Radio Valladares

As fillas do café

Society GL ↓ Επεισόδια: 266

Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com

Δημιουργός

Radio Valladares

Κατηγορία

Society

Ιστοσελίδα του podcast

www.ivoox.com

Τελευταίο επεισόδιο

29 Σεπ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

#fillasdocafé Magas na historia 29.09.2026

Conversamos con Sara de Magia en la Manga de como comezou neste mundo máxico e de como foi descubrindo outras mulleres magas e acabou por montar un espectáculo para ilas coñecendo.

#fillasdocafé As linguas, a literatura e a súa traducción. 25.09.2026

Diso falamos coa profesora da UVigo Blanca Miranda, unha das organizadoras da semana que as celebra cunha chea de eventos. Ademáis, conversa coa plataforma cidadá Salvemos a Barroca.

Xardín exótico & comida exótica 18.09.2026

Así vai este #fillasdocafé. Paseamos pola Fundación Sales, que case ten o millar de plantas que se precisan para ser xardín botánico e conversamos con Patricia, a bióloga, e Elizabeth, a presidenta do patronato da fundación. E con uns e con outros falamos na explanada do Náutico degustando sabores do mundo e coñecendo xente diversa.

Xornalistas na parroquia 11.09.2026

Anécdotas do oficio de xornalistas coa última 'fornada' deles na parroquia. De como foron as primeiras prácticas, os medios polos que andan agora... con Lara, Alexia e Pocho. Os 3 tamén tocan na banda.

Paseo polas biblios e clubes de lectura 04.09.2026

Conversa coa escritora e profe Marila, que dinamiza o clube de lectura da Neira Vilas. E con Anxos Iglesias, que atoupou na de Valladares o recuncho ideal para actividades arredor dos libros.

Proxecto Cangueiras & Constance Horbé 28.08.2026

Ides escoitar historias de mulleres da vida cotiá. As de Cangas que se recollen no proxecto Cangueiras da Illa dos Ratos. As de Bouzas, que se recollen no proxecto 'Elas, as de Bouzas'. E a da propia Constance Horbé, sobre a peza artística que combina teatro, danza e música e que prepara na residencia artística neste auditorio.

Xardiñeira no parque de Castrelos 20.08.2026

Conversa con Celita Tacones que, ademáis de ser a primeira muller barrendeira de Vigo, pasou moitas tempadas coidando os xardíns da Finca da Marquesa.

Campamentos de verán & Elas, as de Bouzas & Outras brasilidades 14.08.2026

Neste #fillasdocafé un popurrí. Como se organizan os campamentos de verán no centro veciñal de Valladares. 'Elas, as de Bouzas', historias de vida dalgunhas mulleres da vila. 'Outras brasilidades', 19 artistas contemporáneos que contan o Brasil dende a súa particular achega á arte.

Iniciativas no centro veciñal de Valladares 07.08.2026

#fillasdocafé con iniciativas de acompañamento ás mulleres en risco de exclusión. E outras lúdicas, a festa do socio. O centro veciñal tamén acolle a ORAL, algúns dos regueiferos asociados pasaron por Trovalia.

Muller e escalada & Muller e arquitectura 31.07.2026

Neste #fillasdocafé conversamos sobre a carretera de Valladares como espazo a medio camiño entre carretera de tránsito e camiño de convivencia veciñal coa arquitecta da parroquia, Laura Fernández. Ademáis, comparte con nós a experiencia de abrir vías de escalada en Angola a paraescaladora viguesa Bea Gándara, que formou parte da expedición ‘Abriendo caminos’ da Federación Española de Deportes de M...

Torneos fútbol de verán 24.07.2026

Voltiña polo torreiro para falar cos equipos que van xogando estas noites de verán.

VigoSaxforum podcast 07.07.2026

Percorremos a historia do saxofón e descubrimos algunhas mulleres saxofonistas, as primeiras e as non moi coñecidas.

'El linaje del cormorán' & Meleiras do Suído 02.07.2026

A primeira novela de aventuras de Lucía Román e o proxecto apícola no que está metida Fátima Estévez.

Beyond Suncare & ‘Ride the inclusion wave’ 18.06.2026

Imos conversar sobre o albinismo en África con Mafalda Soto, unha das fundadoras de Beyondsuncare, aproveitando a expo ‘Iguais baixo o sol’, que andivo estas semanas pola cidade. Ademáis, encontro europeo de terapeutas e surf adaptado en Patos. Unha vintena de diferentes especialistas en inclusión comparten experiencias estes días no clube Quenlla.

'Sons de Mulleres' & D'Alba 11.06.2026

Coñecemos un roteiro pola cidade que nos comproba a aportación da muller na historia de Vigo ‘Sons de Mulleres’. E además, visitamos o centro de día da Garrida, onde algunhas mulleres achegan lembranzas da súa historia de vida.

Todo moi natural 24.10.2025

Neste #fillasdocafé escoitaremos ós esquíos do Monte Alba e coñeceremos ás árbores dos dinosaurios, ademáis de plantas máxicas no xardín da Fundación Sales.

…o programa do martes 17.10.2025

Neste #fillasdocafé entramos nos institutos de investigación sanitaria de Vigo e Santiago a coñecer algo da ciencia que aí se fai. E un libro, ‘Comerás flores’.

Historias da cidade 10.10.2025

Neste #fillasdocafé, 'Barrios, bloques y basura' e 'Los incorregibles', os libros da historietista de New York, Julia Wertz. E máis historias, as que recollen no Instituto de Estudios Vigueses.

+ Libros 03.10.2025

Nesta ocasión un par de libros para #fillasdocafé. Os da autora Amelie Nothomb e o seu traductor Sergi Paimes. E o da editorial Belagua, ‘En la penumbra de un jardín extraño’.

Vigo noir 26.09.2025

#fillasdocafé de paseo con xente que escribe libros e os ambienta na cidade.

Libros para leer e mais paseo polo Cinbio 19.09.2025

Ides escoitar neste #fillasdocafe o paseo polos laboratorios de nanotecnoloxía no Cuvi e mais unha recomendación de libros: ‘Fármaco’ e ‘Atmósfera de bulos’.

‘Aférrate a la vida’ & Os xudeus no medievo en Galicia 12.09.2025

Neste #fillasdocafé, conversa coas traballadoras sociais do programa ‘Aférrate a la vida’ de Alborada e mais unha idea de paseo, seguindo o libriño de Aira Editorial ‘Rutas polo pasado xudeu de Galicia’.

Luns de San Campio 05.09.2025

Neste #fillasdocafé, de paseo polo torreiro o luns de San Campio agardando ás carrozas.

Rondallas 29.08.2025

Algo de historia das rondallas no val do Fragoso e mais no da Louriña para este #fillasdocafé

‘Elas. As de Bouzas’ 22.08.2025

‘Elas. As de Bouzas’. A historia de 30 viciñas do barrio. E unha recomendación literaria, un par de libros de Cecilia Fernández Santomé: ‘Unha rapaza de provincias’ e ‘As despedidas’.

Άκου το podcast As fillas do café στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS