Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
26. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ent. Maya Moledo do BM Cañiza | Fase de ascenso a División de Honra Ouro Feminina 07.05.2026 6:40
Momento histórico o que vivirá esta fin de semana A Caniza co fase de ascenso de Balonmán a División de Honra Ouro Feminina. No equipo da Caniza milita a tudense Maya Moledo, que nos explicou como están ante esta cita destacada na que se enfrontarán ao Marni, Montequinto e Errotabarri. Maya Moledo comezou con 4 anos nas escolas do Balonmán Tui, xogou logo en Salceda, O Porriño, Lavadores, e A Cani...
Ent. José Leiras, xogador do Valinox Novás | Fase de Ascenso 07.05.2026 6:07
O xogador tudense José Leiras disputará esta fin de semana co seu equipo o Valinox Novás a fase de Ascenso a División de Honra Prata que se vai celebrar no Rosal. Xogarán co Balonmán Romo Broker Kirol, o Balonmán Cantera Sur, e o BM Caja Rural Zamora. Venres, sábado e domingo serán os encontros no pavillón do Rosal onde buscarán o ascenso. José Leiras, que no seu día formou parte no Balonmán Tui,...
Manuel Ángel González e Carlota González do Remo do Miño - Campionato de España de Remo Absoluto 06.05.2026 11:17
Dúas medallas, unha prata e un bronce, foron as logradas esta fin de semana polo Club Remo do Miño, no Campionato de España Absoluto. Manuel Ángel González, presidente do Club, facía balance do mesmo. Destacaba amais os cuartos postos logrados polo 2- masculino e o 4x mixto con deportistas xuvenis, que competirán no Nacional nunhas semanas. Falamos tamén deste campionato con Carlota González, prat...
Ent. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asociación Cultural Aloia | Día das Letras Galegas e Excursión a Lugo e Portomarín 06.05.2026 6:06
A Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis celebra este domingo o Día das Letras Galegas cunha proposta teatral. Será no Centro Cultural ás 18 h. Setestrelo Teatro presenta “Comedia sen título” de Federico García Lorca. Por outra parte a Asociación Aloia organiza para o 30 deste mes unha excursión a Lugo e Portomarín. A inscrición está aberta até este domingo. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asoci...
Espazo Comercio | Andrea Costa, xestora cultural 05.05.2026 10:45
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, hoxe coñecemos o traballo que realiza Andrea Costa, como xestora cultural. Presentounos algúns dos proxectos nos que está a traballar, como unha APP para a xestión de redes sociais para pequenas empresas, asociacións e persoas autónomas. Tamén deu conta da plataforma da xestión cultural que está a presentar dirixida a concellos. En soyandreacosta.com...
Raíces e vangarda | Menestra de espárragos da Ulloa 04.05.2026 13:53
Hoxe na sección Raíces e vangarda cociñamos menestra de espárragos da Ulloa, unha receita saudable do chef Judicael Romero. Con el tamén conversamos sobre alimentación infantil.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación maio 04.05.2026 6:18
"Desexando amar"; "Deuses de pedra"; "Dersu uzula"; e "Cidade de Deus" son as catro películas que se van proxectar este mes de maio no Cineclub Tui, con sesións todos os martes. Hoxe coñecemos a programación completa con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
Ent. Marcos Porto, de Sport Kids | Gran Premio Pumptrack da Eurocidade Tui-Valença 04.05.2026 4:28
Este domingo 10 a partir das 15 h ES celébrase na Eurocidade Tui-Valença o Gran Premio Pumptrack. Será no circuíto de Valença, e o prazo de inscrición está aberto até este xoves 7 en cronotec.es. Hoxe coñecemos este deporte e detalles sobre o premio co organizador do evento, Marcos Porto, de Sport Kids.
Ent. Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo Miño | XV Xantar Solidario 30.04.2026 7:34
SOS Tomiño Baixo Miño celebrará o seu XV Xantar Solidario. Este ano celebrarase nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. Unha xornada con dobre obxectivo, dar a coñecer o labor de SOS Tomiño Baixo Miño e visibilizar ese traballo, e por outra parte tamén recadar fondos para esta asociación asistencial. Están xa á venda as entradas para a mesa 0 ao prezo de 2€ que inclúe un sorteo. O pre...
Ent. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei | O Guillarei busca o ascenso 30.04.2026 5:57
O Guillarei xogará este domingo ás 18 h no campo da Gándara ante o Pontellas. A victoria este domingo daríalles matemáticamente o ascenso de categoría a Segunda Rexional. Agardan que o campo se encha este domingo para animar ao equipo que dende a súa refundou hai 9 está a piques de ascender. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei, así nolo contaron esta m...
Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros 30.04.2026 6:34
Mañá celébrase no entorno do río Tripes a XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, promovida pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Será unha xornada de lecer entorno a estes elementos patrimoniais, nun entorno natural de gran beleza. O presidente da Asociación do Burro Fariñeiro, dará lectura ao pregón. Ao longo da xornada haberá música, artesanía, gastronomía.... Así nolo contou...
Ent. María González, presidenta do Club Remo Tui | Campionato Galego, de España e Crowdfunding 29.04.2026 6:57
Até este domingo 3 de maio pódese colaborar co Club Remo Tui a través do seu proxecto de crowdfunding, no que recadan fondos a través da plataforma gofundme.org para poder participar en diferentes competicións. Hoxe conversamos coa presidenta do club, María González, dos resultados dos e das deportistas no Campionato Galego, do Campionato de España, dun sorteo que lanzarán nas súas redes sociais e...
Ent. Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario, do Club Xadrez Tui | Ascenso á División Preferente 29.04.2026 10:21
O Club Xadrez Tui vén de conseguir ascender á División Preferente por primeira vez na súa historia. Así nolo contaron hoxe Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario do club, ambos tamén xogadores.
Ent. Aida Alonso, ilustradora | Obradoiro e cartel de Tui en Letras 2026 29.04.2026 5:54
A ilustradora afincada en Tui Aida Alonso impartirá o mércores 6 de maio ás 17.30 h un obradoiro de bonecos elaborados con papel. Esta é a cita que abre a programación de Tui en Letras deste 2026, cuxo cartel tamén deseñou ela. Aida Alonso deu hoxe os detalles deste obradoiro, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Inauguración, estrea de "Ursúas" e venda de entradas 29.04.2026 5:57
Hoxe mércores ás 20.30 h inaugúrase no Teatro Municipal de Tui o 22º Festival Play Doc. Haberá música, co grupo Trilitrate; e cine, coa estrea mundial de "Ursúas", de Roi Fernández. As entradas para todas as actividades estarán á venda no Teatro Municipal durante os cinco días de festival e tamén na súa páxina web. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector.
Ent. Intercambio Erasmus entre o CEIP Nº1 de Tui e a escola Ostrčilova, da República Checa 29.04.2026 5:04
O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está desenvolvendo estes días un programa de intercambio Eramus con alumnado da escola Ostrčilova, da República Checa. Hoxe puidemos coñecer as actividades que están realizando en Tui os alumnos e alumnas checas, e os detalles sobre esta iniciativa, con nenos e nenas do CEIP Nº1 e de Ostrčilova.
Ent. José Santos e Julio López, da Comisión de Festas de Pesegueiro | Andaina, porco ó espeto e ruta cabalar 28.04.2026 6:58
Até este domingo día 3 está aberto o prazo de inscrición para participar na andaina e na comida de porco ó espeto que organiza a Comisión de Festas de Pesegueiro para o domingo 10. José Santos e Julio López, da comisión, deron os detalles tamén da segunda ruta cabalar que organizan para o 23 de maio.
Espazo Comercio | Carlos González, de Carlos Joyero 28.04.2026 5:22
Carlos Joyero é unha xoiaría con 12 anos de historia en Tui, na rúa Betanzos, que conxuga tradición e modernidade a través das xoias. Hoxe coñecemos este establecemento co seu dono, Carlos González, nunha conversa no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Festival Play Doc | Retrospectivas e actividades destacadas 28.04.2026 7:10
Eduardo Coutinho e Viola Stephan son os protagonistas das retrospectivas do Festival Play Doc deste ano 2026. Ademais, e durante os cinco días do festival, haberá diferentes actividades paralelas e destacadas, das que hoxe coñecemos os detalles con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.
Ent. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos | Maio solidario 27.04.2026 7:12
A fin de semana do 8 e 9 de maio a Fundación Provincial Banco de Alimentos levará a cabo en Tui, no supermercado Gadis, a súa campaña Maio solidario, en colaboración con SOS Tomiño Baixo Miño. Serán 25 as persoas voluntarias que participarán nesta operación quilo. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos, daba conta hoxe dos produtos que máis necesitan.
Raíces e vangarda | Patacas con polbo e alioli 27.04.2026 12:33
Hoxe cociñamos en Raíces e vangarda unha receita tradicional con toques vangardistas, de restauración. O chef Judicael Romero deu trucos e consellos para preparar patacas con polbo e alioli.
Ent. Roi Fernández - Estrea Ursúas en Play Doc 27.04.2026 10:10
Este mércores, ás 22.30 h, no Teatro Municipal, na primeira proxección de Play Doc estrearase Ursúas, a película do realizador coruñés afincando en Tui, Roi Fernández. Unha película que el mesmo define coma unha deriva, que mestura diferentes liñas narrativas, entre ficción e documental e que é froito de moitos anos de traballo. Así nolo contaba hoxe, explicando tamén de onde ven o seu nome.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Entradas e actividades formativas 27.04.2026 5:19
En play-doc.com están xa a dispoñibles as entradas para as distintas actividades que dende este mércores e até o domingo se van celebrar dentro da programación de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui. Dende o mércores tamén se poderán adquirir no Teatro Municipal. Ángel Sánchez, codirector do festival, recomendaba hoxe mercar de xeito anticipado as entradas para Cinema Percorrido e as...
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc - Cinema portugués 24.04.2026 7:09
Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, tende cada ano ponte cinematográficas en cada edición, unha desas ponte cruza o Miño para achegarnos ao cinema portugués. Este ano como novidade porán o foco en Maureen Fazendeiro, e amais dedicarán unha das retrospectivas ao cineasta Eduardo Coutinho. Así nolo contaba hoxe Ángel Sánchez, codirector do festival, no programa especial Ponte nas On...
Especial Ponte nas Ondas - IES San Paio 24.04.2026 5:02
O IES San Paio na súa proposta para esta xornada especial de Ponte nas Ondas reflexiona sobre o 25 de abril. Así nolo contaron Iria e Adrián, alumnado do IES San Paio, no programa especial que hoxe realizamos dende Valença. Contaráronnos o traballo que realizaron para o podcast que desenvolven no instituto e que hoxe presentaron en Ponte nas Ondas.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály