uk

Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ Епізодів: 1703

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com

Автор

Radio Cerna

Категорія

Science

Сайт подкасту

www.ivoox.com

Останній епізод

26 лис 2026

Де слухати?

Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаром

Подкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти

Завантажити з Google Play Встановіть безкоштовно Android 10 млн+ завантажень · рейтинг 4,7+ iOS незабаром

Епізоди

Boletín informativo ambiental 27/11/2026 26.11.2026

A nova lei de incendios do PP é outra oportunidade perdida para poñer couto aos monocultivos de eucalipto. A Conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático remata por primeira vez sen un acordo final: defínena como o peor cumio do clima da historia. A provincia da Coruña concentra o 47,4% das emisións brutas de gases de efecto invernadoiro de Galiza. E de cara ás eleccións estatais desde...

Boletín informativo ambiental 20/11/2026 19.11.2026

ADEGA impugnará a sección de reforzo amañada no TSXG para resolver recursos eólicos. Ao tempo, esta semana, a organización ecoloxista tamén demandou a Xunta por ocultar información sobre a contaminación por lindano; e solicitou a Medio Ambiente o arquivo da macrogranza de pitas proxectada en Agolada. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima a demanda da CIG para acceder ao acordo secret...

Boletín informativo ambiental 12/11/2026 12.11.2026

Máis de 12.000 sinaturas avalan a primeira lei a nivel mundial para protexer ecosistemas en restauración. Queda tramitada a planificación eléctrica que invalida Altri. A asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia denuncia a falta de transparencia na elección dos maxistrados que integrarán unha sección especial do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza encargada de resolver os litixios relacionad...

Boletín informativo ambiental 06/11/2026 06.11.2026

A Xunta adxudicou centos de peritaxes nos litixios eólicos a unha consultora que traballou para a patronal eólica. Tamén esta semana as plataformas Ulloa Viva, Mina Touro-O Pino Non e en Defensa da Ría de Arousa, xunto con ADEGA, instaron a cidadanía galega a reclamar masivamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o acceso ao acordo secreto asinado entre Impulsa Galicia e Altri en outubro de 2...

Boletín informativo ambiental 22/10/2026 22.10.2026

ADEGA acode á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto favorecida pola neglixencia da Xunta. Unha mudanza da administración galega na Lei Urbanística podería facilitar a instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. Centos de persoas voluntarias retiran 1 tonelada de lixo no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou a...

Boletín informativo ambiental 16/10/2026 15.10.2026

Unha nova campaña #TiPodesParalos procura fondos para frear nos tribunais unha liña de alta tensión que ameaza o patrimonio natural e cultural das bestas de Sabucedo. E en Lugo, ADEGA emprende a loita xudicial contra o desenvolvemento do Plan Parcial S5-I, que contempla urbanizar as nacentes do río Rato. A Comisión Europea outorga carácter estratéxico ao proxecto de mina de Cobre San Rafael nos co...

Boletín informativo ambiental 09/10/2026 08.10.2026

ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos impulsada polo Proxecto Ríos. A Alianza Rural insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios. Estas e outras novas da semana, en Radio Cerna! Tracks: Route 66 /...

Boletín informativo ambiental 02/10/2026 01.10.2026

Unha ducia de entidades esixiron esta semana á Xunta información e explicacións sobre a recente ampliación da represa de Cabanelas, afluente do Umia. Ao tempo, ADEGA reclama que o Observatorio Galego da Biodiversidade emita un pronunciamento favorable sobre a solicitude para incluír o salmón atlántico galego no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de "En perigo de extinción". Máis d...

Boletín informativo ambiental 24/09/2026 24.09.2026

Un informe interno da Xunta recoñece "riscos irreversíbeis" na ría de Arousa derivados da mina de cobre de Touro e O Pino. E na Limia, a Xunta recoñece tamén agora que a contaminación das augas ten unha orixe “significativamente agraria” e prohibe novas explotacións gandeiras intensivas e ampliacións das xa existentes na comarca. Varias entidades ecoloxistas piden á Xunta apoiar a catalogación do...

Boletín informativo ambiental 18/09/2026 17.09.2026

O lume volve ao Courel. Un incendio en Quiroga arrasou máis de 420 hectáreas e pon en alerta varias aldeas. A rotura dunha foxa de xurro con máis dun millón de litros en Tordoia causa unha vertedura na contorna do río Bustelo. E o pasado domingo, arredor dun cento de persoas concentráronse en Ribadumia para reclamar a demolición da represa de Cabanelas, no río Umia, e defender o seu funcionamento...

Boletín informativo ambiental 11/09/2026 10.09.2026

Ons non é illa para especies en perigo. Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons, unha especie en perigo de extinción, foron eliminados durante labores de roza dos camiños na illa. Na outra cara da moeda, as 500 árbores plantadas por voluntariado de ADEGA nos montes queimados de Valdeorras medran en boas condicións. Un ano despois dos graves incendios forestais que ar...

Boletín informativo ambiental 04/09/2026 04.09.2026

Neste programa de Radio Cerna abordamos a situación de seca que enfronta Galiza e a intención da Xunta de estudar a creación de novos encoros. Fronte a esta proposta, ADEGA demanda medidas que fomenten unha nova cultura da auga, baseada no aforro e no combate ao desbaldimento. En Castroverde, ADEGA denuncia tamén o recheo dunha zona húmida por parte dunha explotación gandeira. En materia eólica, o...

Boletín informativo ambiental 07/08/2025 06.08.2026

A Xunta delcara a emerxencia cinexética do xabarín e privatiza así a xestión da fauna salvaxe en favor dos cazadores. En materia eólica tamén hai novidades. Empresas con parques eólicos paralizados cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza están a solicitar agora a declaración de utilidade pública para poder expropiar terreos. E ademais, súmase outro proxecto ao ronsel de eólicos p...

Boletín informativo ambiental 31/07/2026 30.07.2026

Galiza entra un ano máis na época de máximo risco de incendios forestais cos deberes sen facer. A Xunta volve adiar a declaración das zonas vulnerables á contaminación por nitratos e acumula xa 26 anos de demora no cumprimento da normativa europea. A campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento", impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan urbanístico previsto nas nacentes do río...

Boletín informativo ambiental 17/07/2026 16.07.2026

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza volve dar a razón a ADEGA e ordena paralizar cautelarmente o parque eólico Pena do Pico, promovido por Greenalia nos Ancares lucenses. ADEGA advirte de que Lugo podería perder unha oportunidade histórica para completar un gran cinto verde arredor da cidade ante a ampliación prevista do polígono do Ceao sobre as nacentes do río Rato. O proxecto de Altri en P...

Boletín informativo ambiental 10/07/2026 09.07.2026

A Plataforma por un Monte Galego con Futuro presenta un manifesto no que reclama un cambio radical nas políticas de prevención e loita contra os incendios forestais. ADEGA-Lugo lanza a campaña de micromecenado "Río Rato sen cemento" fronte ao proxecto de urbanización das nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. O proxecto de ALTRI incumpre os seis obxectivos ambientais que establece o Regu...

Boletín informativo ambiental 26/06/2026 25.06.2026

Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos camb...

Boletín informativo ambiental 18/06/26 18.06.2026

Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castrov...

Boletín informativo ambiental 12/06/2025 11.06.2026

Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os per...

Boletín informativo ambiental 05/06/2026 04.06.2026

A Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXG. Tamén nos tribunais, o Supremo estimou os recursos presentados pola Xunta, Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia contra a sentenza do TSXG que anulara a autorización do parque eólico Bustelo. ADEGA-Lugo solicita a revisión da Declaración de Impacto Ambiental da liña eléctrica Ludrio–San Cibrao p...

Boletín informativo ambiental 29/05/2026 28.05.2026

A Illa de Arousa acollerá o vindeiro 14 de xuño unha manifestación nacional "pola defensa do Ulla e da ría de Arousa" e contra os proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. ADEGA presenta alegacións ao informe da Xunta sobre o estado do lobo en Galiza e acusa o Goberno galego de manipular os datos para facer crer que a especie está nunha situación favorábel. Tamén ADEGA alerta de que a planta d...

Boletín informativo ambiental 22/05/2026 22.05.2026

Altri non desiste e presenta alegacións contra o arquivo provisional do seu proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei. ADEGA leva ao Tribunal Supremo a destrución patrimonial ocasionada polas obras do parque eólico Acibal. A Xunta de Galiza sitúase á fronte dunha manobra insólita para tentar rebaixar o nivel de protección do lobo en Europa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 08/05/2026 07.05.2026

Diversas organizacións ecoloxistas convocan para este sábado, 9 de maio, unha concentración na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón con morte autorizado pola Xunta no río Ulla. A Xunta de Galiza pretende reactivar as minas de Corcoesto, San Finx e Santa Comba, e sacar a concurso máis de 100 dereitos mineiros caducados en todo o país. Bate...

Boletín informativo ambiental 01/04/26 30.04.2026

A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún l...

Boletín informativo ambiental 23/04/2026 23.04.2026

A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertur...

Слухайте подкаст Podcast Radio Cerna у Replaio

Радіо та подкасти в одному застосунку - безкоштовно й без реєстрації. Встановіть уже сьогодні та не пропустіть запуск

Завантажити з Google Play

Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали