén ao abrir a porta. Inédita comparecencia de Florentino Pérez, presidente do Real Madrid. Novas informacións sobre o amigo de Rodríguez Zapatero e nova información sobre José Luis Ábalos e unha cita con prostitutas en Santiago en 2021.
As claves do martes con Luis Ojea 12.05.2026 12:50
Finaliza o operativo no porto tinerfeno de Granadilla de evacuación das persoas do Hondius onde se detectou un gromo de hantavirus. Primeiro positivo provisional entre un pasaxeiro español. Debate das andaluzas con María Jesús Montero cualificando de accidente laboral a morte de dous gardas civís na loita contra o narco.
As claves do luns con Luis Ojea 11.05.2026 16:11
Operación de desembarco do MV Hondius á espera de que hoxe remate pola tarde. Críticas cruzadas entre Gobernos central e canario. Mitins en Andalucía de Pedro Sänchez e Alberto Núñez Feijóo.
As claves do venres con Luis Ojea 08.05.2026 15:18
Última hora do hantavirus e do protocolo de chegada do barco a augas canarias. Elena Candia xa é alcaldesa de Lugo.
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos