Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 episoder

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

16. okt. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Ent. José Mª Ureta, enólogo da adega Santiago Ruíz - Inicio da Vendima 19.08.2026

Onte comezou a vendima na adega Santiago Ruíz no Rosal. Por diante case un mes de traballo en 52 hectáreas para recoller as cinco variedades albariño, godello, loureiro, treixadura e caíños branco que colleitan. Así o confirmou hoxe o seu enólogo José Mª Ureta dando conta de que será unha colleita espectacular por calidade e cantidade.

Ent. Iván Alonso, padexeiro - Descenso Internacional do Miño 18.08.2026

O tudense Iván Alonso foi gañador absoluto en k1 en dúas ocasións do Descenso Internacional do Miño. A última o ano pasado antes de retirarse de forma profesional do piragüismo. Amais ten dobre récord no Descenso en K2, a primeira vez con Diego Domínguez Aristegui e a segunda con Diego Piña. Hoxe falamos dos seus inicios, dos éxitos deportivos, e do Descenso Internacional do Miño.

Ent. Luís Fernández e Cibrán Álvarez do Xadrez Tui - Partidas Amistosas e Torneo Area este sábado 18.08.2026

O Paseo da Corredoira acollerá este sábado, a partir das 11 h, partidas amistosas de xadrez e un Torneo Area. Así nolo contaron hoxe Luís Fernández e Cibrán Álvarez do Club Xadrez Tui organizador do evento.

Ent. Vicky Méndez e José Álvarez, organización - VI Rocha Folk 18.08.2026

A ribeira de Caldelas acolle este venres e sábado o VI Rocha Folk, Dúas xornadas de concertos, un obradoiro, e coma novidade un Encontro Internacional de Bombos e zona de acampada. José Álvarez e Vicki Méndez da organización déronnos todos os detalles.

Ent. Eloy Carrera e Gustavo Barcia da Banda de Música Popular de Tui - XXXI Festival de Bandas de Música 18.08.2026

Este venres ás 21 h celébrase a 31ª edición do Festival de Bandas de Música. Este evento, tradicional no verán tudense, cambia de emprazamento e se celebrará no Paseo Fluvial. En concerto estarán a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música Popular que Tui, que previamente farán un pasarrúas dende a Corredoira. Eloy Carrera, director, e Gustavo Barcia, música déronnos conta de como vai ser o f...

Espazo Comercio | Martes, 18 de agosto 18.08.2026

Hoxe no Espazo Comercio, que realizamos cada martes en colaboración con ACITUI, Lucía Nogueira, vicepresidenta da asociación, deunos conta do que debemos ter en conta na campaña de Volta ao Cole, se nos queremos beneficiar da bonificación no IRPF. Tamén destacou a existencia das follas de reclamación con código QR.

Ent. Quique Míguez, padexeiro olímpico | Descenso Internacional do Miño 17.08.2026

Los Ángeles 1984, Seúl 1988 e Barcelona 1992 foron os tres Xogos Olímpicos nos que participou o tudense Enrique Míguez Gómez. Hoxe lembrou na nosa sintonía como foi o multitudinario recibimento en Tui tras lograr o bronce en C2 xunto a Narciso Suárez en Los Ángeles, e a espiñiña cravada de non lograr a medalla en Barcelona 1992. Repasamos a súa longa carreira deportiva, como se iniciou no mundo do...

Ent. Noelia Martínez e Rosa González de Donicelas | Concerto no Rocha Folk 17.08.2026

Donicelas abrirá este venres o Rocha Folk en Caldelas. Estarán en concerto ás 20.30 h no exterior do Balneario de Caldelas, o lugar onde precisamente gravaron o videoclip do seu tema "Portuguesiña". Así nolo contaron dúas das integrantes do grupo Noelia Martínez e Rosa González.

Ent. Carmen Manso, investigadora | Conferencia “La catedral medieval de Santa María de Tui” 17.08.2026

“La catedral medieval de Santa María de Tui” é o título da conferencia que mañá martes, 18 de agosto, vai ofrecer a investigadora Carmen Manso. Será no Espazo Sociocultural dentro do ciclo "Coñece o noso patrimonio".

Ent. Natalia Lago | Ruta A casa da Lontra e a casa da Fada do Aloia 14.08.2026

A Fada do Aloia realizará mañá sábado ás 11 h unha nova ruta de A Casa da Lontra, amais durante este mes ten a súa propia casa no cumio do monte. Así nolo contou hoxe Natalia Lago dando conta das actividades de educación medioambiental que realiza.

Ent. Carolina e Julio, da Comisión de Festas de Pesegueiro | XX Rastrexo de Pesegueiro 14.08.2026

Até este domingo 16 están abertas as inscricións para o XX Rastrexo de Pesegueiro que se celebra o próximo sábado 22. Este ano a temática é La Casa de Papel, baixo o título “Plan de atraco: 20 anos na sombra”. Para participar é necesario formar un equipo de entre 6 e 12 persoas, e inscribirse no correo rastrexopexegueiro@hotmail.com. Hoxe déronnos todos os detalles Carolina e Julio, da Comisión de...

Ent. Lis Montes, presidente da Comisión organizadora do centenario do Tyde | Partido entre o Pontevedra e o Ourense 14.08.2026

O estadio Álvarez Durán acollerá mañá ás 20 h un partido de pretemporada entre o Pontevedra e o Ourense. Así nolo contou hoxe Lis Montes, presidente da Comisión organizadora do centenario do Tyde, quen lembrou tamén a vinculación do Pontevedra co Tyde. Amais avanzou outras actividades que van realizar dentro da programación do Centenario, coma o Trofeo Cidade de Tui que se disputará o 29 deste mes...

Ent. Gabriel Fandi, cantante | Concerto nas festas da Virxe do Camiño en Rebordáns 14.08.2026

Mañá sábado ás 23 h Gabriel Fandi estará en concerto nas festas da Virxe do Camiño en Rebordáns. Será unha actuación especial na que haberá sorpresas e na que interpretará, entre outros temas do seu repertorio, o último lanzamento "Bonita" que intepretou en directo hoxe na nosa sintonía.

Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | Paseo botánico 13.08.2026

A Asociación de Muiñeiros do río Tripes organiza para o próximo mércores 19 de agosto un paseo botánico pola senda do Tripes. Será a partir das 19 h con inicio e fin na área recreativa de Circos, en Pazos de Reis. O prezo é de 5€. O paseo estará guiado por Xesús Fernández, doutor enxeñeiro e agrónomo, especialista en flora ornamental. O presidente da asociación, Rocardo Dasilva, explicou hoxe que...

Ent. Manuel Pedrares, presidente do Kaiak Tudense - Romaría Popular, Descensos Popular e Internacoinal e Selectivo 13.08.2026

Máis de 450 persoas van participar este sábado, 15 de agosto, no Descenso Popular do Miño. Así nolo contou o presidente do Kaiak Tudense, Manuel Pedrares, que nos achegou a información práctica sobre a sañida dos autobuses lanzadeira dende a rúa Tenencia e sobre a recollida de dorsais. Dende ás 12 h na ribeira de Caldelas celebrarase a Romaría Popular cunha proposta gastronómica a cargo da Asociac...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Festa do Miño 2026 13.08.2026

Unha xornada de convivencia que se vive na rúa, así é a Festa do Miño que se celebra este sábado na rúa Compostela. Unha data que o Concello de Tui, as asociacións culturais e a cidadanía suman sinerxías nunha actividade que celebra a súa décimo cuarta edición. Así o explica a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Unha festa que define o arraigo de Tui co Miño, que forman parte da identidade l...

Ent. Francisco Cañedo e Javier Rodríguez, da Comisión de Festas - Festas na honra a San Roque e San Bartolomeu 2026 12.08.2026

Coa procesión de San Roque comezan este sábado as festas na honra a San Roque e San Bartolomeu no barrio tudense de San Bartolomeu. Do programa previsto tanto esta coma a próxima fin de semana déronnos conta hoxe Francisco Cañedo e Javier Rodríguez, da Comisión de Festas de San Roque e San Bartolomeu.

Ent. Enrique Alonso, presidente Fundación CEO, Ciencia e Cultura - Eclipse Solar 11.08.2026

Mañá viviremos un eclipse solar que na nosa zona será singular aínda que non acadará o 100% de ocultación do sol. Coñecemos todos os detalles deste fenómeno astronómico e cómo velo con seguridade co presidente da Fundación CEO, Ciencia e Cultura, Enrique Alonso.

Ent. Borja Núñez, campión do Mundo sub 19 de remo e Manuel A.González, do Remo do Miño | Campión do Mundo 11.08.2026

Borja Núñez, remeiro do Club Remo do Miño fixo historia esta fin de semana ao colgarse a medalla de ouro no Campionato do Mundo Sub 19 en Catro Sen Temoneiro en Plovdiv. É o primeiro remeiro galego sub 19 en lograr subir ao máis alto do podio nun mundial. Compartiu connosco como viviu esa final . Canda a el estivo tamén o seu adestrador Manuel Angel González, presidente do Club Remo do Mño, que se...

Espazo Comercio | Asociarse a ACITUI 11.08.2026

Cales son as vantaxes que ofrece a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, aos establecementos asociados, e cales son as vantaxes de ser socio foron presidente da asociación, Pepe Míguez. Fomentar o comercio local, darlle visibilidade e ofertar actividades de formación son algúns dos obxectivos de ACITUI. As persoas interesadas poden contactar con calquera membro da directiva, ou...

Ent. Isilda Salvador, museóloga, ténica cultural e investigadora | Visita ao mosteiro de Ganfei 11.08.2026

A vinculación do Mosteiro de Ganfei e de San Teotonio con Tui será dada a coñecer esta tarde na visita guiada “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”. Comezará ás 20.30 h ES no propio mosteiro dentro do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Será guiada por Isilda Salvador, museóloga, inv...

Ent. Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns | Semana cultural e festas na honra Virxe do camiño 10.08.2026

Rebordáns prepárase para vivir esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Camiño. Previamente dende mañá celebran a Semana Cultural con teatro, gastronomía e música. Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns, presentaron hoxe na Radio Municipal de Tui a programación tanto da Semana Cultural con actos mañá martes e o mércores, como das festas que van celebrar xoves, venr...

Ent. José Álvarez e Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas | Semana Cultural 10.08.2026

Este domingo 16 comeza a Semana Cultural de Caldelas, con cinco xornadas de programación organizadas pola Asociación A Insua de Caldelas. Haberá actividades infantís, música, baile, humor, teatro, cine e playbacks. Todo na ribeira. Contáronnolo hoxe José Álvarez e Vicky Méndez, da Insua.

Ent. Mila González, Manuel Gónzalez e Diego Alonso, de Arume de Malvas | Festival Filet Bleu 10.08.2026

44 integrantes de Arume de Malvas porán rumbo mañá martes a Concarneau, en Francia, para participar no 104 Festival Filet Bleu. Alí ofrecerán un espectáculo de tradición, música e baile, tal e coma hoxe destacaron Mila González, presidenta de Arume de Malvas; Diego Alonso, profesor; e Manuel González, integrante da banda.

Ent. José Ángel Gándara, presidente da Comisión de Festas | Festas do Monte 2026 07.08.2026

Miles de persoas gozarán esta fin de semana da programación das festas do Monte na Guarda. Mañá sábado grupos folclóricos, e 21 bandas mariñeiras participarán no desfile entre a Alameda e o Porto, e o domingo máis de 15 mil persoas subirán ao cumio do Monte. As verbenas e outras propostas culturais e de lecer forman parte do programa festivo. Así o explicou José Ángel Gándara, presidente da comisi...

Lyt til podcasten Día a Día i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.