Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
27. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Espazo Comercio | Eduardo Dacuña, de Ferretui 31.03.2026 5:21
Ferretui, na rúa Augusto González Besada de Tui, é unha ferretería que está e estará na cidade. Aclaraba así a súa situación Eduardo Dacuña hoxe no Espazo Comercio en colaboración con ACITUI.
Ent. Juan José Perles, arqueólogo | Intervención arqueolóxica na praza do Pracer 30.03.2026 11:59
Parte do Tude Romano saíu á luz nas sondaxes arqueolóxicas realizadas na praza do Pracer, en pleno conxunto histórico de Tui. Unha intervención que estivo dirixida por Soledad Prieto, e na que Juan José Perles, arqueólogo, formou parte do equipo técnico. Hoxe explicounos o peculiar e a importancia destes restos atopados datados entre o século I e IV d. C.
Ent. David Acevedo, da organización da marcha Ultreia 30.03.2026 5:01
Máis de 700 persoas están inscritas para participar na marcha Ultreia 2026, que se celebrará o domingo 12 de abril. Unha cifra récord, a dous días do peche das inscricións en cronotec.es. Un prazo que aínda está aberto, tal e como indicou hoxe David Acevedo, da organización da marcha Ultreia.
Raíces e vangarda | Torradas de Semana Santa con Mencía 30.03.2026 15:30
Hoxe cociñamos en Raíces e vangarda torradas de Semana Santa con redución de viño Mencía. Unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns ás 11.30 h trae unha proposta de cociña tradicional e de vangarda.
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença 27.03.2026 5:50
Arredor de 1.000 nenos e nenas de 40 equipos de España e Portugal participarán esta fin de semana o Torneo de minibasket da Eurocidade Tui-Valença, que organiza o Basket Clube Valença. O CB Tui é un dos equipos que participa neste torneo xa tradicional na Eurocidade, tal e como explicou hoxe Javi Niño, coordinador deportivo do club tudense. Con el tamén coñecemos a actualidade do CB Tui.
Ent. Agustín Martínez, presidente, e Manuel Fernández, adestrador do Balonmán Tui | Fase Final a 4 xuvenil 27.03.2026 8:57
Toda unha festa deportiva vaise vivir esta fin de semana no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui coa celebración da Final a 4 xuvenil masculina e feminina de balonmán. Un evento moi importante e especial tanto para Tui coma para o club tudense que buscará o ascenso do seu equipo masculino. Mañá á mañá xogaranse as semifinais femininas ás 10.30 h Sar-Porriño, e 12.30 h Cangas-Meaño, e as masculinas ás...
Ent. José Manuel Solleiro e Rafael Pego | Concerto da Benvida das Flores 27.03.2026 6:11
O Centro Cultural de Ribadelouro acollerá mañá sábado ás 19 h o concerto da Benvida das Flores. Participarán o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis, o Coro da Agrupación Musical de Vincios, e a Coral Polifónica Ponte das Febres, organizadora do evento. José Manuel Solleiro e Rafael Pego, da coral Ponte das Febres, convidaban a asistir a este evento musical no que a coral estreará unha obra titul...
Ent. Mauricio Huerta, responsable da expedición da Selección Mexicana Sub19 liga TDP | Partido centenario Tyde 26.03.2026 4:01
Este domingo o Tyde celebra o partido do seu centenario, o primeiro dos eventos deportivos para conmemorar os 100 anos de historia do club. A cita terá lugar ás 17:30 horas, nun encontro que enfrontará ao TYDE contra a Selección Mexicana Sub-19 de la Liga TDP. Mauricio Huerta é o responsable desta expedición, e hoxe destacou o especial deste partido en Tui.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex | Participación no Campionato de España de Patinaxe 26.03.2026 3:43
O Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui vai participar esta fin de semana no Campionato de España de Patinaxe, en Guadalaxara, tras conseguir o subcampionato galego cun equipo totalmente renovado. Carolina Figueroa, adestradora do CPA Ribex, explicaba que este é un ano de moitos cambios e de transcisión, polo que o obxectivo esta fin de semana será disfrutar da experiencia e facelo o mellor posi...
Ent. Manuel de Santiago | Presentación do libro “Sor Lucía e a devoción dos cinco primeiros sábados de mes” 26.03.2026 4:24
Hoxe xoves ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez terá lugar a presentación do libro “Sor Lucía e a devoción dos cinco primeiros sábados de mes”. Esta obra é froito do traballo e reflexión realizado ao longo dos anos polo seu autor que esta tarde estará acompañado por Javier Oliveira da librería Nobel. Hoxe conversamos co autor, Manuel de Santiago.
Ent. Anabel Solla de AMEI Tui - AMEI LAB STEM 26.03.2026 4:01
AMEI LAB STEM é un proxecto innovador que AMEI TUI está a desenvolver combinando ciencia, tecnoloxía e igualdade. Consiste en talleres que van desenvolver nos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tui e da comarca nos que visibilizarán mulleres referentes, e a través da gamificación romperanse os estereotipos no ámbito das STEM. Así o explicaba Anabel Solla de AMEI Tui.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador | Presentación libro "As murallas de Tui" 25.03.2026 10:15
O libro “As murallas de Tui” do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela será presentado este venres ás 19.30h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Esta publicación vén de ser editada polo Concello de Tui ao abeiro do proxecto europeo Interreg Poctep “FarPax” no que participa o concello tudense. Deu hoxe os detalles o autor, Rafael Sánchez.
Ent. Lucía Melo, profesora do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | V Carreira Solidaria 24.03.2026 3:32
Mañá mércores a partir das 10 h o Paseo da Corredoira de Tui acolle a V Carreira Solidaria organizada polo CEIP Plurilingüe Nº1. Será en favor de Aldeas Infantiles, e haberá puntos de doazón na propia carreira. A participación é aberta. Deu os detalles hoxe Lucía Melo, profesora do CEIP Nº1.
Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas no restaurante O Bartolo 24.03.2026 3:22
Este é o último venres da ruta gastronómica impulsada por ACITUI, Tú-y D'Tapas. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos cal é a proposta do restaurante O Bartolo da man de Ángel García, quen tamén fixo un balance positivo desta edición.
Ent. Tania Otero, de Cucadas | Normativa e consellos sobre cadeiras de coche para bebés 24.03.2026 12:11
De cara á Semana Santa e ás viaxes longas en coche, a tenda tudense Cucadas abre un programa de concienciación e información sobre o que hai que ter en conta á hora de escoller unha cadeira de coche para bebés. Así explicouno hoxe Tania Otero, de Cucadas.
Ent. Reina Gómez | Mrs. +30 Galicia 23.03.2026 5:38
A tudense Reina Gómez participa no certame Mrs. + 30 Galicia, que se celebra este domingo na Coruña. Hoxe coñecemos a Reina, quen contou como xurdiu a súa paixón pola moda e a modelaxe.
Raíces e vangarda | Leite frito con crema de limón e bica 23.03.2026 12:37
Hoxe na sección de cociña "Raíces e vangarda" cociñamos leite frito con crema de limón e bica, unha receita do chef Judicael Romero.
Ent. Mar Rodríguez, de Horta Verde | Taller de fermentados 23.03.2026 6:21
Horta Verde organiza no Mercado de San Antonio un obradoiro de fermentados, chucrut e máis. Será este xoves en horario de 17 h a 20 h. As persoas asistentes aprenderán a elaborar diferentes fermentados probióticos con verduras de temporada. As prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse no 986 600 644. Así o explicou hoxe Mar Rodríguez, de Horta Verde, quen tamén avanzou próximos talleres...
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividade de orientación 23.03.2026 4:18
Este domingo 29 ás 12 h a empresa Altitude organiza unha actividade de orientación no Monte Aloia. As persoas participantes aprenderán a orientarse empregando mapas e brúxulas, todo a través do xogo. A inscrición pode realizarse nas redes sociais de Altitude ou no teléfono 613 23 93 09. Deu máis detalles hoxe Claudia Montes, de Altitude.
Ent. Eva González, xornalista | Pregón Semana Santa 2026 20.03.2026 18:49
Este domingo comezan os actos da Semana Santa en Tui. Será ás 18 h na capela das Reliquias co pregón a cargo de Eva Gonzalez, xornalista, durantes tres décadas corresponsal de Faro de Vigo en Tui e Baixo Miño. Hoxe conversamos con ela sobre o pregón, a súa vida profesional e sobre o patrimonio tudense.
Ent. Cristopher Pérez e David Muñoz, de Cristopher Pérez Quartet | Concerto no Teatro Municipal 20.03.2026 4:15
"Isla de los volcanes" é o traballo que hoxe venres ás 20.30 h presenta Cristopher Pérez Quartet no Teatro Municipal de Tui, nun concerto enmarcado na programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Hoxe coñecemos detalles deste concerto con dous integrantes do grupo: Cristoph...
Ent. Neli Rodríguez | Situación Escola Unitaria da Gándara, na Guarda 20.03.2026 5:18
A Escola Unitaria da Gándara, na Guarda, está en risco de non poder continuar coa súa actividade lectiva o próximo curso. Precisa novas matrículas xa que, dos 12 nenos e nenas de 3 a 6 anos que actualmente hai na escola, 9 pasarán a Primaria o próximo curso cambiando de centro. Neli Rodríguez é unha das nais afectadas. Hoxe explicou na nosa sintonía que características ten esta escola unitaria, a...
Ent. Iria Leirós e Carlos Otero, de Diversidades Acolle | Día da Eliminación da Discriminación Racial 20.03.2026 9:23
Mañá 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Con este motivo, hoxe conversamos sobre a discriminación e os sesgos que existen coas persoas migrantes no momento en que buscan unha vivenda digna. Coñecemos esta realidade con Iria Leirós, coordinadora do Programa de Protección Internacional de Diversidades Acolle; e con Carlos Otero, educador deste program...
Ent. Nuno Ferreira, pte. de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho | Festival Sabores da Lampreia do Rio Minho 18.03.2026 4:29
Este venres, sábado e domingo celébrase en São Pedro da Torre, en Valença, o Festival Gastronómico Sabores da Lampreia do Rio Minho. Unha cita que comeza ás 12 h ES o venres 20 e se estende até o xantar do domingo. Coñecemos a programación e novidades con Nuno Ferreira, presidente de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho.
Ent. Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | Reforestación poética 18.03.2026 2:32
Alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui realizará este venres unha nova edición da reforestación poética no monte de Areas. Plantarán árbores autóctonas, visitarán as instalacións de Equigalia e cantarán "Cos pés na terra", de Paco Nogueiras. Coñecemos esta iniciativa con Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály