Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Xoves 3/09/2026 03.09.2026 1:30:05
'Pulpo, churrasco e empanada'. Imos falar das moitas romerías que hai no mes de setembro co músico Caruncho. Un ratiño de conversa sobre as capelas máis bonitas, quen se ofrece, as danzas, as marchas que se tocan, dos xantares… Ademáis, daquí a final de ano hai uns cursos ben interesantes no centro veciñal, bricolaxe, arte floral.... Tamén falamos das excursións de verán, a Estonia e á festa do Ma...
Mércores 2/09/2026 02.09.2026 1:30:00
Se pasades pola biblioteca do centro veciñal atopades un recunchiño adicado á memoria das persoas represaliadas na guerra civil, moitas delas intelectuais e mestres. Conversamos con Anxos Iglesias que nos conta o porqué desta pequena mostra. Ademáis, unha voltiña polas actividades que se organizan dende aquí. Ó comezar setembro a xente quérese anotar a cousas.
Martes 1/09/2026 01.09.2026 1:28:48
O torreiro na sesión vermú do luns de San Campio. #espertavalladares feito a cachos de conversas entre veciños, a caseta de tiro, o altavoz coa misa, concerto da banda, as charangas nas carrozas e a xente indo e vindo a por churrasco. Ata o ano que ven, San Campio!
Venres 28/08/2026 28.08.2026 1:30:38
#EspertaValladares cultureta! Plans para a finde, especialmente os da parroquia! San Campio é noso
Xoves 27/08/2026 27.08.2026 1:27:58
Estas tardes hai xente facendo unha residencia artística no centro veciñal. Conversamos coa directora Constance Hurlé para que nos adiante o que se poida. Ademáis, bandas de música. As do certamen de San Campio estas tardes no torreiro. E coñecemos algunha das historias de 'Elas, as de Bouzas'. A da actriz Uxía Pérez Gonzalvo e a da escritora Marila, que tamén é profe no IES Valadares.
Mércores 26/08/2026 26.08.2026 1:30:02
Hoxe falamos dos Barcos Dragón no Campionato de España de 500m que tivo lugar no embalse de Trasona (Asturias). Ademáis, Cangueiras. As historias de 12 mulleres da vila de Cangas que poden resultar inspiradoras para as novas xeracións. https://ailladosratos.org/categoria/proxecto-cangueiras-2026/
Martes 25/08/2026 25.08.2026 1:30:17
Andaremos polos montes para que nos conten. Os de Montes de Vigo, das charlas para preparar ás persoas que viven preto dos montes fronte ó risco dos incendios forestais. E os de Montes de Couso, en Gondomar, como é iso de 'plantar auga'.
Venres 21/08/2026 20.08.2026 1:34:20
Paseo pola Finca da Marquesa con Celita Tacones. Esta veciña coñece ben o parque! Tantos anos de barrendera nel... podería escribir un libro coas súas vivencias. Ademáis, pinceladas de ocio para a finde.
Xoves 20/08/2026 20.08.2026 1:31:31
Conversa coa comunidade de augas do Carregal-Seixos, para que nos falen dos seus problemas.
Mércores 19/08/2026 19.08.2026 1:29:17
Tertulia variada sobre os deportes que vai probando un sendo neno e, sen decatarse, callan na adolescencia. A historia da baloncestista do Celta Naiara Martínez, que este ano vai estudar cunha beca deportiva a EE.UU. e a de Xandre, que vai dun deporte a outro taekwondo, boxeo, escalada... tamén fútbol. E xa que estamos, fútbol de barrio, o do interbarrios no torreiro, que venres foi a final. Ademá...
Martes 18/08/2026 18.08.2026 1:30:14
Tabú, Metrópolis e O Maquinista da «General». Se vos interesa o cine dos anos 20, imos falar destas pelis e da orixinal proposta arredor delas: as xornadas de cinema mudo e música na Fundación Sales. https://mu2.caspervek.com/ Ademáis, un par de historias das mulleres de Bouzas: a de Rosa, a cociñeira no bar Redondela, e a de Cristina, a socióloga. Ambas parte de 'Elas, as de Bouzas', as biografía...
Venres 14/08/2026 14.08.2026 1:30:09
De peregrinaxe cos santos!! Sábado toca a subida dende a igrexa á capilla. Así é a romería do Alba. Hoxe no #EspertaValladares volta polos plans festivos, que estamos no San Roque.
Xoves 13/08/2026 13.08.2026 1:30:03
Campamentos de verán. Imos ver como coordinan o do centro veciñal de Valladares. E unha voltiña pola arte contemporánea brasileira no centro comercial Plaza Elíptica. André Oliveira & Apo'strophe.arte
Mércores 12/08/2026 12.08.2026 1:26:57
Hoxe tocaría deportes... pero non. Deporte xa faredes subindo a calquer cumio para mirar o ceo nese 'instante' de 2 horas! Con Xandre e Jose teremos conversa de verán. Unha viaxe musical polas bandas que escoitaban no coche, das primeiras guitarras, dos grupos adolescentes que foron montando... dos bolos, dos discos. Frikis da música no #EspertaValladares.
Martes 11/08/2026 11.08.2026 1:30:51
Descrubrindo música estraña e lugares novos co Sinsal. De como lle foi esta edición fora da Illa de San Simón e, agora que preparan a 25 edición, poden contar ben de anécdotas. Ademáis, historias das veciñas de Bouzas. As atopades na pérgola! Conversamos coa xente da Asoc. Cultural Vila de Bouzas para que nos conten como foron recollendo estes anaquiños de vida.
Venres 7/08/2026 07.08.2026 1:27:37
A banda de Beade deu un concerto de verán coa sección de ventos onte no torreiro da súa parroquia, aproveitando que algúns antigos membros escollen voltar á casa nas vacacións. En Valladares no salgueiral, ó lado da piscina e do centro veciñal… estase a preparar a festa do socio para o domingo. Ademáis, ideas para distraerse na finde. Así foi o #EspertaValldadares de hoxe.
Xoves 6/08/2026 06.08.2026 1:29:41
Asesoramento coa traballadora social, psicóloga e avogada, ademáis de formación nas novas tecnoloxías. Un equipo no centro veciñal ó dispor das mulleres en situación de vulneravilidade, co que falaremos. Tamén viaxaremos ata Cartagena. A Trovalia. Alí coincidiron os improvisadores Lupe Blanco e mais Wilson Saliwonczyk.
Mércores 5/08/2026 05.08.2026 1:32:32
Aventuras de xuventude! Un soña con 13 anos que vai percorrer o río Miño dende o nacemento á desembocadura, lía os amigos, constrúen as canoas e pa’diante. O descenso polo Miño nun abril de 1985… sen teléfonos! Corenta anos despois esta experiencia recóllese na exposición itinerante https://orioquenosmove.gal/
Martes 4/08/2026 04.08.2026 1:28:13
Un #EspertaValladares para exploradores! A vida do misioneiro Rosendo Salvado no libro de viaxes ‘El mundo desde abajo’, de Valentín Carrera. Ademáis, aclaramos cos axentes ambientais de APRAFOGA destes 'malentendidos' do monte: cando rozar, cortar e coller piñas?
Venres 31/07/2026 31.07.2026 1:31:33
Se vos gusta o son do clarinete escoitade este #EspertaValladares. Imos pasar un bo rato con Miguel, coordinador do curso de verán Vigo Clar Academy, que tivo lugar en Valladares a principios de xullo.
Xoves 30/07/2026 30.07.2026 1:29:50
A vida ó redor dunha estrada. Falamos con Laura, veciña da Garrida, que para o traballo fin de grado de arquitectura creou 3 mapas no tempo arredor da de Valladares. Un de 1957, 1997 e 2024. Ademáis, conversa con Os Coribantes de Buchabade, que andan contentos por estar nominados ós premios Rebulir.
Mércores 29/07/2026 29.07.2026 1:28:32
Viaxar ata Angola para abrir vías de escalada. Deste proxecto-documental 'Abriendo caminos' de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada no que participaron seis escaladoras españolas, falamos coa galega Bea Gándara. Ademáis, tivemos visitiña veraniega dunha familia para coñecer a radio. Como viñan do Morrazo, aproveitamos para falar das praias, os chiringuitos, os turistas... e de...
Martes 28/07/2026 28.07.2026 1:32:35
Os canteiros en Galicia hai cen anos para atrás eran uns escultores & artistas fantásticos. Conversa con Julio Fernández Pintos, que fixo un traballo de investigación estupendo do período 1850-1925. https://independent.academia.edu/JulioFernandezPintos
Venres 24/07/2026 24.07.2026 1:27:00
De paseo pola zona do Náutico. Imos conversar cunha rapaza que acaba de desembarcar do buque escola Intermares. Compartirá algunhas anécdotas de como é servir na fonda dun barco.
Xoves 23/07/2026 24.07.2026 1:28:31
Traídas de augas veciñais hai cinco en Valladares. Falamos coa da Garrida.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet