Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

29. Sep 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Luns 11/07/2022 11.07.2022

Comezamos a semana cun sorriso ben grande. Paseo coa xente de Volta Montana, a ver que rutas nos ofrecen por Galicia. Ademais, un ratiño de conversa con Olga Brañas, camiño de recoller un premio ardeu o seu coche… e deulle por rir. E sobre os beneficios do humor charlamos con Naco Morán, membro de Paiasos sen fronteiras.

Venres 08/07/2022 08.07.2022

Primeira semana de xullo rematada… e con 150 nenos no campamento do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Tamén falamos de tatuaxes coa xente de Sputnik tattoo e traemos algunha proposta para a fin de semana!

Xoves 7/07/2022 07.07.2022

Plan de verán… ou de calquera outra época do ano, imos ata Bueu. Proposta gastronómica peculiar no Noite, tapas e petiscos. Falamos coa xente do SonRías Baixas, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto e están ultimando detalles. E unha voltiña por Cabo Udra, da man de Fran Alonso.

Mércores 06/07/2022 06.07.2022

Vigo foi porto de saída para a emigración galega, e aínda segue sendo, pero tamén é o lugar no que van recalando os que chegan a Galicia, como o patinador Chevy Guzmán. Tamén traemos a historia de La Fabbrica del Gelato. E un pouquiño de música, con Laura LaMontagne e PicoAmperio.

Martes 05/07/2022 05.07.2022

Comezamos ao revés, primeiro patrimonio, que a xente de Campo Lameiro presentou as actividades deste verán no parque arqueolóxico. E despois unha historia curiosa: falamos co grupo Bajo+6, pero tamén de como chegamos a eles. Música por amor o arte e moi bo rollo.

Luns 04/07/2022 04.07.2022

As obras no torreiro… estarán a punto para San Campio? É unha boa pregunta. O certo é que teñen detrás unha longa historia. Ademáis, voltamos ao Vitruvia Café, que organiza un festival de jazz e música clásica na Alameda de Compostela nas noites desta semana. Esta finde estaba repleta de plans, como o Mar de Blues -A Guarda.

Venres 1/07/2022 30.06.2022

Inda nos quedan cousas por aprender das plantas, César Lema contounos algunha cousiña máis. E xa que no verán baixamos o ritmo, conversa pausada con César, o director da Unión Musical de Valladares. Un repaso pola súa traxectoria, dende os seus inicios na banda ata chegar á dirección. E algo de axenda cultureta.

Xoves 30/06/2022 29.06.2022

Sentamos un ratiño na terraza do Vitruvia, coñecer a súa historia, os proxectos nos que andan metidos, as exposicións que acollen… Ademais falamos de viño con Luis Congil, que escribiu da súa historia en Galicia, que se remonta a máis de 2000 anos. E celebramos os 35 anos de Atlántico Diario.

Mércores 29/06/2022 29.06.2022

Veña, que é mércores, e temos deportes. Falaremos de atletismo coa xente do Comesaña Sporting Club. Coñecemos a historia detrás de Hera Cider e imos ata Meder, onde se atopa unha alfareiría tradicional, Alfarería Añón.

Martes 28/06/2022 28.06.2022

O río Barxa, que nun tramo circula paralelo á estrada Clara Campoamor, garda un bo feixe de herbas silvestres. Das comestibles falamos co biólogo César Lema. Se preferides un libro e sentarvos a ler, imos ata Libraida, en Gondomar. E agora que estamos no verán, imos facer turismo, que xa os romanos tamén ían de vacacións! E hai un libro ben divertido para coñecer os seus destinos: 'Hotel Roma'.

Luns 27/06/2022 27.06.2022

Volve o verán que todos lembramos! E tamén as festas, como a do Alba, na que xa están a traballar. Ademáis, imos ver como van os campamentos que xa están en marcha coa xente de Inquedanzas. Aprendizaxe, saúde e natureza en Cans e mais en As Pedriñas (Tameiga). E logo, un paseo pola N-550. Un grupo de arquitectos revisan o urbanismo dende as súas peculiaridades, o que non lles ensinaron na escola d...

Xoves 23/06/2022 22.06.2022

San Xoán!!! Rituais co lume, hainos no inverno pero tamén no verán, explícanolo o antropólogo Rafa Quintiá. Pero as fogueiras… mellor respetando o medio ambiente. E para iso está en marcha o proxecto #sanxoansenlixo. Se preferides o monte, proposta en Freixo, que celebran ao patrón.

Mércores 22/06/2022 22.06.2022

Remata o curso… tamén as tempadas deportivas. Falamos de patinaxe con Tamara Valderrama sobre o CLUB Patinaxe Artística Valladares (xoves ás 19:30 fan exhibición no pavillón). Ademáis, achegámonos ata Beade, onde nos espera a plataforma Avibe, Afectados Vial Beade-Vigo. E a piques de chegar ao San Xoán, flores e plantas da man dun experto, Francisco Javier Silva, profesor do Centro de Investigació...

Martes 21/06/2022 21.06.2022

Un paseiño pola Fundación Sales, un recuncho onde escapar do ruido da cidade. Outra opción é ir de museos e, xa que nos gustan os pequeniños, imos ata o Museo Anfaco de la Industria Conservera. E despois… algunha pedra atopamos sobre a que falar, as da Catedral de Ourense.

Luns 20/06/2022 20.06.2022

Tocar un instrumento está moi ben pero, ás veces, toca esperar para entrar nas pezas… iso levou a Isabel Rubio a probar na dirección. A xente de Dance Academy Vigo cóntanos que tal por Alemaña e marchamos cara o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia que están de 20 aniversario.

Venres 17/06/2022 17.06.2022

Último día da nosa visita ao instituto. Hoxe celebraban o I Congreso Interxeneracional de Saúde e abriron as portas, non só a nós. Pola radio volveron profes e alumnos, pero tamén Carlos Spuch, neurocientífico e co-titor no StemBach ou Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer.

Xoves 16/06/2022 16.06.2022

Segundo día no IES Valadares… e hoxe foi en directo!!! As portas da radio estiveron abertas pasaron profes e estudiantes, contándonos a súa experiencia nesta Semana Cultural. Mañá, máis!

Mércores 15/06/2022 15.06.2022

As cousas do directo. O programa vai gravado, que marchou a luz no @IESValadares. Inda así falamos coa xente do instituto, profesorado, alunmos, poñentes… un pouco de todo. E o noso gran de area para a Semana Cultural, unha conversa con Carmen Piñeiro, investigadora do @IIM_CSIC que participou na primeira expedición española á Antártida.

Martes 14/06/2022 14.06.2022

Imos de museos, pero dos pequeniños e curiosos. Para os lambóns, o do chocolate en Parada do Sil, e para os que disfrutan cheirando, o Museo dos Aromas en Burgos. Na volta polo patrimonio descubrimos Barxacova, unha necrópole medieval.

Luns 13/06/2022 13.06.2022

Programa variado, que imos de luns. En Moaña están a celebrar a súa Comic-Con. Alonxándonos da costa falamos con Agrae Solutions, que estudaron os beneficios do pó sahariano para as colleitas. E dámoslle a noraboa a Ailén Kendelman, de A panadaría, Premio María Casares pola música de A Cazola de Lola. Aproveitamos para preguntarlle sobre a acollida da obra "As que limpan", que están representar en...

Venres 10/06/2022 10.06.2022

As obras do torreiro novo comezaron, por fin. E esta finde hai festa nel, O Cristo das Angustias. E o domingo á tarde recala no auditorio o XVIII Encontro Folclórico. Falaremos coa xente de ACF O Fiadeiro, un dos grupos participantes. Ah, e axenda, que hai moitos plans para a finde!

Xoves 09/06/2022 09.06.2022

Vigo acolle estes días o congreso da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias, SEMES, e entre as actividades do seu programa destaca un simulacro que van levar a cabo esta tarde no porto de Vigo. Falamos con Óscar Estraviz, o seu coordinador. Ademais, xa que andamos no mar a ver que nos contan dende a Asociación Piueiro, que xa volveu o volanteiro e está atracado en A Guarda. E co...

Mércores 08/06/2022 07.06.2022

A situación do oso na cordilleira cantábrica está mellorando e a súa presencia en Galicia é cada vez maior, tanto en cantidade como en ubicacións onde podemos atopalo. Falamos coa Fundación Oso Pardo, para que nos conte como vai. E xa que miramos ao leste, imos ata Asturias, onde organizan Una señora fiesta.

Martes 07/06/2022 07.06.2022

E se en lugar de facer o Camiño de Santiago facemos outra rutiña… desta volta percorreremos a Nacional VI, dende o kilómetro 0 en Madrid ata a costa coruñesa. Ademais, imos ata Pontevedra a coñecer o programa do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”. E como é martes, patrimonio. Comparacións entre países. En que se diferencian a rexión do Loira (Francia) e a malla do patrimonio rural gal...

Luns 06/06/2022 06.06.2022

Así, a golpe de luns, tirámonos á piscina, coa xente de clubnatacion.com. Agora sabemos que os traxes de neoprenoa hai que adaptalos ó corpo. E hai un 'sastre de neoprenos'. Ademáis damos, unha voltiña polas alfombras de flores de Ponteareas, que estiveron por Italia nun encontro. E coñecemos os testolos, de ArtesAna Mirou. Unhas macetas con perniñas ben aqueladiñas.

Höre den Podcast ESPERTA VALLADARES in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet