AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
2 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A tarde 22-05-2025 22.05.2025 3:56:58
Hai persoas ás que "lles custa" devolver as cousas que lles prestan. É un hábito extendido? Preguntámosllo a alguén que presta a diario, a directora da biblioteca pública de Pontevedra, Pilar Fernández. David Ballesteros cóntanos como é o campamento de verán que organiza a Tecnópole de Ourense no que se ensina a pilotar drons e avións. A ecoloxista Mari Diaz fálanos dos cirrios que neste...
A tarde 21-05-2025 21.05.2025 3:56:56
Comezamos a operación bikini coa humorista Uxía Hermida. Natalia Silva, alma mater da empresa Bluesilk de Baños de Molgas, preséntanos a súa liña de produtos cosméticos para mascotas. Kike Magdalena volve a Rodeiro para informarnos das mostras de solidariedade recibidas pola familia que perdeu o seu gando pola acción dun lóstrego. Falamos con tres cociñeiros galegos, Orlando Pérez, Javier Outomuro...
A tarde 20-05-2025 20.05.2025 3:56:51
A profesora de sicoloxía da USC, Patricia Gómez, alértanos sobre o risco de adicción ao uso do móbil. Coñecemos a unha gandeira de Melide que ademais é "agroinfluencer", Lucía Casal. Explicamos como é a campaña Activa Comercio. Achegámonos ao Museo de Historia Natural de Santiago para saber máis das abellas. A fundadora de Amalgama Silvestre, Andrea Fernández, preséntanos unha crema sola...
A tarde 19-05-2025 19.05.2025 3:56:57
O anuncio da comercialización de "papel hixiénico reutilizable" lévanos a falar de reciclaxe con Bruno de Llano, de Ecoembes. Conectamos coa radio escolar do IES Ribadelouro do Porriño. Pulsamos a opinión dos hosteleiros de Compostela sobre a taxa turística aprobada polo Concello. Coñecemos a iniciativa dos perruqueiros da Coruña que lle ofrecen cortes de pelo gratuitos a persoas vulnera...
A tarde 16-05-2025 16.05.2025 3:56:59
Programa eminentemente festeiro no que o alcalde de Celanova, Antonio Puga, nos fala da Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, das carrozas de San Cidre. Pulsamos o ambiente en Basilea na véspera do Festival de Eurovisión con Ricardo Saavedra, Lucía Pérez e Borja Santamaría. O director da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Fo...
A tarde 15-05-2025 15.05.2025 3:56:54
O detective Gonzalo Solís fálanos da súa experiencia investigando infidelidades de parella. A presidenta da Asociación Cosmética galega, Ariana Fernández, presenta en sociedade a agrupación. Falamos con outro presidente, o da Sociedad Española de Ortodoncioa, Juan Carlos Pérez Varela. Visitamos o obradoiro de instrumentos tradicionais de percusión que ten en Laza Héctor Salgado. Coñecemos a unha v...
Atrapados no ascensor 15.05.2025 10:47
O apagamento do pasado 28 de abril deixou cantidade de xente atrapada en ascensores Falamos con Ángeles Ríos, presidenta de Asociación Empresarial Galega de Ascensores
A tarde 14-05-2025 14.05.2025 3:56:54
O experto en programación neurolingüística José Ramón Guinarte explícanos por que non temos lembranzas de cando eramos bebés; por que modificamos os recordos da infancia e se é posible borrar a memoria. Coñecemos unha empresa galega que fabrica iogures para mascotas conversando co seu responsable, Pablo Gómez. Percorremos a catedral de Ourense guiados por Virginia Osorio. Entramos na plataforma da...
A tarde 13-05-2025 13.05.2025 3:56:50
O martes 13 falamos da mala sorte. Carlos Gabriel Fernández explícanos a orixe dalgunhas supersticcións. Tamén é o Día Internacional do Humus. Hai duas empresas galegas que o producen de xeito moi orixinal, Calabizo e Algamar. Edurne Sendra e Sergio Bahamonde cóntanos como o elaboran. O doutor Luis Cadarso fálanos da presbicia. Visitamos un orixinal museo na localidade ourensá de Piñor que estará...
A tarde 12-05-2025 12.05.2025 3:56:49
Recopilamos frases clásicas das nais. Falamos con "Olivia sen hache", a boirense que o peta en Tik Tok. Lucía Pardal amósanos o "bosque comestible" que se está creando no municipio ourensán da Bola. Celebramos os cincuenta anos da Escola de Gaitas de Ortigueira co presidente da agrupación, Bruno Lozano. Falamos cunhas alumnas do campus de Ferrol que fixeron uns traxes de época...
A tarde 09-05-2025 09.05.2025 3:56:53
Por que se perden os calcetíns nas lavadoras? A resposta dánola Carolina Sampedro, encargada dunha tenda de electrodomésticos. Imos a Friol para que a concelleira de Cultura, Maria Buján, nos fale da Festa castrexa Friulio e á Coruña para saber que Xosé Aldea nos conte que nos ofrece a Feira de Animais domésticos Pata-Pata. Celebramos as tres décadas de vida do Centro Superior de Hostelería de Gal...
A Tarde 8-5-2025 08.05.2025 3:17:09
Mentres agardamos a "fumata branca" falamos doutros asuntos. Comentamos co presidente da Asociación de Hostelería de Lugo, Cheché Real, a iniciativa dalgunhas cafeterías de gravar as consumicións dependendo do tempo que se pase no establecemento. Eva Cendón, da Asociacióbn de Concesionarios de Automóbiles de Ourense preséntanos o Car Outlet Expourense. Da man do profesor Pedro Martínez c...
A tarde 07-05-2025 07.05.2025 3:56:58
Mentres agardamos cos nosos enviados especiais a Roma a fumata branca o noso colaborador Agustín Vázquez convídanos a coñecer a cidade eterna. Miguel Fernández, xerente da tenda Sleepers, desvélanos como se aplican novas tecnoloxías na fabricación de colchóns. Yolanda Albelda fálanos do aumento do traballo nas clínicas de medicina estética. Na Coruña interesámonos polos cambios na estatuta de Marí...
Alcolock e coches GLP e GMC 06.05.2025 3:56:58
Maximino Pérez apréndenos que son os coches GLP e GMC e mailo alcolock. Repasamos o balance da sinistralidade viaria na Semana Santa e averiguamos por que xente de toda España vai a Vigo para sacar o carné de conducir
A tarde 05-05-2025 05.05.2025 3:56:55
A xefa de Medicina Preventiva do CHUAC explícanos como manter unha correcta hixiene de mans. O presidente da asociación Olivarnoia, José Antonio Torres, cóntanos como están recuperando a produción de aceite na localidade ourensá de Arnoia. Coñecemos as queixas que lles trasladan á Xunta os pais que quedaron sen praza no Colexio Compañía de María de Vigo. Falamos con Iván Carril dos calotes relacio...
A tarde 01-05-2025 01.05.2025 3:56:59
Segue estando de moda poñerlle pendentes nas orellas aos meniños? Preguntámosllo á farmacéutica María José García, que tamén nos explica como facelo con seguridade. Paseamos pola Feira da Tenreira Galega de Láncara e pola Festa da Filloa en Cospeito. O biólogop Óscar Sampedro explícanos por que no parque de Natureza de Marcelle recollen especies incautadas polas forzas da orde. A endocrinóloga Mar...
A tarde 29-04-2025 29.04.2025 3:56:51
Seguimos debullando as causas e consecuencias da "grande apagada". Falamos con galegops que quedaron atrapados en trens. Buscamos a opinión de expertos en enerxía como Carlos Oliete, Fernando Romero ou Andrés Breijo. Miguel López Crespo e Adolfo Campos cóntannos como reclamar os danos sufridos pola falta de subministración eléctrica. A experta en seguridade alimentaria, Genma del Caño, e...
A tarde 24-04-2025 24.04.2025 3:56:55
Debemos seguir un protocolo para escribir nas redes sociais? A profesora de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, danos algunhas pautas. Los Jinetes del Trópico preséntannos a súa próxima xira. Falamos con Marilia Monzón antes da súa actuación na Coruña. Unha usuaria de audiófonos, Cris Pichel, desmonta mitos sobre este aparello. Desvelamos por que os veciños do barr...
A Tarde 23-4-2025 23.04.2025 54:14
Edición reducida do programa por mor da transmisión en directo do Debate do Estado da Autonomía. Falamos con Adela Touriñán, unha persoa que se dedica a recomendar a lectura de libros, e coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, que nos explica as razóns polas que ese municipio leva sete anos consecutivos aumentando a súa poboación.
A tarde 22-04-2025 22.04.2025 3:56:59
Os discos de vinilo viven un rexurdimento. Preguntámoslle por que a Iago Costoya, responsable da tenda Disco Precio en Santiago. Viaxamaos a Roma para pulsa-lo ambiente no Vaticano trala morte do Papa. O frade franciscano Francisco Miramontes ilúistranos sobre o próximo conclave para elixir pontífice e o asesor de seguridade Jorge Gómez desvélanos se o Vaticano ten servizos de intelixencia. Alexan...
A tarde 21-04-2025 21.04.2025 3:56:53
Lembramos a figura do papa Francisco falando con persoas que o coñeceron: o arcebispo emérito de Compostela, monseñorJulian Barrio, o párroco de Castroverde, Nicolás Susena, ou o director da revista Religión Digital, Manuel Vidal. Alejandro Losada cóntanos como se viviu o falecemento do papa na Arxentina. O escritor Manuel de Prada tamén evoca a figura de Francisco ao tempo que nos fala do seu nov...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS