Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Epizody: 6535

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

27. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Ent. Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana | Presentación libro "Arredor do Ferruxo" 15.04.2026

Un libro de memoria é o que se vai presentar este sábado ás 12 h no Espazo Sociocultural de Tui. O título é "Arredor do Ferruxo" e o contido artéllase sobre textos escritos por 28 persoas sobre historias, pasado, guerras en España e no mundo... Faláronnos deste libro hoxe Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana.

Ent. David Gómez-Casasnovas, director; e Javier García, xefe de estudos, do IES San Paio | Pacto conxunto sobre o móbil 15.04.2026

Os dez centros educativos de Tui elaboraron un pacto conxunto para regular o uso do móbil nos institutos e colexios. O principal obxectivo deste pacto é concienciar, informar e avaliar a situación en cada centro, sempre con posta en común e simultáneamente, con charlas, formacións e enquisas. A meta é a adolescencia libre de móbiles. Coñecemos esta iniciativa con David Gómez-Casasnovas, director;...

Ent. Noelia Pérez, Andrea Docampo e Rocío Lozano, do Centro Anarela | Maternidade sen filtros 14.04.2026

A transformación despois de ter un bebé, as emocións e vivencias internas, a identidade, o posparto, a presión social e o acompañamento son algúns dos elementos da maternidade que hoxe abordamos nunha conversa con Noelia Pérez e Rocío Lozano, psicólogas sanitarias, e Andrea Docampo, psicóloga sanitaria, do Centro Anarela.

Ent. Lucía Nogueira, Manu Garrido e Ana Núñez - Balance da ruta gastronómica Tú-y D'Tapas 14.04.2026

Balance moi positivo da ruta Tú-y D'Tapas que no mes de marzo desenvolveu ACITUI. Nos catro venres do mes os establecementos participantes serviron 9.345 pinchos, case o dobre que na primeira edición deste evento o ano paso. Así o explicou Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI. Coincidía no positivo do balance Manu Garrido de La de Manu e Terraza do Miño. A concelleira de Comercio, Ana Núñez, f...

Ent. David Acevedo, da organización da Ultreia | Máis de 800 participantes 10.04.2026

802 persoas realizarán a marcha Ultreia este domingo 12. Unha actividade deportiva que partirá ás 9 h da praza de San Fernando, en Tui. Na oitava edición da Ultreia e os 800 anos da consagración da Catedral, a proba acada unha cifra récord de participantes. Así nolo contou hoxe David Acevedo, da organización.

Ent. Miron Bococi, domador e artista ecuestre | Espectáculos na concentración cabalar de San Telmo 10.04.2026

Durante tres xornadas, sábado, domingo e luns de San Telmo, o barrio de San Bartolomeu acollerá a tradicional Concentración Cabalar, con rutas, exhibicións, concursos e espectáculos. Miron Bococi é domador e artista ecuestre, e actuará o domingo ás 19 h e o luns ás 13 h. El contaba hoxe que poderemos atopar nos seus espectáculos.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes; e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | Carreira San Telmo 2026 10.04.2026

Preto de 700 persoas van participar mañá sábado, dende as 11 h, na Carreira Popular de San Telmo II Memorial Xosé Martínez Tato. Hoxe Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui, deron detalles sobre o percorrido e destacaron o carácter solidario desta proba popular, en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | San Telmo 2026 10.04.2026

Catro días grandes das festas de San Telmo son os que temos por diante en Tui a partir de hoxe venres. Verbenas, gastronomía, concertos, deporte, espectáculos para público familiar, procesión... e moito máis. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, explicaba hoxe que o obxectivo das festas é incluír a todas as persoas.

Ent. Fernando. Suárez, pte. Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia | Día da Internet das Cousas 09.04.2026

Hoxe 9 de abril conmemórase o Día Internacional da Internet das Cousas, o proceso que permite conectar elementos físicos cotías (por exemplo, un reloxo intelixente) á rede. Conversamos con Fernando. Suárez, o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, sobre os riscos que existen na IoT, a implicación da intelixencia artificial na vida cotiá e como protexer a nosa inf...

Ent. Bego Bras, directora, e Román Bugarín, do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis | Estrea de "Taxi" 09.04.2026

Todas as situacións que se viven nun taxi ao longo dunha xornada de traballo é a premisa da obra "Taxi", que estrea hoxe o grupo Aloia de Pazos de Reis ás 21 h se estrea no Teatro Municipal de Tui dentro da XVI Semana de Teatro Amador. Sobre o escenario estarán Román Bugarín, Miguel Enríquez, Samuel Otero, Eva Pazo, Marta Pazo, Miguel Angel Pazo, Estela Rey e Merchi Rodríguez. Bego Bras é a direct...

Ent. Pilar Pazo e Rosana Martínez, da Asociación do Traxe de Tui | Desfile exaltación do traxe tradicional 2026 08.04.2026

Este domingo, día 12, ás 12.30 horas terá lugar o desfile exaltación do traxe tradicional, dentro da programación das Festas de San Telmo. Será dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando. Pilar Pazo e Rosana Martínez, da Asociación do Traxe de Tui, explicaba que o desfile ten carácter solidario coa Asociación San Vicente de Paul. Tamén avanzaron que estarán presentes no partido do Tyde d...

Ent. Sofía González, directora do grupo de teatro A Insua | Estrea de "Erro 404" 08.04.2026

Unha viaxe até o ano 2050 é a que propón o grupo de teatro A Insua de Caldelas na obra "Erro 404" que hoxe ás 21 h se estrea no Teatro Municipal de Tui dentro da XVI Semana de Teatro Amador. Sobre o escenario estarán Ana Pena, Alberto Raúl Santa María, Consuelo Besada, Gabriel López, Josefa Carrera, María del Mar Alonso, Marisa Villaverde, Rosa María González, Sofía Pimentel, Susana Lorenzo e Vane...

Ent. Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio | Nomenclátor de Galicia 08.04.2026

Que é o Nomenclator de Galicia? Cales son os principais cambios na nosa zona que veñen de ser aprobados amais de Pesegueiro e Caldelas de Miño? A estas preguntas deu resposta hoxe na nosa sintonía Cristian Lago, guía intérprete do Patrimonio que quincenalmente conduce "Descubrindo o noso patrimonio", onde en moitas ocasións nos fala xa da toponimia. Posteriormente a esta conversa, Cristian Lago re...

Ent. Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López, de Equigalia | Concentración Cabalar San Telmo 2026 07.04.2026

Dende este sábado e até o luns 13 celébrase en San Bartolomeu a Concentración Cabalar de San Telmo. Tres días de actividades, entre as que se atopa a segunda edición da ruta cabalar, bautismo hípico, concurso de saltos ou exhibicións de Miron Bococi. Deron hoxe os detalles Marcos González, de Hípica Marcos, e Paula López, de Equigalia.

Espazo Comercio | Sorteo Día do Pai 07.04.2026

50 comercios de Tui participaron na campaña do Día do Pai organizada por ACITUI. En total entregáronse 1644 participacións, e hoxe coñecimos no programa Día a Día quen son as 5 persoas que se levan os vales de 30 euros para invertir nos comercios adheridos á campaña. Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo hoxe balance positivo desta campaña.

Ent. Katia Rocha e Tatiana Pérez do grupo San Fins | Estrea de Ultramarinos Norte na XVI Semana de Teatro Amador 07.04.2026

Hoxe comeza a XVI Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui dentro das festas de San Telmo co grupo de teatro San Fins que estreará "Ultramarinos Norte". Unha obra escrita e dirixida por Laura Villaverde e interpetada por Amparo, Concepción, Carmela, Concepción, Concha, Florindo, José, Paquiño, Álvaro, Helen, Tatiana e Katia. Con Tatiana Pérez e Katia Rocha coñecemos todos os detalles des...

Ent. Francisco Castro, escritor | Presentación do libro "Una honda historia de los Beatles" 07.04.2026

"Una honda historia de los Beatles" é o novo libro de Francisco Castro publicado pola editorial Almuzara. Hoxe na Radio Municipal de Tui deunos conta desa historia menos coñecida da banda de Liverpool, presentándonos esta nova obra.

Ent. Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas e Andrea Costa, artista | VI Rocha Folk 06.04.2026

O 21 e 22 de agosto celébrase o VI Rocha Folk en Caldelas. Hoxe coñecemos algúns detalles da edición deste ano e o cartel, deseño de Andrea Costa. Converamos con Vicky Méndez e José Álvarez, da Asociación a Insua de Caldelas, e coa artista Andrea Costa.

Raíces e vangarda | Pementos de padrón en tempura con requeixo 06.04.2026

Hoxe na sección gastronómica "Raíces e vangarda" cociñamos pementos de padrón en tempura con requeixo, unha receita do chef Judicael Romero.

Ent. Fernando Da Costa, cultivador de camelia | Camelia 'Oviedo' 01.04.2026

A camelia de Tui chega a Asturias coa nova variedade, 'Oviedo', creada por Fernando Da Costa. Esta "Camellia Japonica" naceu a raíz dunha semente de "Kiki do Casal", e o seu nome foi outorgado na honra á cidade de Oviedo, tal e como expicou hoxe Fernando Da Costa.

Ent. Pablo Crisóstomo, de El Molino | Festa do Meixón 01.04.2026

Dende hoxe mércores até o luns 13 abril, seis establecementos tudenses ofrecerán meixón, dentro da Festa deste produto, con motivo dos festexos de San Telmo. Serán El Molino, Casa Pote, La de Manu, O Bartolo, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui. Con Pablo Crisóstomo, de El Molino, conversamos hoxe sobre o arraigo desta festa en Tui e coñecemos os detalles da súa proposta.

Ent. Nando G. Miguel, guitarrista de La Fuga | Concerto Festas de San Telmo 2026 01.04.2026

O rock de La Fuga chega a Tui este sábado ás 00 h cun concerto no Espazo Feiral, no primeiro día das Festas de San Telmo. No mesmo a banda celebra os seus 30 anos revisitando cancións e presentando o seu último disco. Así nolo contou hoxe Nando G. Miguel, guitarrista do grupo cántabro.

Ent. Rafa Tarsicio, de Puño Dragón | Concerto nas Festas de San Telmo 2026 01.04.2026

O grupo asturiano Puño Dragón abrirá os concerto das Festas de San Telmo en Tui deste 2026. Será este sábado 4 ás 21.30 h no Espazo Feiral con entrada libre. Rafa Tarsicio é un dos membros desta banda, e hoxe avanzou detalles da xira do seu segundo disco "Juegos violentos", na que se inclúe esta parada en Tui.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo e Comercio | V Encontro de Viños da Raia 01.04.2026

O V Encontro de Viños da Raia, ceébrase nesta primeira fin de semana das Festas de San Telmo na praza da Inmaculada. Participarán 17 adegas, e haberá degustación, catas, showcooking, música e gastronomía. Hoxe deu os detalles a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Núñez, de todo o que nos agarda este sábado e domingo neste V Encontro de Viños da Raia.

Ent. Francisco Javier Rodríguez Adelino e Ismael González da Irmandade do Doce Nomes de Xesús - Semana Santa 2026 01.04.2026

A visita aos monumentos, as sermón do Encontro e do Desencravo, e as procesións da Oración do Señor, dos Pasos e do Santo Enterro destacan no programa de actos da Semana Santa en Tui. Con Francisco Javier Rodríguez Adelino "Chiño" e Ismael González, da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, coñecemos todos os detalles da Semana Santa tudense.

Poslouchej podcast Día a Día v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály