Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 Folgen

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

16. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Espazo Comercio | Arqxé 16.06.2026

Jorge Enríquez e Adrián Pinaque do estudo de arquitectura Arqxé participaron no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI. Con eles coñecemos en que centran o seu seu traballo, o momento de efervescencia no que se atopa o sector, ... Tamén nos contaron que Jorge Enríquez este ano formou parte do xurado dos premios Gran de Area de Arquitectura , tras ser uns dos gañadores na edición...

Ent. Raquel Fernández, directora da Orquestra Infantil Vigo Kv2211 | Concerto en Tui 15.06.2026

Arredor de 70 músicos e músicas da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 actuarán este sábado ás 19 h no Espazo Sociocultural de Tui. Será un concerto cun repertorio variado e dirixido a todo tipo de público. Hoxe coñecemos esta orquestra cunha das súas directoras, Raquel Fernández.

Ent. Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael, alumnado do CEIP Nº1 de Tui | Visitas teatralizadas e podcast 15.06.2026

O alumado de quinto de Primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está a realizar diferentes iniciativas arredor dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Hoxe Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael compartiron os seus dous proxectos: unha visita teatralizada en Tui e un podcast. A visita teatralizada será este xoves ás 10.30 h dende a Alameda de San Domingos.

Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Iria Leirós, de Diversidades Acolle | Proxección 'Eu capitán" e coloquio 15.06.2026

Coñecer a realidade das rutas migratorias é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub Tui coa película "Eu capitán". Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 21:15 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Iria Leirós, da asociación Diversidades Acolle, para profundar no labor que desenvolve esta entidade en Tui. Hoxe coñecemos os detalles...

Raíces e vangarda | Ensalada de verán 15.06.2026

Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero trae unha receita de ensalada de verán, e dá consellos para manter unha alimentación saudable na temporada estival.

Ent. Rubén López, director do CMUS Tui | Balance curso 25-26 e matrícula 15.06.2026

O Conservatorio de Música de Tui ten aberto o prazo de inscricións para estudar na escola de música durante o vindeiro curso. Rubén López, director do centro, fixo balance positivo do curso que está a piques de rematar e fixo fincapé na alta demanda de matriculación, cun grande éxito en instrumentos como o piano, o violín ou a guitarra eléctrica.

Ent. F.Pérez-Lozao, director; e A. Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio | Nova FP no IES Indalecio Pérez Tizón 15.06.2026

O IES Indalecio Pérez Tizón ampliará a súa oferta de FP Básica a partir do próximo curso cunha nova formación. Será a FB Básica en Servizos Comerciais. Fernando Pérez-Lozao, director do centro; e Alejandro Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio, deron conta hoxe dos contidos desta formación e dos prazos de matrícula.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente de Tui; e Estefanía Rguez, de Callejeriños Tudenses | Colonias Felinas 12.06.2026

Coñecemos o labor que coas colonias felinas se está a realizar no Concello de Tui. Dende a institución municipal púxose en marcha o protocolo CER, Captura, Esterilización e Retorno. Tamén o traballo que realiza Callejeriños Tudenses. Así nolo contaron no programa Día a Día Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Estefanía Rodríguez, de Callejeriños Tudenses.

Ent. Damaris Sánchez, da Casa das Redes | Festival Festa Raxada 12.06.2026

Dende hoxe e até o domingo Couso, en Gondomar, acolle o festival Festa Raxada. Unha proposta que nace co obxectivo de tecer redes no rural con música, gastronomía, cultura e compromiso social. Durante estes tres días daranse cita no festival Mercedes Peón, Sun Iou, Brassica Rapa ou Baiona Bay. Damaris Sánchez, membro da Casa das Redes, unha das organizadoras, falounos desta iniciativa.

Ent. Alberto Abal, do Ensemble Vocal Ángel Barja | Concerto-conferencia Vitae Mariae 12.06.2026

Mañá sábado ás 18 h a Catedral de Tui acolle o concerto-conferencia Vitae Mariae sobre a representación da Virxe María ao longo da Historia da Arte. A conferencia correrá a cargo da doutora en Historia da Arte Ana Pereira Molares. O concerto será ofrecido por Artificio Barroco e polo Ensemble Vocal Ángel Barja. Antonio Abal, membro do ensemble, detallou o repertorio musical que van interpretar.

Ent. José Ferreira e Maike Rodríguez, da comisión de festas Virxe das Dores | Festas na honra a San Antonio 12.06.2026

Guillarei celebra mañá sábado festas na honra a San Antonio no recinto de Festas da Virxe das Dores. Dende primeira hora da mañá haberá unha ampla programación con quedada e ruta moteira, xantar popular, actuacións musicais, as tradicionais poxas, actos litúrxicos, verbena e djs. Así nolo contaron José Ferreira e Maike Rodríguez, membros da comisión de festas Virxe das Dores. Avanzaron ademais o n...

Ent. Eloy Carrera, director da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Audición fin de curso e matrículas 12.06.2026

Hoxe venres ás 18 h nas instalacións da Escola da Banda de Música Popular de Tui, en Guillarei, celébrase a audición de fin de curso coa participación de 30 alumnos e alumnas do centro. O director da Banda, Eloy Carrera, fixo balance positivo deste curso, e deu conta de que o prazo de matrícula para o próximo está xa aberto.

Ent. Paco López, organizador de CatroCantos Galicia Riders | CatroCantos Galicia Riders 11.06.2026

As inscricións para participar na experiencia de mototurismo CatroCantos Galicia Riders 2026 están xa abertas, cun prezo especial até o 20 de xullo. A proba celébrase o 12 de setembro, e terá saída en Tui con rutas de 300, 500 e 700 quilómetros. Paco López, organizador desta actividade deu todos os detalles hoxe no programa Día a Día.

Ent. José Manuel Martínez, Gonzalo González, Rosa Castro e Alfonso Álvarez | XVIII Festival de Corais 11.06.2026

Este sábado 13 de xuño ás 20 h terá lugar o XVIII Festival de Corais na igrexa de San Domingos en Tui. Unha cita musical na que participarán a coral do Centro Social de Tui, a coral Coro Cantemos de Salvaterra, e a Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Hoxe coñecemos todos os detalles con José Manuel Martínez e Gonzalo González da coral tudense; e Rosa Castro e Alfonso...

Ent. Alberto Fernández, de Rebouras Team | Velada de Fieras 11.06.2026

Este sábado ás 20 h o Pavillón Gustavo Rodríguez en Tui acolle a Velada de Fieras. Un evento deportivo no que o público asistente poderá ver seis combates de boxeo principiante e un profesional. A entrada anticipada ten un prezo de 15€ e en taquilla 20€, tal e como hoxe explicaba Alberto Fernández, de Rebouras Team.

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso a Liga Galega do Infantil Masculino 11.06.2026

O equipo infantil masculino de 2ª división do CB Tui xógase dende esta fin de semana o ascenso a Liga Galega. Medirase ao Celtas Foz, Basket Ames e Esclavas, da Coruña. O coordinador deportivo do club, e adestrador do equipo, Javi Niño, deu detalles destes encontros.

Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Xantar solidario 10.06.2026

O vindeiro domingo 28 de xuño SOS Tomiño Baixo Miño organiza o seu XV Xantar Solidario nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. O prezo é de 28€ persoas adultas, 15€ menú infantil e tamén hai unha opción de mesa 0, de 2€ por rifa. O menú está composto por aperitivos, polbo á feira, carne ao caldeiro, café, postres, e bebidas. Unha xornada con dobre obxectivo, tal e coma hoxe explicaban...

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e arquiveiro de Tui | Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui 10.06.2026

Esta é a Semana Internacional dos Arquivos, e o Concello de Tui súmase un ano máis a esta celebración cunha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui. Será este venres 12 ás 12 h, e é necesario inscribirse previamente en arquivo@tui.gal antes do xoves. O arquiveiro tudense, Rafael Sánchez Bargiela, fixo fincapé en que a actividade centrarase en documentos vencellados ao lema deste ano “Arquivos pa...

Ent. Juan Vázquez, canteiro tudense | Gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra" 10.06.2026

O tudense Juan Vázquez foi o gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", que se celebrou esta fin de semana no Porriño. Foi cunha obra inspirada no arquitecto porriñés, que foi o tema central sobre o que debían traballar as persoas participantes. Hoxe conversamos con el sobre o funcionamento deste certame e sobre a peza que lle fixo gañador.

Ent. María Xosé Porteiro, escritora e xornalista | "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela" 09.06.2026

Begoña Caamaño foi a persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Sobre o seu labor e papel como xornalista escribiu María Xosé Porteiro o libro "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela". A escritora, xornalista e política viguesa foi compañeira e amiga de Caamaño, e hoxe contounos como naceu este libro.

Espazo Comercio | María Martínez e Lucas González, de MoMa 09.06.2026

Carta de tapas, talleres de coctelería e unha colaboración co Pancho 3.0 son as novidades que chegan a MoMa de cara a este verán. Hoxe coñecemos toda a información no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con María Martínez e Lucas González, de MoMa.

Ent. Luján Borrás, impulsora da iniciativa; e Montse Mon, de Un Máis | Di sí ao autismo 09.06.2026

“Di sí ao autismo” é a iniciativa de Change.org impulsada por Luján Borrás, nai dunha persoa autista, na que asociacións e familias reivindican que os servizos públicos en sanidade, educación, ocio, emprego e vida adulta estean garantidos para as persoas con autismo. Hoxe Luján Borrás e Montse Mon, de Un Máis, explicaron cal é a situación das 9.500 persoas con autismo na provincia de Pontevedra. P...

Raíces e vangarda | Ensaladilla rusa 08.06.2026

Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos e trucos para conseguir unha ensaladilla rusa de verán diferente e mantendo a tradición. Tamén hoxe falamos de intolerancias e alerxias alimentarias.

Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador | Caminho da Fé, en Brasil 08.06.2026

Alfonso Ferreira vén de completar o Caminho da Fé, en Brasil. É unha ruta inspirada no Camiño de Santiago, que conecta Águas de Prata e o Santuario Nacional de Aparecida. Hoxe conversamos con el sobre este camiño e as súas curiosidades.

Ent. David Coímbra, membro da organización | Galimpiadas 2026 08.06.2026

Este venres ás 19 h comezan as Galimpiadas 2026 con récord de participantes. Máis de 200 persoas competirán nas diferentes probas, en dous días de xogos populares, música e gastronomía en Caldelas. David Coímbra é membro da organización, e hoxe deu todos os detalles desta edición.

Höre den Podcast Día a Día in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet