Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6508 Folgen

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

14. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade | Inicio do curso escolar 2026/27 09.09.2026

Hoxe, mércores 9 de setembro, comeza o novo curso escolar, en Tui con máis de 2.100 alumnos e alumnas. Abordamos este inicio coa concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente. Deu conta das obras realizadas durante o periodo estival, e tamén os desexos dun bo curso escolar. Refereiuse tamén á situación do CEIP de Pazos de Reis.

Ent. Elvira Somoza e Patricia Pérez de Idades | Curso de Atención Sociosanitaria 08.09.2026

Do 21 de setembro ao 4 de novembro vaise impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego do concello de Tui en Guillarei un curso de “Atención Sociosanitaria no domilicio”. Celebrarase de luns a xoves e 16.30 a 20.30 h, cun total de 150 horas lectivas das que 100 será teóricas e 50 de prácticas en empresa. O curso promovido pola empresa Idades coa colaboración do Concello de Tui. O curso vai d...

Espazo Comercio | María Lamas, de Dequip Tui 08.09.2026

Todo preparado para a volta ás clases e a rutina en Dequip Tui. Este establecemento, situado na súa Casal Aboy, ofrece todo tipo de produtos de cara a este novo comezo: zapatillas, roupa deportiva, complementos... Ademais de ofrecer descontos a persoas socias de diferentes ANPAS. Así nolo contou hoxe María Lamas, de Dequip Tui, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.

Ent. Elena Espinosa, da EOI en Tui | Matrícula da Escola Oficial de Idiomas 08.09.2026

A Escola Oficial de Idiomas ten aberto o prazo de inscrición até o 18 deste mes. En Tui, no instituto Indalecio Pérez Tizón, pódese estudar inglés, portugués, alemán e francés. Hoxe coñecemos máis desta sección con Elena Espinosa, a súa xefa de estudos.

Ent. Suso Vila, doutor en Historia da Arte - Conferencia na programación do Setembro Xudeu 2026 07.09.2026

Suso Vila, doutor en Historia da Arte, ofrecerá hoxe ás 20 h na igrexa de San Domingos unha conferencia dentro da programación do Setembro Xudeu. Será baixo o título "Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño". Con el falamos esta mañá desta conferencia, dos datos concretos de Tui, e da igrexa de San Domingos.

Ent.Rubén Morais do Judo Club Tudense - Inicio da temporada 2026/27 07.09.2026

O Judo Club Tudense iniciará a nova temporada 2026/2027 a partir do próximo luns 14 de setembro. O club realizará as clases os luns e mércores dende os 4 anos, en distintos grupos en función da idade. Os venres tamén haberá os adestramentos para os adultos. Tamén darán a coñecer esta práctica deportiva en distintos centros educativos tudenses neste inicio do curso. Así nolo contou Rubén Morais do...

Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM | Campionato de España de Radiocontrol térmico 04.09.2026

Este sábado e domingo celébrase en Tui o Campionato de España de Radiocontrol térmico organizado pola Real Federación Española e Galega de Motonáutica, por oitavo ano en Tui. O tudense Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM, deu os detalles de participación, os horarios, e o espectacular das probas que se poderán ver dende as gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Participan pilotos de toda España. Tamén s...

Ent. Manuel Villaverde, remeiro tudense do Club Remo do Miño | Campionato do Mundo Masters 04.09.2026

Oito deportistas do Club Remo do Miño participan dende o 9 ao 13 de setembro no Campionato Mundial de Remo masters, en Eslovenia. Un deles é o remeiro tudense Manuel Villaverde, que competirá en diferentes modalidades, tal e coma hoxe explicou na Radio Municipal de Tui.

Ent. Eloy Carrera, Erik, Nerea, Alba e Pablo | Creación da Banda Infantil 04.09.2026

A Banda de Música Popular de Tui vai contar tamén cunha Banda Infantil, que se sumará á Banda Xuvenil que comezou a súa actividade hai tres anos. Hoxe Eloy Carrera, director da Banda, explicou os obxectivos da Banda Infantil dirixida ás persoas que levan un ou dous co instrumento. Amais coñecemos a experiencia dalgúns dos músicos destas agrupación Erik que toca o saxofón, Nerea o clarinete, Alba a...

Ent. Manel Loureiro, escritor | Presentación Antes de que todo cambie. 04.09.2026

“Antes de que todo cambie” é a última novela do escritor Manel Loureiro, que vai presentar hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. O autor explicaba hoxe na nosa sintonía que Tui sempre lle da sorte na súa carreira literaria, e falounos do seu libro, da historia, e do encontro cos lectores, como o que vai ter lugar esta tarde. O evento está organizado pola Libraría Esp...

Ent. Fito Pereira, presidente, e Thiago Rodríguez, do Motoclub Randufe | X Supercross Cidade de Tui 03.09.2026

O Complexo Off Road de Rebordáns acolle este sábado a décima edición do Supercross Cidade de Tui, que organiza o Motoclub Randufe. Será unha xornada na que participarán pilotos profesionales e de todas as idades. O tudense Thiago Rodríguez competirá na categoría Élite. Así nolo contou hoxe, con Fito Pereira, presidente do Motoclub Randufe.

Ent. Martín Crusat, de Adega do Vimbio | Campaña Parte de ti 03.09.2026

Adega do Vimbio é un dos proxectos seleccionados por Galicia Suroeste Eu Rural na campaña Parte de Ti 2026. Hoxe coñecemos estas adegas con Martín Crusat, quen nos contou a orixe familiar desta aventura e os viños que elaboran.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio; e Rafael S. Bargiela, historiador | Setembro Xudeu 03.09.2026

Comezou xa o Setembro Xudeu, con trece actividades que ao longo deste mes achegarán á tudenses e visitantes a historia e o legado xudeu en Tui. Hoxe profundamos nesta iniciativa, no fío condutor deste ano e nas citas desta primeira semana con Ana Núñez, concelleira de Turismo e Patrimonio; e Rafael Sánchez Bargiela, historiador.

Ent. Uxía Hermida, humorista | Monólogo na Semana Cultural de Randufe 03.09.2026

Hoxe xoves ás 21.30 h a humorista tudense Uxía Hermida ofrece un monólogo de comedia na Casa Cultural de Randufe, dentro de Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza. Uxía Hermida avanzou hoxe a temática do seu espectáculo.

Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Volta ao colexio 02.09.2026

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia incide na volta ás clases na necesidade de que o sistema educativo ensine ao alumnado a utilizar a tecnoloxía “con criterio, autonomía e pensamento crítico”. Nolo explicaba Fernando Suárez, presidente do Colexio, quen profundou tamén na convivencia coa Intelixencia Artificial.

Ent. Suso Vila, historiador | Presentación libro Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo 02.09.2026

O historiador Suso Vila presenta mañá xoves en Tebra o seu libro "Os castelos de Tebra. Microhistorias dun val transfronteirizo", unha obra editada polo Concello de Tomiño. A presentación será ás 21.30 h na praza de Santa María de Tebra. Hoxe conversamos co historiador, quen avanzou que neste libro hai moitas historias e nomes de mulleres que foron esenciais na protección da fortaleza.

Espazo Comercio | El Armario Curvy 01.09.2026

El Armario Curvy estende a súa temporada de rebaixas até o 15 de setembro, con liquidación ao 50%. Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos os detalles destes descontos con Quina González, de El Armario Curvy.

Ent. Rafa Cid, Carlos Carrera e Xurxo Estévez | O río que nos move 31.08.2026

En 1985 cinco mozos do Baixo Miño emprenderon unha aventura: descender o río Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos. Percorreron os seus 317 kms, e agora, 40 anos despois, a exposición "O río que nos move" é testemuña desta aventura. A mostra inaugúrase en Tui este mércores día 2 ás 19 h na Sala Municipal de Exposicións, onde tamén haberá un colo...

Ent. Eloy Carrera, da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Curso de pilates e de pandeireta e canto popular 28.08.2026

A Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, organiza dous cursos que comezarán o próximo mes de setembro: un curso de pilates e outro de pandeireta e canto popular. Para ambos están abertas aínda as inscricións, no teléfono 886 29 28 51 ou na páxina web da Banda de Música Popular de Tui. Deunos hoxe a información o director da Escola, Eloy Carrera.

Ent. Sabela Vázquez, do A.D. Carballal | Final Copa Galicia feminina 28.08.2026

A tudense Sabela Vázquez compite este domingo co A.D. Carballal na final da Copa Galicia de balonmán 2026, nun partido no que se enfrontarán ao Helvetia Saeplast Cañiza ás 11 h no pavillón Gustavo Rodríguez. Case 10 anos despois volve ao pavillón no que comezou a xogar nunha final que, segundo explicaba hoxe, é moi especial.

Ent. Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán | Copa e Supercopa Galicia 28.08.2026

O balonmán de élite dáse cita este domingo no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui, coa celebración das finais da Copa e Supercopa de Galicia. Serán catro os encontros que durante toda a xornada poderán vivirse na cidade, e hoxe o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, destacaba que esta será a competición máis importante do balonmán galego. Avanzou amais que a próxima semana celé...

Ent. Gerardo Giráldez e Bibi Vila, da Comisión de Festas | Porco ó espeto e Festas na honra á Virxe da Guía en Randufe 28.08.2026

Mañá sábado ás 20 h celébrase a I Festa do Porco ó Espeto no adro da Guía, en Randufe, organizada pola Comisión de Festas 2026. Con esta cita ábrense dúas semanas con actividades, até chegar ao 7 de setembro, coa celebración das Festas na honra á Virxe da Guía. Hoxe déronnos os detalles desta festividade Gerardo Giráldez, vicepresidente, e Bibi Vila, secretaria, da Comisión de Festas.

Ent. José Fernández e César Pérez, membros da Comisión de Festas | Festa da Virxe da Rocha en Caldelas 28.08.2026

Deporte, música, actos relixiosos e gastronomía forman parte da programación das festas na honra á Virxe da Rocha que dende mañá sábado e até o martes se celebran en Caldelas. Así nolo contaron hoxe José Fernández e César Pérez, membros da comisión de festas.

Ent. Esteban González, presidente da Comisión de Festas | Festas da Virxe Peregrina, en Estás 27.08.2026

A tradicional danza da Virxe Peregrina, con máis de 300 anos de historia, é un dos momentos singulares da programación das festas na honra á Virxe Peregrina, que esta fin de semana se celebran en Estás, Tomiño, O presidente da Comisión de Festas, Esteban González, explicounos como esa esa danza que se acompaña cun vals, e detallou todo o programa.

Ent. Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño | Festa do Viño do Condado do Tea 2026 27.08.2026

Salvaterra prepárase para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea coa participación de 29 adegas. Dende mañá venres e até o domingo desenvolverase un amplo programa de actividades, tal e coma explicaba a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.

Höre den Podcast Día a Día in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet