Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: www.ivoox.com
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Boletín informativo ambiental 23/09/22 23.09.2022 10:02
A actualidade ambiental desta semana ten que ver coa balsa de lodos de Alcoa, os lumes en Rede Natura, novos gromos de botulismo nas aves acuáticas e o recurso no Supreno ao Plan Nacional de Enerxía do Estado español. Para coñecer os detalles, escoita Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 16/09/22 16.09.2022 10:02
Adíase o fallo do Supremo sobre ENCE, aparece un novo gromo de botulismo no encoro de Vilagudín, e segue a afronta veciñal contra os megaproxectos eólicos e as centrais hidroeléctricas de bombeo que ameazan espazos de elevado valor ambiental. Retomamos o pulso informativo ambiental do país co boletín de novas de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 12/08/22 12.08.2022 10:05
Nesta semana os lumes forestais volveron repuntar no país, nomeadamente na provincia de Ourense, no Macizo Central e en dirección ao Teixadal de Casaio! O presidente da Xunta anuncia un cambio no modelo de extinción á vista das dificultades coas que se atopa para frear o avance das chamas... Galiza volve estar á cabeza da produción eléctrica renovable no conxunto do Estado durante o primeiro cuadr...
Boletín informativo ambiental 05/08/22 06.08.2022 10:02
Tras un breve descanso estival, voltamos a darche conta da actualidade ambiental galega. Galiza vive unha nova vaga incendiaria que está a afectar especialmente á provincia de Ourense. Arestora o lume de maior envergadura en superficie está a ser o de Verín, pero tamén está a asolar a Maceda, Arbo, Pereiro ou Calvos de Randín... No Courel reactívanse os lumes! Neste espazo tamén falaremos da seca,...
Boletín informativo ambiental 15/07/22 15.07.2022 10:03
Os efectos do cambio climático cada vez están máis presentes e a actual vaga de calor é unha evidencia. Recoméndase extremar as precaucións para evitar consecuencias na saúde, e tamén consumir responsablemente auga. Varios concellos galegos xa tiveron que restrinxir o seu consumo de forma radical. Doutro lado, a complexa situación enerxética mundial fai que a UE pase a considera como verdes á ener...
Boletín informativo ambiental 08/07/22 08.07.2022 10:02
Segue a afronta contra a invasións eólica... O Fondo para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica recorre contra tres parques eólicos do Bierzo que ameazan a escasa poboación de pita do monte que existe na península, a veciñanza de Ordes, Betanzos, Aranga, A Baña, etc., volve enfrontarse a novos procesos de alegacións aos proxectos industriais eólicos abusivos co rural e co medio natural. Por...
Boletín informativo ambiental 01/07/22 01.07.2022 10:01
A papeleira Ence quere instalar unha nova factoría en Galiza, no lugar que agora ocupa a central térmica das Pontes, para fabricar papel tisú, mais di que sería unha factoría complementaria á de Lourizán. Tamén nas Pontes, o presidente Rueda anuncia unha planta de hidróxeno que presenta como a primeira en Galiza destas características. E nesta mesma semana, aprobou dous parques eólicos pola vía da...
Boletín informativo ambiental 24/06/22 24.06.2022 10:03
No comezo do verán, a actualidade ambiental galega recorreo ás vellas "glorias" da industria contaminante. ADEGA publica resultados sobre a súa xestión de residuos, que segue sen cumprir os obxectivos da UE e que sitúan a Galiza no terceiro posto pola cola do Estado en reciclaxe. Ence volve enfrontarse a unha nova manifestación de APDR e a térmica de As Pontes anuncia o esgotamento inminente do se...
Boletín informativo ambiental 17/06/22 17.06.2022 10:04
Tras a exitosa marcha do día do medio ambiente na que a sociedade galega pedíu un cambio no modelo enerxético fronte a invasión eólica, a Xunta lanza unha campaña mediática na que pretende botar no tellado do Estado toda a responsabilidade sobre o actual descontrol na implantación das enerxís renovábeis. Esta e máis novas neste espazo de Radio Cerna!
Boletín informativo ambiental 10/06/22 10.06.2022 10:00
O pasado domingo, Galiza unha xornada reivindicativa exitos a prol do medio ambiente. A coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher a Praza do Obradoiro con milleiros de manifestantes que reclaman á Xunta e ao Estado un modelo enerxético xusto e sustentábel, por e para o pobo. Ademais disto, obterás información sobre unha nova mina de coltan en Galiza, informe sobre lumes e eucaliptización, Fraga...
Boletín informativo ambiental 03/06/22 03.06.2022 10:01
O vindeiro domingo, Galiza prevé vivir unha inesquecible xornada de manifestación polo Día do Medio Ambiente. Máis de 200 entidades conformadas na coordinadora Eólica Así Non convocan unha mobilización por un modelo enerxético xusto e sustentábel, por e para o pobo, baixo o lema "Temos alternativa". A marcha sairá da Alameda ás 12 horas e prevé encher de novo a Praza do Obradoiro. Alén desta, máis...
Boletín informativo ambiental 20/05/22 20.05.2022 10:04
Radio Cerna repasa en 10 minutos a actualidade ambiental galega. Erosión do solo, mina de Touro, eólica e efectos do cambio climático no mar, algúns dos temas que tratamos no programa de hoxe. Non o perdas!
Boletín informativo ambiental 06/05/22 06.05.2022 10:04
As organizacións ecoloxistas galegas advirten sobre os prexuízos ambientais que a fábrica de fibra téxtil de Altri podería traer para a comarca da Ulloa e para o país. Alén disto, esta semana deixou información de interese sobre proxectos hidroeléctricos en activo e en proxección nos ríos galegos. Tamén se deron avanzas na elaboración do catálogo estatal de reservas hidrolóxicas, onde por primeira...
Boletín informativo ambiental 29/04/22 29.04.2022 10:01
O movemento ecoloxista consegue que se protexan 1.130 zonas húmidas de Galiza tras 15 anos de pasividade e desproteccón por parte da Xunta e do Estado. Tamén os activistas galegos lideran a o oposición estatal ao real decreto lei que simplifica a tramitación de macroproxectos eólicos e os exime de avaliación ambiental ordinais. E a fábrica de fibras téxtiles de Altri preséntase como nova amezada p...
Boletín informativo ambiental 22/04/22 22.04.2022 10:02
Alén de celebrarse o Día da Terra, nesta semana cúmprense 15 anos desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que nacía con vocación de favorecer a conservación das especies, mais hoxe en día só unhas poucas das 200 que incorpora contan con plan de conservación e recuperación. Mais, a grande sorpresa da semana foi a do "pacto de país" dos socialistas de Galiza pola ene...
Boletín informativo ambiental 08/04/22 08.04.2022 10:00
O decreto-lei de Sánchez no que exime de avaliación ambiental certos proxectos de enerxías renovábeis fai saltar as alarmas das entidades ecoloxistas, mesmo das estatais. As enerxías renovábeis non poden implantarse á custa de rebaixar as garantías ambientais ou de participación pública. ADEGA advirte de que este decreto en Galiza poría en risco espazos que foron propostos como ampliación da Rede...
Boletín informativo ambiental 01/04/22 01.04.2022 10:02
O goberno de Sánchez, malia a querer diferenciarse do de Feijóo, bota a andar a "lei de depredación" estatal! Vén de aprobar un real decreto que, en virtude da crise xerada pola guerra en Ucraína, pretende eximir de avaliación de impacto ambiental a proxectos eólicos en tramitación e menos de 75 MW e simplificando a tramitación da súa autorización. Este decreto sumado ás leis de depredación da Xun...
Boletín informativo ambiental 11/03/22 11.03.2022 10:02
A actualidade medioambiental galega segue xirando arredor da invasión eólica e dos proxectos de enerxía renovábel agresivos co territorio galego: a central hidroeléctrica do Xistral, Monte Neme, etc. Mais as eléctricas procuran novas formas de afacerse co crédito social... Se queres coñecelas, escoita!
Boletín informativo ambiental 04/03/22 04.03.2022 10:01
O tribunal Supremo falla a favor da veciñanza afectada polos parques eólicos Sasdónigas I e II de Mondoñedo e senta xurisprudencia sobre a fragmentación artificial de proxectos. Esta sentenza podería ser un dos maiores golpes de efecto contra a invasión eólica que estamos a vivir no país, xa que moitos dos proxectos en tramitación adoecen deste mesmo defecto: a fragmentación artificial de parques...
Boletín informativo ambiental 25/02/22 25.02.2022 10:02
A negativa da Xunta á central hidroeléctrica do Valadouro tramitada polo Ministerio ou o debate sobre as concesións hidroeléctricas caducas poñen a explotación enerxética dos ríos no foco de atención da información ambiental da semana. E, como colofón, unha rutura da comporta dun encoro de Iberdrola en Vilamartín de Valdeorras. Máis detalles neste espazo de Radio Cerna.
Boletín informativo ambiental 04/02/22 04.02.2022 10:01
Entre as novas máis destacadas desta semana dedicada ás zonas húmidas están: o novo proxecto "estrela" da Xunta é unha planta de grafito ao que vincula tamén o desenvolvemento da enerxía eólica, con capital de investimento xaponés. ADEGA volve poñer en evidencia o recorte de dereitos democráticos que está a sofrer a cidadanía galega en materia de participación pública. O Ministerio de Transición E...
Boletín informativo ambiental 28/01/22 28.01.2022 10:01
Indignación de colectivos ecoloxistas e sindicatos ante o comportamento da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, no último Consello Galego de Medio Ambiente, sentenza do TSXG que pon en cuestión a tramitación de parques eólicos e canteiras en situación de alegalidade durante 40 anos, é parte do menú do boletín informativo desta semana en Radio Cerna.
Boletín informativo ambiental 21/01/22 21.01.2022 10:02
ADEGA presenta unha batería de recursos contenciosos xudiciais contra varios parques eólicos promovidos pola empresa da ex-conselleira de medio ambiente, Beatriz Mato, paradigma dun único proxecto fragmentado en tres para esquivar unha adecuada avaliación ambiental. Son os primeiros recursos xudiciais que se presentan contra proxectos aprobados na actual vaga eólico con cargo ao Fondo para a Defen...
Boletín informativo ambiental 31/12/21 31.12.2021 10:01
Alcoa quixo poñer o colofón do ano 2021 anunciando a parada temporal das cubas. E Greenalia e Green Capital Power destapan a súa intención de abastecer de electricidade esta industria electrointensiva con ducias de proxectos eólicos que se están a tramitar en Galiza na actual vaga eólica. A última hora tamén aparecen en exposición pública senllas proxectos hidroeléctricos, algúns en Rede Natura, e...
Boletín informativo ambiental 24/12/21 24.12.2021 10:03
Cúmprense 10 anos desde a última proposta de ampliación da Rede Natura, aniversario dunha aposta finalmente frustrada, que hoxe sitúa a Galiza nunha situación de elevada desprotección fronte a invasión eólica e forestal. As novas desta semana relativas a proxectos mineiros dan "unha de cal e outra de area" a ollos do movemento ecoloxista, e o lobo volve ser motivo de actualidade ao ser rexeitado p...
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали