AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Galicia en goles FDS mediodía 07-07-2024 07.07.2024 45:58
Este mediodía o Galicia en Goles repasou a última hora da Eurocopa, a Copa América e a final do preolímpico de baloncesto, na que España buscará o billete para os XXOO de París fronte a Bahamas. Ademis desprazouse a Dumbría para escoitar aos gañadores da marcha cicloturista do Ézaro.
Galicia en goles FDS tarde-noite 07-07-2024 07.07.2024 1:00:55
O Galicia en Goles edición verán deste domingo estivo centrado na comparecencia de prensa de Cucurella, previa á semifinal que enfrontará a España con Francia. Asimesmo soaron voces de varios ciclistas protagonistas no Gran Fondo Ézaro. Ademais a VI edición do torneo de waterpolo de Castrelo de Miño tivo o seu oco no espazo deportivo.
Galicia en goles FDS mediodía 06-07-2024 06.07.2024 46:00
Na edición mediodía do sábado repasaron o post partido España Alemaña e o outro cuarto de final que enfrontou a Francia e Portugal, con vitoria gala. Ademais escoitaron aos protagonistas da selección española de baloncesto.
Galicia en goles FDS tarde-noite 06-07-2024 06.07.2024 5:00:55
Galicia en Goles segue centrado nas competicións do verán. Neste sábado comentaron os dous últimos cuartos de final da Eurocopa, con vitorias de Inglaterra e Países Baixos fronte a Suíza e Turquía respectivamente. Tamén estiveron nos campionatos galegos de atletismo base e no Torneo de balonmán praia en Bueu.
Especial Galicia en Goles Alemaña-España 05-07-2024 05.07.2024 3:00:57
España superou na prórroga aos anfitrións, cun gol de Merino nos últimos minutos, que colocaba o 1 a 2 definitivo. Antes, tamén na recta final do tempo regulamentario, Alemaña empataba o gol inicial de Olmo e mandaba o encontro ao tempo extra. O martes a selección de Luis de la Fuente enfrontarase a Francia nas semifinais da Eurocopa.
Galicia en goles venres 05-07-2024 05.07.2024 55:43
O post partido de España ante >Alemaña e unha ampla conversa co técnico galego Oscar Bruzón, que remata o seu periplo no Kings de Balngladesh, copan o Galicia en Goles da edición do venres.
Galicia en goles FDS mediodía 30-06-2024 30.06.2024 45:58
A Liga ACT de traíñas en Bueu e os campionatos galegos de fondo de ciclismo en Moaña foron dúas das competicións nas que o Galicia en Goles puxo o foco de atención este mediodía. Ademáis analizouse o España - Xeorxia da Eurocopa e as palabras do presidente da Futgal Rafael Louzán sobre as sedes do Mundial 2030 e a distribución dos grupos da 1ª e 2ª RFEF
Galicia en goles FDS tarde-noite 30-06-2024 30.06.2024 6:01:01
O partido da selección española contra Xeorxia dos oitavos da Eurocopa con Roberto Carlos Carballo. José Valtierra e o colexiado Xabi Rodríguez. E no bar Maril de Silleda pendentes con Andrés Vieites pola posible presenza dun Joselu que finalmente non tivo minutos neste partido de oitavos. Escoitamos con Gonzalo Alonso todos os protagonistas da bandeira de Bueu da Liga de Traíñas da mañá.
Galicia en goles FDS mediodía 29-06-2024 29.06.2024 45:58
Ourense acolle todo o sábado un clinic de baloncesto con moitos adestradores aportando ideas. O Galicia en Goles estivo alí e conversou con Hugo López. Ademáis, nesta edición mediodía, repasamos a última hora do fútbol galego, do Tour de Francia e da Liga ACT, que hoxe comeza na Coruña.
Galicia en goles FDS tarde-noite 29-06-2024 29.06.2024 5:00:55
No primeiro sábado da temporada de verán o Galicia en Goles centrou a súa atención no arrinque dos oitavos de final da Eurocopa. Tamén houbo tempo para o comezo da liga ACT de traíñas, os campionatos galegos de ciclismo e a final do torneo de veteráns de fútbol.
Galicia en goles venres 28-06-2024 28.06.2024 56:00
No Galicia en Goles deste venres coñeceron un chisco máis á selección de Xeorxia, rival de España nos oitavos de final da Eurocopa de fútbol. Tamén houbo tempo para avanzar os contidos do clínic de baloncesto que se celebra en Ourense e do resto de actividades na fin de semana galega deportiva.
O Burela, hexacampión de liga 26.06.2024 3:34:10
Andrés Vieites desprazouse ata Burela para contarnos en directo o partido que proclamou ás burelás compo hexacampioas de liga. A previa, a emoción do partido e todas as voces das protagonistas cun Galicia en Goles dirixido por Roberto Carlos Carballo do que tomou a remuda Toni López xa no Contraataque.
España 1-0 Albania 24.06.2024 2:30:58
España cumpriu o trámite diante de Albania. reservando o groso dos titulares das dúas primeiras xornadas xa pensando nos oitavos de final,. Ferrán Torres marcou o gol do partido no minuto 13 ao cruzar un pase en profundidade de Dani Olmo. Comezara moi forte a selección española con ocasións de Merino e o dianteiro de Silleda Joselu. A partir do gol acougou España, que seguiu dominando á inocente A...
Galicia en goles domingo mañá 23-06-2024 23.06.2024 2:16:55
A selección española de baloncesto proclamouse campioa do torneo triangular que se deputou durante toda a fin de semana en Vigo. Este domingo derrotou a China por 70 a 46 no segundo partido preparatorio do combinado de Miguel Méndez de cara aos XXOO de París. Ademáis en Lalín desputáronse os Campionatos de España de Mountain Bike na modalidade de maratón.
Galicia en goles domingo tarde-noite 23-06-2024 23.06.2024 8:01:55
O partido estrela deste domingo no Galicia en Goles desputouse no Helmántico. Ante máis de quince mil espectadores, o Celta C Gran Peña tentou remontar a eliminatoria ante o Salamanca pero non foi quen de conseguilo. O empate a 0 final deulle o ascenso ao equipo charro. Tamén houbo atención especial ao resto de partidos de ascenso, tanto a 1ª como 2ª división e no polideportivo a Radio Galega esti...
Galicia en goles sábado 22-06-2024 22.06.2024 8:01:55
Vitoria e San Tirso convertéronse nos vencedores da Copa Deputación da Coruña femenina e masculina respectivamente. Contouno o Galicia en Goles xunto á xornada de fútbol sala, que rematou co ascenso do Lugo Sala a segunda división. Tamén houbo tempo para o torneo de fútbol base de michel Salgado e o all-star futbolinlugo en Guntín.
Galicia en Goles Especial Futsi-BurelaFS 22-06-2024 22.06.2024 2:15:56
Era un encontro a vida ou morte. Trala derrota do Burela nos penaltis no primeiro envite desputado en Vista Alegre ante o Navalcarnero, o equipo de Julio delgado debía gañar si ou si para manter con vida o soño do título de liga. E así o fixo. Venceu por dous a catro e forzou o terceiro encontro que, de novo, será desputado en cancha burelá.
Galicia en goles venres 21-06-2024 21.06.2024 3:29:58
Este venres arrincou o torneo triangular de baloncesto feminino que desputarán durante tres días a selección española fronte a China e Turquía, para preparar os XXOO de París. O primeiro encontro, con vitoria das de Miguel Méndez ante o combinado turco, contouse no Galicia en Goles. Ademáis houbo atención especial ao rali do Carballiño, á Eurocopa e á previa do fútbol sala.
España 1-0 Italia 20.06.2024 2:01:00
Narrado na Radio Galega cunha selección que tivo moitas ocasións para bater a porta de Donnarumma, que só a viu perforada por un xogador do seu propio equipo. Seguimos esperando polo debú de Joselu. O de Silleda podería ser da partida no intrascendente partido diante de Albania co primeiro posto xa decidido para a vermella.
Galicia en goles domingo mañá 16-06-2024 16.06.2024 2:16:58
Na edición matinal do Galicia en Goles viviron a primeira semifinal, tanto feminina como masculina, da Copa Deputación da Coruña. Ademáis houbo tempo para escoitar a tódolos protagonistas da festa do ascenso do Burela Pescados Rubén e coñecer a última hora da proba da Copa Galicia de ciclismo en ruta desputada no Porriño
Galicia en goles domingo tarde-noite 16-06-2024 16.06.2024 8:01:55
Decisións arbitrais marcaron o encontro que enfrontou en Barreiro a Celta C Gran Peña e Salamanca UDS. A derrota dos olívicos obrígaos a remontar na volta no Helmántico. Ademáis, no Galicia en Goles, contaron as finais das copas provinciais de Lugo e Pontevedra, así como as semifinais na de Coruña e a xornada da Eurocopa de Alemania 2024.
Galicia en goles sábado 15-06-2024 15.06.2024 8:01:57
Burela viviu un sábado de contrastes coa derrota do conxunto feminino no primeiro partido polo título de liga á mañá e o ascenso dos rapaces a primeira división á noite. Entremedias, no Galicia en Goles contaron a vitoria de España ante Croacia no seu debut na Eurocopa e estiveron pendentes dos torneos de fútbol base e do campionato de España de triatlón disputado na Coruña.
Galicia en goles venres 14-06-2024 14.06.2024 3:30:00
Burela vivirá un sábado cheo de emocións xa dende primeira hora da mañá. O conxunto feminino desputa o primeiro partido polo título ante o Navalcarnero mentres que os rapaces conseguirán o ascenso se gañan ante o Antequera. No día previo falaron con todos os protagonistas no Galicia en Goles. Tamén atenderon ao arrinque da Eurocopa de Alemania, ao rally de Ourense, á previa do Salamanca - Celta C...
Galicia en goles domingo mañá 09-06-2024 09.06.2024 2:16:55
O Pazo dos deportes de Riazor volveu vivir unha mañá máxica de hoquei sobre patíns. O Liceo, tras unha prórroga, foi quen de dobregar ao Noia e igualar a dous a serie de semifinais. O quinto e definitivo encontro será na vila catalá o vindeiro martes. Ademáis, nesta mañá dominical, o Galicia en Goles estivo no Campionato Galego de Traíñas en Bueu e no autonómico de BTT en Cuntis.
Galicia en goles domingo tarde-noite 09-06-2024 09.06.2024 5:25:57
O Gran Peña Celta C fixo valer o factor campo e derrotou ao UD Ourense no partido de volta da final da fase galega polo ascenso a 2ª RFEF. Esta vitoria permítelle ao conxunto celeste clasificarse para a rolda final, na que loitará por ese ascenso ante outro equipo do resto de España. Ademáis no Galicia en Goles deste domingo atenderon á final de Roland Garros, con triunfo do murciano Carlos Alcara...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS