Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com
Δημιουργός
Radio Valladares
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Do 9 ao 13 maio 13.05.2022 57:14
Paramos nunha fragua para coñecer como o ferro se transforma en arte. A Copa de España de ciclismo pasa este domingo por estes montes metropolitanos.
Do 2 ao 8 de maio 06.05.2022 1:01:35
Gaita e tamboril para p resumo da semana. O punteiro medieval que descubriu Pablo Carpintero. E as pandeiretas que fai Miguel Rivas no seu taller de Cabral.
Do 25 ao 29 abril 29.04.2022 59:13
Podedes acompañar o brunch con este libriño 'O péndulo', que foi presentado na Mercería Pepa da Cañiza. Unha interesante viaxe á nosa memoria histórica. E de como resignificar eses espacios tamén escoitaredes a Julio Prada.
Do 18 ao 22 abril 22.04.2022 58:43
Dúas historias ben xeitosas: falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay e con investigadores da UVigo que atoparon fósiles de libélulas de fai 145 millóns de anos.
Do 10 ao 13 abril 17.04.2022 1:01:35
Resumo dos especiais desta Semana Santa: as xoias de Silvereira, talladas en madeira e inspiradas na tradición, e a moda feita en Galicia por Jorge Álvarez, deseñador de roupa e autor dos traxes que vestiron as Tanxugueiras no Benidorm Fest.
Do 4 ao 8 de abril 08.04.2022 58:17
Aínda que esquivemos a nova, a guerra de Ucrania é unha realidade que está a traer a Galicia mulleres e nenos que precisan, ademais de acubillo, apoio psicolóxico. O proxecto Rosalía trata de acompañalos no seu proceso de adaptación. E coñecemos o traballo dos afinadores de piano falando con Antonio, o que se encarga do Centro Cultural e outros moitos.
Do 29 marzo ao 1 de abril 01.04.2022 57:31
Viravolta Cocina Retornada presentou unha nova mostaza, con sementes de grelo. E xa que estamos en tempo de lampreas imos dar unha volta ata a Herbón con Minia Del Rio.
Do 21 ao 25 marzo 25.03.2022 1:00:30
Mañá de domingo lembrando algunhas das conversas desta semana. A que mantivemos con Carlos Blanco, a piques de estrear nova obra de teatro. A charla con Pedro Rodríguez, e a súa experiencia como xogador de balonmano en Hungría. E Javier Romero, o escritor de Marea Negra.
Do 14 ao 18 de marzo 18.03.2022 1:02:38
Historias, das que lle pasan á xente e das que contan os obxectos. Como resumo desta pasada semana escoitaremos a conversa con Héctor Salvador e o traballo de recuperación dos timbais da antiga Banda de Música de Vigo.
Do 4 ao 11 de marzo 11.03.2022 1:01:13
Mañá de domingo… un café e a radio de fondo. No resumo deixámosvos a conversa que mantivemos coa Hazienda de Ferrero, sobre o mundo das pitayas. Tamén a charla con Martín Camiña, co que falamos de “Lingua do País”, o seu espectáculo de maxia. E o repaso á oleiría galega da man da exposición que organizou Anxo Lemos e aínda podemos visitar en Baiona.
Do 20 ao 24 decembro 24.12.2021 1:00:07
-Nadaliñas co cantautor ouresán Emilio Rúa. -A San Silvestre mais silvestre en Pontevedra. -King Kids, a banda xuvenil de Mos.
Do 13 ao 17 decembro 17.12.2021 57:29
Xente! A que vive esta tradición das rondallas intensamente en Valladares. E a que organiza o Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán).
Do 6 ao 10 decembro 10.12.2021 58:25
Contos de medo con Paula Carballeira e unha novela de intrigas no medievo ‘O nome da rosa’.
Do 29 novembro ao 3 decembro 03.12.2021 54:46
-Ramalladas. Un "hoteliño" para o can. Levan desde o ano 77 educándoos. -Turigrinos. Os peregrinos xa non levan equipaxe. -'A natureza no camiño'. Xogo de mesa para coñecer algúns animais e plantas ó longo da peregrinaxe.
Do 22 ao 26 novembro 25.11.2021 1:02:47
.os eólicos en Galicia con Bruno Centelle de SOS Groba .app “O chou” sobre os xogos tradicionais galegos con Paco Veiga .como se arranxa un órgano, Federico? Organería Acitores
Do 15 ao 19 novembro 19.11.2021 1:01:29
Paseos para a finde: -A Fraga de Moaña -Xardín botánico de Lourizán
Do 8 ao 12 novembro 12.11.2021 1:01:56
Unha deportes peculiares na cidade: hockey herba. Chegou a Vigo coa xente do Cable Inglés nos anos 30. Nos 80 había case unha decena de clubes pola cidade. Atlántico Hockey Club, o único na cidade, volve xerar canteira. Un lugar peculiar: o Monte do Seixo. Estación mitolóxica pola que nos guía Calros Solla, o antropólogo da tropa do Capitán Gosende.
Do 1 ao 5 novembro 05.11.2021 1:07:14
Os da marimba, Abmiram. Un ratiño de charla con eles sobre a música clásica e de como combinada con outros estilos mais actuais serve para achegala á xente.
Do 25 ao 29 outubro 29.10.2021 58:19
Proposta de outono. Un paseo polos soutos da Ribeira Sacra. Parar na cooperativa Sofragal en Nogueira de Ramuín e que Moncho vos conte tantas cousas da castaña. Ou quedade por aquí. Ide ata o gran complexo arqueolóxico do Monte Penide / Mirallo en Redondela e perdédevos entre mámoas e petroglifos. Hai 72 xacementos. Ou orintádevos antes botándolle un ollo a este museo virtual. http://montepenidepr...
Do 18 ao 22 outubro 15.10.2021 46:04
Falamos das traidas de auga que hai por Valladares para abastecer os veciños.
Do 11 ao 15 outubro 15.10.2021 57:42
Seica hai uns milleiros de anos estampouse un meteorito en Galicia. Deu con el o profesor de bioloxía Evaristo Alfaya paseando polos montes da Cañiza. Xeado de pulpo como entrante. Dende hai un cinco anos sírvenno na Pulperia Fuchela do Carballiño. E se logo vos presta un viño, pasamos pola na Adega Corisca, en Baldráns (Tui). O plan do sábado por eses lares: Rock no alboio.
Do 4 ao 8 de outubro 08.10.2021 57:50
"As miradas de Isaac" pódese visitar esta exposición sobre a figura de Isaac Díaz Pardo na sede de Afundación. Conversamos con Xosé Díaz, un dos comisarios. https://www.youtube.com/watch?v=v0SEYCLAuSc Conversamos con Ramilo, que leva practicando a marcha atlética dende que o mundo é mundo en Vigo, a finais dos anos 70. É un dos pioneiros na cidade, pero xa había quen a practicaba nos anos 40.
Do 27 setembro ao 1 outubro 01.10.2021 57:48
Palcos da Música. En Galicia temos moitos, algúns ínfimos e peculiares como o de Chandebrito. Un arquitecto e un músico que andan ó rescate deles, documentando os que sobreviven en https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/ As historias tocando neles darían para un libro interminable… Peripecias José, as do director emérito da banda de Valladares. Mais de 50 anos tocando neles.
Do 20 ao 24 de setembro 24.09.2021 54:02
Van un par de historias bonitas. A dun pioneiro no mundo do surf. Aitor Francesena ‘Gallo’, que vai estar en Patos esta finde nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional). Coñecemos as presas de regadío que están a poñer en valor na Comunidade De Montes de Coruxo, refuxio natural de moitos anfibios.
Do 13 ao 17 setembro 17.09.2021 58:14
-vermú Povarelo -sidra de Bembrive -carreiras de obstáculos
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS