Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Municipal de Tui
Kategori
Podcastens hjemmeside
Seneste episode
16. okt. 2026
Hvor kan du lytte?
Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snartPodcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts
Episoder
Ent. María Jesús Prieto e Marta Pereira de Martei - Exposición Arte co Telas en Caldelas 29.07.2026 8:40
"Arte con telas" é o título da exposición que dende mañá xoves, 30 de xullo, se poderá visitar no Balneario de Caldelas. A mostra reúne a obra de María Jesús Prieto e de Marta Pereira de Martei. María Jesús Prieto presentará gran variedade de pezas realizadas en patchwork e Marta Pereira a primeira colección da súa marca Martei xunto a complementos e outras creacións. Hoxe contáronnos coma xurdiu...
Ent. Iria Prol, ilustradora - Obradoiro en Música no Claustro 29.07.2026 6:27
Realizar un caderno con ilustracións, da catedral, de músicos, de instrumentos musicais... é a proposta do obradoiro que Iria Prol, ilustradora, artista mural e deseñadora gráfica vai impartir a próxima semana, do martes 4 ao xoves 6 dentro da programación de Música no Claustro. Hoxe contounos como se vai desenvolver o obradoiro, a quen vai dirixido, e tamén nos deu conta do mural que realizou en...
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa e música, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR | Mundial de bandas en Kerkrade 29.07.2026 6:58
Hoxe viaxa cara Kerkrade, nos Países Baixos, a Agrupación Musical do Rosal para participar este sábado, 1 de agosto, ás 19 h no World Music Contest,o Mundial de Bandas. Unha cita a que acoden con moita ilusión e cun esixente programa para interpretar nesta competición. Así nolo contaron Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e música da banda, e Javier Alonso Pérez, director da AMdOR, a poucos minut...
Ent. Samuel Diz, músico e director de Música no Claustro | XX Festival de Música, patrimonio e creación 28.07.2026 18:56
Música no Claustro cumpre vinte anos e o fai celebrando o seu legado ao longo destas dúas décadas. Será dende este sábado 1 de agosto até o venres 7 de agosto. Sete veladas musicais nas que se darán cita artistas que xa estiveron no festival e que convidan a outros músicos a sumarse a esta celebración. Con Samuel Diz repasamos o programa previsto - dispoñible en musicanoclaustro.com - e conversamo...
Ent. Marta Cendon, catedrática e presidenta do IET - Visita á Catedral 28.07.2026 5:13
Hoxe martes ás 20.30 h comeza no pórtico da Catedral a visita “As pegadas de 800 anos de arte na catedral de Tui” dentro do ciclo "Coñece o noso patrimonio" que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Marta Cendón, catedrática e profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses, será a encarga...
Espazo Comercio - Administración de Loterías nº1 28.07.2026 10:24
No tempo do Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, hoxe conversamos con Mónica Giráldez, da Administración de Loterías nº1 de Tui, que conta cunha longa traxectoria. Ofrecer un trato próximo, asesorar ao cliente e que mercar lotaría sexa unha experiencia agradable son parte dos obxectivos deste establecemento.
Raíces e Vangarda | Luns, 27 de xullo d 2026 27.07.2026 17:55
Pechamos temporada de radio do espazo que cada luns dedicamos á gastronomía con Judical Romero. Hoxe en Raíces e Vangarda, antes do descanso estival, degustamos un café repleto de matices, e preparamos unhas filloas recheas de marisco. Judicael Romero deunos os seus consellos e trucos.
Ent. Pablo González e Alfonso González - XXIV Noite internacional do Miño 27.07.2026 10:17
O folclore de Indonesia, Francia, Perú, Letonia e Galicia será protagonista maña martes na XXIV Noite Internacional do Miño. Dende as 21.30 h o Parque do Laxal, en Rebordáns, acollerá esta cita xa clásica no verán tudense. Pablo González e Alfonso González explicaron na Radio Municipal de Tui os detalles da proposta cultural.
Ent.Fernando Mao, Alma Salazar, Minerva Ojeda e unha supervivinte |Libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata" 24.07.2026 32:09
O próximo martes 28 ás 12 h preséntase na aula da UNED de Tui o libro "Boas prácticas en atención a vítimas de trata". Unha publicación que reúne experiencias e aportes de especialistas internacionais para fortalecer as estratexias de prevención, asistencia e protección das vítimas. Hoxe coñecemos máis sobre esta situación con Fernando Mao, presidente da Rede Alto ao Tráfico e Trata de Persoas; co...
Ent. Natalia Lago | Ruta nocturna e para ver bolborestas coa Fada do Aloia 23.07.2026 6:03
Dobre proposta a que realiza para esta fin de semana A Fada do Aloia. O sábado pola noite realizará a Noite Máxica coa colaboración de Antón Paz, monitor Starlight e o doingo pola mañá a Ruta das Bolboretas coa colaboración de Saba González. Cada unha ten un prezo de 10 € para nenos e nenas e de 14 € adultos. A reserva pode facer no 619 96 90 90. Natalia Lago, A Fada do Aloia, contounos como serán...
Ent. Domingo González Lopo, codirector | XVII Leccións Xacobeas Internacionais 23.07.2026 8:59
As XVII Leccións Xaobeas Internacionales da USC, organizadas pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións estanse a celebrar desde este luns co título Patrimonio e Voces do Camiño de Santiago. As persoas participantes realizaron esta mañá o tramo do Camio Portugués entre Cerdal e Tui, e esta tarde visitarán a Catedral e outros puntos da cidade. Coñecemos que son estas Leccións Xacobeas...
Ent. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS - Doazón de sangue en Tui 23.07.2026 6:47
“Un alento de vida” é o lema da campaña que este verán leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e que esta tarde chega a Tui. o dr. José Mª Vázquez, responsable doazón e xestión de colecta de ADOS, incidía na nosa sintonía nos obxectivos da campaña e importancia da doazón de sangue xa que cada día son precisas 400 doazóns garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos n...
Ent. Marta Alonso Tejada - Peza multidisciplinar Sofá 23.07.2026 3:54
Marta Alonso Tejada xunto a Pablo Reboleiro, presenta este domingo en Tui “Sofá”. Trátase dunha peza multidiciplinar con danza, teatro, música en directo… que aborda as relacións de parella A cita será este domingo ás 20 h na igrexa de San Domingo. Marta Alonso Tejada explicaba o especial desta peza e do escenario onde a van levar a cabo. O espectáculo forma parte da programación cultural do verán...
Ent. Ana Mª Fernández, presidenta da Comisión de Festas | Festas na honra a Santa María Magdalena 23.07.2026 5:26
Cunha sardiñada, porco ao espeto, pulpeiro e a primeira verbena comezan hoxe as festas na honra a Santa María Magdalena en Ribadelouro. Até o domingo está previsto un amplo programa festivo no que terán concerto da Banda de Música Popular de Tui, actuación do grupos folclórico Santa Columba de Ribadelouro, actos relixiosos, poxas, verbena e tradición. Así nolo contaba a presidenta da Comisión de F...
Ent. Xoán Piñón | Concerto do dúo Doa 22.07.2026 5:20
Susana de Lorenzo e Xoán Piñón conforman o dúo Doa que este sábado, 25 de xullo, ás 20,30 h vai actuar na igrexa de San Domingo dentro da programación cultural do verán e do ciclo Cultura no Camiño. Doa conta cunha longa traxectoria e múltiples formación en función do concerto. Aquí en Tui chegan en formato dúo e contarán co colaboración de Fran Castro e Carlos Castro.
Ent. Daniel Macua, de Grovias Fútbol Gaélico | Mundiais e próxima temporada 22.07.2026 10:58
Cinco xogadoras do Club Grovias Fútbol Gaélico participaron nos mundiais desta disciplina coa Selección Galega, que volveu con tres trofeos. Loreto logrou coa selección Galicia A a vitoria na Copa Shield da categoría International LGFA Division 1. Pola súa banda, Kary, Sara, Noa e María conseguiron coa selección Galicia B o triunfo na categoría International LGFA Division 2. Daniel Macua, do club...
Ent. Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas | Festas de Santiago Apóstolo en Malvas 22.07.2026 4:47
A orquestra espectáculo madrileña La Misión abrirá mañá xoves as festas na honra a Santiago Apóstolo en Malvas. Comezan así tres día de festas con verbenas, porco ao espeto, concertos, tradición, e tamén innovación como a tractorada. Así nolo contaron Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas.
Espazo Comercio | Ideas Artesanas 21.07.2026 7:33
Artigos para bebé, elaboración de produtos artesanais, confección de artigos personalizados, bordados... e moito máis é que o que podemos atopar en Ideas Artesanas, na rúa Rosa Bahamonde. Conversamos con María Jesús Pérez, de Ideas Artesanas, sobre a súa aposta por continuar coa súa actividade profesional en Tui.
Ent. Elsa Roldán, cantante tudense 20.07.2026 14:09
A tudense Elsa Roldán é cantante e violinista. Reside en Madrid, agora mesmo está a estudar na Escola Superior de Música Reina Sofía, e onte domingo ofreceu un concerto na Catedral de Tui, dentro do Festival IKFEM 2026. Hoxe conversamos con ela, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.
Ent. Santiago Vega e Iago Eireos | Obradoiro de fotografía na Catedral de Tui 20.07.2026 7:24
“Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración” é o título do obradoiro de fotografía que a próxima semana se vai celebrar na Catedral de Tui organizado por Tude, o Museo Catedralicio Diocesano. Será impartido polo artista multidisciplinar Iago Eireos. Celebrarase o mércores 29 pola mañá, e o xoves 30 e venres 31 en horario de mañá e tarde. Ten un prezo de 15€ e é preciso inscr...
Sección Raíces e Vangarda con Judicael Romero | Parrilada de verán 20.07.2026 13:43
Hoxe no tempo de Raíces e Vangarda Judicael Romero danos o secreto para unha boa parrillada de verán con chuletón e verduras, e amais cóntanos o truco para elaborar os nosos propios refrescos.
Ent. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Visita martes 20 20.07.2026 6:38
A praza do Concello será mañá martes, ás 20.30 h, o punto de partida da visita polo Lugares Democráticos de Tui que forma parte do ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, será a encargada de guiar este percorrido. Hox...
Ent. Paula Cabaleiro | Ponte Creativa e Enogastronómica no IKFEM 17.07.2026 15:12
A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase mañá nunha ponte creativa e enogastronómica no marco do IKFEM Festival. 30 expositores, 8 grupos en concerto, foros, presentacións... todo nunha xornada especial que simbolizará a unión entre as dúas beiras do Miño. Así nolo contou hoxe Paula Cabaleiro, comisaria artística do evento. O tráfico na Ponte permanecerá cortado xa dende ás 6.45 h e at...
Ent. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora | A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo 17.07.2026 4:27
A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora, explicou hoxe no programa Día a Día a importancia deste achado.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Festas do Cristo 2026 17.07.2026 8:00
Salceda de Caselas vive esta fin de semana tres xornadas de tradición coa celebración das Festas do Cristo 2026. Unha programación que, como definía a alcaldesa Loli Castiñeira, é variada, intensa e pensada para que todas as persoas poidan celebrar e desfrutar. A rexedora salcedense destacou hoxe o especial desta festa, co Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os, o concerto de A Banda da Loba ou a...
Lignende podcasts
Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.