Radio Ateneo
Axenda cultural
Axenda cultural semanal que inclúe todos os actos culturais previstos para a xornada, indicando lugar e hora de celebración.
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Música, concertos e actuacións en Compostela 24.01.2022 4:53
Esta semana nos agardan multitude de concertos e actuacións musicais en Compostela. Descubre estes e outros eventos na nosa Axenda Cultural.
Benvida a xaneiro 17.01.2022 4:27
Comezamos a primeira axenda do ano facendo un repaso por todos os eventos desta semana en Compostela: concertos, espectáculos e exposicións. Descubre todo na nova axenda!
Homenaxe a Salvador García-Bodaño 20.12.2021 5:46
Esta semana teremos a homenaxe a Salvador García Bodaño no Ateneo e Ciclo de cine, ademais de multitude de eventos musicais e proxeccións.
Semana do cinema no Ateneo 13.12.2021 6:27
Esta semana teremos o Ciclo de Cinema de Carlos Velo no Ateneo de Santiago. Tamén poderemos asistir a outras proxeccións na cidade, concertos, teatro, espectáculos e eventos e actividades de Nadal.
Concertos e espectáculos na Ponte de decembro 06.12.2021 6:48
Esta semana comeza cunha ponte e é o mellor momento para desfrutar de todos os eventos que nos agardan esta semana: concertos, cinema, espectáculos...
Chega o Nadal a Compostela 29.11.2021 5:45
Esta semana comeza o mes de decembro e comeza o Nadal en Compostela, co acendido das luces en Bonaval e na Alameda, ademais da inauguración dun mercadillo de Nadal.
Semana contra a violencia de xénero 22.11.2021 7:15
Esta semana teremos multitude de actos: conferencias, presentacións de libros, concertos, verbenas... Moitos destes actos xirarán arredor do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Mes da ciencia 15.11.2021 5:58
Esta semana celébrase o Mes da ciencia na Cidade da Cultura, teremos moitos filmes para ver dentro de ciclo de Cineuropa, e tamén obras de teatro, conferencias e concertos.
50 anos de Follas novas 08.11.2021 6:27
Esta semana cúmprense 50 anos da apertura da Libraría Follas Novas, así que teremos unha celebración ao seu redor, ademais de moitos outros eventos culturais.
Benvida a novembro 01.11.2021 6:25
Hoxe comeza o mes de novembro, que chega cheo de actividades e eventos en Santiago, dende o congreso Fairway ata exposicións, conferencias ou ciclos de cinema.
Achégase o Samaín 25.10.2021 6:44
Na semana previa á ponte de Defuntos teremos un montón de actividades culturais, moitas delas relacionadas co Samaín orientadas a nenos e maiores.
Finaliza o Ateneo Barroco 18.10.2021 6:10
Esta semana, ademais de dar por finalizado o Festival Ateneo Barroco e ter unha conferencia no Ateneo, termos unha chea de eventos culturais na comarca de Compostela: música, teatro, contacontos...
A cultura nesta Ponte do Pilar 11.10.2021 6:18
É o momento de coñecer todos os eventos culturais que nos esperan durante e tras esta ponte. Música, teatro e maxia. Todo isto na nosa axenda de hoxe.
Dá comezo o Ateneo Barroco 04.10.2021 6:48
Esta semana as actividades do Ateneo xiran arredor do Festival Ateneo Barroco: concerto, conferencia, ciclo de cinema... E no resto da nosa comarca, un montón de eventos máis.
Teatro, música e exposicións en Compostela 27.09.2021 8:07
Esta semana que remata setembro estamos cheos de eventos culturais: concertos, exposicións, teatro, estreas de filmes...
Xa estamos de volta! 20.09.2021 7:51
Nesta semana retomamos a Axenda Cultural de Radio Ateneo Podcast despois do parón do verán. Coñeceremos todos os eventos musicais, de teatro, exposición e actividades que podemos realizar estes días.
A cultura despide xullo 26.07.2021 6:37
Esta derradeira semana de xullo teremos máis eventos arredor das festas do Apostolo, ademais de música, cinema e actuacións...
Xa están aquí as Festas do Apóstolo 19.07.2021 5:32
Este martes comeza unha nova edición das Festas do Apóstolo, que nos brinda unha variada programación ao longo de doce días: concertos, monólogos, folclore, cine, teatro e, como non, os tradicionais fogos. Coñece estas e todas as demais actividades!
Inicio do Son do Camiño 12.07.2021 6:38
Esta semana dará comezo O Son do Camiño. Perseidas. Teremos tamén música no Gaiás e numerosas exposicións en toda a comarca.
Chega o Atardecer no Gaiás 05.07.2021 5:36
Esta semana poderemos desfrutar de eventos como o ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, exposición como "Galicia Futura: o que imos ser", ou diversos roteiros, obradoiros e contacontos.
Comezo de xullo co Festival Atlántica 28.06.2021 5:50
Esta semana que dá comezo ao mes de xullo vén cargada de eventos culturais: o festival Atlántica, cinema, exposicións, un concerto de Jazz...
Comezo do verán e noite de meigas 21.06.2021 6:28
A primeira semana do verán vén repleta de eventos culturais! Coñece a nosa recompilación.
Máis xornadas de música contemporánea 14.06.2021 6:37
Esta semana comeza cun montón de eventos culturais, entre eles a continuación das xornadas de música contemporánea no CGAC, concerto de Píscore, o festival Solporsol en Ames, a actuación de Pauliña e Tanxugueiras na sede da SGAE...
Semana do 7 ao 13 de xuño 07.06.2021 7:37
Comeza unha semana de sol e calor na que poderemos compaxinar praia, piscina e eventos culturais! Coñece a nosa recompilación.
Semana do 31 de maio ao 6 de xuño 31.05.2021 5:55
Dá comezo a primeira semana de xuño e, aínda que cada vez está máis preto o verán, seguimos tendo múltiples eventos culturais aos que podemos asistir!
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet