uk

Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ Епізодів: 1696

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Radio Cerna

Категорія

Science

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

1 жов 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android майже 10 млн завантажень · рейтинг 4,8 iOS незабаром

Епізоди

Boletín informativo ambiental 30/04/21 30.04.2021

Algunhas das novas que nos deixa a semana: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos. O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego. Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita...

Boletín informativo ambiental 23/04/21 23.04.2021

No día posterior ao Día da Terra repasamos a actualidade ambiental galega, que volve estar protagonizada polos macroproxectos eólicos, os fondos next generation e a moratoria forestal. A sorpresa da semana: Ence valora mudar de emprazamento, pero non agora. Se queres saber máis, escoita!

Boletín informativo ambiental 16/04/21 16.04.2021

O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural. Nos últimos días nas comarcas do Deza e Bergantiños. Os sindicatos agrarios alertan das consecuencias para o agro, e, por primeira vez, alcaldes do PP din non ao actual modelo eólico. Tamén se manifestan os órganos xestores de Reservas da Biosfera (Mariñas-Terras do...

Boletín informativo ambiental 09/04/21 09.04.2021

ADEGA intensifica a súa campaña de vixilancia e denuncia de cortas e plantacións ilegais en vista da nova vaga eucaliptizadora que parece percorrer o país. Esta semana, tamén a vaga incendiaria chegou ás montañas orientais galegas; o Congreso aprobou a Lei de Cambio Climático, e a Xunta anunciou recurso no Constitucional. Despunta na actualidade informativa medioambiental a aparición de novas plat...

Boletín informativo ambiental 26/03/21 26.03.2021

Tras un período de descanso, Radio Cerna regresa co repaso semanal da actualidade ambiental galega. Nesta última semana, a cuestión forestal e enerxética centraron o ecodebate social. Preme e escoita!

Boletín informativo ambiental 12/02/21 12.02.2021

Arredor do medio rural galego pivota toda a información ambiental de maior actualidade recollida neste espazo de Radio Cerna: plano forestal, lobo, gandería industrial, eólicos.... O rural galego está mudando a marchas forzadas! Escoita...

Boletín informativo ambiental 05/02/21 05.02.2021

Esta semana produciuse un novo fito ecoloxista: o lobo declárase especie protexida tamén ao norte do Douro, onde deixará de ser especie cinexética (tamén en Galiza). E aparece a primeira poboación ivernante de miñato real en territorio galego! Nace a plataforma estatal ALIENTE a prol da biodiversidade e fronte ás renovábeis a grande escala e, por outro lado, continúa a incesante pingueira de novos...

Boletín informativo ambiental 29/01/21 29.01.2021

Benvidas a un novo espazo de Radio Cerna, espazo radiofónico promovido por ADEGA, no que repasamos a actualidade ambiental. Desta volta, recuperamos algúns clásicos: eólicos, eucalipto e lobo. Se queres ampliar información, preme e escoita...

Boletín informativo ambiental 22/01/21 22.01.2021

Primeiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns de Galiza, e segundo no Estado, fai saltar as alarmas das que xa advertiran hai meses os ecoloxistas. Reclaman agora con maior contundencia o peche destas instalacións en todo o territorio galego, que acolle o 80% de todas as granxas de visión do Estado. A outra nova destacada da semana é o anuncio do peche da térmica das Pontes por Endesa. Un f...

Boletín informativo ambiental 15/01/21 15.01.2021

Novos proxectos eólicos en consulta e novas leis en proxecto sen consulta pública con afección no territorio centran grande parte dos temas abordados no espazo Cerna de hoxe. Escoita...

Boletín informativo ambiental 08/01/21 08.01.2021

Radio Cerna volve este ano 2021 con máis información ambiental do país. Neste espazo atoparás un novo boletín informativo ambiental coas novas máis destacadas dos últimos días sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. O ecoloxismo non descansa! Preme e escoita!

Boletín informativo ambiental 18/12/20 18.12.2020

Esta semana veu cargada de boas novas para os movementos ecoloxistas e para o noso patrimonio natural e cultural. O TSXG anula o proxecto eólico Serra do Iribio en Ancares-Courel, zona de Rede Natura; o TS anula a licenza municipal da canteira de Cementos Cosmos de Triacastela que ameaza o BIC Cova Eirós e tamén o TSXG se pronunciou a favor dos traballadores de Alcoa e en contra do ERE presentado...

Boletín informativo ambiental 04/12/20 04.12.2020

Ameaza a sobra de novas mareas negras cos casos de encallamento do buque afundido no día de onte en Vigo, ou co quimiqueiro que tivo que ser remolcado ao porto exterior da Coruña, nunha semana no que se celebra o 18 cumpreanos da catástrofe ecolóxica producida polo Mar Exeo, enfronte as costas da Coruña. Alén diso, a transición ecolóxica e os proxectos estrela da Xunta volven apuntar cara unha nov...

Boletín informativo ambiental 27/11/20 27.11.2020

En tan só unha semana o goberno de Núñez Feijóo destituíu a dous dos seus pesos pesados, os directores de enerxía e mina e de montes, e na mesma, anuncia unha lei de reactivación empresarial e modificación 25 normas a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Estas e moitas outras novidades da semana en Radio Cerna.

Boletín informativo ambiental 20/11/20 20.11.2020

No boletín informativo ambiental de hoxe: directrices da paisaxe, manifesto galego pola moratoria de novos parques eólicos e sentenza sobre o eucalipto. Non o perdas! Preme e escoita.

Boletín informativo ambiental 06/11/20 06.11.2020

A transición ecolóxica e os proxectos mineiros que se intentan xustificar neste procesos centran os contidos do boletín informativo ambiental desta semana. Escoita que outras novas nos deixou a semana no eido ambienta, aquí en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 30/10/20 30.10.2020

No boletín informativo ambiental de hoxe: a devesa de Anllares, mala praxe cinexética, urbanismo na ría do Burgo e o reparto de orzamentos do goberno central para a mobilidade en Galiza. Preme e escoita o que nos deixou a actualidade ambiental da semana.

Boletín informativo ambiental 23/10/20 23.10.2020

No boletín informativo de Radio Cerna desta semana atoparedes referencias á dubidosa actitude "verde" dalgunhas empresas eléctricas que operan no país, que ben proxectan centrais hidroeléctricas agresivas cos espazos naturais protexidos ou ben intentan esquivar responsabilidades sobre graves verteduras aos nosos ríos. Tamén informamos sobre novas ameazas de parques eólicos que afectan a hábitats d...

Boletín informativo ambiental 16/10/20 16.10.2020

Esta semana varios episodios graves de contaminación mariña, en mar e ríos, centran a actualidade ambiental galega. Se queres saber máis, escoita o programa de hoxe de Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 25/09/20 09.10.2020

Hoxe, entérate do que acontece no medio ambiente galego nun novo espazo informativo de Radio Cerna. Non quedes coa dúbida... Escóitanos!

Boletín informativo ambiental 09/10/20 09.10.2020

En Radio Cerna atoparán o informativo máis sonado sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Escoita neste espazo as novas sobre o medio ambiente galego máis destacadas da última semana.

Boletín informativo ambiental 02/10/20 02.10.2020

Nos últimos días houbo novidades sobre Alcoa, a transición ecolóxica en Galiza e o estado de saúde dos ríos e dos mares.... Acompáñanos de novo no repaso da actualidade medioambiental da última semana en Galiza!

Boletín informativo ambiental 18/09/20 18.09.2020

Moi boas a todxs! Retomamos a emisión de novos espazos informativos de Radio Cerna que che ofrece ADEGA todos os venres nesta canle online e tamén en máis de 20 emisoras municipais e locais de Galiza. Se queres estar ao tanto do que acontece no medio ambiente galego, escoita! Esta semana abordamos a actualidade sobre os incendios forestais de Ourense, as últimas novas sobre a expansión da Covid-19...

Boletín informativo ambiental 24/07/20 24.07.2020

Novos proxectos mineiros ameazan a tranquilidade dos veciños de Beariz; Naturgy presenta o seu plan de desmantelamento da térmica de Meirama e Vigo quere adaptarse á directiva europea da auga para cumprir os obxectivos en eficiencia. Estas e outras son as novas ambientais que recolle este boletín de Radio Cerna e que despide un novo ciclo. Voltaremos con nova programación no mes de setembro. Radio...

Boletín informativo ambiental 17/07/20 17.07.2020

Neste repaso informativo da semana, amosámosche os últimos datos de afectados pola Covid-19 en Galiza, a repercusión da pandemia a nivel global e algúns resultados de estudos en canto á reducion de emisións contaminantes ou á expansión de especies exóticas invasoras ou pragas.

Слухайте подкаст Podcast Radio Cerna у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали