AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ Επεισόδια: 698

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Society

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

2 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

A tarde 14-05-2026 14.05.2026

Os coches ás veces convértense nun almacén de trapalladas. Maximino Pérez explícanos que é o que sempre debemos levar e o que non podemos gardar no vehículo e a organizadora profesional Ana Borja axúdanos a ordenalo. Temos o programa cheo de música. Silvia Rábade e Carlos Tajes, Escuchando Elefantes, preséntannos o seu tema en galego "Arder". Tito Lesende traenos novidades de música pop...

A tarde 13-05-2026 13.05.2026

Coñecemos a Pilar Alonso, unha muller que convertiu as obleas nun produto gourmet creando en Meis a marca Xacobleas. Falamos dunha empresa galega que deseña satélites, Kreios Space. O seu director de proxectos, Yago Recarey, cóntanos que están probando aparellos que empregan partículas atmosféricas como combustible. No capítulo musical debullaremos o programa do Festival Cidade de Lugo coa axuda d...

A tarde 12-05-2026 12.05.2026

Imos ao Festival de Títeres de Redondela co seu director Luis Crespo. Homenaxeamos aos profesionais da enfermería e coñecemos a súa realidade con Juan Pablo García, enfermeiro do CHUAC. Comer san non ten por que ser aburrido. Explícanolo Pablo Iserte, que elabora menús especiais para levar en NUTaway, na Coruña. Cada vez hai menos xogueterías. En Lugo acaba de pechar Bazar 095, un establecemento q...

A tarde 11-05-2026 11.05.2026

Virtudes cóntanos a súa experiencia en grandes atascos e Miguel López Crespo, secretario da Unión de Consumidores de Galicia, dinos se podemos reclamar a exención de pagar unha peaxe cando o tráfico está colapsado. A profesora de caligrafía Laura Azahara Gallego ensínanos a escribir ben. Estase introducindo o pagamento con Bizum nas tendas. Iván Carril fálanos das vantaxes e dos seus inconveniente...

A tarde 08-05-2026 08.05.2026

Serven para algo os filtros amarelo e vermello das lentes? Explícanolo o óptico Alexander Dubra. Convidámoslles a facer un roteiro en bicicleta. Guíanos Belén Calahorro, a coordenadora de Eurovelo, a rede transfronteiriza de rotas ciclistas de longa distancia. Imos ata esgos para proibar as conservas artesanais Mareterra. Beatriz Arias preséntanos a súa primeira novela, "Soy la nueva". S...

A tarde 07-05-2026 07.05.2026

Buscamos o mellor bocata e pedímoslle consello a Virtudes, aos oíntes e ao cociñeiro coruñés Javier Barba. Na Pobra do Caramiñal atopamos a Mario Fariña, un profesional da ebanistería que fabrica guitarras eléctricas personalizadas. O naronés Adrián López, "Lode", preséntanos a versión da súa canción "Malo será" que lle dedica ao Dépor. Juan Rodríguez, da empresa Nortempo, expl...

A tarde 06-05-2026 06.05.2026

Os oíntes cóntannos como son os plans que fan cos seus amigos e nós propoñemoslles un, pintar cerámica. Marta Sobral dirixe un establecemento que nos permite facelo. Achégase o Día das Letras Galegas e queremos afondar na figura de Begoña Caamaño, a escritora á quen se homenaxea este ano. Falamos con Lucía Junquera, a directora do podcast "Poñer a voz", no que se reivindica o labor de Be...

A tarde 05-05-2026 05.05.2026

Quen non tivo unha raiada no coche? Imos a un taller para que nos expliquen como se arranxa e canto pode custar a reparación. Falamos con Enrique Cuquejo sobre a escola de parapente que acaba de montar en Baltar, na serra de Larouco. Pulsamos o ambiente na meta da etapa que remata na Coruña da Vuelta Ciclista a España feminina. Raul Villares vai ata Torroña, no municipio de Oia, para asistir a unh...

A tarde 04-05-2026 04.05.2026

O psicólogo especializado en adiccións Antonio Toba explícanos como están cambiando os hábitos do consumo de alcohol. Asistimos en Pontedeume á presentación da "ostra do Ártabro", o proxecto de revalorización da ostra rizada. Jorge López, da confraría de Barallobre, cóntanos como se pretende explotar este recurso e as restauradoras Paula Patiño e Nair González amósannos como elaborar est...

A Tarde 1-5-2026 01.05.2026

Ás portas do día da nai dedicámoslle a elas este programa. Preparamos unha listaxe de cancións coas que homenaxear as nosas nais; pedímoslle asesoramento á propietaria de Entreflores, en Cangas, para buscarlles un agasallo; e falamos do libro "Nais" coa súa autora, Charo Valcárcel. Pasaron xa 20 anos dende que María Reimóndez publicou "O club da calceta". Lembramos con ela esta...

A tarde 30-04-2026 30.04.2026
A tarde 29-04-2026 29.04.2026

Que características ten o pan galego? Onde se elabora? Como podemos identificalo? Ten as respostas María Ángeles Romero, coordinadora da cátedra do pan o do cereal da Universidade de Santiago. Tamén queremos probar o mellor queixo de España e para iso imos á queixería Airas Moniz de Chantada. Na Coruña atopamos tres mozos con síndrome de Down que acaban de independizarse e comparten un piso alugad...

A tarde 28-04-2026 28.04.2026

Pasou un ano dende a gran apagada, o día en que toda España quedou sen electricidade. Preguntámoslle aos oíntes como viviron aquela xornada. Cóntanolo tamén o bombeiro da Coruña David Hermida. O historiador e divulgador David Gesteira explícanos como vencellamos os nosos recordos a acontecementos históricos. Visitamos en Vilaboa o obradoiro do luthier Martín González. O autor de libros xuvenís Fra...

A tarde 27-04-2026 27.04.2026

Antonio Ulloa, director dunha escola de formación de emerxencias, danos unha clase de primeiros auxilios. Asistimos na Coruña ao Campionato de Galicia de Tortilla de Patacas. Falamos co seu organizador, Rafael García, e con participantes. Visitamos en Vigo La Canalla, o obradoiro integral de creación téxtil onde os irmáns Soto, Fran e Patricia, deseñan roupa con material reciclado. Andrea Jamardo...

A tarde 24-04-2026 24.04.2026

Temos un programa moi doce porque falamos en Narón coas irmás Ana e Beatriz, que acaban de abrir unha tenda especializada en gofres belgas, e porque estaremos en Sugaryclub, un establecemento da Coruña dedicado á repostería creativa. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, convídanos á Festa da Lamprea. Escoitamos as queixas dos veciños da parroquia de Cedeira, en Redondela, sobre a chapuza realizada polo...

A tarde 23-04-2026 23.04.2026

No Día do Libro pedímoslles aos nosos oíntes que nos recomenden unha lectura; falamos con Ismael Ramos, flamante gañador do premio O. Henry de relato curto; e coñecemos con Xermán Torres, a Asociación Mesa das Verbas de Vilagarcía. No programa abordamos o problema da falta de relevo xeracional no campo galego en conversa con José Manuel Rus, coordinador da Mostra de Exposición de Muimenta. Coñecem...

A tarde 22-04-2026 22.04.2026

Manuel Capeans, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra, explícanos como un helicóptero rescatou seis tripulantes dun veleiro a 300 kilómetros da costa galega. Visitamos o Museo Galego do Entroido en Xinzo. Guíanos o seu responsable, Carlos Martínez, e César Fernández fálanos da exposición de cornamusas que acolle estes días. A xornalista Marta Coira coméntanos comportamentos pouc...

A tarde 21-04-2026 21.04.2026

Coñecemos a Valentín Insua, o campaneiro da catedral de Mondoñedo, que nos fala tamén da asociación cultural Pedregás, que divulga o patrimonio da comarca mindoniense. Henrique Dacosta preséntanos a súa novela "Mortes con argumento", que está ambientada en Ferrolterra. Escoitamos con Gabri Reigosa, un dos compoñentes de Dakidarría, a canción que lle compuxo a súa filla. O escritor e prof...

A tarde 20-04-2026 20.04.2026

É boa a comida que ofrecen os colexios? Preguntámosllo a María Lois, responsable de Jardonay, unha empresa da Coruña que elabora cada día 9 mil menús escolares. Falamos con Andrea Nunes e Leticia Citoula, as coordenadoras do libro colectivo "Razóns de peso", unha denuncia da gordofobia. O presidente dos hostelerios de Vigo, César Sánchez Ballesteros, danos a súa opinión sobre a taxa turí...

A Tarde 17-4-2026 17.04.2026

O artesán Borxa Neves explícanos como forxa espadas no seu obradoiro de Vedra. Pepe Cabo convídanos á Feira de Artesanía do Ferro de Riotorto. Mercedes Prado descríbenos o ambiente que se vive na Coruña coa arribada de 8 mil cruceiristas. Visitamos en Ourense a exposición dedicada ao fotógrafo José Suárez da man do comisario da mostra, Carlos López Bernárdez. A presidenta da cooperativa Bico de Gr...

A tarde 16-04-2026 16.04.2026
A tarde 15-04-2026 15.04.2026

Como debemos limpar os nosos oídos? Son útiles as fórmulas que se venden? Preguntámosllo ao farmacéutico Iago Regueira. Francisco Meis preséntanos o último burro fariñeiro nacido na illa da Toxa. En Vilalba Xavier Pérez fálanos do asilo para cabalos de competición que abriu na aldea de Goiriz. Visitamos L'Angurrieta, un negocio de comida preparada que abriron en Ferrol un sevillano e unha arx...

A tarde 14-04-2026 14.04.2026

Narramos a primeira etapa da proba ciclista O Gran Camiño. Felicitamos a Ismael Ramos, flamante gañador do prestixioso premio O. Henry para relatos breves. Pulsamos o estado de ánimo da cantante Sabela Ramil tras coñecer que é candidata dos premios da Academia da Música de España. Presentámoslles a Abel Sotelo, un mozo de 22 anos que dirixe unha explotación agrícola de 60 hectáreas na Limia. Crist...

A tarde 13-04-2026 13.04.2026

Xogamos? Os oíntes dinnos cales son os seus xogos de mesa favoritos. En Vilanova de Arousa existe unha asociación que reune aos afeccionados a este tipo de entretemento. Chamase "Masqueparchís" e conversamos cun dos seus membros, Daniel Martínez. Visítannos dos dous compoñentes da Ukestra do Medio, Alberte Leis e Carlos Gómez, para presentarnos o seu novo disco, "De aquí e de acolá&...

A tarde 10-04-2026 10.04.2026

Madrugas ou trasnoitas? Falamos con oíntes que teñen horarios de traballo pouco comúns e preguntámoslle aos nosos compañeiros Pepe Capelán e Alexandra Tojo como conseguen conciliar a súa vida coa súa xornada laboral nocturna. Coñecemos a un percebeiro Tiktoker, Raul Patiño, "Chiño". Achegámonos á figura de Ramón Otero Pedrayo da man da profesora Patricia Arias. A escritora Nerea Pascual...

Άκου το podcast Todos os podcast | A tarde στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS