Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Epizody: 6533

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

26. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Especial Ponte nas Ondas - IES Indalecio Pérez Tizón 24.04.2026

O IES Indalecio Pérez Tizón é un dos centros que participa dende Valença na xornada especial de radio que realiza Ponte nas Ondas. No programa especial que realizamos dende Valença contamos co profesor Alberto Valverde, quen nos explicou a intervención que ía realizar o alumnado sobre "Contrabando e trapicho".

Especial Ponte nas Ondas - Santiago Veloso, presidente de Ponte nas Ondas. 24.04.2026

Santiago Veloso é o presidente de Ponte nas Ondas. Con el falamos desta xornada tan especial que hoxe vivimos dende o Agrupamento de Escolas Murallas do Minho en Valença, pero tamén de Ponte nas Ondas e na cita que este ano terán en China.

Especial Ponte nas Ondas - Jose Vaz Carpinteira, presidente da Cámara de Valença 24.04.2026

O presidente da Cámara de Valença, José Vaz Carpinteira, participou esta mañá no programa especial Día a Día que realizamos dende o Agrupamento Escolar de Murallas do Miño en Valença. Sumámonos así á xornada de radio escolar de Ponte nas Ondas.

Especial Ponte nas Ondas - Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura 24.04.2026

Hoxe sumámonos á xornada de radio escolar de Ponte nas Ondas dende o Agrupamento Escolar de Murallas do Miño en Valença. Dende alí realizamos un programa especial Día a Día no que falamos coa concelleira de Ensino de Tui, Sonsoles Vicente.

Ent. Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa Mª do Coro de San Sebastián | Concerto na Catedral de Tui 23.04.2026

Un concerto moi corido cun repertorio principalmente Barroco será o que ofrecerá este domingo, ás 18 h na Catedral Loreto Aramendi, titular do órgano da Basílica de Santa María do Coro de San Sebastián. Este evento pechará o ciclo 8CentosPés que se está a desenvolver co gallo do 800 Aniversario da Consagración da Catedral de Tui. Con ela falamos hoxe.

Ent. Iria, Adrián e Nina, alumnado do IES San Paio | Proxecto de radio e asociación de alumnado 22.04.2026

Con Iria, Adrián e Nina, alumnado do IES San Paio, coñecemos o proxecto de radio que desenvolven no instituto baixo o título de "Somos quen fomos" no que analizan eventos do pasado para coñecer como inflúen no noso presente relacionándoos con eventos actuais. Tamén nos presentaron a Asociación de Estudantes que veñen de crear no centro.

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Claudia Montes de Altitude | Andainas deportivas da Eurocidade 22.04.2026

Gran acollida teñen as andainas e camiñas saudables da Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolven a unha e outra beira do Miño. Este domingo percorrerán a senda do río Furnia en Pesegueiro, nunha actividade que ten xa todas as prazas cubertas. A primeira destas andainas tivo lugar o 22 de marzo polo Trilho de San Gabriel en Valença, este domingo será a do río Furnia, o 10 de maio o Trilho da Casca...

Ent. Carlos Fernández Bollo, organista da Catedral de León | Concerto na Catedral de Tui no ciclo 8CentosPés 22.04.2026

Carlos Fernández Bollo, organista titular da Catedral de León, será esta tarde, ás 20 h, o encargado de abrir o ciclo 8CentosPés na Catedral de Tui, cun concerto de órgano centrado na música de Bach, cunha viaxe arredor do ano litúrxico. Este é o primeiro dos tres concertos que esta semana se van a celebrar na Catedral co gallo da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc | Cinema galego 22.04.2026

Nunha semana, o próximo mércores, comezará Play Doc 2026. Un festival que abre cada ano unha ventá ao mundo a través do cinema, pero que en cada edición mantén un firme compromiso co cinema galego. Así será de novo coas 9 películas que se proxectarán en Competición Galicia, pero tamén cunha mirada ao pioneiros do cinema galego a través da figura de Rafael Luca de Tena. Así nolo contou Ángel Sánche...

Ent. Ángel Sánchez, codirector | Play Doc 2026 21.04.2026

O Teatro Municipal de Tui será un ano máis a sede principal de Play Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, aínda que as actividades terán lugar tamén noutros espazos como a Sala 2 no Seminario Menor, e no Espazo Sociocultural e a igrexa de San Domingos acollerán tamén outras iniciativas. Así nolo explicou hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, quen indicaba que en play-doc.com está tod...

Espazo Comercio | Campaña do Día da Nai 21.04.2026

ACITUI ten en marcha unha nova campaña promocional do comercio local, neste caso, co gallo do Día da Nai. Até o 3 de maio as persoas que realicen compras por importe superior a 20€ recibirán unha participación para entrar no sorteo de 5 vales de compra por importe de 30€ para consumir no comercio local. Así nolo contou hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.

Ent. Dámaso Rodríguez, peregrino | Cruzando Camiños 21.04.2026

O tudense Dámaso Rodríguez estaba esta mañá cruzando os montes de León en dirección a Molina Seca. A través de diferentes Camiño de Santiago está a percorrer o traxecto entre Alcalá de Henares e Tui na iniciativa Cruzando Camiño. Hoxe contounos como xurdiu esta iniciativa, e como está a ser esta experiencia. Ten previsto chegar a Tui entre o 8 e o 10 de maio.

Raíces e vangarda | Ensalada de queixo Savel e peras 20.04.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda coñecemos co chef Judicael Romero o queixo Savel de Airas Moniz (Chantada), escollido como o mellor queixo de España. Con el, cociñamos hoxe ensalada con Savel e peras.

Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño | Día Mundial do Párkinson 20.04.2026

Este venres 24 ás 19 h a Asociación Párkinson Baixo Miño conmemora o Día Mundial do Párkinson cunha xornada musical no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Actuará alumnado do Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui; o grupo de canto do CEIP Nº1; o coro da Lúa do CEIP Nº2; e o coro infantil do CEIP Pazos de Reis. Felicitas Iglesias, da Asociación, explicou hoxe a importante impl...

Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Roteiro "A lingua das aves" 20.04.2026

Este sábado ás 9 h celébrase no viveiro forestal de Areas a primeira edición do roteiro “A lingua das aves”, organizado pola Comunidade de Montes. Neste roteiro colaboran Biophilia Axencia Ambiental e El Naturalista Cojo, e é gratuíto para persoas comuneiras e familiares. O prezo para non comuneiros é de 10€. Deu hoxe os detalles Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas.

Ent. Eva Gándara, da ANPA Atalaia; e Xulio Carmona, enfermeiro | Charla "Desconectar para conectar" 17.04.2026

Hoxe ás 18 h o Salón de Plenos da Casa dos Alonso, na Guarda, acolle o faladoiro “Desconectar para conectar”, que organiza a ANPA Atalaia. Abordará a dependencia dixital, enfocándose no impacto das pantallas e novas tecnoloxías na infancia e adolescencia. Estará impartida polo enfermeiro Xulio Carmona, enfermeiro de saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas; ademais, é activista de Adolesce...

Ent. Valentín Carrera, escritor | Presentación do libro "El Mundo desde abajo" 17.04.2026

A primeira viaxe a Australia do tudense Rosendo Salvado centra o libro "El mundo desde abajo" de Valentín Carrera, polo que obtivo o premio Altaïr de literatura de viaxes. Hoxe ás 20 h no Espazo Sociocultural preséntase este libro, nun acto no que intervirá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e no que Valentín Carrerá manterá unha conversa co historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela. Con Valentín Car...

Ent. Natalia Lago | Rutas de A Fada do Aloia 17.04.2026

A Fada do Aloia organiza para esta fin de semana dúas rutas. Serán "O son da auga" mañá sábado ás 16 h e "Quen canta aí" o domingo ás 11 h. O prezo para cada unha delas é de 8€ infantil e 10€ adultos, e a reserva de praza debe facerse no 619 96 90 90. Natalia Lago, A Fada do Aloia, explicou como serán estas dúas rutas.

Ent. Alberto Abal, director da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo | Concerto na Catedral 16.04.2026

Ao abeiro do 800 aniversario da Catedral de Tui, este domingo ás 18 h terá lugar o concerto “Aura mundi”. Unha proposta musical que percorrerá o templo catedralicio coas voces do Ensemble Vocal Ángel Barja e Fran Vicéntez; Leisbert Antonio Moreno, no órgano; Edgar Dutary, na tuba; e Jorge Pazo, baixista. Todo baixo a guía de Daniel Goberna, gregorianista. Deu os detalles Alberto Abal, director da...

Ent. Fran Álvarez e Sofía Rodríguez, da Comisión de Festas de Areas | Festa da Zorza 16.04.2026

Este domingo a partir das 10.30 h o torreiro vello de festas de Areas acolle a Festa da Zorza. Unha nova edición desta cita, que terá tamén inchables e música. Dende a comisión organizan tamén unha festa de porco ó espeto, un rastrexo nocturno e unha churrascada. Todo de cara á festividade do mes de xullo. Así nolo contaron hoxe Fran Álvarez, secretario, e Sofía Rodríguez, da Comisión de Festas de...

Ent. Ismael Felgueiras e Martín Álvarez, da Comisión de Festas de Rebordáns | Actividades de abril e maio 16.04.2026

Un bingo musical, a segunda edición de Terrordáns e a primeira da furanchada son as actividades que organiza este mes e tamén en maio a Comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Hoxe coñecemos todos os detalles destas citas, que comezan xa esta fin de semana, con Ismael Felgueiras e Martín Álvarez.

Ent. Jose Rodríguez, de Rodespi | Xornadas prácticas sobre as traídas de auga veciñais en Galicia 15.04.2026

Hoxe mércores ás 19 h na Casa Cultural de Randufe ofreceranse unhas xornadas práticas sobre as traídas de auga veciñais en Galicia, onde se abordarán temáticas como o control de calidade, o Plan Sanitario de Auga, acceso a subvencións ou o mantemento das instalacións. O acceso é libre, segundo explicou hoxe Jose Rodríguez, de Rodespi.

Ent. María González, presidenta; Aroa Rendo, vicepresidenta; e Lucía Carballido, do Club Remo Tui | Campaña Crowdfunding 15.04.2026

O Club Remo Tui abriu unha campaña de crowdfunding para poder sufragar a participación de 27 dos seus deportistas en tres competicións que marcarán a súa temporada. Trátase dunha iniciativa de doazóns, a través da plataforma gofundme. Explicaron os detalles María González, presidenta; Aroa Rendo, vicepresidenta; e Lucía Carballido, do Club Remo Tui.

Ent. Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana | Presentación libro "Arredor do Ferruxo" 15.04.2026

Un libro de memoria é o que se vai presentar este sábado ás 12 h no Espazo Sociocultural de Tui. O título é "Arredor do Ferruxo" e o contido artéllase sobre textos escritos por 28 persoas sobre historias, pasado, guerras en España e no mundo... Faláronnos deste libro hoxe Manolo 'Ferruxo', Fernando Salgado e Silvia Liliana.

Ent. David Gómez-Casasnovas, director; e Javier García, xefe de estudos, do IES San Paio | Pacto conxunto sobre o móbil 15.04.2026

Os dez centros educativos de Tui elaboraron un pacto conxunto para regular o uso do móbil nos institutos e colexios. O principal obxectivo deste pacto é concienciar, informar e avaliar a situación en cada centro, sempre con posta en común e simultáneamente, con charlas, formacións e enquisas. A meta é a adolescencia libre de móbiles. Coñecemos esta iniciativa con David Gómez-Casasnovas, director;...

Poslouchej podcast Día a Día v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály