Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

29. Sep 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Martes 20/12/2022 20.12.2022

Cando miramos as lavandeiras nos campos, din os vellos que ven o frío. Falamos das aves que veñen parar ‘ó caribe das nosas rías’ coa xente de SEO Pontevedra - Grupo Local. Ó quente quente, hai un paraiso termal ó longo da beira do Miño. Paramos nunhas ben xeitosas, as Termas de Prexigueiro. E tamén vai unha voltiña polos microbeléns do Museo Liste.

Luns 19/12/2022 19.12.2022

Este luns falamos de camelias, que xa están en flor, con Carmen Salinero, presidenta da Sociedad Española da Camelia. Tamén coñecemos persoaxes neoyorkinos, os de Patricia Bolaños Illustration no seu libro 'New York is the thing'. E vai un 'on tour' polos ensaios dos grupos folclóricos de Valladares na procura de panxoliñas e repertorio navideño.

Venres 16/12/2022 15.12.2022

Fisgamos na ludoteca a ver a que xogan os cativos alí. Eles han chegar a vivir no 2094... e daquela, seguirá a existir o Camiño de Santiago e como serán os pelegríns? Imaxinación, que non falte. Iso foi o que lle botaron no espectáculo Inventio. Ademáis, charla distraida con xente que anda aprendendo dos nosos montes, nas aulas e mais no terreo da Mancomunidade de Montes de Vigo.

Xoves 15/12/2022 15.12.2022

Xente nova e redes socias, que uso fan? Falamos disto co investigador Antonio Rial Boubeta. Despois, ‘Historias do Nadal de Vigo en 90 segundos’, o concurso da Vigo Film Office, e panxoliñas, a música de Advento do Coro Voces Graves de Vigo.

Mércores 14/12/2022 14.12.2022

Unha partida de xadrez… ou varias, que este domingo hai torneo en Valladares. Por aí vai o deporte deste mércores. Ademais, coñecemos 'A saia raiña', o traballo de campo de Rita Más sobre o costume de gardar o loito en Galicia. E finalmente, unha volta polo Circo de Nadal. A historia deste ano ambiéntase nunha panadería en apuros... a Panificadora no día en que caeu a gran nevada en Vigo, alá nos...

Martes 13/12/2022 13.12.2022

Descubrimos un feixe de rutas (52) para percorrer Galicia en bici. Falamos coa Federación Galega de Ciclismo. https://es.wikiloc.com/rutas/ciclismo/espana/galicia E, coma hoxe é martes 13, demos cun grupo de rock que se chamaba así. Nos anos 60 percorrían as aldeas galegas e anunciaban os seus concertos con carteis de 'brujulas en escóbulas'. Ademais, tamén imos ir ata a sala dos menciñeiros no Li...

Luns 12/12/2022 12.12.2022

Para comezar a semana normal, nós ó revés como o caranquexo… ou mais ben coma as cigalas. Imos #tirardearquivo e recuperar a conversa sobre o mundo das cigalas co IEO, a visita ó Museo Anfaco e a baixada ó 'fondo do fondo do mar' no batiscafo de Héctor Salvador.

Venres 09/12/2022 08.12.2022

Sras e Sres, benvidos ó mundo do Teatro Escoitade. 50 anos de representacións, algún corto e… nós, colámonos entre bambalinas.

Mércores 07/12/2022 06.12.2022

Outro #tirandodearquivo para este mércores… Botamos as dúas horas de palique con Diego Troula, co actor Denís Gómez, sae na peli ‘O home e o can’, e coas Fillas de Cassandra.

Luns 05/12/2022 04.12.2022

Nestes ‘días raros’ entre tanto festivo, traemos especiais #tirandodearquivo. Conversa de luns co payador Wilson Salywonczyk, improvisación doutro lado do Atlántico. O ‘Son galego son cubano’ de Roi Casal. E Purple Rei, o mellor de Prince traido ó galego.

Venres 02/12/2022 02.12.2022

A figura de Fraga da para moito… Falamos con ButacaZero sobre a obra de teatro que andan argallando, #Iribarne. E logo quedamos na casa, que hai moitos plans... os concertos da banda, comezan sair as rondallas e tamén volve a comida dos maiores.

Xoves 01/12/2022 01.12.2022

Visitar Toralla ou Carabela da Pinta cunhas gafas de realidade virtual xa é posible gracias á Xoia. Tamén falamos sobre os recetarios de Pereira, que ven de sacar un sobre a cociña de Emilia Pardo Bazán. Ademais, damos unha volta polo percorrido do trail do Eifonso e coñecemos o novo parque de aventuras que vai abrir no monte de Beade, Marikiná Park.

Mércores 30/11/2022 30.11.2022

Deportes… un ben completiño, falamos de triatlón coa xente do clube Mar de Vigo. Ademais coñeremos un pouco máis da historia de Teatro Escoitade, desta vez daremos unha volta con Remixio pola escenografía destes 50 anos. E non nos esquecemos de que é San Andrés e hai festa no torreiro! E rematamos indo ata o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.

Martes 29/11/2022 29.11.2022

Falamos con Mari Carmen Duarte, que publicou unha reportaxe sobre Vigo na revista de viaxes de National Geographic. Ademáis conversa, con calma, co investigador Carlos Spuch.

Luns 28/11/2022 28.11.2022

Arrincamos semana con conversas interesantes. Imos coñecer a Pablo Puga, o novo director da Xove Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Falamos coa xente de Polo correo do vento sobre o libro de María Casares e imos ata Zamáns a Radiación Paintball.

Venres 25/11/2022 25.11.2022

Xa de volta no estudio falamos coa xente de Soltec sobre enerxías renovables e eficiencia enerxética e como e o Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coñecemos que están a facer no IES Valadares, no seu clube de Diversidade. Ademáis axenda, que hai moitos actos para conmemorar esta data.

Xoves 24/11/2022 24.11.2022

P-A-Q-U-E-T-A… con estas letras había que buscar un novo nome… e naceu o Bar Ataque. Fumos almorzar e coñecer un pouco máis da súa historia e da xente que por alí para. Luis do Freixo retratounos nun libro 'El Ataque. Social Club', o sanatorio das Carneiras.

Mércores 23/11/2022 23.11.2022

Toca deportes… e parece que están a xogar un Mundial de Fútbol… así que tertulia, que non hai galegos pero o estamos a seguir. Ademáis, damos unha volta polos corredores do CVC de Valladares, que hai unha nova exposición coas obras de Basilio Calzado. E ás portas do Nadal, coñecemos o traballo no viveiro López Novoa.

Martes 22/11/2022 22.11.2022

Co tempo que fai o plan para hoxe non pode ser mellor que un bo café mestres escoitamos música. Así que aí van: conversa con Sés, que presenta disco, ‘Diante un eco’, e visita ás instalacións de Roots Café.

Luns 21/11/2022 21.11.2022

Conversas de luns… imos ata Tomiño onde está o taller de artesanía de Vikensen para coñecer o seu traballo. Ademáis damos unha volta pola historia das ‘Pioneiras’ galegas e falamos da ‘Gran Recollida’ do Banco de Alimentos.

Venres 18/11/2022 18.11.2022

Chega Santa Cecilia e os músicos andan de celebración. A banda de Valladares, inda mais, que este ano cumpre os 120 anos de vida. Ademais, última tanda dos nenos do cole monte Alba, ‘os koalas’. E, como é venres, ideas para usar ben o tempo da finde.

Xoves 17/11/2022 17.11.2022

Outra gala mais. Desta volta para recoller fondos e axudar a astrónomos de Afganistán. A conversa desta mañá é coa Fundacion Ceo Ciencia e Cultura. Sodes fans dos calcetíns discretos? Falamos coa xente de SomosOcéano que presenta nova colección inspirada no universo de Pedro Almodóvar. E rematamos o Esperta escoitando ós 'elefantes’, outra das clases do cole Monte Alba que viu de excursión ata a r...

Mércores 16/11/2022 15.11.2022

Versión reducida do Esperta, que hai gala de Ponte nas Ondas. Coñeceremos a historia dunha pioneira, Sofía Casanova, a primeira corresponsal de guerra no estranxeiro. Daremos unha volta por Pontevedra para atopar nos escaparates das tendas de tecidos traxes tradicionais da Asociación Sete Espadelas. E escoitamos aos nenos da Escola Infantil Monte Alba, que viñeron de visita o venres.

Martes 15/11/2022 15.11.2022

Quen dixo pedras!?! Se non queres unha taza, tres. Falamos sobre os Templarios na comarca de Vigo, que deixaron pegadas. Outros mamotretos incrustados nas pedras, os órganos das igrexas. A Orquesta Clásica de Vigo ten un ciclo de concertos co da Colexiata de Vigo. E para rematar, a Catedral de Mondoñedo para coñecer... os zapatos dos obispos!!

Luns 14/11/2022 13.11.2022

Arrincamos a semana con conversas das que prestan. Falamos co arquitecto César Portela, autor do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui, e tertulia cun grupo de mulleres de Valladares que a finais dos anos 70, sendo unhas nenas, comezaron a traballar no mundo da conserva.

Höre den Podcast ESPERTA VALLADARES in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet