Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Podcast-Website
Neueste Folge
14. Okt 2026
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Ent. Maya Moledo, do Helvetia Saeplast Cañiza; e Pablo Gándara, do Bueu Atlético Balonmán | Copa Galicia 27.08.2026 9:10
A fase final da Copa Galicia de balonmán xógase este domingo 30 no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Maya Moledo, xogadora tudense, participa nesta final co Helvetia Saeplast Cañiza, e enfrontarase ao A.D. Carballal o domingo ás 11 h. O tamén tudense Pablo Gándara competirá nesa final co seu equipo, Bueu Atlético Balonmán, contra o Teucro Lintel, ás 13 h. Conversamos con eles sobre as perspectiva...
Ent. Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela | Malestar emocional durante as vacacións 27.08.2026 21:54
Cando pensamos nas vacacións, habitualmente pensamos en descanso, desconexión e felicidade, pero non sempre é así. Hoxe conversamos sobre o malestar emocional que pode xurdir nos períodos vacacionais, con Alba Álvarez e Andrea Docampo, do Centro Anarela.
Ent. Sandra González, Pedro Villarroel, Juan Antepazo e José Piedra | Concerto da Agrupación Musical de Goián e Astarot 26.08.2026 11:57
Máis de 60 músicos e músicas actuarán este venres ás 22 h no concerto de verán da Agrupación Musical de Goián. A praza do Seixo, en Tomiño, acollerá esta cita anual, que este ano contará coa participación do grupo galego Astarot. Coñecemos os detalles deste concerto con Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Pedro Villarroel, director da Agrupación Musical de Goián; e Juan Antepazo e José Piedra, i...
Ent. Agustín Martínez, presidente, e Jacobo Gregores, director técnico do BM Tui | Final da Copa e Supercopa Galicia 26.08.2026 7:27
O pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle este domingo 30 a fase final da Copa e Supercopa Galicia 2026 de balonmán. Durante toda a xornada o balonmán será protagonista, con catro partidos de élite. Na final da Copa Galicia enfrontaranse o Teucro e o Bueu na categoría masculina, e o Carballal e Cañiza na feminina. Pola tarde, na Supercopa, os encontros serán Cangas contra O.A.R. Coruña e Atlético...
Ent. Majo González e Diego Pons | Semana Cultural Xuntanza de Randufe 25.08.2026 7:37
Coa Carreira Popular de Randufe comeza este domingo a programación da Semana Cultural Xuntanza de Randufe. Sairá o domingo ás 10 h do adro da Guía para as categorías superiores cun percorrido de 8 kms. A inscrición está aberta até mañá mércores en Cronotec.es Ao longo da Semana terán música, humor, playbacks, maxia, obradoiro... tal e coma hoxe nos contaron Majo González e Diego Pons, da Asociació...
Espazo Comercio | Campaña Remata as vacacións cun sorriso 25.08.2026 5:49
Co mes de setembro chega a nova campaña de ACITUI "Remata as vacacións cun sorriso", que estará activa dende o 1 ao 15 do próximo mes. Con Pepe Míguez, presidente de ACITUI, coñecemos hoxe no noso Espazo Comercio este sorteo da volta á rutina.
Ent. Raimundo Martínez, 'Rai', escultor tudense | Escultura do peregrino na r/ Olímpicos Tudenses 25.08.2026 10:30
Un peregrino esculpido en pedra coroa dende o mes de xuño a rúa Olímpicos Tudenses, dando a benvida ás persoas camiñantes que percorren a ruta até Santiago. Esta escultura é obra do tudense Rai, e é filla da situada ne Veiga do Louro. O escultor explicaba hoxe na nosa sintonía que hai detrás desta obra e como escoita o que a pedra lle quere contar.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela do IET | Remata o ciclo Coñece o noso patrimonio 25.08.2026 3:24
Esta tarde remata o ciclo Coñece o noso patrimonio promovido polo Instituto de Estudos Tudenses que ao longo dos meses de xullo e agosto brindou visitas guiadas e unha conferencia. Hoxe será un percorrido pola igrexa de San Francisco, da man do historiador da arte e membro do instituto, José Ramón Fernández. Unha visita que sorprenderá pola importancia dos retablos barrocos do templo e pola súa hi...
Ent. Agustín Martínez, Jacobo Gregores e xogadores | Campamento de Balonmán 25.08.2026 5:56
O Club Balonmán Tui vai celebrar un Campamento de Balonmán gratuíto os días 1, 2, 3, 4 e 7 de setembro de 9 a 14 h no pavillón Gustavo Rodríguez para nenos e nenas nadas entre os anos 2013 e 2020. Coñecemos todos os detalles desta actividade con Agustín Martínez, presidente, e con Jacobo Gregores, director técnico. Tamén falamos con algúns xogadores e xogadoras Hugo, Diego, Martín, Hugo, Lía e Ant...
Ent. Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui | 3x3 Cidade de Tui 24.08.2026 4:28
Hoxe remata o prazo de inscrición para o 3x3 Cidade de Tui que se vai celebrar este sábado organizado polo CB Tui. Xógase cunha soa canasta e partidos rápidos de 10 minutos a partir das 10 h e durante toda a xornada. As persoas interesadas poden inscribirse até hoxe nas redes sociais do CB Tui ou no correo clubtui@gmail.com. Así nolo contou Javier Niño, coordinador deportivo do CB Tui.
Ent. Ana Núñez, concelleira e María Ferreiró, técnica da Área Rexurbe | Axudas adquisición de vivenda no conxunto hº 24.08.2026 12:28
As persoas que teñan adquirido unha vivenda no conxunto histórico de Tui, en Área Rexurbe, dende o 15 de outubro de 2025 poden solicitar unha axuda de 15 mil euros dentro da convocatoria para a adquisición de vivenda protexida e en conxuntos históricos realizada pola Xunta de Galicia a través do IGVS. A información sobre esta convocatoria pode ampliarse na sede electrónica da Xunta, na web do IGVS...
Ent. Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián | Estrea do documental 100 anos de troula 21.08.2026 7:04
O Entroido de Goián é centenario e conta cunha longa historia e tradición. Así se recolle no documental 100 anos de troula que se vai estrear mañá sábado ás 21.30 h. Co gallo da estrea desta peza audiovisual artellaron unha programación festiva que se celebra até este domingo. Con Iago Piñeiro, presidente do Entroido de Goián, coñecemos máis detalles das actividades e do documental dirixido por Su...
Ent. Tania Fernández e Manu Garrido, padexeiros do Kaiak Tudense | Descenso Internacional do Miño 21.08.2026 13:57
Os padexeiros do Kaiak Tudense Tania Fernández, en K1, e Manu Garrido, en C1, competirán mañá no 55 Descenso Internacional do Miño. Unha cita deportiva especial tal e coma explicaba na nosa sintonía, e á que chegan tras clasificase para o Campionato do Mundo de Maratón que se celebrará en Arxentina a finais de outubro. Con eles falamos dos seus inicios do piragüismo e tamén desta regata do Miño.
Ent. Xan Pampín de Ailá | Concerto no VI Rocha Folk 21.08.2026 4:56
Ailá actuará mañá sábado ás 22 h na ribeira de Caldelas dentro da programación do VI Rocha Folk. Con Xan Pampín, un dos membros desta agrupación, coñecemos coma vai ser o concerto que van ofrecer aquí cun repertorio no que interpetarán muiñeiras, xotas, mazurcas,... e que agardan sexa do gusto do público.
Ent. Amaia Osaba, padexeira | Descenso Internacional do Miño 21.08.2026 5:33
Amaia Osaba é a padexeira que máis veces subiu ao podio do Descenso Internacional do Miño. Mañá non poderá estar en Tui porque nunha semana participa no Campionato de Europa de Kaiak de Mar. Con ela falamos esta mañá desta competición, do descenso do Miño e do piragüismo.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos Glez de Hípica Marcos - Concentración Cabalar de San Bartolomeu 20.08.2026 10:04
Tui é unha referencia a nivel ecuestre e de espectáculos coa celebración das dúas concentracións cabalares que se celebran anualmente na rúa Loureiro. Este próximo luns 24 dende ás 8 h terá a Concentración Cabalar de San Bartolomeu. Premios especiais e espectáculos ecuestres con Aires de Romero, Entre Marxes e por vez primeira en Galicia Rafael Arcos e El Chamo. Así nolo contaron Rafael Estévez, c...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Manuel Pedrares, presidente do Kaiak Tudense - 55 Descenso do Miño 20.08.2026 10:12
O río Miño volverá vivir a súa festa deportiva este sábado coa celebración do 55 Descenso Internacional do Miño. A proba raíña en ríos a nivel galego e nacional reunirá a máis de 400 deportistas de 41 clubs de Galicia, Madrid, Portugal e Hungría. Sairá ás 18 h dende Salvaterra. Os e as padexeiras atoparán un río con pouca auga e a marea baixando o que repercutirá na dureza da regata. Falamos do De...
Ent. Pablo Castro de Alana - Concerto no Rocha Folk 20.08.2026 4:06
O escenario principal do VI Rocha Folk, na ribeira de Caldelas, acollerá maña venres, ás 23.30 h a Alana en concerto presentando o seu segundo traballo "A saber". O grupo formado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro bebe na música tradicional mesturándoa con con ritmos de base electrónica e pop. Pablo Castro deunos conta da súa traxectoria e do concerto que van ofrecer en Caldelas.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Mercado | Xornadas Gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio 20.08.2026 7:35
O mexillón será o protagonista das primeiras xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio que se van celebrar este sábado, 22 de agosto, no Mercado de San Antonio a partir das 11 h. Poderanse degustar ao vapor, en vinagreta e en arroz a un prezo de 4€ a ración. A concelleira do Mercado, Ana Núñez, daba conta dos detalles desta iniciativa na que colabora Al Dente.
Ent .Almudena Solana, escritora - Presentación de Viaje a la ausencia en Tui 19.08.2026 12:17
A escritora tudense Almudena Solana volve mañá xoves a Tui para presentar o seu novo libro “Viaje a la ausencia” no que a cidade tudense está moi presente. A cita será ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con ela falamos deste libro, que xorde tras o faleemento do seu pai, e no que revisita a súa propia vida para atopar no duelo a cor.
Ent. Eloy Carballo, Lois Alonso e Tiziano Nieves, padexeiros cadetes - Descenso Internacional do Miño 19.08.2026 7:07
O padexeiros cadete do Club Kaiak Tudense Eloy Carballo, Lois Alonso e Tiziano Aramis Nieves competirán este sábado por vez primeira no Descenso Internacional do Miño. Coñecemos con eles como se iniciaron no mundo do piragüismo e como se preparan para a cita desta fin de semana.
Ent. José Mª Ureta, enólogo da adega Santiago Ruíz - Inicio da Vendima 19.08.2026 4:19
Onte comezou a vendima na adega Santiago Ruíz no Rosal. Por diante case un mes de traballo en 52 hectáreas para recoller as cinco variedades albariño, godello, loureiro, treixadura e caíños branco que colleitan. Así o confirmou hoxe o seu enólogo José Mª Ureta dando conta de que será unha colleita espectacular por calidade e cantidade.
Ent. Iván Alonso, padexeiro - Descenso Internacional do Miño 18.08.2026 19:23
O tudense Iván Alonso foi gañador absoluto en k1 en dúas ocasións do Descenso Internacional do Miño. A última o ano pasado antes de retirarse de forma profesional do piragüismo. Amais ten dobre récord no Descenso en K2, a primeira vez con Diego Domínguez Aristegui e a segunda con Diego Piña. Hoxe falamos dos seus inicios, dos éxitos deportivos, e do Descenso Internacional do Miño.
Ent. Luís Fernández e Cibrán Álvarez do Xadrez Tui - Partidas Amistosas e Torneo Area este sábado 18.08.2026 9:20
O Paseo da Corredoira acollerá este sábado, a partir das 11 h, partidas amistosas de xadrez e un Torneo Area. Así nolo contaron hoxe Luís Fernández e Cibrán Álvarez do Club Xadrez Tui organizador do evento.
Ent. Vicky Méndez e José Álvarez, organización - VI Rocha Folk 18.08.2026 5:30
A ribeira de Caldelas acolle este venres e sábado o VI Rocha Folk, Dúas xornadas de concertos, un obradoiro, e coma novidade un Encontro Internacional de Bombos e zona de acampada. José Álvarez e Vicki Méndez da organización déronnos todos os detalles.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet