AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
2 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A tarde 18-06-2026 18.06.2026 3:55:31
Vivimos A Tarde no monte do Gozo para asistir ós últimos preparativos e ó arranque do festival O Son do Camiño 2026. Transmitimos o ambiente previo e a enerxía dos asistentes coas distintas actuacións, especialmente co primeiro concerto, o do galego Habló Pablo. Nos minutos previos contounos a ledicia de formar parte do Son do Camiño por primeira vez e da súa escolla para esta actuación. Disfrutam...
A tarde 17-06-2026 17.06.2026 3:56:54
Coñecemos a aldea fantasma de Chaioso, unha celebración de medo que ten lugar nesta poboación de Maceda a mediados de agosto. Emiliano Rodríguez, un dos organizadores, cóntanos que arredor de cen veciños se caracterízan para converterse en criaturas e personaxes terroríficos e transformar esa pequena aldea nun lugar cheo de sorpresas arrepiantes. A festa leva celebrándose dende hai máis de 20 anos...
A tarde 16-06-2026 16.06.2026 3:56:57
Cómo se chegou á actual crise da vivenda en España? Hai solucións para que as xeracións máis novas recuperen o dereito a vivir nunha casa, sen afogamento económico e sen a incertidume do aluguer? O sociólogo e investigador do CSIC Javier Gil asegura que todo se debe á especulación de grandes investidores e fortunas, endurecida coas leis do Goberno de Mariano Rajoy para favorecer a entrada dos gran...
A tarde 15-06-2026 15.06.2026 2:41:51
Desprazámonos a Burela para asistir ó festival "De cabo a cabo", que se celebra coincidindo co partido entre a selección española e a de Cabo Verde no Mundial de Fútbol. Conversamos coa alcaldesa, Carmela López, sobre o modelo de integración de Burela, unha localidade de 10.000 habitantes con persoas de 52 nacionalidades. A alcaldesa explica que o festival responde a presenza de caboverd...
A tarde 12-06-2026 12.06.2026 3:56:57
As verbenas e os festivais multiplícanse en Galicia coa chegada do bo tempo e especialmente coa entrada no verán. O director do Combo Dominicano, Cirano Núñez, fálanos do boom da verbena galega fora da nosa comunidade e da experiencia desta banda nos 20 anos transcorridos dende a súa chegada a Galicia. Coñecemos tamén as novidades da xira "Energy Tour", que levará os ritmos caribeños por...
A tarde 11-06-2026 11.06.2026 3:56:58
Coa chegada do calor intenso moita xente opta pola praia pero outra moita soña con ter unha piscina na casa. Nesta altura do ano ainda é posible contratar a construcción dunha piscina para o verán? Cánto nos pode custar? O xerente do Grupo Spazi Aguasport, de Carral, respóndenos e lanza recomendacións sobre o seu mantemento. A banda coruñesa Apolo 18 preséntanos o seu primeiro EP, titulado "I...
A tarde 10-06-2026 10.06.2026 3:56:55
As excavacións no castro de Montes Claros, en Laracha, ofrece novas sorpresas. Puri Soto, responsable do estudo arqueolóxico, coméntanos os traballos realizados na última campaña, como a excavación nun barrio extramuros e a aparición dun edificio grande circular con tumbas. Esta arqueóloga asegura que Montes Claros cobre o baleiro existente ata agora na investigación de castros dos ártabros e brig...
A tarde 09-06-2026 09.06.2026 3:56:53
As lambetadas tamén poden ter beneficios para a saúde. Falamos con Mercedes Toscano, cofundadora da fábrica Milimelis de Nigrán, a única empresa galega de elaboración de lambetadas funcionais. Ela explícanos as vantaxes destes produtos, que incorporan fungos, vitaminas, melatonina e outros suplementos para o noso corpo. Coñecemos detalles da segunda edición de XoGal en conversa con Cintia Lomba, a...
A tarde 08-06-2026 08.06.2026 3:56:54
Orientarse ben é algo natural ou tamén podemos entrenar esta capacidade? A presidenta da Federación Galega de Orientación, Sonia Gómez, cóntanos o tipo de probas e os instrumentos que se poden utilizar nas carreiras polo monte ou nas cidades. Non se trata só de correr, senon de concentrarse e focaliza-la atención. En Galicia xa se fabrica kombucha e a iniciativa parte de Casa Grande Xanceda, a gra...
A tarde 04-06-2026 04.06.2026 3:56:59
O presidente da Asociación de Produtores de Patacas de Coristanco, Juan Sanjurjo, fálanos das condicións para que este produto se conserve adecuadamente. Aclara dúbidas sobre as patacas con manchas negras, pel verde ou engurrada e as que presentan gromos ou xirimolos. Manexar simuladores de voo, facer deseños aeronauticos ou iniciarse na impresión 3D son algunhas das posibilidades que ofrecen o ca...
A tarde 03-06-2026 03.06.2026 3:56:54
Preparámonos para asistir á Festa da Sidra da Estrada coa axuda de Jesús Armenteros. Bruno de Llano convídanos a nós sumar ao Proxecto Libera para participar na campaña de recollida de lixo na natureza. Coñecemos todo o proceso de producción dos pementos de Herbón con Antonio Martínez. Estes días organízanse numerosas viaxes para ve-lo Papa na súa visita a España. Falamos con Luis Varela, director...
A tarde 01-06-2026 01.06.2026 3:56:54
É máis saudable o leite de vacas que pastan no exterior? O leite sen lactosa pode ser bo para todalas persoas? Sabemos as diferencias entre un leite UHT e un pasteurizado? No Día Mundial do Leite resolvemos algunhas dúbidas sobre este alimento con Manuel Gómez, técnico superior de investigación da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC. A OCU asegura que o 98 por cento dos espa...
A tarde 29-05-2026 29.05.2026 3:56:57
A ría de Vigo, fronte a praia de Samil é escenario da parada naval celebrada na véspera do Día das Forzas Armadas, coa participación dun portavións, varias patrulleiras e outras embarcacións. Contamos cómo o Rei pasaba revista a bordo do buque Audaz e despois baixaba ó areal de Samil. Dende alí a súa Maxestade, acompañado de altos mandos do exército e autoridades, asistiu a unha exhibición de mano...
A tarde 28-05-2026 28.05.2026 3:56:05
A saúde do sistema dixestivo está intimamente relacionado cos procesos emocionais. A bióloga e terapeuta nutricional Rosana Alonso asegura que na maioría das veces a fame que sentimos é fame emocional. Culpa, ira, estrés, ledicia ... calquera estado emocional desencadea unha resposta hormonal, que afecta a distintas partes do corpo, por exemplo, o estomago ou o intestino, considerado xa coma outro...
A tarde 27-05-2026 27.05.2026 3:56:51
¿ Á hora de mercar calzado hai que fixarse unicamente na estética ou debemos ter en conta as características do zapato? O podólogo Nabor Pereira, recoméndanos optar por zapatos respetuosos coa forma do pé, unha altura máxima de tacón e unha amortiguación lixeira. Este podólogo fala dos inconvenientes das chanclas, dos "barefoot" e da laca permanente nas unllas dos pes. Conversamos con Ja...
A tarde 26-05-2026 26.05.2026 3:56:09
¿Son inocuas as novas fórmulas que as empresas tabaqueiras sacan ó mercado como unha forma de deixa-lo tabaco? No Día Mundial do Tabaquismo, Carlos Rábade, da Sociedade Española de Pneumoloxía, explica o perigo dos vapeadores, do tabaco quentado e das bolsiñas de nicotina. Este médico advirte de que estes productos poden causar máis dano á saúde que o tabaco tradicional: problemas no sistema respi...
A tarde 25-05-2026 25.05.2026 3:56:35
Achegámonos ó ambiente que se vive na Coruña tralo ascenso do Deportivo á Primeira División. Opinións e ledicia dos coruñeses ante este regreso do Depor e primeiras palabras da alcaldesa, Inés Rei, no recibimento oficial da cidade ó equipo. No Día Mundial das Manchas Cutáneas, a dermatologa Marta Prieto explica que a exposición ó sol é a causa da maioría dos lunares e insiste na necesidade de conv...
A tarde 22-05-2026 22.05.2026 3:56:57
Quen é Marasmo? Falamos con este cantante e productor galego que se mantén no anonimato e que actúa oculto tras unha máscara. Cantometrix presenta o seu disco "Efémeras". Acompáñannos para falar del duas das compoñentes deste quinteto, Marina Fernández Vigo e Sandra Pérez. Visitamos en Vilalba unha fábrica de fariña que mantén Eduardo Carreira, terceira xeración de muñeiros. A farmacéuti...
A tarde 21-05-2026 21.05.2026 3:56:05
Na casa debemos ter sempre ferramentas, ou non?. Preguntámoslle a un veterano ferreteiro ferrolán, Luis Rey, se os mozos mercan ferramentas ou se é certo o tópico de que as mulleres nunca as utilizan. Imos ata Lugo para que Carmen Fuenteseca nos explique en que consiste o proxecto educativo alternativo Bosquea. En Pontevedra revisamos o mobiliario urbano do futuro que se expón na praza de Barcelos...
A tarde 20-05-2026 20.05.2026 3:56:52
Como mellorar o noso tránsito intestinal? Preguntámosllo á farmacéutica e nutricionista Patricia Alonso. Visitamos en Silleda as instalacións de Trasdeza Natur, unha empresa que elabora froita deshidratada. O escritor Arturo del Burgo preséntanos a súa novela "Malditos". Celebramos o nacemento da compañía teatral Torta Torta, creada porAreta Bolado e Ailén Kendelman. Mondoñedo quere ser...
A tarde 19-05-2026 19.05.2026 3:56:57
Imos ata Marín para ver unha películo nun cine que comezou a funcionar en 1943. Falamos con Perfecto Carballo, propietario desta sala, unha das máis antigas de España. Paula de la Fuente cóntanos como evitar que a nosa mascota teña sobrepeso e que facer para tratalo. Comentamos co director do Hospital Veterinario Rof Codina, Antonio Cantalapiedra, a próximo apertura dun cemiterio para mascotas en...
A tarde 18-05-2026 18.05.2026 3:56:57
Que hai de certo na afirmación de que os cans son sempre leais aos seus donos? Responde Octavio Villafala. Suso Liste, da Asociación Cultural Insua de Viastela, cóntanos a historia do pecio afundido fornte á praia de Arnela, en Corme. Presentamos un festival da canción dirixido ás persoas xordas, un certame en lingua de signos que se desenvolve en Tui e que se denomina "A túa voz nas miñas ma...
A tarde 15-05-2026 15.05.2026 3:56:55
Falamos cos oíntes de compras compulsivas, da necesidade irrefrenable que algunhas persoas senten de gastar cartos nas tendas, da adquisición irracional de produtos que non necesitamos. Coñecemos da man de Alejandro Pena a Festa das Carrozas de San Cidre que se celebra en Boqueixón . Na Semana do Patrimonio Invisible da Coruña percorremos o IES Eusebio da Guarda. Visitamos a Feira do Libro de Lugo...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS