Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Boletín informativo ambiental 10/07/20 10.07.2020 10:03
Escoita neste boletín o repaso resumido que fai ADEGA da "era Feijóo" en materia medioambiental en Galiza, ademais doutras novas da semana que teñen que ver coa nosa contorna natural. Valo perder?
Boletín informativo ambiental 03/07/20 03.07.2020 10:01
Esta semana tivo lugar un fito histórico en Galiza: o peche da central térmicade Meirama, tras 40 anos contaminando a atmosfera e sen un plan alternativo para o desenvolvemento socioeconómico da bisbarra. ADEGA recupera grande parte da súa actividade educativa no exterior e hoxe é o Día Mundial sen Plástico. Estas e outras novas ambientais neste espazo de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 26/06/20 26.06.2020 10:05
Repasa con Radio Cerna (ADEGA) as novas ambientais da semana. A fin do estado de alarma, a negativa de Alcoa a negociar e o futuro incerto da Mariña, un novo decreto lei sobre enerxía e unha sentenza que recoñece falsificación de documentos por parte de cargos da Xunta, aos que porén, absolve e outras novas que che achegamos neste boletín informativo semanal.
Boletín informativo ambiental 19/06/20 20.06.2020 10:02
Alcoa segue no centro da actualidade. Neste conflito represéntase o conflito entre o vello e o novo modelo industrial cara ao que viran as grandes industrias contaminantes, na procura de rendibilidade e fondos públicos de apoio. ADEGA publica o informe "5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña" e a Xunta presenta 3 iniciativas industriais de cara á econ...
Boletín informativo ambiental 05/06/20 05.06.2020 10:01
Neste Día Mundial do Medio Ambiente, Radio Cerna dá conta dalgunhas das actividades que o movemento ecoloxista galego realizará para celebrar esta xornada na que se presentan propostas de cambio das políticas ambientais, se realizan palestras e debates ou performance na rúa. Actividades todas elas con referencias á crise actual e á necesidade de cambios radicais na nosa sociedade e con respecto á...
Boletín informativo ambiental 29/05/20 29.05.2020 10:01
Algunhas das novas da semana no plano ambiental e social: o despedimento de máis de 500 empregados da factoría de Aluminio de Alcoa, o recurso de 107 colectivos contra a continuidade de tramitacións relativas a proxectos industriais agresivos ou o impacto da Covid-19 no mar e na xeración de plástico. Isto e moito máis no boletín informativo de Radio Cerna de hoxe. Preme e escoita.
Boletín informativo ambiental 22/05/20 22.05.2020 10:01
Hoxe celébrase o Día mundial da Biodiversidade no que a ONU reafirma à idea de que a solución á pandemia está na natureza. ADEGA e outras entidades ecoloxistas reforzan a tese e animan ás administracións públicas a mudar a súa actitude cara a biodiversidade. Por outra banda, denuncian o desleixo da xunta pola conservación do patrimonio natural en contraste co paternalismo demostrado para coa caza...
Boletín informativo ambiental 15/05/20 15.05.2020 10:02
A contaminación das cidades galegas descendeu a máis da metade durante o confinamento, agás en Ferrol, os mercados de alimentos na rúa comezan a súa actividade e o Defensor del Pueblo menciona á Xunta e á mina de Touro no seu informe anual. Estan son algunhas das novas ambientais da última semana que repasamos neste espazo de Radio Cerna! Escoita!
Boletín informativo ambiental 08/05/20 08.05.2020 9:58
A Xunta e o goberno central afrontan a desescalada con diferentes ritmos e obxectivos, e presentan controversia sobre o momento de restablecemento dalgunhas actividades. Esta semana, estas disconformidades fixéronse máis evidentes que nunca. A Xunta ordeou a reactivación da tramitación de 1000 proxectos industriais con impacto ambiental que estaban en suspenso ou o reinicio do exercicio da pesca f...
Boletín informativo ambiental 24/04/20 24.04.2020 10:02
Como cada venres, neste espazo de radio, repasamos a actualidade ambiental dos últimos días. Esta semana viviu unha celebración importante, o Día da Terra.
Boletín informativo ambiental 17/04/20 17.04.2020 10:02
A crise do coronavirus dá paso ao debate social sobre o actual sistema de consumo e produción e ás desigualdades sociais. O Covid-19 xa se presenta por algúns como catalizador da creba do capitalismo e da necesidade do cambio de sistema cara a un modelo máis protector e intervencionista. Publícanse estudos que analizan a incidencia da contaminación atmosférica na incidencia da enfermidade e sobre...
Boletín informativo ambiental 03/04/20 03.04.2020 10:04
A crises do coronavirus estanos a deixar, ademais de leccións, moitas revelacións sobre o que para os gobernos semellan ser actividades esenciais fronte as que non. Alén do Covid-19 e das súas consecuencias no plano ambiental, esta semana a maquinaria administrativa non parou. Industria alegou contra o plan nacional de enerxía e clima e Medio Rural publicou o decreto polo que se axilizan os trámit...
Boletín informativo ambiental 27/03/20 27.03.2020 10:02
O coronavirus segue centrando a actualidade informativa dos últimos días. A previsible chegada ao pico de contaxios nesta semana fai extremar as precaucións, facéndos aínda máis evidentes as deficiencias que ofrece o sistema. A nivel ambiental, xa se observa un impacto no incremento de residuos, e na baixada da reciclaxe, mais tamén no decremento das emisións contaminantes e o aumento na calidade...
Boletín informativo ambiental 13/03/20 13.03.2020 10:04
O coronavirus está alterando todas os actos públicos, incluídos os organizados pola entidades ecoloxistas galegas. Alén disto, esta semana aparecen datos definitivos sobre as consecuencias dun suposto "sentinazo" nas costas galegas silenciado polos grandes medios e pola administración pública. Cando menos, a semana deixou unha boa nova relacionada co proxecto de Toysal en Casalonga (Teo).
Boletín informativo ambiental 06/03/20 06.03.2020 10:03
Seguen a chegar aves petroleadas as costas galegas sen causa coñecida. Os colectivos ecoloxistas fan un chamamento ás Administracións por esta e por outras cuestións relativas ao noso medio ambiente que repasamos neste boletín informativo ambiental de Radio Cerna. Escoita!
Boletín informativo ambiental 28/02/20 28.02.2020 10:01
No boletín informativo ambiental de hoxe de Radio Cerna falaremos da apertura da Lagoa de Baldaio, da Asemblea Xeral de ADEGA, da nova fichaxe da Fiscal Xeral do Estado ou da nova campaña do SLG a prol do rural galego. Preme e escoita!
Boletín informativo ambiental 21/02/20 21.02.2020 10:02
No boletín desta semana, o fallo dos premios Osíxeno e Dioxina 2019 de ADEGA, o estatuto de electrointensivas, novo caso da fiscalía ambiental en Galiza e críticas ecoloxistas a proxectos municipais non acordes ao momento de emerxencia climática que estamos a vivir. Estas e outras novas, se te sumas a Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 14/02/20 14.02.2020 10:01
Escoita este espazo informativo promovido por ADEGA sobre a actualidade ambiental galega, que esta semana comeza por dar conta da fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pola empresa do lobby enerxético-forestal, Greenalia.
Boletín informativo ambiental 07/02/20 07.02.2020 10:04
A práctica da caza xenera conflito co sector ambientalista. Nesta semana, os colectivos ecoloxistas presentaron cando menos dúas denuncias contra cuadrillas de caza por incumprimento da normativa vixente. Alén da caza, a actividade mineira centra parte dos contidos deste espazo de radio, así como a potencial extinción dalgunhas especies agora comúns. Escoita Radio Cerna e ponte ao día da actualida...
Boletín informativo ambiental 31/01/20 31.01.2020 10:05
Sen dúbida, a nova ambiental da semana: a declaración de impacto negativa da mina de Touro-O Pino. Dedicamos un espazo importante a esta nova no boletín de hoxe, ademais de repasar outras novas que nos deixou a última semana no eido ambiental e ecoloxista de Galiza.
Boletín informativo ambiental 24/01/20 24.01.2020 10:03
O goberno central declara a emerxencia climática, as industrias galegas máis contaminantes gábanse dos logros acadados e a sociedade alerta sobre o impacto do espolio "verde" sobre o rural, que segue a perder poboación. Estes son algúns dos temas que nos deixa a actualidade ambiental galega e que poderás descobrir neste espazo informativo. Escoita!
Boletín informativo ambiental 17/01/20 17.01.2020 10:02
Coñece os temas ambientais máis destacados da última semana, como a polémica pola caza do raposo en Triacastela, a renuncia do PP de deitar os lodos do Lérez no mar, a anulación da licenza da canteira de Cosmos ou o traslado do caso das verteduras da mina de Touro aos xulgados.
Boletín informativo ambiental 10/01/20 10.01.2020 10:00
Os incendios de Australia, a transición ecolóxica, o novo goberno central ou os fitos de ADEGA durante 2019, algunhas das novas ambientais máis destacadas da última semana...
Boletín informativo ambiental 03/01/20 03.01.2020 10:01
Neste primeiro boletín informativo ambiental do ano 2020 afondamos sobre apetición de Endesa do peche da central das Pontes e na suba do prezo dos combustibles e dos transportes... O cambio climático faise notar! Feliz Ano!
Boletín informativo ambiental 27/12/19 27.12.2019 10:01
Nesta semana de Festas as chuvias e desbordamento de ríos foron as protagonistas e deixaron ao descuberto os lugares e zonas de inundación que foron ocupadas por un urbanismo mal planificado. Tamén se abordaron os distintos xeitos de celebrar o Nadal, desde unha perspectiva turística e consumista como a promovida por Abel Caballero, ata a máis ecolóxica, aconsellada por ADEGA. Estes e outros temas...
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали