AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
2 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A tarde 27-06-2025 27.06.2025 3:56:57
Entrevistas
A tarde 26-06-2025 26.06.2025 3:56:58
Entrevistas
A tarde 25-06-2025 25.06.2025 3:56:58
Entretemento
A tarde 19-06-2025 19.06.2025 3:56:57
Como se supera un divorcio? Buscamos respostas coa axuda de Antonio Díaz Piñeiro, da Asociación da Nais e Pais Separados. Recollemos as queixas dos taxistas ante a irrupción de Uber nalgunhas cidades galegas. Presentamos o festival Ou Yeah! que se desenvolverá este verán en Ourense. Manuel Arias convídanos a probar os xelados que elabora en Taboada coa marca Xeou!. Cesáreo Villar, de Mancuco Anima...
A tarde 18-06-2025 18.06.2025 3:56:58
Queremos saber como é facer o camiño de Santiago e para que nolo explique contamos cun veterano peregrino, o xornalista Xosé Luis Muñoz. O editor Moises Barcia cóntanos como se reparten os cartos no sector do libro. Que porcentaxe levan os autores? e os correctores? e o impresor?. En Vigo pulsamos o estado de ánimo da afección do Celta tras saber que o Comité Anti violencia propón o peche do estad...
A tarde 17-06-2025 17.06.2025 3:55:50
O sicólogo Xacobe Abel Fernández explícanos como debemos reaccionar ante as rabechas dos nenos. Coñecemos os esforzos de Seny Kebe, un guineano nacionalizado español que se graduou en dereito na Coruña, para traer a Galicia a súa irmá, que sufriu a ablación dos seus xenitais. O presidente do Consello Regulador da D.O. Queixo Arzúa-Ulloa, José Luis Lamas, fálanos do crecemento desta denominación de...
A tarde 16-06-2025 16.06.2025 3:56:49
A Tarde prepara as vacacións buscando ofertas para viaxar en xuño con Juan Rvadulla, presidente da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia. Imos ata a Ribeira Sacra para saber como están as reservas para este verán. Coñecemos como se facilita o acceso ás praias en Vigo e unha instructora de voo, Lourdes Carmena, explícanos como perde-lo medo a viaxar en avión. No Día Mundial das Tapas falamos...
A tarde 13-06-2025 13.06.2025 3:56:49
Octavio Villazala cóntanos como as mascotas poden proporcionarlle beneficios terapéuticos aos enfermos e ás persoas maiores. Coñecemos a Amalia Puga, unha artesá que elabora mobiliario e elementos de iluminación con aparellos de pesca. Conmemoramos en Vigo o XXV aniversario da Marcha Mundial das Mulleres con Ximena González. Martín Touceda preséntanos a súa empresa Cienporcel, que elabora embutido...
A tarde 12-06-2025 12.06.2025 3:56:56
Pasamos a tarde no Festival Son do Camiño. Alí enviamos a Kike Magdalena e a Helena Soto para que nos conten todo o que pasa. Contamos en que consiste o Barebaking, o xeito que teñen os mozos de aburrírense hoxe en día. Aurelio Gianzo, da Asociación do Traxe Galego, fálanos da fermosa exposición que a agrupación montou en Santiago. Marta Pérez, da Ecotenda Bico de Grao de Lugo, explícanos en que c...
A tarde 10-06-2025 10.06.2025 3:56:38
Serán os robots os que repartan os paquetes e o correo no futuro? O traballador de Correos, Xosé Antonio Pensado cre que en Galicia non. Explícanos por que e como é o seu labor hoxe en día. Víctor Bello convídanos ao Fisterra Experience e David Fermoselle, French Riviera, preséntanos o seu disco "Caliente!". Asistimos en Arteixo á colaboración entre o músico Eris Mackenzie e Javier Cañás...
A tarde 09-06-2025 09.06.2025 3:56:59
Disque se coidamos as plantas elas coidan de nos. Iso pensa Clara Redondo, que recomenda unha planta para cada personalidade. Falamos con Ana Álvarez de ioga facial. Interesámonos polos preparativos da festa de San Xoan na Coruña e en Nigrán. Comentamos os problemas que lles causa aos produtores de castañas o "chancro". Conversamos con Julio Liarte, autor do libro "Trae que ya lo ha...
A tarde 06-06-2025 06.06.2025 3:57:02
O programa viaxa a Silleda para percorrer a Semana Verde de Galicia. Alí falamos co seu director, Ricardo Durán, e con participantes como o presidente da Federación de Razas Autóctonas de Galicia, Cstor José Romero, ou o presidente da Federación Galega de Caza, Francisco Couselo. Conversamos sobre o control de pragas con José Antón Quiroga, revisamos a ocupación dos hoteis de Santiago ante a celeb...
A tarde 05-06-2025 05.06.2025 3:56:50
É vostede dos que pasan máis tempo escollendo a película na súa plataforma que véndoa despois? Comentamos esta situación coa directora de marketing de Filmin, Pilar Toro. O odontólogo Simón Pardiñas explícanos os perigos de utilizar branqueadores dentais sen supervisión. O alcalde de Ribadumia, David Castro, convídanos á feira do tinto de Barrantes. Imos conmemorar o Día do Medio Ambiente ao Aquar...
A tarde 04-06-2025 04.06.2025 3:56:51
Saímos a correr co presidente de Run Pontevedra, Jimy Pérez e coñecemos os secretos do rugby con Esperanza Fernández, vicepresidenta do Santiago Rugby Club. Kike Magdalena oriéntanos sobre como utilizar o Bono Activa Comercio. Falamos con Andrés Mahía, creador da serie de animación para nenos en galego "Bibopalula", que se convirte en espectáculo teatral. Alberte Rivero cóntanos como cam...
A tarde 03-06-2025 03.06.2025 3:56:44
Falamos do que custa celebrar unha primeira comuñón e fixámonos no prezo dos traxes preguntándolle a Natalia Barreiro, propietaria dunha tenda en Ordes. O director do Festival do Pasatempo, Jordi Lauren, desvélanos o seu cartel. O noso compañeiro Kike Magdalena acompaña aos estudantes que participan na PAU. Comentamos coa avogada Ana Camiña como protexe a administración aos menores nos casos en qu...
A tarde 02-06-2025 02.06.2025 3:56:52
O sicólogo clínico José Manuel Fariñas axúdanos a coñecer os mecanismos do medo. A Asociación de Criadores de Porco Celta organizan un concurso de manexo destes animais en Silleda. O presidente da asociación, Iván Rodríguez, cóntanos en que consiste. Os veciños do Burgo, na Coruña, explícannos por que demandan que se talen os chopos do barrio. Ana Rodríguez preséntanos a súa fruit-truck. Coñecemos...
A tarde 30-05-2025 30.05.2025 3:56:56
Falamos co arquitecto da paisaxe Pedro Calaza sobre os espazos verdes das cidades. Preparámonos para as festas da fin de semana. En Miño Manolo Mirás fálanos da Festa dos Concellos do Camiño Inglés e en Entrimo, o alcalde, Ramón Alonso convídanos á Festa de Exaltación da Empanada de Forquellas e da Carne de Cachena. Asistimos a un torneo de oratoria para alumnos de primaria que organiza na Coruña...
A tarde 29-05-2025 29.05.2025 3:56:55
Como nos comportamos ao volante? Cambiános o carácter cando conducimos? Preguntámosllo a Pablo Pérez, presidente da Asociación de Autoescolas da Coruña. O alcalde de Friol, José Antonio Sánchez, convídanos ás Olimpiadas Rurais de Galicia. Paseamos polas Festas da Ascensión en Santiago e torrámonos de calor en Ourense. O director do Festival Internacional de Series de Vigo, Miguel Blanco, fálanos d...
A tarde 28-05-2025 28.05.2025 3:56:57
Como deixar de desperdiciar alimentos? Escoitamos os consellos do profesor da Escola de Hostelería de Sober, David Cidre. Celebramos o aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos co seu presidente, Xoan Manuel Tubío. Coñecemos a uns mozos vigueses que conseguiron premios no Campionato do Mundo de HipHop Coreográfico. Teresa Rocamonde preséntanos a súa serie documental "Historias a pé de pá...
A tarde 27-05-2025 27.05.2025 3:56:58
Convidamos a Nuria Colmeiro, da Asociación Galega de Celíacos, para que nos conte como é a vida dunha persoa intolerante ao glute. Visitamos en Doade unha botica singular que utiliza plantas medicinais. Damos un paseo pola historia do porto da Coruña con Suso Martínez. Coñecemos Embruxo, unha empresa que elabora aceite de oliva virxe galego. A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de...
A tarde 26-05-2025 26.05.2025 4:18:02
Lembramos os xogos populares de Galicia con Ricardo Pérez Verdes. Mario Pais fálanos dos servizos que lle ofrece a app coruñesa Breiko-Breiko aos conductores de camións e autobuses. Gonzalo del Rio explícanos como se combaten as velutinas no noso pais. Mercedes Prado lévanos de tapas pola Coruña. Reyes Monforte preséntanos a súa novela "La Diva", sobre a cantante de ópera mellor pagada d...
A tarde 23-05-2025 23.05.2025 3:56:58
Quen non perdeu algunha vez un obxecto de valor? Preguntamos na Oficina de Obxectos Perdidos de Betanzos cales son os que máis se entregan alí. O director da Casa da Troya de Santiago, Benigno Amor, cóntanos como son as visitas teatralizadas que organizan por Compostela. Agustín Vázquez explícanos en que casos e como poden viaxar sós os menores de idade. A vocal do Colexio Oficial de Farmacéuticos...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS