AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
30 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Galicia en goles FDS mediodía 24-08-2024 24.08.2024 45:58
Analizamos a vitoria do Celta ante o Valencia, a derrota do Deportivo no Alcoraz e o encontro que enfrontará na Malata a Rácing de Ferrol e Granada.
Galicia en goles FDS tarde-noite 24-08-2024 24.08.2024 7:30:58
O Granada asaltou a Malata cun tanto a falta de cinco minutos para o final do partido. O Rácing de Ferrol non puido así sumar o primeiro triunfo da temporada e suma un punto de seis posibles. Ademáis, na 1ª RFEF, o Ourense CF debutou na categoría empatando a un no Nou Stadi mentres que o CD Lugo caía no Reino de León por dous goles a cero.
Especial GnG Celta-Valencia e Huesca-Depor 23-08-2024 23.08.2024 5:55:58
Cara e cruz para os dous conxuntos galegos do fútbol profesional que disputaron a segunda xornada de liga este venres. O Celta remontou o gol inicial do Valencia en Balaídos para rematar vencendo 3 a 1 e facendo pleno de vitorias no que levamos de temporada. No senso contrario, o Deportivo segue sen sumar tras caer derrotado no Alcoraz por 2 a 1 cun tanto do Huesca no tempo de prolongación.
Galicia en goles FDS mediodía 04-08-2024 04.08.2024 45:58
Bronce con polémica para o púxil galego Emanuel Reyes e resumo dos amigables de pretemporada.
Galicia en goles FDS tarde-noite 04-08-2024 04.08.2024 56:58
Balance da xornada de medallas españolas nos Xogos Olímpicos.
Galicia en goles FDS mediodía 03-08-2024 03.08.2024 45:58
Ribeira pendente de Ana Peleteiro e Previa da xornada de pretemporada galega de fútbol.
Galicia en goles FDS tarde-noite 03-08-2024 03.08.2024 56:58
Victoria do Celta e derrotas de Racing de Ferrol e Deportivo nos amigables da xornada.
Galicia en goles venres 02-08-2024 02.08.2024 56:58
A última hora dos Xogos Olímpicos de París, e o repaso da actualidade futbolística do día.
Galicia en goles FDS mediodía 28-07-2024 28.07.2024 45:58
O remeiro noiés Caetano Horta accede directo á semifinal no dobre scull lixeiro logo de remataren 2º na sua serie, por detrás de Suíza. Escoitamos ós protagonistas dos amigables en Galicia. A Dani Barcia e ó técnico Iago Iglesias no Pontevedra 0 - Deportivo 2, goles de Diego Villares e Hugo Rama. E a Josué Dorrio no Racing Club Ferrol e a Josema Raigal e Moisés Rodríguez no Ourense CF, trala victo...
Galicia en goles FDS tarde-noite 28-07-2024 28.07.2024 56:58
Analizamos os resultados dos XXOO de París cos nosos especialistas. España 90 - China 89, baloncesto feminino, con Cristina Cantero, adestradora do Celta Baloncesto. España 21 - Angola 26, balonmán feminino, con Isma Martínez, adestrador do BM Porriño. e España 1 - Nixeria 0, fútbol feminino, con Manu Sánchez, ex adestrador do Depor feminino. Escoitamos as primeiras declaracións do mexicano Emi Ro...
Galicia en goles FDS mediodía 27-07-2024 27.07.2024 45:58
París 2024. España 25 - Eslovenia 22. Victoria no debut da selección masculina de balonmán. Escoitamos ó cangués Rodrigo Corrales. No remo, o moañés Rodrigo Conde e o catalán Aleix García clasifican directos á semifinal. Escoitámolos. Derrota da selección española de baloncesto masculina. 92 -80 con Australia. A opinión de Roberto Anidos. O RC Celta e Fer López chagan a un acordo de renovación por...
Galicia en goles FDS tarde-noite 27-07-2024 27.07.2024 56:55
París 2024 Chega a 1ª medalla para España. Bronce do xudoka madrileño Fran Garrigós, que participa con licenza galega. Rafa Nadal e Carlos Alcaraz superan á parella arxentina en 2 sets, 7-6 e 6-4, e avanzan a 2ª rolda. Estamos en directo cos amigables de Pasarón; Pontevedra CF - RC Deportivo, e do Couto; Ourense CF - Racing Club Ferrol.
Galicia en goles FDS mediodía 21-07-2024 21.07.2024 45:58
As declaracións de tódolos protagonistas dos amigables do Celta e do Rácing ocuparon gran parte da edición informativa do Galicia en Goles deste domingo. Ademáis escoitamos as previsións do deporte español e galego na voz do presidente do COE Alejandro Blanco e do Conselleiro de Xustiza e Deporte Diego Calvo.
Galicia en goles FDS tarde-noite 21-07-2024 Video 21.07.2024 48:06
A edición vespertina do Galicia en Goles deste domingo desprazouse ata a Ría de Arousa para vivir a segunda proba galega desta fin de semana da Liga ACT de traíñas, tanto na categoría feminina coma masculina. Alí falaron moitos protagonistas, tanto das embarcacións da nosa terra coma remeiros galegos que compiten en clubs vascos.
Galicia en goles FDS mediodía 20-07-2024 20.07.2024 45:58
O Concello da Coruña organizou un acto de presentación da sede mundialista da cidade. Ademais repasaron a actualidade do fútbol galego e a última hora do Tour de Francia.
Galicia en goles FDS tarde-noite 20-07-2024 20.07.2024 56:58
Os conxuntos galegos do fútbol profesional seguen coa súa pretemporada. Esta tarde noite tanto Celta como Rácing de Ferrol solventaron con goleadas os seus compromisos amigables con Mugardos e Vizela respectivamente. O Galicia en Goles estivo contando estes encontros dende o Municipal da Pedreira, na localidade de Ferrolterra e dende A Lomba, escenario do enfrontamento do equipo celeste co conxunt...
Galicia en goles venres 19-07-2024 19.07.2024 56:58
O regreso de Borja Iglesias ao Celta, as declaracións de Iván Villar, a campaña de abonados do Rácing de Ferrol e a última hora dos conxuntos galegos de fútbol de categorías nacionais coparon o tempo da edición do venres do Galicia en Goles
Especial Galicia en Goles España-Bélxica 16-07-2024 16.07.2024 2:15:56
Derradeiro encontro de clasificación para a Eurocopa 2025
Galicia en goles FDS mediodía 14-07-2024 14.07.2024 45:58
Na edición informativa deste mediodía o Galicia en Goles analizou as declaracións previas á final de Berlín entre España e Inglaterra. Tamén falaron Scaloni e Néstor Lorenzo na previa da final da Copa América. En clave galega, escoitaron aos protagonistas do Benfica - Celta de pretemporada.
Galicia en Goles Especial Final Eurocopa 14.07.2024 6:00:58
Nunca antes un país sumou tantos títulos europeos. Catro. Conseguino España nesta Eurocopa 2024, tras facer un torneo perfecto (sete vitorias en sete encontros). A selección de Luis de la Fuente derrotou a Inglaterra por dous tantos a un, nun partido no que se adiantou no arrinque do segundo tempo cun tanto de Nico Williams. Empatou na recta final o conxunto inglés pero, no minuto 88, Oyarzabal an...
Galicia en goles FDS mediodía 13-07-2024 13.07.2024 45:58
Na edición mediodía do Galicia en Goles deste sábado repasaron a previa do Benfica - Celta de pretemporada e a última hora do Rácing de Ferrol e Deportivo. Tamén houbo tempo para analizar o domingo de finais, na Eurocopa e en Wimbledon, con Tinín de la Puente buscando o seu primeiro gran slam. Ademais repasaron a última hora do ciclismo e do Rally Sur do Condado.
Galicia en goles FDS tarde-noite 13-07-2024 13.07.2024 56:55
No Galicia en Goles deste sábado atenderon ao primeiro amigable do Celta nesta pretemporada, desputado ante o Benfica. Ademais escoitaron a Luis de la Fuente e Jesús Navas na roda de prensa oficial de España no día antes da final da Eurocopa ante Inglaterra. No motor , Agustín Conde, a voz do motocross en Galicia, presentou a cita do C. Galego- Asturiano que se desputa o domingo no circuito Jorge...
Galicia en goles venres 12-07-2024 12.07.2024 57:04
No Galicia en Goles do venres fixeron repaso das últimas novas do fútbol galego, co primeiro amigable do Celta ante o Benfica ou os movementos de fichaxes en Rácing de Ferrol e Deportivo. Ademáis Toni López conversou con Tinín de la Puente, tralo seu pase á final de Wimbledon, e con Manu Lorenzo, convocado coa selección española en cadeira de rodas para os XXOO de París
España 2-1 Francia. O pase á final 09.07.2024 3:29:55
Paco Santos dirixiu un programa onde se narrou o pase de España á final. Un golazo do xuvenil do Barcelona propiciou a remonta diante de Francia nun encontro onde o xogador galego de Silleda, Joselu, non tivo participación. Os de De La Fuente suman pleno de vitorias nos seis partidos que xogou atopándose no seu camiño con seleccións punteiras como Croacia, Italia, Alemaña e o rival deste encontro.
Galicia en goles FDS mediodía 07-07-2024 07.07.2024 45:58
Este mediodía o Galicia en Goles repasou a última hora da Eurocopa, a Copa América e a final do preolímpico de baloncesto, na que España buscará o billete para os XXOO de París fronte a Bahamas. Ademis desprazouse a Dumbría para escoitar aos gañadores da marcha cicloturista do Ézaro.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS