Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Epizody: 6533

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

26. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Espazo Comercio | La Flor 19.05.2026

Hoxe no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI Hortensia Rodríguez de La Flor contounos como foi a campaña do Día da Nai, na que as flores son sempre un agasallo destacado, e coma se preparan para a temporada de vodas, comuñóns e bautizos, eventos nos que os traballos florais teñen gran protagonismo. Contounos o que máis predomina nestes arranxos que se realizan.

Ent. Noelia Martínez, Rosa González e Bea Pérez | Donicelas finalistas dos Premios Martín Codaxa Música 19.05.2026

Donicelas é un dos grupos finalistas na categoría de música tradicional nos Premios Martín Codax 2026. As votacións están abertas até este domingo 24, e os galardóns entregaranse o próximo mércores 27 nunha gala en Pontevedra. Noelia Martínez, Rosa González e Bea Pérez contáronnos como están sendo finalistas destes prestixiosos galardóns musicais, e coma se pode votar por Donicelas. Avanzaron algu...

Raíces e vangarda | Menú semanal saudable 18.05.2026

Hoxe en Raíces e vangarda falamos de macronutrintes e "batch cooking". O chef Judicael Romero presentou hoxe unha proposta de menú semanal saudable, con bases que podemos elaborar o domingo.

Ent. Julio Solleiro, de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí | Andaina solidaria 18.05.2026

Este domingo ás 10 h Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha andaina solidaria en favor do pobo saharauí. Será unha ruta de 5 quilómetros, visitando as mámoas da chan longa, miradoiros e a muralla do Aloia. Claudia Montes, de Altitude, e Juan José Perles, arqueólogo, guiarán o percorrido. Julio Solleiro, de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, explicou hoxe os detalles da actividade.

Ent. Lino Martínez, Miron Bococi e Clémence Faivre | XXIII Romaría do Cabalo Ribadelouro - Pontellas 15.05.2026

Máis dun millar de cabalos daranse cita esta fin de semana en Ribadelouro e Pontellas na XXIII Romaría do Cabalo organizada pola Peña Cabalar Valle do Louro. Dende hoxe e até o domingo haberá un amplo programa de actividades do que hoxe nos deu conta Lino Martínez. Amais contará co espectáculo a cargo de Miron Bococi e Clémence Faivre tanto o sábado pola noite coma o domingo. Con eles conversamos...

Ent. Samuel Diz, guitarrista e investigador da música española | Cancionero popular, de Federico García Lorca 15.05.2026

Cancionero popular, de Federico García Lorca, é o libro que se vén de presentar en Madrid, como unha revisión actualizada da obra lorquiana. O estudo preliminar foi obra do guitarrista e investigador musical tudense Samuel Diz, con quen conversamos hoxe no programa Día a Día.

Ent. Ana Rodríguez, comisaria da exposición "Reflexións coa voz tapada" de Xulio M. Sigüenza 15.05.2026

Hoxe ás 19 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra “Reflexións coa voz tapada” de Xulio M. Sigüenza, que se poderá visitar até o 30 de xuño. A comisaria da exposición, Ana Rodríguez, explicounos que esta mostra nos convida á reflexión e a avivar o pensamento crítico.

Ent. Alba Álvarez e Natalia Carrera, psicólogas sanitarias do Centro Anarela | Terapia, IA e redes sociais 15.05.2026

Sobre autodiagnóstico psicolóxico e as consultas á intelixencia artificial e redes sociais conversamos hoxe con Alba Álvarez e Natalia Carrera, psicólogas sanitarias do Centro Anarela de Tui.

Ent. Eder González, baixista de América de Vigo | 50 aniversario do grupo 14.05.2026

O grupo América de Vigo cumpre 50 anos de música, rock e concertos compartidos. Hoxe conversamos cun dos seus integrantes, Eder González, sobre a historia do grupo, os mellores momentos e próximas citas.

Ent. Abel Estévez, concelleiro de Deportes do Porriño | Apertura da inscrición do Triatlón Tui-O Porriño 14.05.2026

Hoxe abre a inscrición para o Triatlón Tui-O Porriño que se vai celebrar o domingo 14 de xuño, ás 11:30 h. Constará de 750 m. de natación no río Miño en Tui, 20,2 km. de bicicleta até o Porriño, e 5 km. de carreira a pe xa no Porriño. A inscrición está aberta ata o 9 de xuño establecéndose un máximo de 350 participantes. Así nolo contou hoxe o concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez.

Ent. Areta Bolado, directora de Chirlomirlo de Randufe | Estrea de Tres Porquiños 14.05.2026

O grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe estreará mañá ás 21 h no Teatro Municipal de Tui a obra "Tres porquiños" na que reflexionan sobre o problema da vivenda. Baixo a dirección de Areta Bolado mañá subirán ao escenario do Teatro Municipal de Tui Marita Giráldez, Pilar Álvarez, Adrián Vila, Miguel Ángel Martínez, Alba Martínez, Pablo Alfaya; Amancio Muíños, Juan Carlos López, Ricardo...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, e Javier Oliveira da Librería Nobel | XXVII Feira do Libro Galego 14.05.2026

Tui vístese este domingo de libros coa celebración da XXVII Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui co gallo do Día das Letras Galegas. Haberá dez postos da libraría Nóbel na praza da Inmaculada nunha aposta polas nosas letras e pola nosa literatura. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destacaba esta mañá a longa traxectora deste evento, e o amplo programa de actividades ao l...

Ent. Noelia Estévez do Estudo Desoños, e Beatriz Losada de MA Axencia | Xornada Ruralmente 13.05.2026

Dentro dunha semana, o próximo xoves 21, Tui acollerá a xornada formativa “Comercialización e marketing para os produtos do rural”. Será no Espazo Sociocultural de Tui e estará centrada nas novas ferramentas dixitais e estratexias de promoción e venda para proxectos vinculados ao medio rural. A actividade, organizada por Galicia Suroeste co apoio do Concello de Tui, contará cunha parte teórica e o...

Ent. Bieito Alonso, historiador | Doazón ao Concello de Tui de cartas de Francisco Rodríguez 13.05.2026

O historiador Bieito Alonso fixo entrega ao Concello de Tui dun conxunto de cartas escritas por Francisco Rodríguez Otero dirixidas á súa familia. Esta colección epistolar de "Paquiño de Figueiró", dirixente político no Baixo Miño e paseado en outubro de 1936, dende a prisión no Seminario de Tui, será depositada no Arquivo Municipal tudense. Hoxe coñecemos que hai nas cartas e a historia de Franci...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Tui Le 13.05.2026

Na semana das Letras Galegas as bibliotecas escolares de Tui e a Biblioteca Municipal promoven a celebración de Tui Le. Trátase dunha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que esta mañá se celebrou no Teatro Municipal. Participaron mais de 650 alumnos e alumnas do IES San Paio, IES Indalecio Pérez Tizón, CEIP nº 1, CEIP nº 2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordán...

Ent. Ana Núñez, concelleira; Mar.jewelrin; Manos Creadoras 21; Shirga; Paula Siddell; Quiñons da Insua | II Mercarte 12.05.2026

Cinco proxectos creativos participarán na segunda edición de Mercarte que este venres abre as súas portas na sala anexa da Oficina Municipal de Turismo de Tui. Son Mar.jewelrin; Manos Creadoras 21; Shirga; Paula Siddell; e Quiñons da Insua, que ofrecerán diversidade de produtos, como xoias en prata, ouro, resina natural, flores, tamén pintura con diferentes técnicas e viño. Mercarte abrirá até o 1...

Ent. Esperanza Martínez, presidenta de Fibromiño | Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome de Fatiga Crónica 12.05.2026

Hoxe 12 de maio conmemórase o Día Mundial da Fibromialxia e do Síndrome de Fatiga Crónica. Con este motivo conversamos con Esperanza Martínez, presidenta de Fibromiño, asociación presente en Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia. Ela explicou que é a fibromialxia, cales son os seus síntomas e tamén deu conta dunha investigación que se está a levar a cabo na Universidade de Santiago de Compostela so...

Espazo Comercio | Sorteo da Campaña do Día da Nai 12.05.2026

Balance moi positivo o que realiza ACITUI da campaña promocional do comercio local co gallo do Día da Nai. Pasaron de 39 locais participantes a 58 nesta edición e de repartir case mil papeletas ao ano pasado ás 2.700 deste ano. Está mañá na nosa sintonía sorteáronse os 5 vales de compra de 30€ no comercio local participante. Así o explicaba hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, no Espazo Comer...

Ent. Mila González, Manuel Gónzalez e Diego Alonso, de Arume de Malvas | Actuación en Balaídos 12.05.2026

Os compoñentes da banda de gaitas Arume de Malvas pisaran esta tarde o céspede de Balaídos. Será na previa do encontro entre o Celta e o Levante que comezará ás 19 h. A banda tudense actuará ás 18.50 h nunha aposta do club pola tradición galega e a nosa música, e a poucos días da celebración do Día das Letras Galegas. Desta actuación tan especial falamos hoxe con Mila González, presidenta de Arume...

Raíces e vangarda | Sardiñas marinadas aos tres cítricos 11.05.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda cociñamos sardiñas marinadas aos tres cítricos, unha receita do chef Judicael Romero repleta de nutrintes. Conversamos tamén sobre cociña honesta.

Ent. Dámaso Rodríguez, peregrino | Fin de Cruzando Camiños 11.05.2026

1.165 quilómetros despois, o tudense Dámaso Rodríguez completou o seu "camiño de camiños" conectando diferentes percorridos xacobeos dende Alcalá de Henares até Tui. Foron os Camiños de Santiago Complutense, o de Madrid, o Francés e o Portugués. Agora está xa na súa casa, en Coslada, e puidemos conversar con el sobre este reto.

Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU | Ampliación da nave frigorífica en Areas 08.05.2026

5 mil toneladas é a capacidade de almacenaxe da nave frigorífica de ORPAGU, no parque empresarial de Areas tras a ampliación que veñen de realizar para cubrir toda a produción. Así nolo contou hoxe a xerente de ORPAGU, Juana Parada. A nave loxística no polígono empresarial de Tui emprega actualmente a unhas sesenta persoas, entre postos directos e indirectos. Juana Parada destacaba o estratéxico d...

Ent. Alumnado e profesoras do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño | "Cristais hidrofóbicos", premiado en Exporecerca Jove 08.05.2026

Lucas Bautista, Sharay Iglesias, Sofía Rodríguez, Marta Riádigos e Jorge Sobrino Pintos, alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, desenvolveron o proxecto "Cristais hidrofóbicos" que vén de ser recoñecido na feira Exporecerca Jove de Barcelona. Conseguiron o segundo premio na categoría de Química e Mocidade nesta cita nacional, e hoxe contáronnos como desenvolveron o proxecto. Tamén conversamo...

Ent. Alumnado de 5º de Primaria do CEIP Nº1 de Tui | Campaña "Aquí tamén se fala galego" 08.05.2026

O CEIP Nº1 de Tui únese un ano máis á iniciativa “Aquí tamén se fala galego”, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Alumnado de 5º de Primaria contounos hoxe que actividades está a desenvolver dentro desta campaña, como colocar pegatinas en establecementos de Tui ou elaborar un manifesto polo uso da lingua galega.

Ent. Alumnado e directora do CEIP Nº1 de Tui, e Ana Núñez, concelleira de Igualdade | Puntos violeta en Tui 07.05.2026

Alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui puxo en marcha unha iniciativa para que Tui sexa unha cidade máis segura. Con este obxectivo, crean o grupo PEA: Protexer, Escoitar sen xulgar, Avisar; con vítimas de violencia machista. Amais impulsaron a colocación de puntos violeta en establecementos tudenses. Hoxe conversamos con parte deste alumnado; coa directora do centro, Nuria...

Poslouchej podcast Día a Día v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály